Profesionais e pacientes xuntos para “vivir sen fume” no Día Mundial sen Tabaco

0

Con motivo do Día Mundial sen Tabaco profesionais de Atención Primaria e Hospitalaria,  Asociacións de pacientes, e ex fumadores organizaron unha serie de actividades de concienciación á cidadanía

O Álvaro Cunqueiro celebrou unha sesión informativa e formativa na que participaron profesionais de medicina e enfermería de distintas especialidades médicas

Ademais, convocouse un concurso de debuxo entre os nenos e nenas hospitalizados

O centro de saúde de Lavadores organizou unha sesión grupal na que os protagonistas foron exfumadores, que relataron a súa experiencia e animaron aos fumadores a deixar de fumar

Profesionais sanitarios de Cardioloxía, Pneumoloxía, Oncoloxía e Medicina Familiar e Comunitaria uníronse hoxe para expresar o seu rexeitamento fronte ao tabaco e enviar unha mensaxe para concienciar á cidadanía: o tabaco mata, pero é posible deixar de fumar.

Neste contexto,  no Álvaro Cunqueiro tivo lugar unha sesión formativa e informativa  na que participaron profesionais sanitarios, facultativos e enfermaría, dos servizos de Cardioloxía, Pneumoloxía, Oncoloxía e Medicina Familiar e Comunitaria para abordar o tabaquismo desde as diferentes especialidades. Nesta xuntanza tamén participaron a Asociación Española contra o Cancer (AECC) e a Asociación de Pacientes Cardiópatas da área sur de Galicia (SUR SUR COR).

Tamén instaláronse dúas mesas informativas, unha no Centro de Saúde de Pintor Colmeiro e outra no Hospital Álvaro Cunqueiro, nas que os profesionais ofreceron información e repartiron folletos explicativos sobre os efectos nocivos do tabaquismo e dos diferentes tratamentos para deixar esta adicción.

Ademais, convocouse un concurso de debuxo entre os nenos e nenas hospitalizados que expresaron a súa visión do tabaquismo baixo o lema “25 razóns para deixar de fumar”.

Ex fumadores, protagonistas no centro de saúde de Lavadores

No centro de saúde de Lavadores, a Unidade  de abordade do Tabaquismo organizou un encontro cos pacientes que ao longo dos anos abandonaron o consumo de nicotina. Nesta xuntanza, que contou coa asistencia dunha trintena deles, os ex fumadores expuxeron a súa experiencia no proceso de deshabituación tabáquica e enviaron unha mensaxe pública de que é posible, e se pode deixar de fumar. 

Tamén  celebraron a vida sen fume, e recordaron os beneficios obtidos co abandono do tabaco, e  revalidaron o seu  compromiso coa abstinencia.

O tabaco é a principal causa de morte evitable no mundo. Trátase dunha enfermidade crónica aditiva polo que para a súa abordaxe son precisas estratexias que vaian desde a prevención ata o tratamento e a rehabilitación.

Na Área Sanitaria de Vigo funcionan varias Unidades específicas de Deshabituación Tabáquica, sitas no Hospital Nicolás Peña, no Meixoeiro, no Álvaro Cunqueiro e no Centro de Saúde de Lavadores. Ademais, en todos os centros de saúde, os facultativos están a disposición dos fumadores que queren deixar o tabaco para darlles pautas a seguir ou aconsellar sobre as mellores maneiras de atallar o hábito.

O BNG esixe ao PP que deixe de xogar coas institucións de Vigo como os seus “pendellos para apoltronar cargos”

0

A fronte nacionalista censura que os populares utilicen o Porto e a Delegación da Xunta como “unha especie de senados locais nos que ter en reserva os seus cadros fracasados”

Xabier P. Igrexas: “Sería inxustificábel que por segunda vez a candidata do PP á alcaldía de Vigo fuxa do seu desempeño na oposición para se garantir un mellor postiño”

O Bloque Nacionalista Galego esixe o Partido Popular que «deixe de xogar coas institucións de Vigo» como os seus “pendellos para apoltronar cargos”. A fronte nacionalista censura que os populares utilicen a Autoridade Portuaria e a Delegación da Xunta como “unha especie de senados locais nos que ter en reserva, con importantes retribucións, os seus cadros fracasados”.

