Detenido tras robar una moto a un repartidor y pelearse con él cuando trataba de recuperarla

0

El hombre, de 33 años, huyó sin camiseta siendo localizado más tarde por el dispositivo policial de búsqueda

La Policía Nacional ha detenido a un varón de 33 años de edad, de nacionalidad española y residente en Vigo, por un delito de robo con violencia e intimidación.

Los hechos sucedieron sobre las 16:20 horas del pasado día 9, en un restaurante ubicado en la Gran Vía. Unos uno de sus trabajadores de reparto domiciliario dejó una de las motos, con las llaves puestas, en la entrada del restaurante, un ciclomotor Piaggio VESPA 50, para recoger un nuevo pedido.

Al entrar el local, el repartidor escuchó a su jefe alertarle con voces de que un varón se llevaba una de las motos de reparto sin autorización, emprendiendo la huida con ella hacia la calle Hispanidad.

El trabajador tomó otro ciclomotor, también propiedad de la empresa, y salió detrás suya, logrando darle alcance en la propia Hispanidad. Al ir a sujetarlo para recuperar el ciclomotor, el detenido emprendió una pelea durante la que llegaron, incluso, a romperse la ropa. En uno de estos forcejeos, el ladrón se deshizo de su camiseta y emprendió la huida hacia la calle Zamora.

Durante el transcurso de los hecho, en la Central Operativa CIMACC 091 de Vigo se recibieron varias llamadas alertando de la pelea, por lo que se enviaron varias dotaciones al lugar. Al llegar, se encontraron a un ciudadano solo con manchas de sangre y erosiones, que les comunicó que el enfrentamiento se había producido al intentar recuperar un ciclomotor robando instantes antes en el restaurante donde trabajaba, y que si bien había recuperado el ciclomotor, el presunto ladrón y agresor había huido.

Los agentes establecieron un dispositivo de cierre de la zona que, observando al cabo de un rato a un ciudadano sin camiseta escondido y sangrando por una herida en la cabeza. Tras proceder a su detención constataron que al hombre sumaba 15 detenciones anteriores, la gran mayoría con cierta violencia.

El gobierno de Vigo anuncia la licitación de un nuevo tramo de 3 km del paseo del Lagares para finales de año

0

El proyecto incorpora la plantación de 140 árboles de gran porte, además de la recuperación de la biodiversidad de los márgenes y espacios fluviales

El paseo del Lagares sumará un nuevo tramo –entre Manuel Álvarez y la Avenida de Madrid– que se extenderá a lo largo de 3,2 kilómetros y contará con un presupuesto de 800.000 euros.

Antes de final de año, se licitará el proyecto constructivo, mientras que el expediente de expropiación de las 96 fincas afectadas recibirá luz verde definitiva el próximo martes. A dicha expropiación se destinarán 430.000 euros, adquiriéndose parcelas de zonas colindantes con el río con el objetivo de dar continuidad a las sendas que en la actualidad acompañan el curso del Lagares.

La zona afectada es de 3.261 lineales, lo que supone el 18,4% de los 17,7 km del río. El proyecto incorpora un estudio ambiental de todo el trazado, con la plantación de 140 árboles de gran porte (robles y fresnos), además de la recuperación de la biodiversidad de los márgenes y espacios fluviales.


Cambios de localización e redución de alumnado por materias para o novo curso do Programa de Maiores da Universidade de Vigo

0

A docencia será presencial e tamén se ofertan, por primeira vez, materias virtuais

En Vigo, as clases trasládanse de Torrecedeira ás facultades de Química e CCCXX e do Traballo

Se hai uns meses o alumnado da Universidade miraba cara este curso con inquedanza, os estudantes sénior da Universidade de Vigo tiñan aínda máis incertezas sobre como se ía desenvolver o seu regreso ás aulas ao seren, en moitos casos, poboación de risco. Pero as medidas de seguridade e os cambios de localización van permitir que o Programa de Maiores comece, a partir do día 28 deste mes, coa docencia presencial en todos os seus niveis.

Como explica José Luis González Cespón, director do Programa Universitario para Maiores, “este ano é algo diferente, xa que debido á pandemia debemos manter unha serie de protocolos de hixiene, distancia, etc. que limitan algúns aspectos respecto ao que viñamos facendo pero, mantendo estes protocolos, as clases vanse desenvolver dunha maneira moi similar a cursos pasados”.

