Cayetana Guillén Cuervo, María Luisa Merlo y Héctor Alterio, protagonistas en la Temporada de Abonos de Afundación  

0

Cuatro obras teatrales, que invitan al público a reflexionar alrededor de temas como la diversidad, la vida, la felicidad, el mal, la humanidad o el amor, conforman el programa de la Temporada de Abonos dedicada al arte dramático por Afundación, la Obra Social de ABANCA. Cayetana Guillén Cuervo, María Luisa Merlo o Héctor Alterio son algunos de los intérpretes que comparecerán ante el público de Vigo en el Teatro Afundación. Todas las representaciones serán en jueves, a las 20.30 h. Inaugurará la Temporada de Abonos el 26 de septiembre Una pequeña historia, en la que Héctor Alterio argentino hace un recorrido por su trayectoria personal y profesional. El 12 de diciembre será la última de las representaciones con Cayetana Guillén Cuervo como protagonista de Pandataria, un espectáculo de danza y teatro que vuelve sobre hechos reales acontecidos durante la dictadura de Mussolini en Italia en una minúscula isla convertida en lugar de destierro y cautiverio. En octubre y noviembre están programadas La mujer sin nombre: Señora de Macbeth y la comedia Mentiras inteligentes. Los abonos que permiten asistir a las cuatro obras con un precio bonificado estarán disponibles a partir de este miércoles en Ataquilla.com.

En Una pequeña historia, Héctor Alterio transita desde sus comienzos en Buenos Aires hasta que en 1974 llega a Madrid para presentar la película La Tregua y, para cuando quiere regresar a Argentina, no puede hacerlo. Debe comenzar un exilio en España que cambió su vida para siempre jamás.

El actor, de 94 años, cuenta en la obra los avatares de su vida, y de su carrera, acompañado por el pianista Juan Esteban Cuacci en un relato que construye también a partir de la música de tango o de los versos de literatos como León Felipe, Borges, o Cátulo Castillo. Dirige a Alterio quien compartió y comparte su vida con él: la psicoanalista y dramaturga, y compañera de vida del actor, Ángela Bacaicoa.

Volver a Shakespeare

¿En qué avanzó la humanidad desde la época de William Shakespeare? Esa es la reflexión a la que invitará al público La mujer sin nombre: Señora de Macbeth, el jueves 10 de octubre. Firma la adaptación libre de la obra, y dirige el espectáculo, construido a partir de los textos de Shakespeare, uno de los grandes nombres de la dirección de arte dramático en España: el tres veces Premio Nacional de Teatro y ex-director del Centro Dramático Nacional José Carlos Plaza.  Olga Rodríguez e Israel Frías se encargan de la interpretación en un montaje que trata de estudiar la esencia de la obra de Shakespeare a partir de tres personajes: una mujer, un hombre y el Mal.

El primer jueves de noviembre, el día 7, llega la comedia a la Temporada de Abonos del Teatro Afundación de Vigo. María Luisa Merlo lidera el reparto de Mentiras Inteligentes, un espectáculo tan pensado para hacer reír al público como para invitarlo a la reflexión. La trama comienza cuando la protagonista femenina, Alicia, descubre que su marido le oculta algo. Y para saber qué está pasando organiza una cena en la que también están su hijo y su nuera. Completan el reparto Jesús Cisneros, Ana Escribano y Juan Jesús Valverde. María Luisa Merlo y Ana Escribano, ambas protagonistas femeninas de este montaje, comparten en sus historias vitales reales algo que tiene que ver con lo que se cuenta en la obra: las dos estuvieron casadas con el fallecido actor Carlos Larrañaga.

