Visto e prace da Deputación de Pontevedra á execución en Vigo das ramplas mecánicas entre as rúas de Álvaro Cunqueiro e Tarragona cun custe de 2,82 millóns de euros

0

A institución provincial vén de aprobar o convenio que permitirá o financiamento desta obra de mellora da mobilidade urbana sostible, ao abeiro do acordo de colaboración subscrito entre ambas as dúas administracións

A Deputación de Pontevedra vén de dar o seu visto e prace á execución das ramplas mecánicas entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona, a través da aprobación do convenio que permitirá que o Concello de Vigo poida facer fronte o financiamento desta actuación municipal.

A intervención, que se desenvolverá nun tramo de 138 metros cadrados na rúa Pintor Colmeiro, enmárcase ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades para levar a cabo actuacións de mellora da mobilidade urbana sostible na cidade de Vigo.

Cun coste estimado da obra de 2.826.209 euros, contará cunha achega por parte da Deputación de 1.918.713 euros. Correspondendo así preto do 70% a fondos provinciais.

Os traballos, segundo figura na memoria técnica do proxecto, contemplan non solo a incorporación de elementos mecánicos para a mellora do tránsito peonil nunha rúa complexa de elevada pendente, se non ampliar as beirarrúas -en detrimento da banda de aparcamento no marxe par da rúa-, incorporar un novo paso de peóns e substituír as luminarias actuais.

De maneira que esta actuación derivará nunha mellora considerable da mobilidade e seguridade de peóns e vehículos, aproveitando a actuación para renovar as redes de saneamento e abastecemento. Esta previsto que esta obra comece no primeiro trimestre do vindeiro ano cun prazo de execución 11 meses.

Este é o primeiro dos tres convenios que firmarán a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo por un importe conxunto de 6,2 millóns de euros. Trátase da solución proposta pola institución pontevedresa para rescatar as partidas que estaban próximas a caducar correspondentes aos proxectos que o Goberno local non foi capaz de executar no marco do convenio vixente. Unha medida que salva investimentos para a cidade que doutro xeito perderíanse.

Estas actuacións súmanse a outros proxectos xa comprometidos para a cidade de Vigo, entre os que se atopan os 13 millóns de euros da grada de Gol de Balaídos ou os 4,6 millóns de euros destinados á compra do Cine Fraga. En suma, 30 millóns de euros, o investimento máis alto da historia da Deputación na cidade de Vigo.

O BNG reclamará no Pleno de Vigo a mellora das conexións por tren: Media Distancia, Saída Sur e cercanías

0

A fronte nacionalista traslada unha moción para demandar compromisos reais do Goberno español, e medidas por parte da Xunta e do Concello, para avanzar na rede ferroviaria da cidade e da súa área metropolitana

Xabier P. Igrexas: “É fundamental enfrontar os importantes e históricos déficits que ten a conexión por tren da maior cidade de Galiza”

O Bloque Nacionalista Galego reclamará no Pleno de Vigo avanzar nas conexións por tren da cidade e da súa área metropolitana. A fronte nacionalista traslada unha moción á vindeira sesión plenaria, convocada para este próximo luns, para demandar compromisos reais do Goberno español, e tamén da Xunta e do Concello, para mellorar os servizos de Media Distancia, axilizar a Saída Sur de alta velocidade e para a posta en marcha dunha rede de cercanías, entre outras medidas.

“Na certeza de que é fundamental enfrontar os importantes e históricos déficits que ten a conexión por tren da maior cidade de Galiza”, valorou este venres o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante a presentación da batería de propostas nacionalistas para rematar coas “continuadas dilacións” destas infraestruturas.

Igrexas demandou en primeiro lugar actuacións urxentes na rede ferroviaria interna. Nese sentido, esixiu a mellora “substancial” dos servizos de Media Distancia con máis frecuencias e prazas ofertadas, con garantías de puntualidade e horarios adecuados ás necesidades da poboación, e completando a conexión directa con todas as cidades galegas. “É claro que a actual oferta non está á altura da demanda”, reprochou, afeando que non exista liña directa con Ferrol ou que o tren a Lugo tarde máis que a Madrid.


Sobre os horarios, dende o Bloque tacharon de “inexplicábel” que o último servizo de Media Distancia dende Vigo sexa ás 21:50h, cando a maioría de cidades do mesmo tamaño finalizan a partir das 23:00h. Do mesmo xeito, demandaron que o Goberno español actúe para evitar a constante saturación e impuntualidade dos trens, habilitando un plan de incidencias e de transporte alternativo así como a rectificación dos requisitos para a devolución dos billetes en caso de incumprimento dos horarios.

