Localizado en Portugal el septuagenario que desapareció de una residencia de Vigo el pasado lunes

0

Lo encontraron en Braga y fue trasladado a un hospital

El hombre de 76 años de edad, Ovidio Rodríguez, usuario de una residencia de mayores de Vigo, que desapareció el pasado lunes, ha sido localizado en Portugal, según han confirmado fuentes policiales y de la Consellería de Política Social.

Su familia dio la alerta después de que el hombre, en situación «vulnerable», recogiera su pequeña asignación mensual en la residencia y se marchara sin documentación.

Ovidio fue localizado en Braga (Portugal) y trasladado a un hospital del país vecino. Los familiares del hombre ya han sido informados y se han iniciado los trámites para su regreso.

O TAC! reivindica a calidade do mexilón galego

0

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, achegáronse esta mañá á Porta do Sol, onde se desenvolveu a xornada de divulgación «As nosas bateas, fonte de vida», dentro da programación do Festival de Arquitectura Urbana TAC!. O acto, que contou coa participación de OPMEGA, arrincou coa lectura dun manifesto, a realización de actividades interactivas e a instalación de paneis divulgativos, e finalmente, unha degustación do produto estrela, o mexilón.

“Las orejas de mariposa” e “La cajita de los sueños”, novas actuacións infantís en Castrelos

0

O alcalde avanzou este venres as “derradeiras actuacións infantís” que acollerá o Auditorio de Castrelos este verán

Abel Caballero desvelou esta mañá dúas novas actuacións infantís do Vigo en Festas 2024, coa que se completa o cartel.

O mércores 31 de xullo, Castrelos acollerá “Las orejas de mariposa”, un espectáculo musical familiar baseado no libro de Luisa Aguilar. Trata temas tan importantes para os nenos como a liberdade, a diversidade, a aceptación e o respecto ao diferente, que se compón de 3 actores e un pianista. Mara é unha nena que ten as orellas grandes e é motivo de burla por parte dos seus compañeiros, tras unha conversa coa súa nai, cambia a súa maneira de enfrontarse ás burlas.

“La cajita de los sueños” chegará á cidade o luns 5 de agosto. Trátase dun espectáculo envolvente que fusiona o mundo real co fantástico, cun elenco de 10 artistas. A historia fala dunha moza que, grazas a unha misteriosa caixa musical, chega a un mundo, onde se atopa cuns xoguetes que máxicamente cobran vida.

Para ambas as actuacións a apertura de portas será ás 19:00 e ás 20:00 horas comezará o espectáculo.

Con estas confirmacións, o cartel de concertos no Auditorio de Castrelos queda como segue:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Coral Casablanca (20 de xullo)
  • Luis Fonsi (23 de xullo)
  • Sen Senra (25 de xullo)
  • Luz Casal (2 de agosto)
  • Aitana (3 de agosto)
  • UB40 (7 de agosto)
  • Ópera Rigoletto (9 agosto)
  • Víctor Manuel (14 de agosto)
  • Vetusta Morla + Xoel López (16 de agosto)
  • Melendi (17 de agosto)

Actuacións infantís:

  • Una casita con encanto (17 de xullo)
  • Las orejas de mariposa (31 de xullo)
  • La cajita de los sueños  (5 de agosto)
  • Cantajuegos (12 de agosto)

O goberno municipal licita a obra da grada de Gol que completará o Estadio de Balaídos

0

Abel Caballero deu conta da aprobación da licitación para a construción da grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos cun importe de 25,5 millóns de euros, financiado ao 50% coa Deputación de Pontevedra

Tamén no ámbito deportivo o goberno local comeza coa tramitación para a renovación dos vestiarios de todos os campos de fútbol municipais

O alcalde de Vigo deu conta da licitación para a construción da grada de Gol do Estadio Municipal de Balaídos. O importe, de 25,5 millóns de euros, será financiado ao 50% coa Deputación de Pontevedra.