Pandataria, protagonizada por Cayetana Guillen Cuervo y con un elenco de 6 intérpretes, cierra la Temporada de Abonos del Teatro Afundación el jueves 12 de diciembre. La obra conjuga los lenguajes de la danza y el teatro para proponer un grito al amor por los demás, un canto a la diversidad. Toma su título del antiguo nombre de una minúscula isla italiana hoy conocida como Ventotene: tiene una superficie de 1,54 metros cuadrados y en diferentes momentos de la historia fue lugar de destierro y cautiverio. La obra interpretada por Guillén Cuervo recupera, desde la ficción, el momento en el que, durante la dictadura de Mussolini, un grupo de prisioneros redacta el Manifiesto de Ventotene, un manifiesto en defensa de una Europa libre y unida considerada precursora de la idea del federalismo europeo. La Temporada de Abonos de Afundación forma parte del programa solidario «Cultura por Alimentos». Los asistentes a los espectáculos podrán colaborar depositando alimentos no perecederos en los colectores habilitados para tal fin en el teatro. Las donaciones serán repartidas entre personas y familias vulnerables de Vigo y su área de influencia. «Cultura por Alimentos» es un programa desarrollado por la Obra Social de ABANCA en colaboración con la Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Oito mostras “de altísimo nivel”, seleccionadas para a Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura

0

O Concello vén de resolver a convocatoria pública de proxectos expositivos 2024-2025 que poderán verse na Rede de Museos municipais de Vigo á que concorreron 55 propostas, acadando unha “alta participación e calidade”

O alcalde deu conta da resolución da convocatoria destacando a “alta participación e a calidade” das 55 propostas presentadas, “de altísimo nivel”, proporcionando no seu conxunto unha suxestiva e actualizada panorámica da arte contemporánea.

A comisión de valoración seleccionou 8 proxectos para atender as necesidades de programación do segundo semestre do ano 2024 e para o ano 2025 na Casa Galega da Cultura, onde “imos apoiar o talento creativo de artistas novos, emerxentes de ata 35 anos, que procedan ou residan en Galicia”; e na Casa das Artes, onde o goberno municipal exhibe o “conxunto da obra de autores consolidados e de alto prestixio”.

A comisión de valoración seleccionou para o segundo semestre de 2024 a mostra Todos os refuxios, proposta por Sandra Muñiz, que poderá verse na Casa das Artes e, para a Casa Galega da Cultura, resultou seleccionada Un bosque de malas herbas de Antía Iglesias Fernández.

A selección de proxectos expositivos para o ano 2025 na Casa das Artes é a que segue:

▪ Francisco Torrón Durán (1934-2020). Entre el paisaje, el bodegón y el retrato, presentado por Pablo Torrón Pelluz.

▪ No fui. Sobre el ser y el estar de una mujer artista, un proxecto de Pilar Pérez Fernández.

▪ Pulsos e solastalxias (do monte galego) de Rosa María Fernández Caamaño.

A selección de exposicións para o ano 2024 na Casa Galega da Cultura é a seguinte:

▪ El estandarte de los vencidos de Telmo Meana Blanco.

▪ Esconder la perla, mostrar un hombro, presentado por María del Mar Ramón Soriano.

▪ Umbrales acuosos da ría de Vigo, de Carlos Fernández López.

A Comisión de Valoración trasladou que o nivel das obras presentadas a esta convocatoria foi “extraordinariamente alto” e, polo tanto, esta acción permitirá ao Concello reforzar a conexión entre o sector creativo e cultural e a sociedade e alcanzar unha programación expositiva diversificada e de calidade na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura.

Vigo de cor incorporará 8 novos murais que se sumarán ás 177 actuacións xa realizadas

0

O alcalde destacou esta mañá que xa son 177 as actuacións realizadas dentro do programa Vigo cidade de cor, unha cifra á que se sumarán proximamente 8 novos murais

O goberno local vén de contratar o décimo programa de medianeiras cun orzamento de 180.000 euros

A Xunta de Goberno deu luz verde contratación das obras do X Programa para arrombar medianeiras, Vigo cidade de cor, dotado con 180.000 euros. Deste xeito, decoraranse oito novos murais que elevarán a case 190 as actuacións xa realizadas na cidade.

Esta ano os espazos serán os seguintes: Auditorio municipal de Teis (autora, Anna Langeheldt); muro do aparcamento da AAVV de Matamá (autora, Eva Casais); Travesía de Vigo, 222 (autora: Expostas); rúa Robleda, 118 (autor: Pablo Loyola); muro do campo de fútbol de Coia -na rúa Nigrán-, (autor, Slim Safont); paseo Avenida Castelao (autora, Vanesa Álvarez); pista deportiva da Salgueira (autor, Víctor Playincolors) e muro rúa Ourense esquina Romil (autor, Zesar Bahamonte).