De Torrecedeira ao campus

As principais novidades son o cambio de localización e a redución do número de alumnos en cada materia. Así, mentres en Pontevedra e Ourense as clases van seguir no mesmo campus, no caso de Vigo a docencia trasladarase de Torrecedeira ás facultades de Química e de Ciencias Xurídicas e do Traballo. A este respecto, Cespón explica que tanto a Escola Universitaria de Estudos Empresariais como a sede da Escola de Enxeñería Industrial na cidade “precisan todo o seu espazo para desenvolver o 100% das súas clases presenciais de grao coa distancia de seguridade que debe manter o alumnado”, polo que foi necesario buscar outras instalacións para permitir a presencialidade tamén na docencia para o estudantado sénior”.

Para iso “traballamos durante todo o mes de agosto na busca de alternativas”, polo que agradece “aos centros do campus cos que falei e que tentaron axudar a buscar un emprazamento alternativo e, en especial, a Química e CCXX e do Traballo, “onde finalmente se vai impartir o programa durante este curso 2020-2021”. Para tratar de facilitar ao alumnado e ao profesorado a adaptación a este novo escenario, apunta González Cespón, tamén se reestruturaron os horarios das clases, de modo que as materias de dúas horas semanais impartiranse o mesmo día. 

Sobre as aulas, nos campus de Ourense e Pontevedra reaxustáronse os espazos para adaptarse ás distancia de seguridade, mantendo así o mesmo número de prazas. Isto é 30 prazas para as materias de lección maxistral e 15 para prácticas. Mentres, en Vigo as materias de lección maxistral vanse ofertar para 18 estudantes e as de carácter práctico oscilarán entre os 10 e os 15 para respectar as distancias de seguridade. Ademais, como novidade este curso tamén se ofertan algunhas das materias  do programa en formato virtual a través do Campus Remoto, tres no campus de Vigo (50 prazas en cada unha) e dúas en Ourense (30 prazas) e Pontevedra (25 prazas). “Se a experiencia é positiva, valoraremos a posibilidade de facer materias en liña intercampus nos vindeiros anos”, remarca Cespón.

No referido ás medidas sanitarias, adoptaranse as mesmas que se están a implantar nos centros da UVigo, con ocupacións reducidas nas aulas, distancias de seguridades, uso de máscaras e xel hidroalcólico, sinalización nos espazos para evitar os contactos, etc. que garanten suficientemente a seguridade de todo o profesorado e o alumnado.

Todas estas medidas explicaranse ao alumnado nun acto de benvida que terá lugar antes do comezo da docencia.

Prazo de matrícula aínda aberto

Actualmente aínda están abertos os prazos de matrícula para o Programa de Maiores, tanto no ciclo intensivo como no integrado. O intensivo, con 54 créditos, é a etapa inicial do Programa de Maiores, na que os alumnos e alumnas intercambian coñecementos e experiencias de tipo científico e cultural, sen necesidade de ter ningunha titulación previa. Neste ciclo, que ten unha duración de tres anos, poden inscribirse as persoas con idade igual ou superior a 55 anos, sendo o número máximo de alumnado que poderá ser admitido en primeiro curso de 50 persoas en cada un dos campus. En caso de quedar prazas sen cubrir, poderase admitir alumnado con idades inferiores a 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos. Unha vez realizada a inscrición, o prazo de matrícula abrirase entre o 8 e o 22 de setembro. Tamén nesta quenda poderá matricularse o estudantado que xa rematase o ciclo intensivo e queira seguir neste ciclo en materias soltas non superadas.

Pola súa banda, o ciclo integrado está pensado como continuación da etapa previa, co que obterán o título de Universitario Superior Sénior. Nesta etapa poden matricularse as persoas que teñan superado o ciclo intensivo (titulado/a universitario/a sénior ou graduado/a universitario/a sénior) ou ben todos os que estean en posesión de calquera outra titulación oficial universitaria e teñan unha idade igual ou superior a 50 anos. O prazo de matrícula para este nivel está xa pechado.