Segundo describiu o rexedor, a grada de Gol “será unha copia da de Marcador, con proximidade ao terreo de xogo, bos asentos, boa visibilidade, cuberta e a estética dun gran campo de fútbol”.

“Estamos a construír un dos grandes estadios de estadios do mundo”, sentenciou o rexedor.

Amais, a Xunta de Goberno, tamén na área de Deportes, licitou a asistencia técnica para a renovación dos vestiarios de todos os campos de fútbol municipais, que suman 17 en total. “Terá un orzamento significado, pero haberá vestiarios como merecen”, afirmou Caballero.

O alcalde lembrou que o goberno local acometeu nos últimos anos a renovación do céspede sempre que foi necesario, e que agora é a quenda dos vestiarios, que será singular segundo as especificades de cada campo. “É un compromiso que asumín e cumprimos”, concluíu na súa intervención.

O Concello aproba o proxecto de humanización da rúa Pintor Lugrís que inclúe dúas ramplas mecánicas

0

Abel Caballero anunciou este venres que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de humanización da rúa Pintor Lugrís, que inclúe a instalación de dúas ramplas mecánicas, e a tramitación do expediente do plan de actuacións para minimizar as perdas da rede de abastecemento de auga en Santa Cristina de Lavadores, Navia e Coutadas-Teis

O alcalde avanzou hoxe que este verán licitarase, por un 1.594.000 euros, o proxecto de humanización de rúa Pintor Lugrís, entre Álvaro Cunqueiro e López Mora que inclúe a instalación de dúas ramplas mecánicas.

As obras de mellora estenderanse nun tramo de 123 metros de lonxitude, e conlevarán a ampliación da zona peonil en 900 metros cadrados a zona. Tamén se renovará a rede de saneamento e abastecemento, manterase o aparcamento en liña, e crearanse 276 metros de novas zonas axardinadas e instalarase unha iluminación eficiente. “É unha humanización de altísimo nivel, con rampla mecánica para subir aquela costa que é imposible”, afirmou o rexedor.

Mellora no suministro de auga

Abel Caballero apuntou que entre os temas abordados hoxe pola Xunta de Goberno Local tamén se atopa a tramitación dun novo expediente do plan de actuacións para minimizar as perdas na rede de abastecemento, co que aos 26 sectores existentes súmanse outros tres en Santa Cristina de Lavadores, Coutadas Teis e no PAU de Navia. O alcalde lembrou que o sistema garante o abastecemento, no caso dunha avaría nun tramo da rede.

“Estamos a minimizar a perda de auga e optimizando o mecanismo de distribución da auga potable. Trátase de facer un sistema eficiente na distribución da auga potable” que contribúe a que Vigo teña “a mellor auga potable de España”, como constata a OCU, afirmou o alcalde.

“Queremos que esa auga chegue a todo o mundo coa máxima eficiencia e a mínima perda de volume e nisto tamén estamos adiantadísimos e seguimos facendo plans de mellora para que teñamos esta auga marabillosa cunha moi boa forma de distribución”, recalcou o rexedor.

Nas tres novas zonas instalaranse caudalímetros para mellorar o control dos volumes de auga circulante. No depósito do Castro realizarase unha acometida eléctrica para alimentar aos dous caudalímetros de inserción e a unha bomba de achique. Garántese tanto o seguimento continuo e remoto da calidade da auga e a detección temperá dunha posible alteración dos parámetros medios, como unha actuación rápida para corrixir a situación.

Trasladadado tras caer en A Estrada del tractor y ser atropellado por el propio vehículo

0

Hasta allí se desplazó el helicóptero medicalizado con base en Santiago, que evacuó al herido al centro hospitalario de referencia

Los servicios sanitarios han trasladado este viernes a un varón que cayó del tractor en el que circulaba y fue atropellado por el propio vehículo en el municipio pontevedrés de A Estrada.