Saída Sur, no horizonte de 2030

Dende ao BNG criticaron tamén os “escasos avances” para a materialización da Saída Sur de alta velocidade con Porto. Por este motivo, demandan na súa moción un compromiso real en termos orzamentarios que permita a posta en marcha desta infraestrutura no horizonte do ano 2030, na liña das estimacións do país veciño. 

“Falamos dunha conexión absolutamente estratéxica tanto para Vigo e a súa área, como para  o conxunto de Galiza, que permitiría reforzar o papel da área viguesa como motor da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, configurando Vigo como un nodo ferroviario de primeira magnitude”, destacou Igrexas.

Porén, o portavoz municipal nacionalista acusou aos sucesivos Gobernos españois, en mans de PP ou de PSOE, de demorar o seu desenvolvemento por “falla de vontade”. Así, afeou que o novo estudo informativo para a Saída Sur non vaia ser realidade até o primeiro trimestre de 2025 e que as obras, segundo recoñeceu o propio ministerio, non se vaian iniciar antes do ano 2029.


Mentres non se fai realidade, subliñou Igrexas, urxe a mellora da actual conexión con máis frecuencias do chamado Tren Celta. “Non existe outra área transfronteiriza en Europa que una dúas grandes áreas como Vigo e  Porto que presente unha conexión ferroviaria tan raquítica, con apenas 2 frecuencias ao día, nun tren obsoleto e lento”, dixo.


Rede de cercanías

Outros dos eixos prioritarios en materia ferroviaria, a xuízo do Bloque, pasa por dotar Vigo dunha rede de cercanías que conecte a cidade polo norte coa área de Pontevedra e polo sur con Tui. Unha medida que permitiría facer do tren unha alternativa real ao transporte por estrada e coa que xa contan cidades do Estado con menor poboación que Vigo e a súa área de influencia.

Dende o BNG demandan na súa moción ao Pleno que o Goberno español licite de inmediato o estudo que permita implantar o tren de proximidade e garantir a súa entrada en funcionamento antes do remate da actual lexislatura, tal como se comprometeu no acordo de investidura.

Galtren

No relativo á Xunta, a moción do Bloque defende a necesidade de contar cun ente xestor ferroviario propio, o denominado Galtren, que xestione os servizos de Media Distancia e de proximidade. Para iso, a fronte nacionalista chama a negociar a transferencia a Galiza da xestión da rede ferroviaria interna e a licitación dun estudo e dun anteproxecto de lei para a creación deste ente ferroviario galego.

Mellores conexións entre Guixar e Urzaiz

A respecto do Goberno municipal,o BNG considera necesario mellorar a conexión entre as dúas estacións de tren da cidade, Guixar e Urzaiz. “Cuestión que non se resolveu coa instalación do millonario ascensor HALO, nomeadamente na perspectiva de que Guixar poida asumir no futuro os servizos ferroviarios de proximidade”, salientou Igrexas. Nesa liña, pediu estudar a implantación dunha liña lanzadeira que conecte de maneira coordinada ambas terminais adaptada ás frecuencias dos trens.

El PP de Vigo lleva al pleno municipal el trágico accidente del ‘Saltamontes’ para que el gobierno de Caballero dé la cara tras un mes “callado”

0

El grupo municipal popular espera que el PSOE no vete la creación de una comisión de investigación que esclarezca por qué no se precintó la atracción de feria, que carecía de autorización municipal para funcionar

Miguel Martín denuncia que el ejecutivo local aún no ha dado acceso a todos los informes relacionados con este fatídico suceso, alrededor del cual todavía “hay muchas preguntas que requieren de respuesta”

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo llevará al próximo pleno de la corporación municipal, que el lunes 9 de septiembre celebrará su sesión ordinaria correspondiente al mes de agosto, una moción que obligará al gobierno local a dar explicaciones sobre el trágico accidente acontecido en las pasadas fiestas de Matamá. Dada la trascendencia de los hechos, el PP ha presentado una iniciativa para solicitar la creación de una comisión de investigación que arroje luz a lo sucedido en la madrugada del 3 de agosto. 