O curso pasado, no que a docencia dende marzo se desenvolveu de xeito virtual como no resto da Universidade, estaban matriculadas 600 persoas entre os tres campus da UVigo. De cara a este novo ano académico, González Cespón recoñece que se agarda unha caída da matrícula da orde do 40%, fundamentalmente porque a docencia en Vigo se traslada ao campus, cando habitualmente se desenvolvía no centro da cidade, e “porque hai algunhas persoas con patoloxías crónicas”, conclúe.

A oferta formativa da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo será 100% virtual

0

A programación inclúe propostas de interese tanto para o alumnado como para o PDI e o PAS

100% virtuais. Así son os cursos de formación en lingua galega do primeiro cuadrimestre do curso 2020/2021 organizados pola Área de Normalización Lingüística, unha oferta formativa que se compón este ano de seis cursos en liña totalmente gratuítos, que se van desenvolver ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro e nos que se inclúen propostas de interese tanto para o alumnado como para o persoal docente e investigador e o de administración e servizos. A matrícula, totalmente de balde, manterase aberta ata o vindeiro día 25.

“Como cada ano, desde a Área de Normalización Lingüística, a Universidade de Vigo asume o seu compromiso co aumento do coñecemento e o uso do galego en toda a comunidade universitaria”, subliña o profesor Fernando Ramallo, director da ANL. Unha parte relevante das actuacións nesa liña está directamente relacionada coa oferta formativa organizada arredor dos diversos cursos ofertados ano a ano –o curso pasado organizáronse oito cursos nos que participaron máis de cen persoas-. “Consideramos que se trata dunha oferta non só necesaria senón imprescindible en tempos nos que o idioma galego non pasa por momentos de expansión senón, contrariamente, de deterioración e manifesta perda de vitalidade”, recalca Ramallo.

Cada ano desde a ANL tratan de ofertar os cursos que consideran máis atraentes e, asemade, necesarios para cumprir os obxectivos da Universidade respecto da aprendizaxe e a mellora do uso correcto da lingua galega, nomeadamente nas modalidades de escritura mais tamén na oralidade. “Pola súa extraordinaria demanda, algúns repítense convocatoria a convocatoria. Outros son menos frecuentes, coma por exemplo o de Ferramentas informáticas para a mellora da redacción que ofertamos este curso 2020/2021”, explica Ramallo, ao que engade que a ANL leva uns meses traballando nunha plataforma de formación en liña específica en estreita colaboración co Servizo de Teledoncencia. “O obxectivo é ter un abano de cursos dispoñibles, dos que os contidos estanse a elaborar con ferramentas específicas de ensino-aprendizaxe virtual”, engade o director da área.

O curso de Extensión Cultural, sen as tradicionais excursións

O curso de maior duración -75 horas- é o de Extensión Cultural, unha actividade dirixida a estudantes de programas de intercambio. O obxectivo desta actividade é que o alumnado internacional poida regresar aos seus lugares de orixe cunha idea básica da lingua galega, así como da etnografía e arquitectura características de Galicia, da súa historia e gastronomía, da música e da literatura propias… Se ben este curso adoitaba ir acompañado de numerosas excursións por puntos clave da xeografía galega, as actuais circunstancias sanitarias imposibilitan a realización deste tipo de actividades de xeito seguro, polo que nesta ocasión non se van levar a cabo.

Clases telepresenciais na maioría dos cursos

A oferta de cursos virtuais inclúe un Curso de redacción de documentos administrativos (40 horas); outro sobre  Escribir en internet (30 horas), e unha terceira proposta centrada en Redacción e estilo, de 40 horas. No primeiro caso, o Curso de redacción de documentos administrativos, centrarase en facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega e en proporcionarlle ao alumnado unha guía rápida de redacción administrativa en lingua galega. O segundo, Escribir en internet, busca sobre todo dar toda unha serie de pautas sobre como escribir documentos destinados a ser lidos en pantalla e, o terceiro, sobre Redacción e estilo, reflexionar sobre as variables que inflúen na lexibilidade dun texto e saber diferenciar rexistros para axustar os niveis de expresión a cada situación comunicativa, así como fixar as cuestións que se deben ter en conta á hora de redactar e revisar o que se escribe.