Neste 2024 o programa de medianeiras arrincou o pasado mes de marzo cunha primeira actuación na Vía Verde que permitiu renovar a ponte á altura da rúa Coutadas, pintando e instalando unha pérgola téxtil a modo de marquesiña.

O Concello aumenta os fondos do Museo de Castrelos coa compra de cadros e obxectos da familia Quiñones de León

0

Os fondos do Museo de Castrelos veranse incrementados este ano coa incorporación dos cadros e obxectos propiedade da segunda esposa de Fernando Quiñones de León, Antonia Bañuelos-Thorndike, que foron adquiridos o pasado sábado polo Concello nunha poxa celebrada en San Juan de Luz

Abel Caballero destacou este luns a adquisición por parte do Concello dun importante número de obras de arte e obxectos propiedade da familia Quiñones de León, que foron comprados na poxa “Antonia Bañuelos-Thorndrike, últimos recordos íntimos”, celebrada o sábado 15 de xuño en Biarritz.

O alcalde avanzou que todas as pezas, “que formarán parte do patrimonio cultural de Vigo”, chegarán á cidade o próximo mes de xullo e que, tras ser restauradas, serán expostas en 2025 con motivo do centenario da doazón a Vigo do Pazo, dos xardíns, e o parque, por parte da familia Quiñones de León.

O rexedor explicou entre as pezas que xa son propiedade municipal atópanse obras de Antonia Bañuelos, así como cadros da Escola Española, un tapete e un tapiz co escudo de armas da familia, ademais de condecoracións, uniformes, un armario platero e outro de licores, así como libros e pezas de enxoval. “Unha colección que mostra como era a cultura naquel momento no Pazo de Castrelos”, apuntou.

Caballero incidiu en que todas as obras de arte e os obxectos de interese para a ciudade que estaban na vivenda da familia do marqués de Salcedo en Biarritz, no sur de Francia, “xa son da cidade”.

Vigo e o cine chegan ao TAC! Festival de Arquitectura Urbana

0

Abel Caballero acudiu esta mañá ao Colexio de Arquitectos de Vigo, onde se desenvolveron, dentro da programación do TAC!, dúas mesas redondas baixo o título “Vigo Plató de cine»

Dentro da programación elaborada polo Concello de Vigo para o TAC! Festival de Arquitectura Urbana, no día de hoxe realizáronse dúas mesas redondas sobre «Vigo plató de cine». O rexedor sinalou na súa intervención que “Vigo foi un lugar de movementos de vangarda e co TAC! queremos facer un gran desenvolvemento e unha gran mobilización”.

A primeira mesa denominouse “Rodar en Vigo: Unha cidade repleta de posibilidades e talento”, na que abordaron as vantaxes que ofrece a cidade para rodar. Nesta mesa participou o popular actor Antonio Durán “Morris”, xunto ao arquitecto Nacho Hortas, a localizadora María López Viéitez e o director do CIFP Audiovisual de Vigo,Miguel Anxo Fernández.

“A sustentabilidade no sector audiovisual: unha verdadeira aposta polo green shooting”, foi o lema da segunda mesa, centrada na presentación do primeiro informe sobre sustentabilidade do sector audiovisual que se fixo en España, expoñendo diferentes casos prácticos para saber como se aplica. Os participantes foron: Juan Manuel Guimeráns (Secretario General Spain Film Commission), Mar Varela (xerente do Clúster Audiovisual de Galicia), Alfonso López (Portocabo) e Ana de Aspe (La Tribu Verde).

O alcalde tamén avanzou que esta tarde, “se o tempo o permite”, realizaranse actividades infantís e accións teatrais no entorno da batea da Porta do Sol. Finalizou exclamando que “estamos realizando unha gran acción cultural”.

Atropellan a una mujer que cruzaba un paso de peatones en silla de ruedas en Avenida Fragoso

0

Agentes pertenecientes a la Unidad de Atestados, de la Policía Local de Vigo investigan las causas de un accidente de tráfico que tuvo lugar el pasado sábado día 15 en torno a las 21:00 horas de la tarde, en la Avda. Fragoso. En el accidente resultó herida de gravedad una mujer que cruzaba la vía por un paso de peatones habilitado, haciendo uso de una silla eléctrica para personas con movilidad reducida, la mujer de 64 años de edad fue trasladada al Hospital Álvaro Cunqueiro en estado grave con politraumatismos.

