Comeza a segunda fase de mellora do Cemiterio Municipal de Torroso

0

O venres 1 de outubro comezará a segunda fase da mellora do Cemiterio de Torroso, tras ser aprobado mañá en Xunta de Goberno o pertinente plan de seguridade da obra. Así o informaron hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras e Desenvolvemento Urbano e Revalorización de Espazos Públicos.

O pasado mes de agosto o Concello de Mos asinaba un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia para a acometida da segunda fase de mellora do Cemiterio Municipal de Gándara, na parroquia de Torroso.

A administración autonómica, que xa financiara a primeira fase realizada fai xustamente un ano –durante o verán de 2020-, subvenciona nun 80% esta segunda fase, cunha aportación económica de 11.650,44 euros.

A actuación proxectada para a segunda fase da mellora abrangue un conxunto de nichos con problemas de humidade e filtracións internas de auga, sendo a parte máis afectada a dos nichos en contacto co chan.

Agora actuarase nun conxunto de nichos ou panteóns diferente ao mellorado o ano pasado, polo que os traballos que se contemplan, son independentes dos xa executados o pasado verán, non gardando relación física entre eles, salvo pola natureza dos traballos e por situarse no mesmo Cemiterio Municipal.

Mediante as novas obras a acometer eliminaranse por completo as filtracións no citado conxunto de nichos, realizando labores de drenaxe consistentes na recollida e evacuación das augas pluviais que chegan ao terreo e que pola súa gravidade infíltranse nos paramentos traseiros do conxunto de panteóns, así como a auga da choiva a través da cuberta. Para elo proxéctase unha única rede que comprende os tres conxuntos funerarios construídos, e estará formada por: rede principal formada por un paquete drenante que discorrerá polas traseiras dos nichos. Conexión mediante pozos de rexistro e tubaxe de PVC dos tres tramos drenantes. Arquetas sumidoiro que recollerán as augas das cubertas dos tres conxuntos de panteóns. E impermeabilización das cubertas planas das tres edificacións.

Primeira fase

Durante a primeira fase da mellora do Cemiterio Municipal de Torroso acometeuse a impermeabilización superior de outros panteóns (cuberta) mediante a drenaxe de 3 grupos deles pola parte traseira dos mesmos. Un dos grupos de 75 metros cadrados de cuberta e os outros dous de 48 metros cadrados cada un. O orzamento investido naquela primeira fase da obra ascendeu a 25.000 euros, subvencionado íntegramente tamén pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, que en total entre as dúas fases fai un investimento de máis de 36.000 euros nestas instalacións municipais.

El RC Celta homenajea a las leyendas del primer Celta europeo

0

El pasado 15 de septiembre se cumplían cincuenta años del primer partido disputado por el RC Celta en una competición europea, un Celta-Aberdeen de la Copa de la UEFA en el estadio de Balaídos. Once protagonistas de aquella hazaña volvieron a reunirse sobre el césped del estadio vigués para recibir el reconocimiento del club y la afición celeste.

Lezcano, Juan, Fernández Amado, Doblas, Manolo, Soto, Rivera, Luis Villar, Dolfi, Rodilla y Santi Castro recibieron de manos de la directiva del RC Celta unas camiseta conmemorativas con sus nombres futbolísticos y el número 71, el año del estreno europeo. La afición céltica, como no podía ser de otra manera, dedicó una gran y emotiva ovación a este grupo de auténticas leyendas.

Vigo aproba a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

0

No documento inclúese a Estratexia de Desenvolvemento Sostible e Integrado “Vigo Vertical”, ademais das directrices do marco da Axenda 2030, a Axenda Urbana Europea e a Axenda Urbana Española

Abel Caballero explicou en rolda de prensa a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A Xunta de Goberno deu luz verde á aprobación que adapta o documento de 2014 coa inclusión da Estratexia de Desenvolvemento Sostible e Integrado “Vigo Vertical” e as directrices da Axenda 2030, a Axenda Urbana Europea e a Axenda Urbana Española.

O alcalde falou dun “documento vivo” e enumerou as propostas dos Plans Sectoriais: plan de transformación urbana para unha mobilidade sostible; ordenación do tráfico e estrutura viaria, fomento da mobilidade peonil, ciclista e no transporte público, plan de estacionamento; mellora da seguridade viaria; mellora da distribución urbana de mercancías, mellora da calidade ambiental e forro enerxético; plan para a xestión da mobilidade; plan de mobilidade e xénero; fomento da mobilidade eléctrica; plan estratéxico de dixitalización e ferramentas TIC; difusión do PMUS e boas prácticas e unha oficina tecnolóxica e operativa de mobilidade.