Según ha informado el 112 Galicia, el suceso ocurrió sobre las 10.30 horas en el lugar de Pumares. Hasta allí se desplazó el helicóptero medicalizado con base en Santiago, que evacuó al herido al centro hospitalario de referencia.

Hasta el punto del accidente, además del 061, se desplazaron también agentes de la Guardia Civil y de la Policía Local, así como el GES de A Estrada.

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza  esta semana preto de 1,1 millóns de € para impulsar investimentos e afrontar gasto corrente en sete concellos

0

Os novos recursos beneficiarán aos concellos de Bueu, Cambados, Crecente, Meis, O Grove, Poio e Silleda

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,1 millóns de euros para que sete concellos da provincia impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente ao abeiro das dúas primeiras liñas do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Bueu, Cambados, Crecentes, Meis, O Grove, Poio e Silleda. O presidente provincial, Luis López, explicou que a Deputación segue “tendendo pontes cos concellos” grazas a este programa “que transforma a vida das veciñas e veciños dos concellos de menos de 50.000 habitantes e do que xa aprobamos 38,8 millóns de euros“.

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 375.000 euros para catro concellos: Bueu, Cambados, Meis e O Grove. Desta maneira, Bueu recibirá 68.603 € para o proxecto de substitución de tubo de pluviais e pavimentación dun camiño no lugar de Murráns; Cambados 78.755 € para a instalación dun sistema de gravación e xestión de vídeo IP, analítica vídeo e intelixencia artificial; Meis 86.750 € para a mellora e ampliación de camiños na parroquia de Paradela, e O Grove 10.974 € para a impermeabilización interior do depósito de auga potable de Borreiros.

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar máis de 700.000 euros para os concellos de Crecente, Meis, Poio e Silleda. En concreto, Crecente recibe 61.886 € para o pagamento de débedas a acredores de gasto corrente, Silleda 119.400 € para gastos de exercicios pechados pendentes de aprobación, e Meis e Poio 162.558 € e 360.777 €, respectivamente, para o pagamento de débedas a acredores de gasto corrente e investimentos.

Ya están a la venta desde 7 euros los billetes para los nuevos trenes Avlo de Galicia a Madrid

0

La nueva oferta supone una ampliación de plazas a la semana de más de 8.000 extras en Galicia 

Renfe pone a la venta hoy los billetes para viajar en los nuevos servicios Avlo de Galicia y Asturias, que comenzarán a prestar servicio desde el próximo día 22 de julio, con una campaña de ‘Superprecios’ desde 7 euros, para viajar hasta el 30 de septiembre.

De este modo, Galicia estrena este verano su conexión Avlo con Madrid con los nuevos trenes S106 de 581 plazas. Se trata de los convoyes con mayor capacidad de viajeros por tren que circulan actualmente por la red ferroviaria nacional.

La compañía lanza hoy una campaña de ‘Superprecios’ con billetes desde 7 euros, para viajar en todos los orígenes/destinos de ambos corredores con más de 15.300 billetes promocionales.

De este modo, la nueva oferta comercial supone en Galicia la implantación de un servicio Avlo diario de ida y vuelta, que alternará sus orígenes/destinos entre Vigo-Madrid y A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela y con paradas en todas las estaciones de la línea: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa y Pontevedra:

  • Madrid-Galicia: Avlo con salida a las 17:08 horas con destino A Coruña los lunes, miércoles, viernes y sábados, con llegada a las 21:04 horas. Y destino Vigo Urzaiz los martes, jueves y domingos, con llegada a las 21:37 horas.
  • Galicia-Madrid: Avlo con origen A Coruña a las 6:34 horas los martes, jueves, sábados y domingos. Y de Vigo Urzaiz los lunes, miércoles y viernes a las 5:57 horas, con salida desde Santiago a las 7:06 horas y llegada a destino a las 10:32 horas.