El conductor del turismo implicado en el atropello es un varón de 76 años de edad, quien resultó ileso. Los Agentes encargados del tráfico determinarán e informarán a las autoridades judiciales competentes, de las causas que pudieron motivar el siniestro.

O BNG reivindícase como a «única alternativa en positivo fronte ao desgoberno de Caballero e un PP descabezado”

0

A fronte nacionalista valora o primeiro ano do actual mandato no Concello de Vigo con 334 iniciativas formuladas: «Acompañamos cada denuncia dunha proposta concreta”

Destaca as alternativas presentadas para poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias, para a mellora do bus urbano e fronte ao grave problema da vivenda, entre outras

Xabier P. Igrexas: “A forza que nos move é a dos moitos milleiros de viguesas e vigueses que arelan un cambio de rumbo”

O Bloque Nacionalista Galego reivindícase como a “única alternativa en positivo fronte ao desgoberno de Caballero e un PP descabezado”. Así o vén de afirmar este luns o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, cando se cumpre o primeiro ano do actual mandato no Concello de Vigo no que a fronte nacionalista formulou 334 iniciativas recollendo as demandas e necesidades veciñais.

“O BNG comprometémonos a que ser moito máis que tres asentos no Pleno, dixemos que íamos ser que ser a voz no Concello de todos os colectivos, entidades e tamén veciñanza a quen o Goberno municipal non quere escoitar”, destacou o portavoz nacionalista, quen considerou que “con humildade se deu cumprida resposta a ese compromiso”.

Igrexas puxo en valor as 334 propostas e posicionamentos realizados polo grupo municipal nacionalista que, asegurou, demostran “con feitos” a vontade do Bloque por ser «a verdadeira alternativa política en Vigo». “Traballamos con entusiasmo e rigor, con firmeza pero sempre coa man tendida, a pé de rúa con ducias de visitas a todos os barrios e parroquias, e cunha interlocución permanente co tecido asociativo, na certeza de que as viguesas e vigueses merecen máis moito máis e de que o mellor está por vir”, salientou.

Dende a fronte nacionalista contrapuxeron a súa aposta cun PSOE “en retroceso, encastelado no autoritarismo e sen máis proxecto para a cidade que a súa continuidade no poder”, e tamén fronte a un PP “descabezado e sen máis proposta para a cidade que defender o abandono que impoñen desde a Xunta de Galiza en contra de Vigo”.

A cada denuncia unha proposta

Nese sentido, o portavoz do BNG defendeu o labor “esixente” de fiscalización do Goberno de Abel Caballero, acompañando cada crítica e cada denuncia dunha proposta concreta en positivo. “Fronte ao ruído do permanente pimpampum, da lea partidista entre PSOE e PP, entre Xunta e Concello, o Bloque nunca xogamos ao canto peor mellor”, afirmou.

Citou como exemplo as mocións formuladas ao Pleno municipal durante este primeiro ano de mandato para atender as “necesidades reais da cidade”. Entre elas, destacou a proposta dun Plan Cidade con 50 millóns de euros para poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias; a demanda de máis política social en favor das 60 mil viguesas e vigueses en situación de empobrecemento; a mellora do servizo de transporte urbano; o alargamento das políticas municipais en favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes; a mobilización dos “inmensos” remanentes municipais en favor da cidade; medidas concretas para enfrontar o gravísimo problema de acceso social á vivenda ou a demanda dunha resposta á crise industrial e laboral que atravesa a cidade.

“Demostrámolo tamén sendo a única forza política que formulamos o récord de 138 emendas parciais aos orzamentos municipais deste ano, a diferenza dun PP, instalado na preguiza e no desnorte, que se limitou a pedir a devolución das contas”, subliñou Igrexas. De igual xeito, lembrou que o BNG foi a única forza que dixo “un rotundo non” á aprobación provisional dun PXOM por estar “elaborado na escuridade dos despachos, de costas á veciñanza e que ameaza con tronzar as nosas parroquias e co que se pretenden legalizar pola porta de atrás pelotazos como o da urbanización VIP de Cabo Estai”.