Caballero apuntou que o Concello “ten un xeito moderno de entender a mobilidade” e avanzou que incorporarase moi pronto ao documento todas as rutas de mobilidade vertical. “A mobilidade vertical vai chegar a todo Vigo. É o plan máis ambicioso do mundo. En relación á poboación somos a cidade con más mobilidade vertical”, afirmou.

Concello e comerciantes preparan accións para dinamizar o comercio de proximidade

0

Abel Caballero mantivo un encontro este martes con membros da Federación de comercio de Vigo para preparar de forma conxunta un plan de actuación para dinamizar a súa actividade logo da “moi boa campaña” dos últimos meses

O rexedor valorou positivamente a campaña de dinamización, financiada ao cento por cento polo Concello, que se desenvolveu nos últimos meses na cidade e abordou cos representantes da Federación de comercio de Vigo a posta en marcha de forma conxunta de novas actuacións, xa que “iremos xuntos”.

“É importantísimo que o pequeno e mediano comercio supere a crise”, apuntou, tendo en conta que sofre o ataque das compras realizadas a través de Internet “e actuaremos coa nosa propia central”, ao tempo que “seguiremos con campañas de mobilización”.

Caballero referiuse á campaña de Nadal na que o obxectivo municipal é tratar de que a xente que visita a cidade “vaia a máis sitios que ao centro”, polo que encargou á Federación a elaboración dun plan de actuación para dinamizar o pequeno e mediano comercio de tódolos ámbitos, que será asumido polo Concello.

Na reunión deste martes participaron Raúl Fontán, xerente da Federación de comercio de Vigo; Roberto Giráldez, presidente; Anxo Méndez, da Asociación de comerciantes zona centro; Rubén Pérez, de comerciantes zona náutico; María Jesús Román, dos comerciantes Teis e Encarna Álvarez, dos comerciantes Calvario.

As obras da nova potabilizadora comezarán en outubro

0

Abel Caballero: “imos deixar Vigo preparada para ter auga potable para os próximos cen anos”

O alcalde de Vigo anunciou en rolda de prensa que “a mediados de outubro” comezarán as obras de modernización da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de O Casal. O prazo de execución da obra é de 18 meses e o orzamento de 22.800.000 euros, con cargo á empresa concesionaria da auga en Vigo – Aqualia – dentro do Plan de Inversións asinado ata 2026.

Caballero fixo fincapé en que “a nova ETAP págalla integramente Aqualia sen subir nin un céntimo a factura da auga na cidade” e reprochou á Xunta de Galicia “que non pague o que lle corresponde”. O alcalde explicou que a ETAP do Casal aporta auga potable a Moaña, Cangas, zonas de Mos e Redondela e “a Xunta desenténdese aínda que potabilizadora é supramunicipal”. Concretamente, Caballero cifrou nun 16% a cantidade de auga que cede Vigo aos municipios aos que tamén subministra a potabilizadora da rúa Cantabria.

O rexedor puxo de manifesto que “non hai nada tan importante como a auga” e que coa nova ETAP “imos duplicar a capacidade de potabilización” e aseguro que “ Vigo vai estar preparada para ter auga potable os próximos cen anos”. O proxecto incrementa a capacidade da planta, pasando dos 900 litros de auga tratada por segundo a unha primeira fase de 1.500 e logo de 2.200 litros por segundo.

O fin desta remodelación da potabilizadora é incorporar as novas tecnoloxías, adaptala ao novo marco normativo e modernizala coas novas técnicas de potabilización da auga. Caballero afirmou que “en Vigo temos a mellor auga de España e coa nova ETAP será aínda mellor”.

La Xunta destaca la progresiva reactivación del turismo de cruceros con la llegada a Vigo de dos nuevos cruceros internacionales

0
  • La directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, se acercó esta mañana hasta a la terminal de cruceros del Puerto de Vigo donde está haciendo escala el crucero de pasajeros IONA en su travesía hacia Gibraltar. Castro aprovechó el acto de intercambio de metopas para destacar la recuperación que está experimentando este segmento turístico que ya cuenta en más de un ciento las llegadas de cruceros internacionales de pasajeros de aquí el fin de año en los distintos puertos gallegos. En el acto también participó la delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
  • La directora de Turismo de Galicia también aprovechó para destacar el enorme potencial de crecimiento y la gran capacidad para generar recursos económicos del turismo de cruceros puesto que se calcula que cada crucerista gasta un promedio de 85 euros por escala, no solo en el lugar donde atraca el barco, sino también en el entorno del destino.

Detenido por intentar agredir a un agente de la Policía Local en la calle Inés Pérez de Ceta

0

En la madrugada de ayer, a las 01:54 horas, el 112 comunicaba que en la calle Inés Pérez de Ceta, se estaba produciendo una reyerta en la vía pública, en la que estaba involucrado un grupo de 15 personas.

