Luisa Sánchez remarca a aposta da Deputación pola Bienal Internacional de Cartelismo-Concurso Francisco Mantecón, coa que colabora por primeira vez cunha aportación económica de 9.000 €

0

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá na conferencia de prensa organizada na xornada na que o xurado da XVI Bienal Internacional de Cartelismo–Concurso Francisco Mantecón está a seleccionar os carteis gañadores entre as preto de 1.300 propostas enviadas desde 70 países do mundo. Trátase da primeira vez que o organismo provincial colabora con esta iniciativa, tal e como destacou Luisa Sánchez, á que a Deputación achegará unha aportación económica de 9.000 euros. “Trátase de poñer en valor o talento, a creatividade e o poder da publicidade”, subliñou a vicepresidenta, quen tamén enxalzou o enorme éxito da convocatoria e a elevada calidade das propostas presentadas.

A Deputación leva este domingo ata A Lama, Fornelos de Montes e Covelo o programa provincial “Voando nas Rías Baixas”

0

A cuarta ruta ornitolóxica, impulsada pola institución da man de SEO/BirdLife, permitirá observar as aves que habitan na Serra do Suído

A Deputación de Pontevedra leva este domingo ata A Lama, Fornelos de Montes e Covelo o programa provincial “Voando nas Rías Baixas”. A cuarta ruta ornitolóxica, que organiza o organismo da man de SEO/BirdLife e que esgotou nunhas horas a totalidade de prazas ofertadas, permitirá observas as aves que habitan na Serra do Suído.

A Serra do Suído é un sistema montañoso da provincia de Pontevedra de alto valor ecolóxico, famoso pola presenza do lobo ibérico e das aves rapaces. Caracterizase polos altiplanos, nos que abundan os pastizais e o monte baixo de breixos, toxos e carqueixas, mentres que, na súa parte baixa, conta con vales e cursos de auga que discorren entre bosques autóctonos ben conservados. Na primavera o no verán os seus espazos acollen grandes aves rapaces, como o voitre leonado, a aguia calzada, o miñato abelleiro, a aguia cobreira ou o miñato. Sobre as pendentes do monte baixo campan a tartaraña cincenta e a gatafornela. Tamén é territorio do lagarteiro común e do falcón peregrino, e non faltan o picanzo vermello, a perdiz, o tordo charlo, a laverca e demais paxariños propios destes hábitats.

O percorrido de “Voando nas Rías Baixas” será guiado por persoal experto en ornitoloxía de SEO/BirdLife e inclúe un autobús tanto para o desprazamento como para a visita da zona na que ten lugar a actividade. Recoméndase levar roupa cómoda e calzado apropiado, e cada participante terá á súa disposición prismáticos e dous telescopios terrestres de alta gama para poder observar as aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle cadansúa guía.

Ademais dos tres percorridos xa realizados este ano e deste cuarto pola Lama, Fornelos de Montes e Covelo, o programa “Voando nas Rías Baixas” contempla outras tres rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia de alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000: en xuño na praia da Lanzada (O Grove), en setembro nas lagoas de Rouxique (Sanxenxo) e en novembro no esteiro do río Miño (A Guarda).

Cans homenaxea a Kepa Junquera coa participación de veciños e amigos do músico vasco

0

Cúmprese tamén dez anos da publicación do disco “Galiza”, co que Junquera rendía homenaxe a unha terra moi querida para el

A segunda xornada do festival de Cans estivo marcada pola emocionante homenaxe que se viviu na aldea ao músico vasco Kepa Junquera, que estivo acompañado por moitos amigos cos que conta en Galicia que se desprazaron a Cans para esta ocasión tan especial. Como non podía ser doutro xeito a homenaxe estivo chea de música e de moitas emocións. Kepa foi acompañado por unha ruada musical con veciños, amigos e o grupo Petóns de Saiáns dende o Torreiro de Cans ata o Jaliñeiro que dende hoxe leva o seu nome. Alí tivo lugar unha actuación musical e, posteriormente,houbo no Baixo de Carlos unha proxección de dous documentais dedicados á súa figura.

Durante o percorrido, Kepa recibiu o cariño dos veciños que aínda se lembran da histórica actuación que o músico vasco protagonizará hai dez anos no Jaliñeiro, acompañado polo acordeonista da Costa da Morte Pazos de Merexo. Cúmprese tamén dez anos da publicación do disco “Galiza”, co que Junquera rendía homenaxe a unha terra moi querida para el. As consecuencias dun ictus impiden ao artista vasco poder tocar dende hai anos pero a súa pegada musical e humana quedou en Cans e en moitos lugares de Galicia para sempre.