Opacidade antidemocrática


Diante destas iniciativas, lamentou Igrexas, a resposta do Goberno municipal foi continuar no “monólogo xordo e autoritario que converte a súa maioría absoluta nun muro que nin escoita nin responde”. Así, ningunha das centos de iniciativas formuladas polo Bloque neste primeiro ano foron atendidas polo alcalde, Abel Caballero.

Aliás, a fronte nacionalista padeceu durante este tempo unha “continuada opacidade antidemocrática”, coa negativa a facilitar acceso a documentación municipal como no caso do escándalo do concerto de Guns N’ Roses ou co reequilibrio da concesión de Vitrasa, así como as reiteradas vulneracións “ilegais” do Regulamento Orgánico do Pleno. Así, ningún dos 175 rogos e preguntas que o BNG formulou no que vai de mandato nas Comisións Informativas e no Pleno recibiron a día de hoxe resposta.

Igrexas puxo tamén en valor a “coherencia” do BNG na defensa de Vigo e dos seus intereses en todas as institucións, trasladando iniciativas ao Parlamento galego, ao Congreso ou ao Parlamento europeo. “O Bloque a diferenza doutros dicimos e votamos o mesmo en favor da nosa cidade aquí, en Santiago, en Madrid ou en Bruxelas”, afirmou.

Man tendida a quen quere cambio

Fronte a este escenario, o portavoz municipal nacionalista afirmou que “nin o talante autoritario nin as dificultades van frear ou facer desistir” ao BNG. “A forza que nos move é a dos moitos milleiros de viguesas e vigueses que arelan un cambio de rumbo”, valorou en relación ao aumento de confianza continuado cara o Bloque na cidade que se reflectiu nos últimos catro procesos electorais celebrados no último ano.

“O BNG imos seguir tendéndolle a man a todas as viguesas e vigueses que teñen fame de futuro, que saben e senten que merecen moito máis do que lle pode ofrecer a inercia paralizante do actual desgoberno”, asegurou Igrexas, chamando a “seguir sumando máis forza arredor do Bloque para lograr algo revolucionario: facer posíbel o cambio que é necesario devolvéndolle o Concello á cidadanía como primeiro paso para devolverlle Vigo ás viguesas e vigueses”.

El PP de Vigo revela que el Festival Terraceo celebró sus cuatro ediciones de forma irregular y exige a Abel Caballero que “dé la cara”

0

El grupo municipal popular informa de que la empresa que gestiona el Auditorio Mar de Vigo carece de concesión para usar la terraza y por ello necesita una licencia específica que le fue denegada inicialmente

Miguel Martín celebra que no se haya producido ningún incidente grave en estos años pero advierte que, de haber ocurrido, “estaríamos ante un problema muy gordo del que el Concello sería el máximo responsable”

El Partido Popular de Vigo ha revelado que el Festival Terraceo celebró sus cuatro ediciones “de manera absolutamente irregular”, al no disponer de los permisos municipales necesarios para utilizar la terraza del Auditorio Mar de Vigo entre los años 2020 y 2023, ambos inclusive. Tal y como ha informado este lunes en rueda de prensa el portavoz del grupo municipal del PP, Miguel Martín, la empresa organizadora del evento y a su vez gestora del complejo de Beiramar, Organización de Ideas de Éxito SL, no cuenta con la concesión de uso de dicha terraza. Por ello, precisa de una licencia específica. Una circunstancia sobre la que la Asociación de Productores Técnicos de Espectáculos de Galicia (Aptega) ya había advertido al Gobierno local.

Ante esta situación, el concejal popular ha exigido a Abel Caballero que “dé la cara” para explicar a la ciudadanía esta “nueva chapuza”. “El alcalde solo está disponible para sacarse la foto el día de la presentación pero luego se esconde cuando toca dar cuenta de lo que está pasando. Es este grupo municipal del Partido Popular quien lo tiene que hacer fruto de nuestro compromiso con los vigueses y con nuestra labor de fiscalización del Gobierno local”, ha declarado.

Asi, Martín ha explicado que el Concello de Vigo permitió el desarrollo de las cuatro ediciones del festival a pesar de que el contrato de alquiler no contempla la concesión, entre otros espacios, de la terraza y de la cafetería de la séptima planta porque, en primer lugar, el proyecto constructivo del Auditorio Mar de Vigo no la consideró apta para uso público. Pero, además, en caso de que ese uso público se consienta, es necesario disponer de una autorización expresa que la firma gestora del recinto no tiene. “¿Cómo es posible que pase esto con la licencia después de cuatro ediciones celebradas sin ningún problema?”, ha preguntado.