Será la primera vez que se pueda escuchar al ejecutivo socialista hablando de este asunto, ya que Abel Caballero lleva un mes “callado”. Así lo ha denunciado el portavoz municipal del Partido Popular, Miguel Martín, quien ha recordado que todavía “hay muchas preguntas que requieren de respuesta” y sin embargo la concejala de Fiestas, que también lo es de Seguridad, sigue “sin dar la cara”.

A su juicio, las más importantes giran en torno a “por qué el gobierno local no mandó precintar” el ‘Saltamontes’ al carecer de autorización para funcionar y si realmente existió una orden expresa para que la Policía Local procediera en este sentido. “Algo que dudamos muy seriamente”, ha señalado. A este respecto, ha lamentado que Caballero siga sin facilitar al PP de Vigo los informes de dicho cuerpo municipal relacionados con la supervisión del ‘Saltamontes’ en Matamá.

“¿Qué sentido tiene exigir una serie de requisitos a las atracciones si cuando no se les da el permiso nadie se preocupa de comprobar si está o no está funcionando?”, ha preguntado el concejal del PP. Martín también ha censurado que el Concello de Vigo incumpla la ley de espectáculos de Galicia al no inspeccionar las atracciones, “tal y como el propio gobierno reconoce en el expediente de Beade, donde abiertamente se hace constar que no cumplen con los establecido”. El portavoz municipal popular ha destacado que ayuntamientos “mucho más pequeños y con menos recursos económicos” contratan empresas para efectuar esa tarea. Es el caso de O Porriño, Pontevedra o Vilagarcía, gobernados por partidos políticos distintos. “Mientras, Vigo, la ciudad más grande e importante de Galicia, con deuda cero y remanentes millonarios, no”, ha contrapuesto Martín. “Otra irresponsabilidad de la que vamos a exigir explicaciones. Y que motiva, y sobre todo justifica plenamente, la necesidad de crear una comisión de investigación en el Ayuntamiento que esperemos el PSOE no vete”, ha finalizado.

El Puerto de Vigo se blinda contra los tráficos ilegales

0

Los trabajos de construcción de la nueva infraestructura que albergará los equipos de inspección radiológica en Guixar avanzan a buen ritmo

La institución que preside Carlos Botana invertirá en este desarrollo 1,48 M€ con un plazo de ejecución de 8 meses

El pasado mes de mayo se iniciaron los trabajos de construcción de la nueva infraestructura que albergará los equipos de inspección radiológica en la terminal de Guixar. Dichos equipos son los que se encargan de las inspecciones que la Agencia Aduanera realiza para velar por la legalidad en la importación y exportación de las mercancías.

Esta instalación consiste en una edificación industrial de hormigón con muros de gran espesor para contener los equipos de inspección radiológica que albergará.

Con unas dimensiones de 40 x 15 m de ancho y una altura de muro de hasta 9 m acogerá escáneres de inspección de última tecnología con barrido tanto horizontal como vertical, y un portal espectrométrico, que es el equipo encargado de analizar la posible existencia de materiales radioactivos. Además, se ubicarán unas estancias fuera de dicha nave para que personal de la Agencia Tributaria pueda realizar sus labores de control y administrativas.

Actualmente las obras se encuentran en desarrollo, ejecutando en estos momentos los trabajos de desvío de servicios afectados de la zona y la cimentación de la nave. El Puerto de Vigo invertirá en este desarrollo 1,48 M€ con un plazo de ejecución de 8 meses, por lo que a principios del próximo año la infraestructura podría estar en servicio. Dentro de los trabajos de construcción de esta nueva infraestructura  se incluye la ejecución de una instalación fotovoltaica de autoconsumo con una potencia de 55,55 kWp.

Lete Lasa destaca la labor de la Asociación de Médicos de Equipos de Fútbol y ensalza la dos referentes como los gallegos Genaro Borrás y García Cota

0

Destaca el apoyo de la Xunta a este curso que tiene lugar en Galicia y agradeció iniciativas que «dejan tanto provecho turístico, intelectual y deportivo en nuestra tierra»

El secretario general para el Deporte, José Ramón Lete Lasa, participó en la mañana de hoy en la inauguración del XXVIII Congreso anual de la Asociación Española de Médicos de Equipos de Fútbol (AEMEF) que, en esta ocasión tiene lugar en el Estadio de Balaídos. Allí, el mandatario gallego destacó el «asociacionismo y el trabajo en equipo como dos baluartes fundamentales para el éxito, en cualquier sector, siendo el deporte, el perfecto ejemplo de la fuerza de la unión».