Entre os amigos que estiveron presentes na homenaxe estaban os músicos Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, Xabier Díaz e a cantante Uxía. Durante a homenaxe o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, fixo referencia á calidade humana e artística de Junquera e pediu para el a concesión da Medalla de Galicia “pola súa contribución á música galega e o cariño que sempre mostrou hacia ela”. Uxía, amiga persoal do músico vasco, dedicoulle unha canción que o propio Kepa seguiu con xestos dos seus brazos dende a cadeira de rodas. A homenaxe foi moi emocionante e Kepa mostrouse en todo momento moi animado e fixo moito xestos irónicos, característicos da súa personalidade marcada polo sentido do humor que segue a estar moi presente. 

O acto terminou co descubremento dunha placa no Jaliñeiro que dende agora leva o nome de Kepa Junquera e onde actuaron nos últimos anos artistas como Coque Malla ou Radio Océano, entre outros. O artesano Alberto Oliveros, amigo de Junquera, fíxolle entrega dunha pandeireta especial para que o artista a poida sumar á súa colección.

Coloquio Aisge

A xornada  contou durante a mañá coa celebración dun coloquio, patrocinado pola Fundación Aisge,  no que participaron os actores Eduardo Rodríguez “Tatán” e Deborah Vukusic e o coordinador da Área Asistencial da Fundación Aisge, Iván Arpa. Os tres falaron sobre a situación actual da profesión de actor, un traballo que aínda está moi precarizado. Arpa aludió a alguns datos dun recente informe da Fundación Aisge no que se indica que un 47% dos actores e actrices galegos sobreviven con menos de 6.000 euros de ingresos ao ano. Aínda que a situación pode parecer moi mala o certo é que no resto de España a porcentaxe de actores nesta situación elévase ao 60%.

Deborah Vukusic sinalou que a esta mala situación económica dos actores súmase no caso das actrices o feito de que cada vez hai menos papeles para mulleres que alcanzan unha certa idade. Neste sentido Iván Arpa apuntou que as diferenzas salariais entre homes e mulleres no sector aínda existen pero están a producirse cambios e pode agardarse que en 5 ou dez anos poidan verse máis avances neste sentido.
 
Pola noite está prevista en Cans a Noite dos Veciños, no que haberá cine, homenaxes e música para que os verdadeiros protagonistas do festival poidan disfrutar dunha noite especial dentro do evento. Estreárase o documental “Don Cesáreo, o cura da Vespino”, haberá a presentación do xurado dos veciños e actuarán as Pandereteiras de Cans e o grupo AcordeCans, entre outras actividades.

Hoxe, apertura oficial e coloquio sobre ‘O Corno’

A xornada de hoxe xoves contará con varios eventos destacados, como o coloquio que habera no Torreiro ás 13:00 coa presenza da directora do premiado filme “O Corno”, Jaione Camborda, e a actriz Janet Novás, veciña de Cans e galardonada cun Premio Goya na última edición.

Xa pola tarde terá lugar a apertura oficial do festival coa proxección no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño da película “Alumbramiento”, do director catalán Pau Teixidor, protagonizada por Sofía Milán e coa actriz galega María Vázquez no reparto. A partir das 22:30 horas celébrarase na Praza Antonio Palacios do Porriño a Noite Lasal, no que se elixirá o mellor videoclip musical galego do ano.

Herido grave tras sufrir una descarga eléctrica en la vía férrea en Redondela 

0

La víctima, que recibió una descarga de 3.000 voltios, trabajaba para una contrata de mantenimiento

Un operario que trabajaba en la vía férrea en Redondela ha resultado herido grave este jueves de madrugada por una descarga eléctrica, ha informado el 112 Galicia. El accidente se registró en el tramo Guixar (Vigo)-Redondela y la víctima, que recibió una descarga de 3.000 voltios, trabajaba para una contrata de mantenimiento.

El suceso, informa el 112, tuvo lugar a las 03.30 horas, momento en el que un compañero del trabajador herido alertó de la situación con una llamada a Emerxencias. Este operario indicó que estaban trabajando en la vía férrea, próximos a la estación redondelana, en sentido Vigo, cuando sufrió la descarga.

