Un motorista herido en Teis tras chocar contra un coche

0

El herido fue trasladado en una ambulancia de soporte vital básico al hospital de Fátima de Vigo

Un motorista ha resultado herido esta mañana tras impactar contra un coche a la altura del número 11 de la calle Sanjurjo Badía de Vigo, en Teis.

Los hechos, apuntan fuentes del 112 Galicia, ocurrieron antes de las siete de la mañana. A esa hora, el Centro Integral de Atención a las Emergencias de la Comunidad recibió una llamada de alerta, constatándose a continuación que ya habían sido informados los servicios sanitarios.

En este momento, se alertó también a la Policía Local y a los Bomberos de Vigo, si bien estos no tuvieron que intervenir.

El herido fue trasladado en una ambulancia de soporte vital básico al hospital de Fátima de Vigo.

Rueda tomará posesión como presidente de la Xunta el 14 de mayo

0

Los próximos martes 10 y jueves 12 de mayo se celebrará el pleno de investidura del hasta ahora vicepresidente del Gobierno gallego

El Parlamento de Galicia apurará «al máximo» los plazos previstos para nombrar nuevo presidente de la Xunta y celebrará los próximos martes y jueves, 10 y 12 de mayo, el pleno de investidura de Alfonso Rueda Valenzuela en sustitución de Alberto Núñez Feijóo, que presentó su dimisión el pasado viernes como máximo mandatario gallego. Así, el sábado 14 de mayo será la toma de posesión.

Lo ha confirmado este lunes el presidente de la Cámara autonómica, Miguel Santalices, en una comparecencia ante los medios tras mantener sendas reuniones en su despacho con los portavoces parlamentarios de PSdeG, Luis Álvarez; BNG, Ana Pontón, y PPdeG, Pedro Puy.

En esta ronda de consultas, Santalices ha ratificado que Rueda, quien además el viernes era proclamado como único candidato a tomar las riendas del PP gallego tras la marcha de Feijóo, tiene el respaldo del Grupo Popular, mayoritario en el Legislativo con un total de 42 diputados. Así, concluidas las consultas conforme al Reglamento de la Cámara, se abrirá un calendario en el que los tiempos «se apuraron al máximo», según ha recalcado Santalices.

El próximo paso a dar será la reunión de la Mesa del Parlamento y de la Xunta de Portavoces el jueves, 5 de mayo, para fijar el pleno de investidura. De este modo, el martes 10 de mayo se celebrará la primera jornada, en la que únicamente intervendrá el candidato. La sesión se retomará transcurridas al menos 48 horas, el jueves 12, con la intervención de los portavoces de los tres grupos con representación en la Cámara –PPdeG, BNG y PSdeG– y la votación.

Posteriormente, el presidente del Parlamento comunicará el resultado al Rey y se publicará el nombramiento en el Diario Oficial de Galicia (DOG) y el Boletín Oficial del Estado (BOE). Dos días más tarde, el sábado 14, será el acto de toma de posesión.

Sanidade implantará protocolos específicos para potenciar a resolución do persoal de enfermaría de atención primaria

0

Esta iniciativa ya estaba recogida cómo uno de los objetivos a desarrollar por el Servicio Gallego de Salud dentro del proyecto XIDE para la Gestión Integral de la Demanda en Equipo

La Consellería de Sanidad sigue desarrollando el proyecto XIDE, destinado principalmente a regular la accesibilidad de la población a los servicios de atención primaria a través de la consulta a demanda, en este caso con el inicio de los trabajos para la redacción de los “protocolos de enfermería de práctica avanzada”.

Esta iniciativa responde al recogido tanto en el Plan gallego de atención primaria, en la estrategia vertebradora de la atención primaria en el sistema sanitario, como más recientemente, en el Plan de acción de atención primaria y comunitaria 2022-2023,   aprobado por el Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud. Estos tres documentos, que marcan la hoja de ruta del nuevo modelo de atención primaria que se está implementar en Galicia, inciden en la necesidad de potenciar el trabajo en equipo de todos los profesionales al tiempo que se fomenta la promoción de la competencia profesional de todas las categorías profesionales de atención primaria.

El marcado carácter técnico de los protocolos de enfermería de práctica avanzada,   permitirán que el personal de enfermería de atención primaria pueda resolver los problemas de salud agudos expresados por la población de una forma más ágil y segura. Estos nuevos protocolos también definirán determinadas situaciones clínicas que precisarán una valoración médica para poder finalizar la asistencia al paciente. 