Lete Lasa recordó la figura del jefe médico del Real Club Celta de Vigo y doctor de la selección española de fútbol durante casi 30 años, Genaro Borrás, tristemente desaparecido en el año 2008. El que fue uno de los grandes médicos deportivos de España y de Galicia, puso su grano de arena en la fundación de la AEMEF, siendo uno de los 16 firmantes de su constitución.  Tras los pasos de Genaro, apuntó el secretario general, otro gallego médico del Real Club Celta de Vigo y doctor de la selección española de fútbol durante más de 20 años, sigue sus pasos. El responsable de la cartera de Deportes destacó a Juan José García Cota, que en el día de mañana impartirá una mesa redonda sobre roturas de menisco, como «uno de los mejores médicos con los que cuenta el deporte nacional». En este sentido, Lete Lasa, recordó que ambos médicos tuvieron parte de protagonismo en dos de los más grandes éxitos de la selección española de fútbol: Genaro Borrás en el oro de Barcelona 92 y García Cota en el Mundial de Sudáfrica de 2010.

El secretario general resaltó en numerosas ocasiones la «capital importancia de la medicina deportiva y sus progresos que acercan nuevas posibilidades y beneficios a nuestros ciudadanos y deportistas».  Del mismo modo, destacó el apoyo de la Xunta a este curso que tiene lugar en Galicia y agradeció iniciativas que «dejan tanto provecho turístico, intelectual y deportivo en nuestra tierra». 

Marta Domínguez proclámase campioa do mundo universitaria de squash

0

“A verdade é que é unha maneira preciosa de pechar o meu ciclo na Universidade”. Deste xeito definía a deportista Marta Domínguez a medalla de ouro que nas últimas horas acadaba na competición individual feminina do Campionato do Mundo Universitario de Squash, que se disputa nestes días en Suráfrica. Semanas despois de defender o seu traballo de fin de máster na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Domínguez foi seleccionada como unha das e dos tres representantes de España no torneo universitario que nestes días reúne en Johannesburgo máis de 70 deportistas de 14 países. Tras completar a súa terceira tempada no circuíto profesional de squash no posto 61 do ránking mundial PSA, Domínguez Fernández acudía ao torneo co obxectivo de mellorar a medalla de bronce acadada en 2022, cando se converteu na primeira estudante da UVigo que subía o podio dun mundial universitario deste deporte. Desta volta, a deportista do Squash Rías Baixas partía ademais como primeira cabeza de serie na competición individual, na que rematou alzándose co ouro tras derrotar á representante de Hong Kong Nga Ching Cheng en cinco sets, nunha igualada final.

“Sabía que era a última oportunidade que tiña de vir o mundial universitario. Podía ter escollido ir a outro torneo do circuíto profesional, pero decidín vir a este, polo que conseguir este ouro, que non foi fácil, porque foi unha final moi dura, faime unha ilusión tremenda”, recoñece Domínguez. Como primeira cabeza de serie, ao ser a participante mellor situada no ránking mundial, Domínguez iniciou a competición en segunda rolda, na que superou en tres sets á xaponesa Kurumi Takahashi, para logo derrotar tamén por 3-0 á francesa Kara Lincou nos cuartos de final. A continuación, venceu en catro sets á tamén representante de Hong Kong Ching Hei Fung nas semifinais, tendo que enfrontarse no partido polo ouro a unha xogadora situada no posto 65 do ránking PSA.

“Foi unha final moi parella”, recoñece Domínguez dun partido que disputábase ademais a máis de 1700 metros de altitude, “o que nótase moitísimo fisioloxicamente”. Despois de perder o primeiro set, a representante da UVigo lograba pórse por diante vencendo por 11-5 e 11-8 nos dous sets seguintes, pero Nga Ching Cheng gañou o cuarto, polo que todo ía decidirse no quinto. “No último xogo pode pasar calquera cousa”, apunta Domínguez, que recoñece ter feito o seu mellor set da final nese momento decisivo, no que superou á xogadora de Hong Kong por 11-4 para alzarse coa medalla de ouro. Esta seralle entregada este domingo na cerimonia de clausura deste campionato promovido pola Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU) e organizado pola Universidade de Johannesburgo e pola University Sport South Africa. 