Varias dotaciones policiales confluyeron en el lugar, encontrándose a la llegada a un varón que se mostraba muy agresivo, rodeado por varias personas. El aludido fue identificado como J. M. R. de Vigo y 29 años de edad, tratando los agentes de calmarle, intentando averiguar el motivo del altercado.

Pese a los esfuerzos de los funcionarios, mantuvo su actitud, llegando a dirigir su agresividad hacia los aludidos. En un momento dado y sin mediar provocación, se abalanzó sobre uno de los varones que formaban el grupo que le estaban rodeando, con intención de agredirle. La acción fue frustrada por los policías, que lograron bloquearle, momento en el cual, dirigió su ira contra ellos.

Se abalanzó esta vez sobre uno de los funcionarios, intentando agredirlo. El policía logró esquivar el golpe, iniciándose un forcejeo para evitar una nueva agresión. Debido a su actitud, los agentes procedieron a inmovilizarle, momento en el que comenzó a proferir amenazas de muerte contra otro de los jóvenes que se encontraban en el lugar.

Por este motivo, procedieron a su inmediata detención por la supuesta comisión de un delito de amenazas graves de muerte. Posteriormente y en entrevista con uno de los testigos, los agentes fueron informados de que el individuo suele volverse agresivo cuando consume alcohol y busca pelea con otros ciudadanos.

A Aula Hospitalaria e a Atención Educativa Domiciliaria da área sanitaria de Vigo inician o curso escolar

0

A Escola do Álvaro Cunqueiro conta con dúas profesoras, que atenden a unha media diaria de máis de 20 alumnos e alumnas

A Atención Educativa Domiciliaria é un programa pioneiro, coordinado desde o hospital, para prestar apoio escolar  aos pacientes nas súas casas

O obxectivo é tentar que nenos e nenas perdan a menor actividade escolar posible a pesar das doenzas que padezan e realicen actividades lúdicas

A Aula Hospitalaria e a Atención Educativa Domiciliaria da Área Sanitaria de Vigo xa iniciaron o curso escolar. Ambos os servizos, que dependen da Consellería de Educación, teñen a súa sede no Hospital Álvaro Cunqueiro na zona próxima ás plantas de hospitalización pediátrica. Neste curso estréanse as novas instalacións xa reformadas, con maior amplitude e servizos.

No acto simbólico da apertura do curso estiveron presentes o conselleiro de  Sanidade, Julio García  Comesaña; a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente; o xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares; a xefa de servizo de Pediatría, Ana Concheiro; a xefa de hospitalización de Pediatría, Mar Portugués; as profesoras da aula e persoal de enfermería da planta.

A Aula Hospitalaria conta con dúas profesoras, cuxo traballo consiste en que os nenos e nenas hospitalizados perdan a menor actividade escolar posible a pesar de estar enfermos. Para iso, unha das profesoras permanece nas instalacións da aula e atende aos nenos que poden saír das súas habitacións, mentres a outra atende as necesidades educativas dos pequenos pacientes que, por prescrición médica non poden abandonar a habitación. Aínda que a actividade educativa está, como é evidente, en función do número de nenos e nenas ingresados, o pasado curso escolar atendeuse a unha media diaria de máis de 20 alumnos e alumnas.

Programa pioneiro

A outra faceta docente que se realiza é a Atención Educativa Domiciliaria. Desde o curso pasado ten a súa sede e a coordinación no Hospital Álvaro Cunqueiro, nun programa pioneiro da Consellería de Educación, xa que anteriormente a sede deste servizo estaba nun colexio público.

O profesor desprázase unha vez por semana aos domicilios dos escolares que deben permanecer nos seus domicilios por un período de tempo, por prescrición facultativa. Un docente  encárgase deste labor, aínda que ao longo do curso,o número é máis elevado, tamén en función da demanda.

“O pasado curso chegou a haber 11 profesores para atención domiciliaria e atendeuse ata 55 nenos e nenas”, explica Marta Nieto, responsable da Aula Hospitalaria, que engade: “A demanda aumenta segundo avanza o ano escolar”. A Aula Hospitalaria non soamente persegue manter o nivel educativo dos pacientes pediátricos, senón que tamén organiza actividades lúdicas para o tempo de estancia dos pacientes sexa o máis levadío posible. A finais do curso pasado puxeron en marcha, ademais, un blog co nome de “Sen cita previa” (https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/) no que se reflicten as actividades de todo tipo que se realizan.

Conde destaca que el proceso de transformación del tejido productivo pasa necesariamente por la digitalización y la sostenibilidad

0

Destaca en Vigo la apuesta que deben hacer las pymes por el talento, “el canal y el vehículo conductor impulsor del cambio”

El vicepresidente económico y conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, aseguró hoy que el proceso de transformación del tejido productivo necesariamente pasa por el binomio de la digitalización y la sostenibilidad. Según dijo, las empresas tienen que afrontar este reto para salir más fortalecidas de esta crisis.