El afectado quedó inconsciente tras caer sobre la plataforma en la que trabajaba, a unos ocho metros de altura sobre la vía Desde el 112 Galicia, avisaron a los profesionales de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 y a los agentes de la Policía Local y Nacional, así como a los Bomberos de O Porriño.

El operario fue reanimado con éxito, aunque su estado es grave, y fue evacuado al Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para continuar con los cuidados necesarios.

Navalia bate récord de visitantes en su segunda jornada con casi 9.000 personas  

0

La organización cierra las fechas de la décima edición de la feria: tendrá lugar del 19 al 21 de mayo de 2026

La segunda jornada de Navalia ha batido un nuevo récord en esta edición: la organización de la feria registraba ayer la entrada de casi 9.000 visitantes, en un día marcado por la celebración de múltiples eventos tanto en los stands como en las aulas Xunta de Galicia y Deputación de Pontevedra.

Una de las más esperadas ha sido la organizada por Gabadi y Bureau Veritas que ha ocupado toda la mañana y ha contado con más de una veintena de ponentes para hablar sobre la normativa de descarbonización prevista para 2050 y las alternativas energéticas dentro del sector naval. Además, el auditorio del recinto ha acogido, una edición más, una jornada de la Armada Española para debatir y reflexionar sobre el futuro de este ejército y sus retos tecnológicos.  

La organización, cuyo equipo comercial ya se encuentra cerrando espacios para la décima edición, ha adelantado las  próximas fechas: la nueva feria tendrá lugar del 19 al 21 de mayo de 2026.

Firma España- Argentina

La Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España (AINE), presente en la edición de Navalia 2024 como gestor de la Zona Innovación, y la Asociación Argentina de Ingeniería Naval (AAIN), presentes como expositores, han celebrado hoy la firma del acuerdo profesional alcanzado para desarrollar actividades de colaboración institucional.

Ambas instituciones se encuentran unidas por una comunidad de intereses y objetivos en el campo del desarrollo de la Ingeniería Naval y Oceánica a través del fomento de la capacitación de sus respectivos asociados. Promoverán la colaboración institucional en mutuo beneficio que acreciente la vinculación académica y científica entre las mismas, a través de la coordinación de esfuerzos en la consecución de sus objetivos comunes, y de la cooperación recíproca en el desarrollo de proyectos y acciones de capacitación, académicos y científicos en aquellas áreas consideradas de interés común.

“Este acuerdo profesional es el punto de partida de futuras acciones conjuntas que unirán profesionales a ambos continentes, promover la cooperación técnico académica entre ambas instituciones, desarrollo de líneas de capacitación, docencia e investigación”, ha destacado Diego Fernández Casado, presidente de la Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España

Ambas partes nombrarán una Comisión Coordinadora formada por dos miembros representantes de ambas instituciones debidamente autorizados y la que actuará como nexo interinstitucional que evaluarán los resultados de la ejecución de los diferentes programas, proyectos y/o actividades realizadas al amparo del presente convenios y acuerdos futuros complementarios.

“Gracias a la Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España, por la firma de este convenio que ha sido posible gracias a la labor facilitadora de nuestro compañero Juan García de la Vera”, comentó Fernando Sánchez Checa.

Visita institucional

Los diputados del BNG en el Parlamento de Galicia Brais Ruanova (portavoz de Industria) y Carmela González, acompañados de Xabier P. Igrexas, portavoz municipal en Vigo, han visitado la feria acompañados por su director, Javier Arnau. En declaraciones a los medios, Pérez Igrexas valoró la feria como “a expresión máis clara da enorme capacidade que ten o sector naval de Vigo e de Galiza, cunha acreditadísima capacidade técnica, produtiva e de innovación”.

Ecologistas convocan una concentración en la sede del Celta para exigir el fin de vertidos «fecales» en Afouteza

0

«La organización ecologista resta validez a cualquier analítica del vertido hecha tras la denuncia pública, ya que el Celta, alertado, había dejado de verter fecales por el emisario», apuntan

Ecoloxistas en Acción han convocado una concentración el sábado 1 de junio frente a la sede del Celta de Vigo para exigir el fin de vertidos «fecales» en la ciudad deportiva Afouteca, ubicada en el Ayuntamiento de Mos.