La implantación de este protocolo vendrá acompañada de una formación que permitirá al personal de enfermería de los centros de salud de Galicia poder ejecutarlos con la máxima calidad asistencial, lo que redundará en unas consultas de enfermería más resolutivas en un contexto de trabajo en equipo que contribuya a garantizar una respuesta asistencial adecuada en tiempo y forma a los problemas de salud o necesidades expresadas por la ciudadanía.

Grupo de trabajo específicos que coordinará todo el proceso

El pasado 25 de abril, la Dirección General de Planificación y Reforma Sanitaria celebró la primera reunión después de constituir el grupo de trabajo formado por 20 profesionales de enfermería y medicina de familia, propuestos tanto por las Gerencias de las Áreas Sanitarias como por las Sociedades Científicas AGAMFEC, SEMERGEN, SEMG y AGEFEC.

Con la constitución de este grupo de trabajo, la Consellería de Sanidad busca promover foros de debate y encuentro que propicien los pactos interprofesionales previos a la implantación definitiva de los protocolos de enfermería avanzada contemplados en el proyecto XIDE.

A cidade conta cun novo espazo verde en García Barbón

0

Abel Caballero inaugurou a humanización do parque María Xosé Queizán, cunha transformación da zona “máis agradable para a cidadanía”

O alcalde anunciou que “haberá licitación e obra para o tramo final da Avenida García Barbón ata Sanjurjo Badía”

O alcalde achegouse ao renovado parque de María Xosé Queizán, en García Barbón, con motivo da súa inauguración. Vigo conta desde hoxe con unha nova zona verde no ámbito de Isaac Peral.

O obxectivo da obra foi facer a zona “máis agradable para a cidadanía”. Deste xeito, transformouse o tránsito peonil cunha nova beirarrúa máis directa cara a continuar pola Avenida García Barbón, sen estar próxima á calzada, como estaba previamente. Tamén se creou una zona de pérgolas con bancos e conta con dúas fontes de auga. Renovouse o céspede o plantáronse novas árbores.

Abel Caballero anunciou que “pronto haberá licitación e obra para o tramo final da Avenida García Barbón, ata Sanjurjo Badía”. A humanización do tramo entre Rosalía de Castro e Isaac Peral tivo un orzamento de 2.197.043 euros, en total García Barbón tivo un investimento de 6,7 millóns.

A Xunta chega xa aos 117 novos profesionais contratados ao abeiro do plan de saúde mental de Galicia

0

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita ao persoal incorporado á  nova unidade de saúde mental de adultos en Ponteareas, que comezou a funcionar o mes pasado

Lembra que a semana pasada convocáronse tres prazas en propiedade de facultativo de atención primaria para este mesmo centro de saúde

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, na súa visita á unidade de saúde mental de Ponteareas, que co persoal de psiquiatría, psicoloxía e enfermaría especialista que vén de incorporarse a este concello, a Xunta chega xa aos 117 novos profesionais da saúde mental contratados desde que o Executivo galego puxo en marcha o Plan de Saúde Mental 2020. 

Tal e como subliñou o titular da carteira sanitaria, dende comezos de abril xa está a traballar un equipo multidisciplinar de atención á saúde mental neste centro de saúde, para dar atención a toda a poboación adulta das comarcas de O Condado e A Paradanta. Trátase, -dixo o máximo responsable do Sergas-, da cuarta unidade de saúde mental ambulatoria para adultos que a Xunta pon en marcha dende que se aprobou o Plan de Saúde Mental, a mediados do ano 2020. A primeira foi en Tui, logo outra en Ordes, e unha terceira en Oleiros.

García Comesaña remarcou que o centro de saúde de Ponteareas estase a converter nestes días nun exemplo de tres prioridades da Xunta de Galicia, o reforzo dos recursos de saúde mental, o esforzo por atopar novos profesionais para cubrir o servizo de atención primaria, e a vontade de modernización das infraestruturas sanitarias.

Contratación de máis profesionais e potenciación da primaria

Segundo explicou o conselleiro, os novos 117 profesionais contratados pola Xunta están nas unidades de saúde mental para adultos; nas novas unidades de prevención do sucidio, unha delas na área de Vigo; nas dúas unidades de saúde mental infanto-xuvenil postas en marcha, unha delas tamén na área de Vigo; nos tres hospitais de día infanto-xuvenís que xa están a funcionar, o primeiro deles en Vigo; no reforzo dos programas de saúde mental en hospitalización a domicilio ou sociosanitarios, para atender aos pacientes nas súas casas ou nas residencias; ou nos programas de psicoloxía de enlace en primaria e hospital.

