Fallece un bombero de Vigo al derrumbarse parte de la cubierta de un edificio

0

El Ayuntamiento de Vigo trasladó su más sentido me pesa a la familia y amistades de S.S.D., bombero de Vigo, que falleció esta mañana en un accidente laboral por el derrumbamiento de parte de la cubierta de un edificio en el que se encontraba prestando servicio.

El Ayuntamiento muestra su reconocimiento a todo el cuerpo de bomberos de Vigo por el trabajo que desarrolla cada día y decreta el día de hoy y mañana de luto oficial en la ciudad con las banderas ondeando la media asta. El alcalde y el gobierno municipal suspenden todos sus actos oficiales en señal de respeto y en la memoria de este trabajador fallecido hoy en acto de servicio.

El Real Club Náutico pone en juego el fin de semana en la ría viguesa su tradicional Memorial Cholo Armada-Trofeo Ssangyong de Snipe

0

La competición, de carácter autonómico, se disputa este sábado desde las 15.00 horas; el domingo, a las 11.00

El Memorial Cholo Armada vuelve a la ría viguesa este fin de semana para disputar la tercera regata de Snipe del año bajo la organización del Real Club Náutico de Vigo.

De carácter autonómico en esta oportunidad, la prueba reunirá a regatistas del Náutico vigués, del Real Club Náutico de Rodeira, del Real Club de Regatas de Galicia, de la Comisión Naval de Regatas de Ferrol y de la Asociación de Barcos Clásicos de Vela Ligera. La flota competirá a partir de las 15:00 horas este sábado y de las once de la mañana el domingo.

En 2023, cuando el Trofeo Ssangyong también fue Campeonato ibérico, la victoria final correspondió al barco tripulado por Roberto Bermúdez de Castro (Marina Coruña) y Pablo Mijares (RCN Coruña). En esta oportunidad no regatearán en aguas viguesas y todo apunta a un duelo entre el “Argafish SL” de Enrique Porto y Sebastián Cabello (RCN Vigo), vencedores del Memorial Julio Rasilla en enero, y el “SDEA” de Javier Porto (RCN Vigo) y Andrés Jiménez (RCN Rodeira), ganadores del Ría de Vigo en febrero, con el “Equipamiento y Seguridad” de Patricio de Haz (RCN Vigo) al acecho.

Para cada jornada están previstas un máximo de tres mangas. Como es tradicional, el trofeo se presentó en los astilleros Armada, y Miguel Ángel Armada, director del astillero.

Se viene abajo parte del tejado de una casa en Vigo

0

El hombre indicaba que salían llamas de una casa en ruinas en la calle Padre Feijoo, por lo que los gestores del 112 Galicia pasaron el aviso a los Bomberos de Vigo, Policía Nacional y Policía Local

Parte del tejado de una vivienda se ha venido abajo esta noche en Vigo.

Los hechos, según informan desde el 112 Galicia, se produjeron alrededor de las 4.00 de la madrugada, cuando un particular alertó de un incendio a la Central de Emergencias.

El hombre indicaba que salían llamas de una casa en ruinas en la calle Padre Feijoo, por lo que los gestores del 112 Galicia pasaron el aviso a los Bomberos de Vigo, Policía Nacional y Policía Local.

Tras la intervención de los Bomberos, se informó al 112 Galicia de que había ardido el primer andar, lo que provocó que se viniera abajo parte del tejado de la vivienda.

O Concello mellorará o abastecemento de auga en 13 rúas da cidade

0

A Xunta de Goberno deu conta hoxe da extensión da rede de mallado para mellorar o servizo de auga en rúas de Beade, Lavadores, Teis, Sárdoma, Coruxo, Navia, Coia e no centro cun importe de case 900.000 euros

Abel Caballero informou da mellora do abastecemento de auga en 13 rúas en distintas parroquias da cidade. O goberno local segue a investir na extensión da rede de mallado, nesta ocasión con actuacións na rúa San Correa (Beade), Baixada a San Roque, Ramón Nieto (Lavadores), CEIP Paraixal (Teis), Camiño Eidos (Sárdoma), Rúa San Isidoro Romero Caballero (Coia), Rúa Breadouro – Combro (Coruxo), CEIP San Tegra (Teis), Doutor Corbal (Teis), Camiño Outeiro (Sárdoma), Camiño Saíñas (Navia), Camiño Chumba (Teis) e rúa Carrasqueira (Coruxo).