Tal y como ha ahondado el portavoz del grupo municipal del PP de Vigo, el Gobierno de Caballero se percató de este problema después de que la Policía Local abriera un informe por la utilización irregular de la cafetería situada en la planta séptima durante el pasado mes de diciembre, cuando se programó una cena privada. A partir de ahí se encargó un plan de usos del Pazo de Congresos. “Es decir, lo que se tenía que haber hecho en 2020 para aclarar las dudas planteadas, no se hizo en su momento y ahora pasa lo que pasa”, relató Martín, quien acusó al regidor socialista de “no atreverse a dar la cara”.

SOLICITUD PARA 2024

De ahí que la Concellería de Xestión Patrimonial esté “tratando de corregir” ahora estas irregularidades. Para ello, y como prueba adicional que refrenda las denuncias del Partido Popular de Vigo, la compañía Ideas de Éxito solicitó el pasado 7 de marzo una licencia extraordinaria para poder celebrar el evento en 2024. Un permiso que inicialmente fue denegado. Por ese motivo, y no por otros, la organización del Festival Terraceo ha suspendido o reubicado siete conciertos de la presente edición a sabiendas de lo que ocurre. “De alguna manera están engañando a quien compra las entradas pensando que el concierto va a ser en la terraza cuando los organizadores saben perfectamente que no se pueden celebrar ahí, al menos por el momento. Por cierto que ese expediente de solicitud de licencia ya nos lo tenía que haber pasado el gobierno municipal y todavía no lo han hecho. Supongo que estarán nerviosos”, ha subrayado Martín.

El portavoz del principal partido de la oposición en el Ayuntamiento de Vigo ha celebrado que no se haya registrado ningún incidente grave en estos cuatro años pero ha advertido que, de haber ocurrido, “estaríamos ante un problema muy gordo del que el Concello sería el último y máximo responsable”. Asimismo, ha recordado que el festival recibe una subvención municipal para su desarrollo. En todo caso, Martín ha reiterado en varias ocasiones que el Partido Popular de Vigo no tiene nada en contra del Festival Terraceo y que solo busca dar respuesta a las múltiples preguntas que se hacen los vigueses y, en especial, las personas que han comprado entradas para alguno de los conciertos. “Lo digo por si a alguien le surge la tentación de darle la vuelta a las cosas y nos acaba acusando de querer acabar con la música en Vigo O que sé yo”, ha ironizado.

Luis López subliña a colaboración da Deputación coa Asociación Española contra o Cancro para recoñecer e apoiar o “excelente” labor que presta en toda a provincia

0

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, visita a sede da AECC en Pontevedra para asinar un convenio de colaboración que fomenta a atención biopsicosocial ao paciente e aos seus familiares

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñeceu o “excelente” labor que os integrantes da Asociación Española contra o Cancro realizan en toda a provincia para atender ás persoas que sofren esta enfermidade e aos seus familiares nunha visita á sede que este colectivo ten en Pontevedra para asinar un convenio de colaboración que permita a posta en marcha, ao longo deste ano 2024, dun programa de “Atención biopsicosocial ao doente oncolóxico e aos seus familiares” para o que a Deputación achega 15.000 euros.

Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, o mandatario provincial explicou que a finalidade desta colaboración entre a Deputación e a AECC pasa por “proporcionar unha atención integral á persoa enferma de cancro e a súa familia para mellorar a súa calidade de vida, así como para sensibilizar á poboación sobre a enfermidade”.

Entre os obxectivos deste convenio figuran os de minimizar as alteracións emocionais derivadas da enfermidade, favorecer a integración social dos pacientes, previr a aparición dos síntomas desta doenza, contribuír a atender as necesidades básicas das persoas doentes, orientar aos pacientes na procura de recursos sociais ou favorecer o asociacionismo, a incorporación ao mercado laboral e sensibilizar a poboación sobre hábitos de vida sans.