El resto de la oferta comercial entre Galicia y Madrid mantiene sus frecuencias actuales, si bien con alguna leve modificación horaria en tres trenes (Madrid 18:25-Ferrol 0:04, A Coruña 19:30-Madrid 23:03 y Madrid 20:23-Ourense 22:37).

Con la puesta en servicio de los Avlo la oferta de plazas semanales Galicia-Madrid se incrementa en 8.000 extra.

Buscan a un hombre de 76 años desaparecido desde el lunes

0

Mide 1,80 y es de complexión delgada, tiene el pelo canoso y utiliza un bastón para caminar

Las fuerzas y cuerpos de seguridad han activado un dispositivo de búsqueda para dar con Ovidio Rodríguez, un hombre de 76 años de edad que lleva desaparecido desde el lunes en Vigo.

La Policía Nacional está buscando a este hombre que es residente de un centro de mayores de la ciudad.

De acuerdo con la descripción facilitada por la asociación SOS Desaparecidos, mide 1,80 y es de complexión delgada. Además, tiene el pelo canoso y utiliza un bastón para caminar.

O BNG oponse a “estafa” de repagar a Abanca polo Teatro Cine Fraga e pide a cesión gratuíta a Vigo

0

A fronte nacionalista propón constituír un consorcio público-privado para a cesión da propiedade ou do seu uso gratuíto, en lugar da compra que planean Xunta e Deputación

Xabier P. Igrexas: “É escandaloso que o PP pretenda agora entregar outros 9 millóns de euros aos propietarios de Abanca, que foi rescatada con 9.000 millóns de diñeiro público”

O Bloque Nacionalista Galego oponse a “estafa” que supón repagar a Abanca 9,3 millóns de euros polo Teatro Cine Fraga, como veñen de anuncian a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. A fronte nacionalista propón no se lugar constituír un consorcio público-privado con participación de todas as administración no que a entidade financeira ceda a propiedade ou, como mínimo, o uso gratuíto e xestión pública deste emblemático edificio, abandonado dende hai dúas décadas.

“É escandaloso que o PP pretenda agora entregar outros 9 millóns de euros aos propietarios privados de Abanca cando esta entidade foi rescatada con 9.000 millóns de diñeiro público, para logo ser comprada por apenas 1.000 millóns”, denunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurando que “non podemos recomprar o que xa pagamos sobradamente”.

Igrexas lembrou que o Teatro Cine Fraga foi adquirido nos anos 2000 pola Obra Social da antiga Caixa Galicia por 8 millóns de euros co obxectivo de transformalo nun grande espazo cultural na maior cidade galega. Porén, o proceso de privatización das caixas “impulsado con entusiasmo polo PP ao ditado dos homes de negro de Bruxelas” tronzou ese proxecto e derivou no abandono do edificio.

“Un verdadeiro espolio que agora Xunta e Deputación queren recompensar co diñeiro de todas e de todos ”, afeou o portavoz municipal do Bloque, subliñando que Abanca vén de obter un beneficio de 158 millóns de euros no primeiro trimestre deste ano, incrementando así as súas ganancias un 50% con respecto ao exercicio anterior. “O PP ten que deixar de actuar como accionista desta entidade privada e defender o interese público”, afirmou.

Grande teatro público para Vigo

Por estes motivos, dende o BNG reiteraron a proposta realizada nos últimos anos de recuperar o Teatro Cine Fraga para o converter nun grande teatro público, diante da carencia dun espazo similar na cidade. “Vigo precisa e merece dun espazo que sexa motor do enorme talento que existe na cidade nas artes escénicas, nun centro cultural de referencia a nivel galego e peninsular”, valorou Igrexas.

Sobre a proposta dun consorcio público-privado, chamou á participación de todas as administracións públicas, incluído o propio Concello de Vigo. Un proxecto que, advertiu, debe contar coa opinión das e dos axentes culturais da cidade para a súa definición, tendo presente que Vigo é sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.