O broche a unha etapa que dá folgos para o futuro

A comezos de 2024, Domínguez era unha das tres estudantes ás que a UVigo outorgaba as súas axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, tanto no ámbito federado e universitario. O mundial promovido pola FISU era de feito un dos retos cos que afrontaba este ano, no que en febreiro alzábase co seu segundo título de campioa de España. Pouco despois acadaba a clasificación para o Campionato do Mundo, onde caeu en segunda rolda e, xa no inicio dunha nova tempada, remataba sexta en agosto no Campionato de Europa individual. Semanas despois, chegou un título mundial “que tamén dáche un empuxe para seguir adestrando”, recoñece. 

Nese senso, Domínguez destaca 2024 como un ano moi positivo, tanto no deportivo como no académico. “Non é só a parte do squash, para min os estudos eran o primordial, porque isto é un deporte minoritario e eu agora podo vivir do squash, pero logo…”, relata a xa egresada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde cursou primeiro o Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e logo o máster en Profesorado. “Quedar campioa do mundo universitaria é tamén un premio á parte do estudo, que levou o tempo e o seu sacrificio”, sinala semanas despois de ter presentado o seu TFM. Nese senso Domínguez recoñece que “sen a axuda dos profesores, moitas veces non podería ter feito as dúas cousas á vez” e destaca nomeadamente o apoio do docente Pedro Vicente Vila, titor dos seus traballos de fin de grao e mestrado. “Cando quedas campioa, non é só polo traballo que fas ti”, engade esta deportista, que salienta tamén o labor do equipo técnico do Squash Rías Baixas, “xa que para min este ouro é tan meu como deles”.

O Concello adica 209.000€ ás melloras do ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez

0

“Trátase dun ascensor que ten avarías frecuentes polo nivel de utilización que ten e porque conta con pezas diferentes”, aclarou o rexedor vigués

Abel Caballero informou esta mañá da aprobación en Xunta de Goberno da contratación do proxecto de mellora do ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Menéndez Pelayo e Camelias á altura do número 46. Contará cun importe de 209.000€.

“Trátase dun ascensor que ten avarías frecuentes polo nivel de utilización que ten e porque conta con pezas diferentes”, aclarou o rexedor vigués, sinalando ademais que “ten un acceso moi complexo para as reparacións”. Realizarase unha reforma que, entre outras cousas, ampliará o acceso á sala de máquinas, o foso e ao oco de acceso para realizar a inspección do ascensor, así como melloras de iluminación e instalación dunha varanda.

A Xerencia de Urbanismo aproba o reparcelamento do Polígono 1 de Navia que prevé vivenda e equipamento público

0

O alcalde avanzou este venres que na próxima reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo recibirá luz verde este cambio na división do Polígono 1 do Plan Parcial de Navia co que poderán facerse “máis parcelas das inicialmente previstas pola Xunta”

“Máis espazo, máis parcelas e máis vivenda”, así resume Abel Caballero o cambio que experimentará o Polígono 1 do Plan Parcial de Navia coa aprobación definitiva o vindeiro martes 10 de setembro na Xerencia de Urbanismo do proxecto de reparcelamento dese espazo.

“Con este procedemento poderán facerse moitas máis parcelas das inicialmente previstas pola Xunta de Galicia. O Instituto Galego de Vivenda e Solo fíxoo mal e propoñia 145 parcelas pero coa nosa reparcelación pasan a ser 168”.

Así, as 145 parcelas de orixe dan como resultado 168 novas parcelas: 155 serán para o IGVS que dedicará a vivenda e 13 parcelas serán de titularidade municipal. Destas trece, tal e como explicou o rexedor, una será para equipamento público, 11 para zonas verdes públicas e unha parcela para o novo viario público do Plan Parcial de Navia. En total, o Concello dispoñerá de 54.471 metros cadrados “que imos dedicar ao ámbito público”.

Abel Caballero: “Autorizamos ao Celta a instalar un novo videomarcador en Balaídos”

0

O rexedor anunciou que na Xunta de Goberno de hoxe quedou aprobada esta instalación na bancada de Marcador Centenario. Tamén recibiu luz verde a reparación da cuberta do pavillón de Bouzas

O Real Club Celta de Vigo, conta dende hoxe con autorización para a instalación do novo videomarcador con pantalla LED no Estadio Municipal de Balaídos. O alcalde explicou que se “ubicará na confluencia de Marcador Centenario coa bancada de Río, sobre a zona na que está instalada a Unidade de Control Operativo”.

