Nos seus seis anos de existencia rexistrou máis de
195.000 ingresos, 70.000 cirurxías, 975.000 urxencias e 2 millóns de consultas
externas
O hospital vigués consolida a súa posición tras a pandemia e se converte nun referente nacional
A estrutura derivada da reordenación da Área Sanitaria permitiu a implantación de sistemas pioneiros na loita fronte ao Covid19 como os Covid Auto ou o Procesamentos Agrupado de mostras PCR (Pooling)
Hoxe hai seis
anos que o Hospital Álvaro Cunqueiro
abrira as súas portas e atendera ao primeiro paciente. Neste tempo o hospital
realizou unha actividade asistencial cuantificada en195.181 ingresos, 70.638
intervencións cirúrxicas, 974.263 urxencias, e 2.198.639 consultas externas;
ademais de traer ao mundo a 19.975 bebés.
Segundo o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente “estas cifras
dan mostra da capacidade deste hospital, xa que grazas a súa estrutura,
flexibilidade e ao excelente traballo e compromiso dos profesionais, conseguiu
ofrecer unha resposta eficaz fronte a pandemia ao tempo que se mantiña nuns
niveis axeitados o resto da actividade asistencial”.
Neste momento pódese dicir que o Álvaro Cunqueiro ten consolidada a súa
madurez, posicionándose á vanguardia dos principais hospitais de España, onde
xa tense convertido nun referente nacional.
Alta tecnoloxía e nova organización
Ademais das cifras de
actividade, a implantación de alta tecnoloxía é outro dos elementos que mellor
define a posición de vangarda en que se atopa o Hospital Álvaro Cunqueiro.
Equipos da área cirúrxica como
o TC Intraoperatorio ou o quirófano hibrido colocan ao centro hospitalario no
“top” nacional de determinados procedementos e tratamentos cirúrxicos.
Do mesmo xeito, cabe subliñar
o seu laboratorio de Microbioloxía, hoxe en día referente nacional na loita
fronte ao Covid, ou os equipos de alta tecnoloxía de imaxe diagnóstica de
última xeración. Estes
novos equipos tecnolóxicos foron da man de importantes cambios organizativos e
asistenciais, creándose Unidades específicas para determinadas patoloxías, como
a do Ictus, Sono, Ortoxeriatría, Xenética, Demencias, Coidados Respiratorios Intermedios ou a de Imaxe Cardíaca,
entre outras, e que fixeron posible a introdución de maiores prestacións e técnicas
innovadoras na carteira de servizos hospitalaria.
Posta en marcha de procedementos pioneiros na pandemia
Mención especial merece a crise da pandemia da Covid19,
un período no que o centro hospitalario demostrou a súa fortaleza e a súa
capacidade, converténdose nunha referencia, xunto co resto da Área Sanitaria,
na loita contra o virus.
A propia
estrutura da Área Sanitaria permitiu establecer circuítos diferenciados e
específicos para pacientes con sospeita da enfermidade naqueles servizos máis críticos como Urxencias, UCI,
REA, plantas de hospitalización de COVID ou laboratorios; sen descoidar a
atención a pacientes con outras patoloxías non relacionadas co virus –
oncolóxicas, diálises, traumatolóxicas, cardíacas ou psiquiátricas – aínda que
cambiando o modelo de atención cara ao non presencial, a través de
teleconsulta, das consultas telefónicas
ou TELEA, e priorizando a actividade cirúrxica a aquela que non admitía demora.
Ademais, esta
estrutura xunto cosavances en
dotacións tecnolóxicas dos últimos seis anos facilitaron a posta en práctica
durante a pandemia de procedementos pioneiros en Galicia e en España, que
posteriormente foron adoptados noutros centros hospitalarios.
Algúns deses casos foron, sen dúbida, os “Covid-Auto” ou o chamado
Pooling, proceso do agrupamento de análise de mostras PCR, que posibiliaton
incrementar a capacidade diagnóstica da Área.
Tamén este hospital foi o primeiro de España no que os fisioterapeutas e
logopedas realizaron nas mesmas Unidades de Críticos as súas intervencións,
para facilitar a rápida recuperación dos pacientes.
Neste contexto, cabe subliñar tamén a creación da Unidade Postcovid, de
seguimento de pacientes que padeceran a enfermidade.
Máis de un millar de alumnos en formación
O Álvaro Cunqueiro tense
convertido nun hospital atractivo para que os futuros profesionais da sanidade
elixan Vigo para a súa formación. No momento actual o hospital ten en formación
a un millar de alumnos (1350), entre residentes e estudantes de distintas disciplinas
sanitarias. Un salto de calidade de suma
importancia ten sido o inicio, xunto coa Universidade de Vigo, do Grao de
Enxeñería Biomédica.
No referido á Investigación é necesario lembrar que o
Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur está a piques de lograr un
reto que hai 6 anos era impensable na área sanitaria de Vigo, a certificación
do Instituto Carlos III, a máis prestixiosa que se outorga en España a un
centro de investigación sanitaria.