Remarcou, así mesmo, que a Xunta quere contratar aínda máis persoal, ata chegar ao obxectivo do Plan que é de 241 novos profesionais no ano 2024. A tal efecto, o Goberno galego construirá unha nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil de agudos dentro do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, o Sergas considera necesario reforzar a atención aos problemas de saúde mental na infancia e adolescencia e decidiu que unha soa unidade de ingreso en Santiago non era suficiente, e estima que hai que crear outra para o sur de Galicia. Xa está feito o proxecto construtivo desta nova unidade e, neste mes, -remarcou o conselleiro-, o Goberno galego quere licitar as obras para habilitar esa unidade e dotala de 12 novos profesionais.

García Comesaña sinalou, igualmente, que o Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 permitiu crear neste centro sanitario catro prazas, dúas de medicina, unha de enfermería e unha de matrona e, hoxe mesmo, incorpórase un odontólogo que cubrirá unha segunda praza de odontoloxía que estaba vacante. Xunto ao anterior, a Xunta publicou recentemente a convocatoria de 106 prazas para a especialidade de medicina familiar e comunitaria, das que tres son neste centro de saúde de Ponteareas, unha na quenda de mañá e dúas na de tarde, co que, neste ano, o conselleiro agarda incorporar a estes tres novos facultativos.

Mellora das infraestruturas

Ademais do incremento de profesionais, a Xunta considera fundamental a renovación das infraestruturas sanitarias, e unha desas actuacións que está a priorizar é a dun novo centro de saúde para Ponteareas que superará os 5.000 metros cadrados, un 80% máis que o actual, co que se incrementarán en oito as consultas de adultos, en dúas as pediátricas e en catro as do Punto de Atención Continuada. O conselleiro sinalou que o  persoal técnico do Sergas xa visitou e avaliou as parcelas que se lle propuxeron e agarda que o concello faga o ofrecemento formal dunha delas para iniciar o proceso.

La escuela Ballet de Galicia se alzó con el Premio Especial Vigo Porté a la Mejor Coreografía

0

La Delegada de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fue la encargada de entregar el premio dotado con 1.000 euros

El fin de fiesta continuó con el concierto de Broken Peach y la sesión del DJ Rodri Vegas

La escuela Ballet de Galicia (Marín)se alzó con el Premio Especial Vigo Porté a la Mejor Coreografía con su baile “Virus” en la Gala Vigo Porté celebrada ayer domingo en el auditorio Mar de Vigo. El grupo de bailarines había sido reconocido como mejor coreografía en la categoría Infantil y competía en la gala junto a las mejores coreografías de las diferentes categorías: Mini, Junior y Absoluta. El presidente del Jurado, Javier Castillo “Poty” fue el encargado de elegir la mejor coreografía del evento, “no fue nada fácil, el nivel de este año ha sido brutal, Vigo Porté se supera año tras año, mi más sincera enhorabuena a los cerca de mil bailarines que pasaron durante estos tres días por el auditorio Mar de Vigo. Gracias a ellos hemos podido disfrutar de la danza en su máximo esplendor”. La Delegada de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fue la encargada de entregar el premio especial Vigo Porté a Ballet de Galicia, dotado con 1.000 euros. “Felicidades a todos, tanto a los ganadores como a todos los participantes, pero también mi enhorabuena a la organización, porque de nuevo habéis puesto a Vigo en el epicentro del baile internacional. Para la Xunta de Galicia es un honor estar a vuestro lado en este maravilloso viaje que ya dura 10 años y que se ha convertido en un lugar maravilloso para el arte y la danza, siempre podréis contar con nosotros», ha destacadoMarta Fernández-Tapias.

Tanxugueiras puso el broche de oro a la Gala Vigo Porté interpretando su tema “Terra” para la que contaron sobre el escenario con más de 50 bailarines. Lorena López, directora de Vigo Porté se muestra muy contenta y emocionada “este décimo aniversario ha sido un sueño hecho realidad. Quiero agradecer la participación de todas las escuelas y bailarines, a todas las personas implicadas en la organización, a todos los miembros del Jurado y a la Xunta de Galicia por su apoyo”.  El fin de fiesta continuó con el concierto de Broken Peach y la sesión del DJ Rodri Vegas como colofón a los diez años de historia del evento internacional de baile Vigo Porté.