Así o denunciou este mércores o futuro portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que considerou “indecente” o baile de nomes no PP para ocupar estes postos. Nese sentido, interpelou á candidata do PP, Marta Fernández-Tapias, para que aclare se vai tomar posesión da súa acta como concelleira ou, pola contra, se vai “atrincheirar” na Delegación da Xunta ou nalgunha Secretaría Xeral, como se está a rumorear nos últimos días.

“En termos democráticos sería inxustificábel que por segunda vez a cabeza de lista do PP na cidade fuxa do seu desempeño na oposición para se garantir un mellor postiño”, advertiu Igrexas, que asegurou que esta decisión suporía unha “nova estafa” ao seu propio electorado. “O Concello de Vigo non é un segundo prato, as viguesas e os vigueses non merecen ese desprezo”, afirmou. Na mesma liña, chamou a poñer fin “dunha vez por todas ao maltrato que o PP ten demostrado cara a Autoridade Portuaria de Vigo», por considerala só como “unha fonte de grandes salarios para os seus cargos”. Así, salientou o papel do Porto como “grande tractor económico” da cidade, que xera máis de 50 mil postos de traballo directos e indirectos. “Unha institución chave para a base produtiva de Vigo non merece acabar presidida por segundóns do aparato do PP local como Miguel Fidalgo”, remachou.

El RC Celta confirma la disponibilidad de la nueva grada para el partido frente al Barcelona

0

«No habrá servicio de cantinas, ni ascensores, ni luz artificial, ni megafonía ni videomarcador. El club proveerá de un servicio de refrigerio a los aficionados que acudan a esa parte del estadio», señalan desde el club

El club celeste ha emitido un comunicado oficial esta mañana en el que se puede leer lo siguiente:

«LaLiga y los operadores asignados completaron esta mañana las pruebas e instalaciones necesarias para la apertura de la nueva grada de Abanca Balaídos. Por su parte, el Concello de Vigo le facilitó al RC Celta en las últimas horas un permiso temporal para su uso desde la tarde del viernes hasta las 8:00 horas del próximo lunes, por lo que, tal como se había anunciado, desde esta tarde a las 16:00 horas los abonados celestes podrán adquirir dos entradas al precio de 5 euros cada una para el vital partido del domingo ante el FC Barcelona.

Las localidades de todo el estadio, incluidas las de la nueva grada, se venderán, tanto online en abonados.rccelta.es como en las taquillas del estadio, durante tres días (miércoles tarde, jueves y viernes) exclusivamente a los abonados celestes al precio de 5 euros cada una.
Cada abonado podrá adquirir un máximo de dos billetes hasta la tarde del día 2 de junio.

Si después de ese día aún quedan entradas disponibles, se procederá a su venta al público en general a un precio ya superior. Los asientos para la nueva grada, que no contará con videomarcadores, megafonía o luz artificial, entre otros servicios, serán asignados de manera automática. El club recomienda en todos los casos que los abonados realicen la compra de las entradas online para evitar esperas en las taquillas.»

O Festival Sinsal abre a convocatoria para participar nas ‘Audicións San Simón’, unha das actividades paralelas que terán lugar nesta edición do evento

0

‘Que é a música para ti?’ é a pregunta que o festival lanza ao público, quen poderá responder até o 21 de xuño a través dunha nota de voz cunha duración máxima de 10 segundos

As respostas poderanse escoitar, en aberto, nunha instalación que revivirá a primeira máquina de discos de música gravada situada no espazo público a finais do século XIX

As entradas para asistir ao festival están practicamente esgotadas, agás para a tarde do venres 21, unicamente dispoñibles desde o embarcadoiro de Meirande

 ‘Que é a música para ti?’: esta é a consulta que o Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebrará do 21 ao 23 de xullo, lanza ao seu público. O evento ábrese á participación e presenta deste xeito a primeira das actividades paralelas musicais que, ao abeiro de A Escola Sinsal, o proxecto didáctico e divulgativo do festival, ofrecerá ás e aos asistentes. As respostas do público, que poderán chegar a través dunha nota de voz, formarán parte das Audicións San Simón, unha proposta que revivirá a primeira máquina de discos con música gravada instalada no espazo público a finais do século XIX.