En un comunicado, la organización ha informado de que este martes, representantes de Ecoloxistas en Acción, junto con vecinos de la zona y la Comunidad de Montes de Tameiga, que integran la plataforma A agua é Vida, se han reunido con la Confederación Hidrográfica Miño-Sil para denunciar vertidos en la ciudad deportiva del Celta.

Antes, se le había trasladado a la Confederación los resultados de un análisis del agua de dichas instalaciones, que reflejan que los vertidos superan los registros de bacterias fecales permitidos por ley, según denuncian. Por ello, explican que el organismo desconocía esta situación y que la está investigando.

Fuentes de la Confederación han confirmado a Europa Press que sí se investiga, pero que está en fase de diligencias previas, debido a la denuncia de esta asociación.

Los ecologistas también han solicitado al Ayuntamiento de Mos que clausure este vertido «que pone en riesgo los manantiales de las traídas de agua vecinal que están a pocos metros ladera abajo del foco de contaminación».

«La organización ecologista resta validez a cualquier analítica del vertido hecha tras la denuncia pública, ya que el Celta, alertado, había dejado de verter fecales por el emisario», han añadido.

Así, se manifestarán el sábado 1 de junio en la sede del Celta, ubicada en la calle Príncipe de Vigo, a partir de las 11.00 horas.

La Sinfónica de Galicia interpretará temas de Bartók y Halvorsen en el concierto con el que la temporada de abono de Afundación en Vigo alcanza su ecuador

0

El director Juanjo Mena y el solista de viola Joaquín Riquelme, que habitualmente colaboran en la Filarmónica de Berlín, acompañan a la OSG

El pasado 11 de enero, la Real Filharmonía de Galicia inauguraba la temporada de abono de música clásica 2024 de Afundación en Vigo. La otra gran formación orquestal gallega, la Sinfónica de Galicia (OSG), será la que se suba al escenario del Teatro Afundación el jueves 30 de mayo. Con la actuación de la OSG, la temporada alcanza su ecuador. Los conciertos regresarán en otoño. Desde el mes de enero, la temporada de abono del Teatro Afundación programó un total de 8 conciertos que registraron altos niveles de asistencia de público. Las últimas entradas para el concierto del 30 de mayo están disponibles en Ataquilla.com.
La OSG llega a Vigo dirigida por Juanjo Mena y acompañada por el solista de viola Joaquín Riquelme. Interpretarán el Concierto para viola y orquesta del compositor húngaro Béla Bartók (1881 – 1945) y la Sinfonía nº 1 en do menor del noruego Johan Halvorsen (1864 – 1935).

Mena y Riquelme
El director vitoriano Juanjo Mena (1965) colabora habitualmente con la Orquesta Sinfónica de Galicia. Premio Nacional de Música 2016, ha sido director principal de orquestas como la Filarmónica de Bergen o la BBC Philharmonic. También trabaja con buena parte de las formaciones orquestales de Europa y América. En una de ellas, la Filarmónica de Berlín, ha dirigido en anteriores ocasiones al intérprete de viola Joaquín Riquelme (Murcia, 1983). Miembro titular de la Filarmónica de Berlín desde 2010, Riquelme también actúa habitualmente como solista con otras orquestas de España y Europa. Toca una viola de 1780 cedida por la fundación de los Freunde der Berliner Philharmoniker.
La temporada de abono de Afundación forma parte del programa solidario «Cultura por alimentos», desarrollado por Afundación en colaboración con la Federación Española de Bancos de Alimentos. Los asistentes al concierto podrán colaborar depositando alimentos no perecederos en los contenedores dispuestos para tal fin en el Teatro Afundación de Vigo.

A Deputación analiza as claves do futuro do sector naval na súa aula de formación en Navalia

0

A aula organizada pola institución provincial é froito do primeiro patrocinio da súa historia no marco da Feira Internacional da Industria Naval que se está a celebrar en Vigo

As actividades que está a organizar a Deputación de Pontevedra no marco da súa aula de formación en Navalia, a Feira Internacional da Industrial Naval de Vigo, están a permitir coñecer as claves dalgunhas das cuestións que máis preocupan ao sector á hora de abordar o seu futuro. A institución provincial impulsa estas accións froito do primeiro patrocinio na historia da Deputación a este evento, que reúne milleiros de visitantes de todo o mundo en torno a un sector estratéxico para o desenvolvemento da provincia.