O Concello está a traballar na configuración da rede cun trazado reticulado que en caso de avaría evita deixar sen subministro aos veciños do entorno e permite mellorar a renovación da auga. Amais, o goberno local está a investir na construción da nova potabilizadora por 25 millóns de euros.

Vigo en Festas incorpora unha novidade para este verán, a ópera Rigoletto de Verdi

0

O alcalde anunciou que a ópera encherá o auditorio de Castrelos o venres 9 de agosto, cun aforo de 2.500 cadeiras na platea

Abel Caballero anunciou esta mañá “unha gran novidade” para os concertos de Castrelos do vindeiro verán, xa que terá lugar a interpretación de Rigoletto, a ópera mestra de Giuseppe Verdi. A realización “da ópera ao aire libre”, será o venres 9 de agosto.

Rigoletto é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi, baseado na obra teatral El rey se divierte, de Victor Hugo. Trátase dun drama de paixón, engano e vinganza, no que o seu protagonista é Rigoletto, o bufón da corte do ducado de Mantua.

Foi estreada en 1851 no teatro La Fenice de Venecia. Destaca a peza «A donna è mobile», interpretada durante anos “polos mellores tenores da historia”, como Luciano Pavarotti. Forma xunto con El Trovador e La Traviata (ambas de 1853), a triloxía popular operística que compuxo Verdi a mediados da súa carreira.

O alcalde explicou que “para a súa interpretación en Castrelos non realizarán descanso, contará cunha duración de 2 horas”, xa que habitualmente na súa interpretación realizan unha parada intermedia de 25 minutos. Chegará a nosa cidade cun elenco de artistas internacionais, que deleitarán ao público cunha versión clásica da obra mestra de Verdi, pero cunha dirección escénica moderna e dinámica.

Coa chegada de Rigoletto, xa van nove confirmacións para este verán en Castrelos:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Coral Casablanca (20 de xullo)
  • Luis Fonsi (23 de xullo)
  • Sen Senra (25 de xullo)
  • Luz Casal (2 de agosto)
  • UB40 (7 de agosto)
  • Ópera Rigoletto (9 de agosto)
  • Víctor Manuel (14 de agosto)
  • Melendi (17 de agosto)

Ana Ortiz destaca o do I Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza pola súa contribución á “reactivación da cultura viguesa”

0

A delegada da Xunta participou na presentación dos poetas galardoados: Lupe Gómez, na modalidade de galego, e Morales Monterríos,  en castelán

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na presentación dos galardados do I Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza convocado co apoio do Goberno galego para celebrar o centenario do nacemento do escritor. Durante o acto celebrado na sede da Asociación Évame-Oroza, a representante autonómica salientou o éxito do certame literario que recibiu máis de 1.100 obras a concurso.

Na súa intervención, Ana Ortiz felicitou aos gañadores que recibiron o recoñecemento polo seu traballo creativo e deulle os parabéns á asociación Évame-Oroza pola cantidade, diversidade e calidade das actividades realizadas ata o momento para difundir o traballo de Carlos Oroza.

“Iniciativas como este premio converten a Vigo en punto de referencia cultural en todo o territorio nacional, pero ademais o colectivo é responsable da reactivación da cultura viguesa desde o corazón da cidade, no seu barrio histórico, onde ten a sede grazas ás promocións do Consorcio Casco Vello”, sinalou.

No acto participaron os gañadores, Guadalupez Gómez Arto, premio na modalidade de galego pola obra “Herbario da noite pecha”, e o chileno Roberto Morales Miranda, como mellor obra de poesía na modalidade de castelán pola obra “Carbono 14”.