Xa dunha menor duración (20 horas), ofértanse outros dous cursos: Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM e Ferramentas informáticas para a mellora da redacción, ambos virtuais pero con clases telepresenciais. O primeiro está especialmente pensando para o alumnado e vai dirixido a ensinarlles a redactar con corrección os traballos académicos e a saber expresar as ideas para expoñer os resultados dun TFG ou TFM. O segundo centrarase en dar a coñecer as ferramentas TIC adecuadas para redactar textos de maior calidade estética e lingüística; en aprender a manexar esas ferramentas informáticas correctamente e en que as persoas participantes aprendan a descubrir os diferentes recursos lingüísticos disponibles en liña para empregar unha lingua de calidade.

Sanidade establece medidas restrictivas en A Guarda

0

Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto

A Consellería e Sanidade, decidiu esta mañá establecer medidas restritivas nos concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio, logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia.

Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Estas medidas serán publicadas esta tarde no DOG e entrarán en vigor desde ás 00:00 horas desta medianoite. Ademais, apuntou que, a posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado no prazo máximo dunha semana.

Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre, se ben este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns, polo que non afectará aos eventos previstos para esta fin de semana.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus, restrinxindo e regulando determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

El área sanitaria de Vigo suma 16 nuevos casos activos por Covid-19

0

Aunque alcanza los 364 positivos, la comarca continúa como la segunda, tras Ferrol, con menos afectados de Galicia

La comunidad suma sólo 3 nuevos contagios activos en las últimas 24 horas

Cuatro nuevos fallecidos elevan el total de víctimas de la pandemia hasta las 676

El área sanitaria de Vigo suma hoy 16 casos activos más que ayer por Covid-19. De este modo, y según los datos que acaba de facilitar la Dirección General de Salud Pública, la comarca alcanza los 364 positivos.

No obstante, y pese al incremento, el área viguesa continúa como la segunda, tras Ferrol, con menos afectados de Galicia.

La Comunidad suma sólo 3 nuevos contagios activos en las últimas 24 horas. De ellos, 1.403 son del área de A Coruña, 855 de la de Lugo, 463 de la de Ourense, 413 de la de Pontevedra, 364 del área de Vigo, 689 de la de Santiago, y 174 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 26 están en UCI -4 en Vigo-, 201 en unidades de hospitalización -18 en la ciudad-, y 4.134 en el domicilio. Por lo de ahora, en Galicia hay un total de 14.670 personas curadas, registrándose 676 fallecimientos, cuatro más que hace 24 horas.

La últimas personas fallecidas fue una mujer de 80 años que estaba ingresada en el CHUO y un hombre de 76 años que estaba ingresado en el CHUAC. Ambos presentaban patologías previas. El número de PCR realizadas es de 384.735.

La Policía Local interviene de nuevo a jóvenes portugueses en las Cíes con conductas no permitidas

0

El pasado día 7, a las 17:45 horas, los agentes de la Policía Local de Vigo de servicio en las ISLAS CÍES, se encontraban realizando un control en tránsito. Concretamente se ocupaban del correcto uso de las mascarillas por parte de los turistas en la zona del camino que une el camping con la pasarela de cemento que comunica las dos islas.

Desde ese punto, observaron con los prismáticos de dotación a unas personas en el muelle de Rodas que se estaban arrojando al mar desde el mismo. Conducta muy peligrosa, pues se tiene conocimiento de que este verano en las Rías Baixas, por acciones similares, han resultado varios jóvenes lesionados, falleciendo incluso alguno de ellos. Por ello, se trasladaron en sus bicicletas hasta el lugar en minuto y medio.

Una vez en el lugar, comprobaron que se trataba de cuatro jóvenes que continuaban tirándose al mar desde el muelle donde atracan los barcos de pasaje, haciéndose fotografías de sus saltos, ante la perplejidad de las personas que hacían cola para embarcar.

Contactando con los jóvenes y haciendo que se detuvieran al instante, se comprobó que eran de nacionalidad portuguesa, no portando mascarillas. Manifestaron estar alojados en el camping hasta el día 9, donde estaban con sus respectivas parejas, a quienes habían dejado en la playa para irse hasta el muelle y entretenerse saltando desde el mismo. Reconocieron ignorar que esa conducta no estaba permitida, se procedió a su identificación y apercibimiento.