Ambas as entidades comparten ademais un espírito municipalista para “construir unha provincia na que vivir moito mellor, porque a AECC chega a case todos os concellos, algo que nós, que somos a casa de todos os concellos, tamén facemos”, salientou o dirixente. “A Deputación está agradecida a AECC por todo o traballo que está a realizar e, pola nosa parte, amosamos a disposición máxima para seguir colaborando en todo o que poidamos facelo”, agradeceu Luis López despois de asinar o acordo e realizar un percorrido polas instalacións dunha asociación na que traballan 28 persoas que prestan unha atención integral aos pacientes e aos seus familiares.

A Deputación esgota en cuestión de minutos as prazas para as rutas previstas en xullo no programa “+Bosques”

0

Os oito percorridos terán lugar todos os sábados e domingos do mes, desde o 6 de xullo no Xabriña (Covelo) ata o 28 no Pazo de Lourizán (Pontevedra)

A Deputación de Pontevedra esgotou de novo todas as prazas dispoñibles para as rutas do programa provincial “+Bosques”, neste caso as previstas para o mes de xullo. Tras abrir o prazo de inscrición este luns ás 9:00 horas, en menos de trinta minutos xa se esgotaran as prazas para participar nas oito rutas previstas, que se desenvolverán por espazos naturais da provincia situados nos concellos de Bueu, Covelo, A Illa de Arousa e Pontevedra.

Os percorridos da iniciativa, que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos “baños de bosques”, comezan en xullo o sábado 6 no río Xabriña (Covelo) e continuarán o domingo 7 no río Almofrei (Pontevedra), o sábado 13 en Cabo Udra (Bueu), o domingo 14 no Carreirón (A Illa de Arousa), o sábado 20 no Pazo de Lourizán (Pontevedra), o domingo 21 de novo no Carreirón, o sábado 27 outra quenda en Cabo Udra e, por último, o domingo 28 volverá ao Pazo de Lourizán.  En total, entre xuño e outubro ofertaranse 40 itinerarios que tamén pasarán pola Illa de Tambo (Poio) e o Lago de Castiñeiras (Marín e Vilaboa), facendo en total sete espazos tanto da costa como do interior que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade da provincia.

No mes de agosto “+Bosques” continuará con saídas que  terán lugar os días 3 e 31 no río Xabriña, o día 4 o río Almofrei, o sábado 10 no Carreirón, o domingo 11 en Cabo Udra, os días 17 e 25 na Illa de Tambo e o 18 e mais o 24 no Lago Castiñeiras. Para estes itinerarios as inscricións abriranse o próximo 15 de xullo ás 9:00 horas a través do formulario que se poderá atopar na web da Deputación. Quen cubre o formulario poderá anotarse cun máximo de tres acompañantes. Unha vez se reciban as 15 primeiras inscricións por itinerario pecharase o percorrido e crearase a lista de agarda, para a que tamén é necesario realizar inscrición. Só está permitido realizar cada ruta unha vez e as persoas beneficiarias deberán desprazarse ata o punto de encontro de inicio do percorrido polos seus propios medios.

En setembro “+Bosques” continuará polo río Almofrei (día 1), Lago Castiñeiras (días 7 e 29), Xabriña (8), Pazo de Lourizán (días 14 e 28), Illa de Tambo (día 15), Cabo Udra (día 21) e polo Carreirón (día 22), para os que abrirá a inscrición o 19 de agosto. Os derradeiros percorridos do programa serán en outubro con rutas polo Cabo Udra (día 5), polo río Almofrei (día 6), pola Illa de Tambo (día 12), polo Lago Castiñeiras (días 13 e 26), polo Pazo de Lourizán (días 19 e 27) e polo río Xabriña (20), con apertura de inscricións o 16 de setembro.

As rutas proporcionan ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. Promóvese  a estimulación sensorial a través dos cinco sentidos, con exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural.

Xornada de degustación de cociña silvestre

O peche do programa “+Bosques” será unha xornada de degustación de cociña silvestre, que se contempla para novembro unha vez rematados os percorridos. Esta actividade, de tres horas de duración, está aberta a todas as persoas participantes nos preto de 40 “baños de bosque” organizados pola Deputación e consistirá nunha recollida de froitos e vexetais silvestres comestibles dos bosques da provincia de Pontevedra, coa súa respectiva identificación e degustación.