GAÑADORES DO I PREMIO INTERNACIONAL DE POESÍA CARLOS OROZA

Premio de Poesía en Galego: GuadaLupe Gómez Arto, por “Herbario da noite pecha”

Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega, coñecida como Lupe Gómez. Publicou libros de poesía como Pornografía (1995), Camuflaxe (2017), Caracois de Belvís (2020) ou Montaña Ioga (2022). Obtivo, entre outros, os premios Johán Carballeira, Premio da Crítica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño. É autora da narración autobiográfica Fisteus era un mundo (2001) e do epistolario Fosforescencias (2019). Con Salón de Té (Xerais, 2023) gañou o XI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

Premio de Poesía en Castelán: Roberto Morales Miranda, por “Carbono 14”

Roberto Morales Monterríos, que firma as súas obras como Morales Monterríos, naceu en Chile, no ano 1970.  Este poeta, e panadeiro, publicou os libros Antichton (2000), Pantheon (2004), Príncipe de Chile (2007), Hécate (2009), Popol Vudú, Libro 1, Nómade in Chile (2017), Poemas de amor do obreiro John Bágoas. Os seus grandes éxitos (2018), O Tabo Che King (2022), NODO (2022). En 2022 resultou gañador do Premio Hispanoamericano de Poesía de San Salvador co libro NODO, o mesmo ano obtén o XXII Premio de poesía Vicente Núñez (España), co seu libro Seda-Sade. A súa obra caracterízase por achegar diversas propostas que non teñen á tradición literaria como punto de partida, e que son elaboradas con elementos de diversos ámbitos e disciplinas.

Un Juzgado de lo Mercantil de Pontevedra declara a Atunes y Lomos SL en concurso voluntario de acreedores

0

El Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ha admitido a trámite la solicitud de concurso voluntario de acreedores de la entidad mercantil deudora Atunes y Lomos SL. Por lo tanto, sus facultades de administración y disposición sobre su patrimonio quedan intervenidas. La magistrada indica en el auto que, tras examinar los documentos presentados, se aprecia que la empresa, que no solicita la apertura de la fase de liquidación, está en situación de insolvencia actual.  

La jueza señala en el auto que el deudor, sus administradores, apoderados y representantes de hecho o de derecho “tienen el deber de comparecer ante el juzgado y la administración concursal cuantas veces sean requeridos”, al tiempo que advierte de que “deben colaborar e informar en todo lo necesario o conveniente para el interés del concurso, poniendo a disposición de la administración del concurso los libros, documentos y registros correspondientes”. Los acreedores, por su parte, deben comunicar, en el plazo de un mes, la existencia de sus créditos.

La duración del procedimiento de concurso, desde la apertura de la sección primera al cierre de la quinta, no podrá ser superior a doce meses, si bien la jueza podrá acordar una ampliación del plazo de duración del mismo si fuera necesario, en atención a la complejidad del concurso o a las circunstancias justificadas que pudieran concurrir. El auto, aunque no es firme, tiene efectos inmediatos y es ejecutivo.

O BNG aposta por renovar o mapa de liñas do bus urbano de Vigo con participación veciñal

0

A fronte nacionalista inicia a rolda de contactos da campaña ‘Máis buses, menos multas’ cunha reunión coa Favec recollendo propostas e necesidades para mellorar o servizo

Alerta do risco de que o estudo encargado polo Goberno de Caballero sexa unha “coartada para empeorar máis o transporte en función dos intereses da concesionaria”

Xabier P. Igrexas: “Hai alternativa ao desastre de servizo de bus que presta Vitrasa”

O Bloque Nacionalista Galego aposta por renovar o mapa de liñas do servizo de autobús urbano de Vigo. A fronte nacionalista vén de trasladar esta proposta despois de manter este venres unha xuntanza coa Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) como punto de partida da campaña do Bloque ‘Máis buses, menos multas’ para revolucionar a mobilidade na cidade.