Se les ordenó que volvieran a la playa, lugar donde habían dejado sus pertenencias, para que cogiesen sus mascarillas y sus documentaciones y volviesen de nuevo al muelle. Tras lo cual se les advirtió que si volvían a cometer alguna nueva infracción serían denunciados, indicándoles también que habría servicio policial los próximos días y que estarían las dotaciones pendientes de ellos, asegurando que no se volvería a repetir ningún hecho parecido.

Los jóvenes resultaron ser M. D. P. G. A. de 18 años de edad, N. D. M. C. de 19 años, J. D. M. S. de 20 años y A. V. D. M. S, también de 19 años, todos ellos de nacionalidad portuguesa.

Marea de Vigo cualifica a nova tarifa da auga coma unha estafa para o comercio local

0

Rubén Pérez: “Alentamos ao colectivo de comerciantes da cidade, ademais de a consumidores e consumidoras, a que fagan os seus cálculos e, unha vez publicada a proposta de ordenanzas no BOP, presenten as súas alegacións”

Esta mañá, Rubén Pérez reuniuse con comerciantes de Travesas co fin de explicar detalladamente os cambios que vai supoñer a nova tarificación da auga. No encontro, no que se fixeron varias simulacións da nova tarificación, Perez trasladou ás e os comerciantes a postura da Marea de Vigo ao respecto así como as emendas presentadas polo Grupo municipal ao proxecto de ordenanzas presentado polo Goberno local.  “O Goberno local está desplazando cara ao conxunto da cidadanía unha mala xestión da auga xusto no peor momento do comercio local – matizou -, cando o que tiña que estar facendo é, alo menos para este ano 2021, unha adaptación das tarifas á situación económica, axudando deste xeito aos sectores económicos que empregan ao 65% das viguesas e vigueses”.

“Se ben era unha oportunidade para adaptar a tarifa da auga cara a un consumo responsable e sostible,  así como á normativa tanto autonómica como europea, e á situación económica actual derivada da crise sanitaria da covid-19 na que moitos pequenos negocios da nosa cidade están sufrindo grandes dificultades para manterse – explicou o voceiro do Grupo municipal-; en lugar diso, o que estamos vendo é que en moitos casos, nomeadamente en pequenos negocios como perruquerías, lavanderías e incluso hostalería, nos que o consumo da auga é un elemento fundamental, coa nova tarificación non só suben os custos fixos, senón que a isto hai que sumarlle os novos conceptos (rede de sumidoiros, saneamento e depuracion) e, no caso destes negocios, o que vén supoñer unha penalización por un exceso de consumo de auga, cando a realidade é que estes altos consumos só se deben ás necesidades do propio establecemento”.

O Grupo municipal da Marea de Vigo rexistrou o pasado martes as súas emendas ás ordenanzas para o vindeiro ano, “emendas que con toda seguridade serán ignoradas por parte do Goberno local na tónica xeral dos últimos anos” lamentou Rubén Perez. Mais, ante o que desde a Marea de Vigo se cualifica como unha “estafa” ao comercio local, “alentamos ao colectivo de comerciantes da cidade, ademais dos e das consumidoras, a que fagan os seus cálculos e, unha vez publicada a proposta de ordenanzas no BOP, presenten as súas alegacións” finalizou o voceiro municipal.

El inicio del curso escolar se retrasa una semana en secundaria, BAC y FP

0

La decisión responde a criterios técnicos, con el fin de facilitar la adaptación de los centros a las nuevas medidas de seguridad

El conselleiro de Cultura, Educación y Universidad, Román Rodríguez, ha anunciado hoy el aplazamiento en una semana del inicio de curso en Secundaria, BAC y FP. En concreto, las clases no volverán hasta los días 23, 24 y 25 de septiembre. La decisión fue consensuada con la Junta Autonómica de Directores, en una reunión celebrada esta mañana con los representantes de los centros de Secundaria junto con los jefes de la Inspección educativa en las cuatro provincias. La decisión del aplazamiento fue comunicada también a los representantes de las familias y de los profesionales de los centros.

Tal y como explicó el titular del departamento educativo de la Xunta de Galicia, se trata de una decisión prudente, “que responde a razones técnicas, que tomamos en base a criterios organizativos y metodológico-pedagógicos, y después de escuchar la opinión de los representantes de los directores de Secundaria y de los jefes de Inspección”. Según explicó, otras Comunidades Autónomas están tomando decisiones similares.