“Trátase dun gran videomarcador, cunhas dimensións de 19 metros de longo e 5 de alto”, avanzou Caballero, para posteriormente sinalar que “é xigantesco e vaise ver moi ben”. Conta cun ángulo de visión horizontal de 160º e “pesa preto das dúas toneladas”. Rematou felicitando ao Celta por esta instalación e salientando que “cumpre sobradamente as esixencias de La Liga, UEFA e FIFA”.

Pavillón de Bouzas

Abel Caballero tamén deu conta hoxe da aprobación da contratación da reparación estrutural da cuberta do pavillón polideportivo de Bouzas, que contará cun presuposto de 86.305€. O alcalde explicou que “se deteriorou moito polo que necesita unha obra importante na cuberta”.

As actuacións executaranse na estrutura de formigón prefabricado, que cobre as pistas polideportivas. Tamén se saneará a estrutura metálica de aceiro laminado ligada ao prefabricado da fachada e do lateral das vigas da cuberta, ademais da reparación e impermeabilización do canelón de recollida de auga.

Un Juzgado de Pontevedra condena a la Xunta a demoler un edificio ilegal de la playa de Lapamán

0

El magistrado asegura que la “inactividad” de la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, responsable subsidiaria del derribo, es “inexcusable”, pues la orden de demolición se dictó hace más de diez años

El magistrado del Juzgado de lo Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra ha condenado a la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de la Xunta de Galicia (APLU) a culminar la ejecución subsidiaria de la demolición, con su derribo efectivo y completo en el plazo máximo de tres meses desde la notificación de la firmeza de la sentencia, de la edificación construida en Casas-Ardán, playa de Lapamán, en el término municipal de Marín. De esta forma, ha estimado el recurso interpuesto contra la APLU, a la que le ha concedido autorización judicial de entrada para llevar a efecto dicha demolición. La entrada forzosa en ese espacio cerrado, según decreta el magistrado en la resolución, deberá realizarse en fase diurna de días laborales, con el auxilio de la fuerza pública si fuese necesario, de manera proporcionada, dándose cuenta al juzgado de lo actuado.

En el fallo, el juez subraya que “la inactividad de la APLU es en todo punto inexcusable”, pues la orden de demolición “se dictó hace más de diez años y el edificio todavía sigue en pie a día de hoy”. De esta forma, señala que se trata de “un lapso de tiempo excesivo, más que suficiente para, con una mínima diligencia, haberlo podido derribar completamente”. Además, el titular del Juzgado de lo Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra advierte que ha de considerarse que, a diferencia de otras ejecuciones “verdaderamente complejas”, se trata “de un edificio a medio hacer”.

Así, indica que no está habitado y que tampoco se han personado terceros adquirentes de buena fe dificultando la ejecución. “La APLU solo ha tenido que entenderse con un único propietario”, recalca, al tiempo que afirma que, desde la perspectiva técnica, “no se trata de una demolición parcial (con reconstrucción simultánea), sino de algo más sencillo: la demolición completa del edificio”.

El magistrado también afirma que, si bien la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de la Xunta “ha dado pasos para llevar a efecto la ejecución subsidiaria”, lo ha hecho “con excesiva lentitud”, pues “todavía a día de hoy ni siquiera consta (en este proceso) la contratación de la obra, ni una fecha concreta para su culminación”. Por ello, advierte que “se corre el riesgo de que, de seguir así, se llegue a cumplir el plazo de prescripción de los 15 años y haya que volver a empezar de cero”.

A ello se añade, según señala el juez, “el grave atentado al paisaje que causa la edificación, con una tipología, volumen y estética totalmente disonantes en el contexto en el que se halla, en zona de especial valor medioambiental y paisajístico (servidumbre de protección de costas, suelo rústico protegido), en una playa de gran afluencia turística, transmitiendo una pésima imagen de Galicia”. Por ello, considera que, en tales circunstancias, “la APLU debió haberle atribuido a este asunto la máxima prioridad, conforme a lo dispuesto en su propio plan de inspección”. Al no hacerlo, según el magistrado, ha incurrido “en inactividad inexcusable”.

La sentencia en la que estima el recurso contencioso-administrativo en el que se exige la ejecución efectiva de la resolución firme de la APLU de fecha 13 de mayo de 2013 que ordenó la demolición de la edificación no es firme, pues contra ella cabe presentar recurso. La conformidad a derecho de la resolución de la APLU fue avalada por una sentencia de 24 de enero de 2014 dictada por el Juzgado Contencioso-administrativo número 2 de Pontevedra, la cual fue confirmada por el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 29 de octubre de 2015.