Conde participó hoy en la jornada Digitalización como motor de competitividad y crecimiento económico, organizada por la Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), donde aseguró que hay tres elementos clave en este proceso de transformación económica. En primer lugar, que pymes y autónomos incluyan en su plan de negocio la digitalización y la sostenibilidad. En segundo lugar, que potencien modelos comerciales posibilitados por la tecnología. Y, en tercer lugar, que impulsen las capacidades y el talento de su capital humano para hacer frente a estos retos. “El talento tiene que ser el canal y el vehículo conductor impulsor del cambio”, enfatizó.

El vicepresidente económico subrayó que a las pymes gallegas hay que reconocerle el esfuerzo que están haciendo por que la digitalización forme parte de su cultura de empresa. En ese sentido, apuntó que “Galicia está sabiendo interpretar este nuevo contexto digital” acelerado por la pandemia y puso como ejemplo el gasto total de las empresas gallegas el año pasado en el ámbito TIC, que aumentó en un 11,7% hasta superar los 475 M€. “Estamos marcando una tendencia clara de mayor inversión en TIC y mayor apuesta por la digitalización”, destacó.

Según dijo, el cometido de la Administración autonómica está siendo el de acompañar ese esfuerzo y articular medidas de apoyo para incentivar la cultura digital en las empresas. En total, fueron ya 115 M€ los que la Xunta lleva destinados a impulsar la digitalización del tejido empresarial en el marco del Plan de Reactivación aprobado para paliar los efectos de la pandemia. De hecho, una de las líneas de ayuda que está abierta hasta este mismo jueves 30 de septiembre es el Cheque Digital, que destina 4 M€ para promover la digitalización de 1000 pymes y autónomos gallegos.

La importancia de la formación

La directora general de Formación y Colocación, Zeltia Lado, por su parte, expuso en su relatorio las necesidades de formación ante la digitalización y señaló que el escenario de cambio que se está viviendo, y que la pandemia aceleró, requiere que las organizaciones se adapten a las nuevas tecnologías para mantener la competitividad en el mercado, generando además un valor de diferenciación “muy relevante”.

En palabras de Lado, la transformación digital supone “una oportunidad para lograr una actividad productiva más equilibrada y sostenible, tanto en crecimiento económico como en empleo”. En este sentido puso en valor el impulso que la Xunta está realizando en favor de la digitalización de las organizaciones por medio de un aula virtual puntero, que está aglutinando toda la formación para el empleo de la comunidad, e incluso programas específicos cómo Autónomos digitales, Empleabilidad Digital y Rumbo Digital, Formadores digitales, Habilidades digitales o Soy Ejecutiva, que en cada edición se superan.

O BNG de Vigo urxe actuar diante da “desastrosa xestión” das pistas de atletismo de Balaídos

0

Os nacionalistas denuncian as reiteradas deficiencias no sistema de reserva das  pistas e os atrancos para a utilización das mesmas por parte de deportistas e clubes

O Bloque Nacionalista Galego volveu urxir o Goberno municipal de Vigo a actuar diante do que cualifican como “desastrosa xestión” das pistas de atletismo de Balaídos. Critican as trabas “inxustificadas e absurdas” que se lle impoñen ás persoas que queren practicar atletismo na cidade e denuncian os efectos da privatización da xestión das pistas.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, considerou “inaceptable que o maior e máis importante obstáculo que teñan que sortear os atletas en Vigo sexa o desleixo e o abandono que sofren por parte do Goberno municipal de Abel Caballero”.

Igrexas responsabiliza o Goberno local da situación de caos que se vive na pistas de atletismo de Balaídos, e que xa foi denunciada pola fronte nacionalista o pasado mes de xullo. Neste sentido, reiteran as súas críticas pola falla de mantemento das instalacións que as fan “impracticables” e as deficiencias reiteradas no sistema de reserva de uso das propias pistas.

“Temos un aplicativo web para reserva das instalacións que está máis tempo caído que operativo, o que provoca situacións dantescas como as vividas en datas recentes, nas que a policía local tivo que desaloxar a deportistas que querían acceder mentres as pistas só eran utilizadas por 30 das 150 persoas que ten como capacidade autorizada”, sinalou Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista insistiu tamén na “irracionalidade” de manter a esixencia de ficha federativa para poder facer uso das pistas de atletismo. Un requisito que non se aplica noutras instalacións deportivas municipais como as piscinas. Para o BNG a situación das pistas evidencia o “maltrato” que o Goberno de Abel Caballero aplica contra os e as atletas da cidade, e que ten por causa a “nula xestión da concellaría de Deportes dirixda polo edil Manel Fernández”, a quen esixiu unha “rectificación urxente”.