Reigosa remata a campaña co obxectivo de acadar un “apoio forte” que demostre “que representamos lexitimamente á comunidade universitaria”

0

Agarda que o feito de presentarse unha única candidatura non se traduza en baixa participación

A xornada de votación desenvolverase este mércores entre as 10.00 h e as 18.00 horas

Tras dúas semanas cunha intensa axenda de actos, xuntanzas e presentacións, este luns remata a campaña electoral de Manuel Reigosa como candidato de H2040 para renovar o seu cargo como reitor da Universidade de Vigo. E a xornada foi tan atarefada como o foron as anteriores, con tres actos pola mañá na Facultade de Filoloxía e Tradución, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e na Escola de Enxeñaría Industrial e, xa pola tarde, cunha xuntanza virtual co colectivo de posdoutoramento.

Neste tempo, o reitor xunto cos candidatos e candidatas a vicerreitores, percorreu todos os centros da Universidade “con moita ilusión, presentando o novo equipo e as novas propostas que pensamos que mellorarán a institución”. Agora esta axenda deixa paso á xornada de reflexión mañá martes e á votación, que terá lugar o mércores entre as 10.00 h e as 18.00 horas. “Rematamos aínda máis ilusionados, e co convencemento de que, se conseguimos o apoio maioritario da comunidade universitaria, seremos quen de levar a cabo o programa de goberno e presentar dentro de catro anos unha institución máis igualitaria, máis internacional e máis galega”.

Pero a campaña do actual reitor tivo adaptarse á circunstancia de ser o único candidato, deseñando actos que permiten presentar as súas propostas sen posibilidade de confrontalas con outro equipo. Con todo, recoñece que foi “tan intensa como a anterior”, que en 2018 o levou á Reitoría tras impoñerse na urnas á candidatura de Emilio Fernández. Por exemplo, “tentamos substituír os, para min, importantísimos debates entre persoas candidatas polas ‘quendas abertas’, celebrando unha en cada campus. Nelas, realizadas en modo mixto, chegáronnos cuestións a través do Campus Remoto, das redes sociais, da xente que acudiu… así que cumprimos co que desexabamos, que a xente puidera escoitar, ademais de no seu centro, nunhas intervencións centrais, a resposta ás súas inquedanzas. E, por suposto, as visitas ós centros foron moi frutíferas”.

Preocupa a baixa participación
De cara á xornada electoral, Reigosa non agocha a súa preocupación por unha “posible baixa participación” como consecuencia de terse presentado unha única candidatura. A este respecto, fai unha chamada á mobilización e destaca que “é importante que, se gañamos, teñamos un apoio forte e que se poda visibilizar que representamos lexitimamente á comunidade universitaria”. En canto ao resultado, aínda que non fai ningunha predición, “se é polas manifestacións públicas que recibimos, teremos un bo resultado, pero tamén é certo que hai movementos que non son tan públicos a favor do non. As urnas serán as que digan que podemos esperar no vindeiro período”.

Respecto da ausencia de máis candidatos, o reitor recalca que “é evidente que para o fortalecemento democrático da nosa Universidade, tería sido positivo que houbera varias” e convida a toda a comunidade universitaria a reflexionar “sobre as razóns da ausencia de candidaturas en decanatos, direccións de centro ou direccións de departamento”.

Novos compromiso para sumar ao programa electoral
As liñas programáticas coas que H2040 concorre a estas eleccións baséanse nos eixos transversais do novo Plan Estratéxico da UVigo e márcanse como obxectivo acadar, despois dos próximos catro anos, “unha institución máis igualitaria, máis internacional e máis galega”, como destacaba este luns no acto na Facultade de Filoloxía e Tradución. Ao longo das dúas semanas de campaña, Reigosa foi debullando tamén propostas para facer fronte aos retos máis inmediatos que ten por diante a institución: o recambio xeracional, a transformación dixital e a aposta pola sostibilidade. O programa inclúe, entre outras, medidas como a docencia cero tras a maternidade; revitalizar o Claustro e os Consellos de Campus; continuar co descenso progresivo da dedicación docente máxima ata chegar no curso 2024/2025 ás 240 horas anuais; potenciar as políticas de retención e talento e de atracción de investigadoras e investigadores internacionais ou a renovación do cadro de persoal para facer fronte ao elevado número de xubilacións, tanto do persoal docente e investigador (PDI) como de administración e servizos (PAS) previstas para os próximos anos.