“Deste encontro puidemos comprobar o elevado nivel de coincidencia tanto na diagnose dos problemas que ten o bus urbano na cidade como nas medidas para mellorar o servizo”, destacou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen recolleu as propostas e necesidades trasladadas pola Federación Veciñal xunto co tamén concelleiro nacionalista, Filipe Abalde.


Igrexas subliñou que o redeseño do mapa de liñas é unha “reivindicación histórica” do movemento veciñal de Vigo, co obxectivo de conectar “de verdade” os 110 quilómetros cadrados do termo municipal. “A cidade non remata no seu centro, son tamén os seus barrios e parroquias que fican na práctica illadas por un moi deficiente servizo de bus urbano, agravado dende o ano 2019 coa redución de 250 frecuencias”, asegurou.

Un novo mapa de liñas que, a xuízo do Bloque, ten que ir acompañado dun aumento substancial das frecuencias de paso dos buses así como dunha mellora dos actuais horarios. Nese camiño, dende a fronte nacionalista consideraron “imprescindíbel” contar coa participación da veciñanza a través do movemento asociativo “que é quen mellor coñece os problemas e necesidades” do servizo de transporte urbano.

“Estudo trampa”

O portavoz municipal do BNG lamentou nese sentido que Abel Caballero continúe “instalado na xordeira autoritaria” de cara á fin da concesión do bus urbano o vindeiro ano 2025. Así, a única medida adoptada polo Goberno municipal foi encargar un estudo técnico, licitado o pasado decembro por un importe próximo aos 400 mil euros, que se está a elaborar de forma “opaca e sen diálogo”.

“A empresa á que se lle encargou este informe non se puxo en contacto co movemento veciñal”, afeou Igrexas. Alertou por estes motivos do “risco real” de que o estudo sexa unha “trampa que sirva de coartada para empeorar aínda máis o servizo de bus urbano en función dos intereses da concesionaria”, impoñendo criterios de custo-efectividade no novo deseño das liñas para prescindir de aquelas que non son rendíbeis para a empresa pero que son “vitais” para a veciñanza dos barrios e parroquias.

Dende a fronte nacionalista demandaron así que o Goberno local aclare en que situación se encontra este estudo, que informe con quen se está a falar e dialogar, que datos se están a recoller e cales son os obxectivos do mesmo. “O BNG queremos deixar claro que hai alternativa ao desastre de servizo de bus que presta Vitrasa”, defendeu Igrexas, quen anunciou que nos próximos días e semanas continuarán coa rolda de encontros con colectivos e entidades sociais para seguir recollendo as súas ideas e necesidades.

“Sabemos que existe un obxectivo compartido de dotar a cidade de Vigo dunha mobilidade alternativa que nos permita avanzar cara a unha cidade máis sustentábel en termos ecolóxicos, máis segura e moito máis habitábel onde as persoas lle gañen espazo aos coches”, remachou o voceiro municipal do Bloque.

Reunir o Consello Sectorial de Transportes

Pola súa banda, a presidenta da Favec, María Pérez, subliñou a coincidencia do movemento veciñal coas propostas da campaña do BNG ‘Máis buses, menos multas’, que incorpora moitas das reivindicacións históricas do asociacionismo vigués. Lamentou por contra que o Goberno municipal continúe a desoír as demandas veciñais en relación ao servizo de bus urbano. Nese sentido, Pérez chamou a que convoque o Consello Sectorial de Transportes, como órgano de participación sobre a mobilidade da cidade, que leva sen reunirse dende finais do ano 2019. 

A Deputación apoia a Volta Ciclista ao Baixo Miño patrocinando o seu maillot de montaña

0

A vicepresidenta Luisa Sánchez participou este venres no Pazo provincial na presentación desta proba, que se celebrará o próximo 2 de xuño organizada polo Team Oiense

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres na presentación da segunda edición da Volta Ciclista ao Baixo Miño, que tivo lugar no Pazo provincial. A proba organizada polo Team Oiense terá lugar o próximo 2 de xuño e conta co apoio da institución provincial, que patrocina o maillot de montaña da competición. No evento tamén participaron Aser Estévez, presidente do Team Oiense e organizador da proba, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde da Guarda e deputado provincial Roberto Carrero. Ao final da presentación, a vicepresidenta provincial recibiu unha camiseta de recordo por parte da organización.