Neste sentido, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, indicou que o apoio da institución provincial “non é un feito anecdótico” por canto “somos moi conscientes de que o naval, do mesmo xeito que todo o que ten que ver co mar, é un sector estratéxico para a nosa provincia”. Convencida de que se superarán os 20.000 visitantes alcanzados o pasado ano, Sánchez ve nesta feira un “potencial de captación magnífico para a nosa aula”, onde, dixo, “abordáranse cuestións de vital importancia para o desenvolvemento e o futuro do sector” relacionadas coa enerxía, o almacenamento de hidróxeno, a sustentabilidade, o impacto ambiental ou a mellora da eficiencia na construción naval.

Deste xeito, a aula de formación da Deputación acolle este mércores unha xornada organizada por GABADI e Bureau Veritas co título “Solucións aos regulamentos de descarbonización da Organización Marítima Internacional-Marpol (Convenio internacional para previr a contaminación polos buques) e da Unión Europea en 2050. Impacto no sector marítimo, oportunidades e retos”, distribuída en cinco paneis que xiran arredor do gas natural licuado, o H2/ammonia, o metanol e o etanol e mais as tecnoloxías, con máis dunha vintena de expertos de firmas internacionais. Tamén se exporán nela algúns dos proxectos da ‘Zona de Innovación’ que incorpora este ano a feira, deseñada para apoiar e incentivar o ecosistema emprendedor do sector, e se analizarán as “Solucións de almacenamento de hidróxeno mediante a xeración de amoníaco verde como combustible multipropósito”, da man de Soermar.

Mañá xoves 23 de maio, en horario de mañá, terán lugar na aula da Deputación dúas. A primeira será a conferencia “Solucións modulares alternativas á soldadura”, a cargo de Sergio Forcelledo, trade manager da firma E&I, e con representación da firma Hilti. E, por último, a mesa “Enerxía naval do futuro: Solucións Innovadoras de Almacenamento Enerxético en Proxectos Europeos enfocados á Descarbonización e Desenvolvemento con Baterías”, organizada por Soermar e con representación de SEABAT, Hypobatt, AENEAS e o proxecto Flexship. As actividades da aula de formación da Deputación en Navalia comezaron este martes con tres conferencias arredor da redución de custos utilizando ferramentas imantadas na construción naval e industrial, a redución de custos e tempos de ciclo utilizando ferramentas magnéticas na industria moto motriz e sobre combater a corrosión xerando un bo perfil de ancoraxe con pelo de aceiro ou aceiro inoxidable sen aplicar o granallado tradicional, e mais outra rolda de exposicións dos proxectos da ‘Zona de Innovación’ da feira.

El PP de Vigo pide a Caballero que confirme si el uso previsto de la Pass Vigo en los conciertos de Castrelos conllevará limitaciones o descuentos

0

El grupo municipal popular lamenta que el Gobierno local no haya aclarado a los licitadores cómo deben cumplir con la nueva exigencia de integrar los servicios de la tarjeta ciudadana en la venta de entradas 

Miguel Martín recuerda que el alcalde socialista “lleva años sembrando la duda” sobre el empleo de este método de pago, con posibles prioridades o incluso accesos exclusivos para sus poseedores

El Partido Popular de Vigo ha pedido este miércoles a Abel Caballero que aclare cómo se implementará el uso de la Pass Vigo que se prevé incorporar este verano en la comercialización de las entradas de los conciertos de Castrelos, tal y como recoge el pliego de condiciones del contrato licitado este año para que una empresa habilite un sistema de venta online y gestione la distribución de localidades de manera presencial. Más concretamente, el grupo municipal del PP solicita que se confirme si esta novedad conllevará alguna limitación exclusiva para titulares de dicha tarjeta ciudadana, si dará acceso prioritario, si permitirá acceder a algún tipo de beneficio como eventuales descuentos, o si simplemente se planea añadirla como método de pago.

En este sentido, el principal partido de la oposición en el Concello de Vigo lamenta que el Gobierno local haya perdido la oportunidad de matizar esta información a raíz de las dudas trasladadas por los propios licitadores. En su respuesta a las preguntas formuladas por las empresas, el servicio de Festas se limita a reiterar lo que ya contempla la cláusula 4 del punto 10 del pliego de prescripciones técnicas. Es decir, que el sistema de venta que se proponga “deberá poder integrarse de tal forma que permita la interacción con los servicios” que ofrece la Pass Vigo.