Sobre a acollida que tiveron estas propostas entre a comunidade universitaria a través dos actos celebrados en todos os centros dos tres campus, Reigosa considera que foi “moi boa” e que, grazas ás achegas, comentarios e intervencións das persoas que forman parte do colectivo universitario, poderanse “matizar” algunhas das medidas de H2040 e “melloralas cando esteamos negociando o seu desenvolvemento, polo que quedo moi agradecido á toda a comunidade universitaria”.

De feito, moitas destas achegas están sendo incorporadas como compromisos electorais. “Trátanse de aspectos que non estaban explícitos no programa de goberno, pero que son compatibles e que, no caso de que teña a honra de gobernar de novo a Universidade de Vigo, formarán parte da acción de goberno”. Estes compromisos, avanza Reigosa, estarán pendurados na páxina web da campaña este mesmo luns, antes da xornada de reflexión e, “se o mércores obtemos a confianza da comunidade universitaria, quedarán visibles durante todo o mandato, ao igual que as liñas programáticas e o propio programa de goberno”. Ademais, o reitor tamén se compromete a informar cada ano no Claustro do grao de cumprimento destes compromisos e facer pública toda esta información a través do Portal de Transparencia.

Detenido por agredir a una persona con una botella rota en la plaza de la Estrella

0

A las 02:45 horas de la madrugada del pasado día 1, agentes de la Policía Local de Vigo se encontraban en la confluencia de las calles Arenal con calle Pontevedra realizando labor de control y vigilancia en el ámbito de la Seguridad Ciudadana.

Atendiendo este cometido, fueron abordados por A. C. D. S. de Cabo Verde y 41 años de edad, que presentaba un corte en la muñeca derecha, así como una herida sangrante en la nuca. Manifestó que minutos antes se encontraba en la Plaza de la Estrella y se vio increpado por dos jóvenes, facilitando la descripción de ambos. Añadió que sin mediar ningún tipo de provocación, uno de ellos agarró una botella de cristal fracturada y golpeó en varias ocasiones la cabeza, además de realizarle varios cortes en la mano derecha.

Los agentes le acompañaron al lugar de la agresión, donde localizaron un varón que coincidía plenamente con la descripción facilitada. En el momento de percatarse de la presencia policial el mencionado inició la huida a la carrera en dirección a la calle Arenal, donde finalmente fue interceptado gracias a la colaboración de otras Unidades Policiales.

Los agentes procedieron a su identificación resultando ser L. G. D. A. de Brasil y 23 años de edad. En ese momento, la víctima comenzó a marearse hasta desplomarse, observando uno de los actuantes que perdía gran cantidad de sangre por la muñeca.

Los agentes utilizaron la defensa policial y con una bufanda que llevaba la víctima aplicaron un torniquete, utilizando a mayores, las vendas del botiquín policial. De esa forma lograron estabilizarlo hasta la llegada de una ambulancia, qué procedió a su traslado al hospital Álvaro Cunqueiro.

A consecuencia de estos hechos, los agentes procedieron a la detención del supuesto agresor por la supuesta comisión de un delito de lesiones.

O BNG demanda actuar diante do aumento de pisos turísticos en Vigo, que superan as vivendas libres en alugueiro

0

A fronte nacionalista interpelará ao Goberno municipal na Xerencia de Urbanismo para que adopte medidas que freen este “fenómeno especulativo” que encarece as vivendas

Xabier P. Igrexas: “Non podemos ficar impasíbeis diante desta situación que expulsa a millares de familias da nosa cidade porque non se poden permitir o luxo de vivir en Vigo”

O Bloque Nacionalista Galego demanda actuar diante do aumento de pisos turísticos en Vigo, que superan xa o número de vivendas dispoñíbeis en alugueiro na cidade. A fronte nacionalista vén de anunciar que trasladará este asunto no próximo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, programado para este martes, para instar ao goberno de Abel Caballero a adoptar medidas que poñan freo a este “fenómeno especulativo” que agudiza o xa “gravísimo” problema de acceso social á vivenda.

“Imos demandar ao Goberno municipal que actúe, que estudemos cales son as medidas concretas que permitan, a través de restricións legais e outras medidas adicionais, garantir un dereito esencial como é poder termos unha vivenda, o dereito de poder habitarmos a nosa propia cidade”, valorou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas.