Este aplazamiento facilita la adaptación y organización de los centros para reforzar las medidas sanitarias tras los cambios acordados entre las comunidades y el Gobierno central el pasado 27 de agosto, una reunión que los Ministerios deberían haber convocado mucho tiempo antes. En este sentido hace falta recordar que las recomendaciones acordadas con las Comunidades Autónomas alteraron la planificación inicial al cambiar la distancia de seguridad entre los alumnos en las aulas a 1,5 metros. Esto cambió radicalmente las previsiones de los centros de Secundaria y está generando un sobresfuerzo en los equipos directivos y en el profesorado, que la Consellería reconoce y valora, y que conviene aliviar para favorecer una vuelta segura a las aulas en las mejores condiciones blindando la seguridad y la calidad.

La medida también favorecerá la implementación de las medidas planteadas el pasado martes en el Consello Escolar de Galicia, como la instalación de mamparas en las aulas y talleres o la opción de solicitar un sistema semipresencial en la enseñanza no obligatoria. Además, la semana a mayores con la que se cuenta para preparar el inicio del curso se aprovechará para incrementar las acciones formativas dirigidas a profesorado y alumnado en materia higiénico sanitaria, una medida que servirá para mejorar el estándar de seguridad de la comunidad educativa.

Contratación de profesorado

En cualquier caso, Román Rodríguez recalcó que ya se está trabajando en la determinación de la cifra de profesores que será preciso contratar este curso a mayores para estas etapas, con el fin de dar respuesta a los desdobles que sea necesario realizar. Este refuerzo se concretará en los próximos días, una vez se cierren definitivamente las necesidades de cada centro. Al respecto, reiteró que se contratará el personal que sea necesario, igual que se hizo en Infantil y Primaria con 240 nuevas incorporaciones.

El conselleiro reiteró también su disposición a escuchar atentamente las demandas y sugerencias de todos y cada uno de los miembros de la comunidad educativa, como lleva haciendo a lo largo de esta semana. En base a ellas, se podrá continuar tomando decisiones justificadas en criterios sanitarios, organizativos y pedagógicos, consensuados, con el fin de afrontar el resto del curso con mayores garantías.

Nuevo calendario

Con el nuevo calendario se mantiene la distribución por cursos en el inicio escalonado. Así, los alumnos de 1º y 2º de la ESO, los de 1º de Bachillerato y los de 1º de FP Medio y Superior, que inicialmente comenzarían las clases el próximo miércoles 16, lo harán el miércoles 23; mientras que los de 3º de la ESO, de 2º de Bachillerato y de 2º de FP Medio y Superior, que volvían a las aulas el jueves 17, regresarán finalmente el jueves 24. Los estudiantes de 4º de la ESO y FP Básica, que comenzarían las clases el viernes 18, lo harán el viernes 25.

Objetivo común

Román Rodríguez agradeció la colaboración, el esfuerzo y la responsabilidad, de todos los miembros de la comunidad educativa en estos últimos meses, gracias a lo que fue posible comenzar ayer con normalidad el curso en Infantil y Primaria y Educación Especial, “una gran normalidad dentro de la enorme excepcionalidad del actual momento”, como indicó el conselleiro. Un éxito que quiso agradecer a las familias, profesorado y equipos directivos de Infantil, Primaria y Educación Especial.

El consejero delegado de Ritz Carlton asume la Presidencia de Barreras

0

El abogado Gabriel Alberto Baltar Giraud cesa como presidente y asume la Vicepresidencia del astillero

El consejero delegado de The Ritz Carlton Yatch Collection, Douglas Prothero, ha sido nombrado presidente de Hijos de J. Barreras, tal y como se recoge en el Boletín Oficial del Registro Mercantil.

Asimismo, el boletín recoge que el abogado Gabriel Alberto Baltar Giraud ha sido cesado como presidente y ha pasado a asumir la Vicepresidencia del astillero olívico.

Estos nombramientos se suman a la remodelación del consejo de administración de Barreras, que pasa a estar compuesto por Prothero, Stephen Dawson y José Ismael Rosado, quienes sustituyen a Rebeca Jiménez, Jaime Carrera y Álvaro Otero.

La renovación del consejo llega después de que en el mes de julio la filial de Ritz Carlton Cruise Yacht Yardco Ltd (CYYL) adquiriese el 100% de las acciones de Barreras.