El PP de Vigo entiende que restringir la adquisición de localidades para los conciertos de Castrelos contraviene la normativa vigente, pero el grupo municipal recuerda también que Abel Caballero “lleva años sembrando la duda” cuando recurrentemente anuncia que va a limitar la compra a titulares de la Pass Vigo, “por lo que le exigimos que explique cuanto antes cuáles son sus planes al respecto”, en palabras del portavoz del grupo municipal del PP de Vigo, Miguel Martín. El concejal popular ha destacado igualmente que ya avisó hace varias semanas de que conviene iniciar la licitación de este contrato con una mayor antelación. “No tiene sentido que se estén anunciando conciertos y la gente tenga que esperar meses para poder comprar las entradas y saber cuáles son las condiciones”, ha reiterado el edil vigués. Así, ha pedido que al menos se dé celeridad a la formalización del contrato y su entrada en vigor. “No olvidemos que los dos últimos años se tardó mucho en activar el proceso, el concurso público quedó desierto y eso generó mucha incertidumbre entre los fans”, ha concluido.

O BNG chama a facer realidade un Centro de Reparacións Navais en Vigo para revitalizar o sector

0

A fronte nacionalista lamenta durante unha visita á feira Navalia a falla dunha política industrial da Xunta de Galiza para “impulsar as enormes capacidades deste sector estratéxico para a economía e o emprego”

Xabier P. Igrexas: “O BNG seguiremos a dar a batalla por retirar as limitacións que estrangulan o noso tecido empresarial e para defender o noso dereito a producir”

O Bloque Nacionalista Galego chama a facer realidade un Centro de Reparacións Navais na ría de Vigo que permita revitalizar o sector. Así o demandou este mércores o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante unha visita á feira internacional Navalia xunto a deputada no Parlamento galego Carmela González e o deputado Brais Ruanova.

“Navalia é a expresión máis clara da enorme capacidade que ten o sector naval de Vigo e de Galiza, cunha acreditadísima capacidade técnica, produtiva e de innovación”, valorou Igrexas, cuestionando pola contra a falla dunha verdadeira política industrial por parte da Xunta de Galiza que permita traducir esa capacidade no impulso dun sector “estratéxico” para a economía e o emprego de Vigo e de Galiza.

O portavoz nacionalista acusou o Goberno galego do PP de ser “responsábel por inacción do devalar do naval vigués” que, malia ser un dos grandes tractores económicos da área, está lonxe dos 10 mil postos de traballo que acadou hai 15 anos mentres os principais estaleiros e a industria auxiliar atravesan “importantes dificultades”. Fronte a esta situación, asegurou que “non abonda con boas palabras e grandes declaracións” como as realizadas na inaguración da feira por diferentes responsábeis políticos, entre eles o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

25% do PIB galego na industria

Dende o BNG defenderon como obxectivo irrenunciábel incrementar o peso das actividades industriais até representar o 25% do PIB galego, no que a cidade de Vigo recupere o seu papel como “potente pulmón industrial” de Galiza. “Isto esixe blindar o futuro da construción e reparación naval na nosa ría con políticas concretas e cunha decidida intervención públicos como o Centro de Reparacións Navais”, defendeu Igrexas.

No mesmo sentido, as nacionalistas chamaron a despregar políticas que alenten o proceso de innovación tecnolóxica, para que a industria viguesa e galega produzan tamén bens de equipo destinados aos buques que se arman nas gradas dos estaleiros locais. “Hai que apostar por alargar a competitividade do sector sobre a xeración de valor engadido e da innovación e non do abaratamento de custes”, subliñou, propoñendo a posta en marcha dun verdadeiro holding do sector naval de Vigo con participación pública.

Naval de Vigo, potencia internacional

Así, o portavoz municipal do Bloque defendeu que o “naval galego non é menos capaz” que o de outros territorios do Estado ou do resto de Europa. “O que non ten o sector é o apoio decidido desde os Gobernos galego e central”, afeou, urxindo facer do impulso do sector naval unha “verdadeira política de País” como un dos elementos centrais dun modelo industrial que permita aumentar a produción e consolidar o emprego.

“O noso obxectivo é facer do naval de Vigo e de Galiza unha verdadeira potencia produtiva a nivel internacional”, apostou Igrexas. “No Concello de Vigo, no Parlamento galego, no Congreso e tamén en Bruxelas, o BNG seguiremos a dar a batalla por retirar as limitacións que estrangulan o noso tecido empresarial e para defender o noso dereito a producir”, remachou.