A xuízo das nacionalistas, este aumento de pisos turísticos en Vigo é un dos factores que repercuten na continuada tendencia á alza dos prezos da vivenda na cidade, os máis caros de Galiza tanto para aluguer como compravenda. «Só nos últimos cinco anos, os prezos das residencias en réxime de arrendamento incrementaron por volta dun 30% e, segundo cifran as organizacións do sector inmobiliario, este ano continuarán subindo até un 5% máis», sinalan.

Un aumento “esaxerado” dos prezos que, asegurou Igrexas, está detrás tamén da perda de poboación de Vigo, con 3 mil habitantes menos o ano pasado, como reflicten os datos do Padrón Municipal. “Non podemos seguir ollando para outro lado nin ficar impasíbeis diante dunha situación que está a producir que millares de familias da nosa cidade non se poidan permitir o luxo de vivir en Vigo”, criticou o edil nacionalista.

Como exemplo, Igrexas salientou que hoxe unha vivenda de apenas 80 metros cadrados ten un custo mensual medio de arredor de 700 euros. “Un prezo absolutamente privativo para a maioría social que representan as clases populares e traballadoras, nun contexto ademais de carestía de vida, de empobrecemento salarial e perda de poder adquisitivo”, recriminou.

Marea de Vigo afirma que VITRASA non ten escusa para o descolgue salarial xa que dos 27 millóns de euros que declara como custe da explotación, 21 foron subvencións públicas

0

Rubén Pérez, voceiro do Grupo, sinala que unha vez consultada a Conta Xeral do ano 2021, os datos de subvencións e indemnizacións que percibiu Vitrasa, nun ano no que ademais aumentou o número de pasaxeiros con respecto ao 2020, “é a todas luces un exemplo de que o Grupo Avanza minte nos datos económicos cos que pretende xustificar o descolgue salarial e o aumento do cómputo de horas do cadro de persoal”

Marea de Vigo considera que o “chorro” de recursos públicos que no ano 2021 cobrou VITRASA por diversos conceptos e que figura na Conta Xeral do Concello que se leva a Pleno este mes de maio, “é a todas luces un argumento para que as pretensións económicas e laborais do Grupo Avanza para a concesión do transporte público en Vigo queden desactivadas”. “Un negocio redondo” á vista da Conta Xeral do exercicio do pasado ano, “que deixa claro que a concesión do trasporte recibiu máis de 21 millóns de euros de aportacións públicas fronte os 27 millóns de euros que a empresa declarou como custo de explotación do servizo” explica o voceiro municipal.

Á subvención anual do Ministerio de Industria, que no ano 2021 foi de 1.679.739,30 euros, súmanse os 5.697.084,20 que recibiu Vigo en aplicación do RD 407/2021 que arbitrou subvencións directas para compensar a baixada de viaxeiros pola COVID. “Pero é que ademais se se suman as subvencións do Goberno local de parte do billete para determinados colectivos sociais (pensionistas, estudantes, bono social, así como unha parte do billete ordinario a través da PASVIGO) a estes importes hai que sumar 8.851.743,49 euros” detalla o edil.

Mais, a maiores destes importes, a Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria do 30 de xuño de 2021, en aplicación do Real Decreto 407/2021 e da Resolución da Secretaria Xeral de Financiación Autonómica e Local pola que se aproba a concesión directa de subvencións a favor das entidades locais polos efectos da COVID, cuxa aplicación é a de equilibrar as contas da concesionaria, aprobou unha proposta de requilibrio por unha contía de 3.502.120,64 euros, que xuntamente co pagamento feito o 18 de decembro de 2020 por unha contía de 2.194.963,56 euros, conforma os 5.697.084,20 euros correspondentes á Resolución da Secretaria General de Financiación Autonómica y Local. “Máis de 21 millóns de euros no ano 2021 que Vitrasa ten que reflectir nas súas contas e aclarar como é que no ano 2021 a maior parte dos seus ingresos viñeron de subvencións públicas e mesmo contando cun contrato que garantiza sempre os 20 millóns de pasaxeiros ou compensación económica por parte da administración local, cláusula que por certo, ao desaparecer da ampliación de 5 anos da concesión, parece ser a orixe do conflicto entre empresa e Concello no tocante a compensacións económicas” matiza Rubén Pérez.

Ante os datos, Marea de Vigo considera máis que evidente que “con estes números, a opción da remunicipalización do servizo do transporte en Vigo é absolutamente viable e necesaria” e pedirá informes e estudos que vaian orientados a erradicar a xestión indirecta do transporte público en Vigo, na liña do sistema de funcionamento público que opera na maior parte das grandes cidades do estado e de Europa.