Luisa Sánchez sinalou que “os arredor de 120 ciclistas que chegarán tanto de Galicia, como das nosas veciñas Asturias, Castela e León e Portugal ou tamén de Cantabria, descubrirán o gran potencial desta comarca do sur da nosa provincia formada polos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui”. Ademais destacou que o percorrido permitirá aos deportistas “achegarse a importantes recursos naturais do noso territorio” nos que, “malia que o asfalto e os nosos montes serán os auténticos protagonistas, non nos esqueceremos do noso fermoso Océano Atlántico, xa que algúns tramos transcorrerán en paralelo ao mar”. A vicepresidenta da Deputación asegurou que “esta provincia conta co escenario ideal para a práctica do ciclismo e, de feito, por iso somos unha potencia mundial nesta disciplina deportiva”. Tamén lembrou que “o noso afán de superación, xunto co empeño do persoal técnico dos clubs e de todo o tecido deportivo, permítennos acoller probas de altísimo nivel como esta Volta Ciclista ao Baixo Miño, que vai na liña do noso grande obxectivo de converter esta provincia no maior estadio deportivo do mundo”. Por iso, asegurou, “é un honor patrocinar o maillot e colaborar co Team Oiense para que esta proba poida realizarse”, club ao que a vicepresidenta trasladou os seus parabéns e sorte “non só con esta Volta senón con todas as demais probas que realizará ao longo dos próximos meses: será un calendario moi movido pero que sen dúbida contribuirá ao bo nome do ciclismo desta provincia”.

El TSXG confirma la sentencia que desestimó un recurso contra el Ayuntamiento de Tui por decidir ejecutar las obras viarias de una urbanización de 250 viviendas

0

La sección segunda de la Sala de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la sentencia dictada por el Juzgado de lo Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra en la que desestimó el recurso interpuesto contra la decisión del Ayuntamiento de Tui de ejecutar subsidiariamente los trabajos necesarios para terminar las obras viarias de la urbanización de 250 viviendas Pousa do Obispo-Finca das Augas. Al igual que en el fallo de primera instancia, el alto tribunal concluye que el ámbito completo constituye un único polígono, por lo que entiende que deben contribuir todos los propietarios, tanto de la fase 1 como de la fase 2, al pago de las obras pendientes, presupuestadas en unos 540.000 euros. La resolución ratifica también la procedencia de la confiscación de un aval de 94.000 euros constituido por la promotora.

“En la escritura de parcelación voluntaria se atendió a la unidad del polígono delimitado en el plan parcial y se calculó el coste en función de la totalidad de las obras de urbanización necesarias, sin que a estas consideraciones jurídicas quepa oponer lo pactado en la escritura de parcelación voluntaria, aunque la misma fuera aprobada por la Administración en una fase en la que no se preveían la falta de ejecución de la urbanización o las deficiencias que posteriormente se constataron, que no se discuten”, explica el TSXG.

El titular del Juzgado de lo Contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra indicaba en la sentencia, ratificada por el alto tribunal gallego, que las obras de urbanización del polígono, además de hallarse inacabadas, incurren en deficiencias “muy graves, con amplia superación de los plazos establecidos para su entrega en correctas condiciones a la Administración municipal”. El magistrado destacó que la ejecución subsidiaria resultaba “obligada, en cualquier caso, al margen y con independencia de que con ello se perjudique o beneficie a los terceros adquirentes de las viviendas construidas simultáneamente con la urbanización”, terceros que, según el juez, “se subrogan en la obligación de los propietarios/promotores iniciales de costearla”. Contra la resolución del TSXG cabe interponer recurso de casación.