gramola, tamén coñecida coma jukebox, rockola ou máquina de discos (en galegotocadiscos de moeda),deuse a coñecer no espazo público un 23 de novembro do 1889 en San Francisco e converteuse nunha sensación pública, ademais dunha importantísima fonte de ingresos que salvou o fonógrafo de Edison do fracaso industrial. Consiste nun fonógrafo automático que reproduce un cilindro fonográfico e sustitúe a campá acústica por unha instalación de auriculares por tubo. Este enxeño mecánico fixo posible o a acción colectiva da escoita de música con auriculares: entre 10 e 12 persoas podían escoitar un audio ao mesmo tempo.

Coa idea de revivir e poñer en valor o feito da escoita colectiva de música, o festival propón, no marco das actividades vinculadas ao proxecto divulgativo A Escola Sinsal, unha instalación nomeada Audicións San Simón. Durante os tres días do festival, programaranse na illa unha serie de sesións en aberto onde as persoas interesadas poderán recuperar ese momento. Ademais, os cilindros a reproducir durante estas sesións serán gravados cos arquivos de audio que envíe o público a través da convocatoria ‘Que é a música para ti?’.

Para participar, as persoas interesadas -asistentes ou non ao festival- poderán enviar, até o 21 de xuñounha nota de voz, dun máximo de dez segundos de duración, respondendo a pregunta que dá nome á iniciativa, a unha liña de Whatsapp (+34 647 485 137) aberta especificamente para recoller os audios desta convocatoria. As respostas poderanse escoitar, de xeito colectivo, un mes despois na illa de San Simón, concretamente, na exposición da Escola Sinsal vinculada ao rexistro sonoro e que nesta edición afondará na gravación magnética e nos seus diferentes soportes. Alén da exhibición, e no marco das actividades que se realizarán como parte do proxecto divulgativo, o festival programará un taller específico sobre a fixación de música en soportes, concretamente, con cintas de cassete. 

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA 2023

Sinsal SON Estrella Galicia é un dos encontros sonoros máis coidados e singulares do panorama musical estatal, que ofrece cada ano, a un público reducido -800 persoas por día- a posibilidade de gozar dunha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante do momento. Neste 2023, o festival celebrarase os días 21, 22 e 23 de xullo na Illa de San Simón. Serán tres xornadas de directos con propostas musicais diversas en canto o estilo e a orixe das máis de vinte bandas e solistas que conformarán o cartel secreto: o público só coñece quen actúa cada día unha vez desembarque na illa. 

Este ano o evento contará con tres escenarios diferentes. Neles ofrecerase unha programación aberta a todos os estilos e experiencias, desde os sons populares até a música experimental, pasando por outras iniciativas sonoras. Artistas de África, Asia, América e Europa presentarán por vez primeira en Galicia ou en España as súas creacións. Os abonos, así como as entradas de día para asistir o sábado 22 e domingo 23 están esgotados. ao As últimas entradas dispoñibles que se poden adquirir en enterticket.es son as da tarde do venres 21 desde Meirande. 

Durante o desenvolvemento do festival, ademais, as e os asistentes poderán coñecer de primeira man o patrimonio natural, histórico e cultural do arquipélago conformado polas illas de San Simón e San Antón a través de diferentes actividades divulgativas gratuítas -como paseos con axentes sociais de proximidade, parladoiros ou mesmo talleres para público infantil- que se desenvolverán en diferentes horarios ao longo das distintas xornadas, ao igual que as actividades enmarcadas no proxecto A Escola Sinsal.

O bus turístico percorrerá as rúas de Vigo dende o 1 de xuño ao 30 de setembro

0

Dende o xoves 1 de xuño e ata o sábado 30 de setembro os visitantes poderán realizar unha viaxe singular dos recunchos máis característicos da cidade

O ano pasado, subiron ao bus turístico máis de 8.000 persoas

O autobús conta con audio guías en 8 idiomas, dúas alturas e teito despregable

Vitrasa pon en marcha, un ano máis, o servizo de Bus Turístico durante este verán para que os visitantes poidan coñecer nun percorrido de aproximadamente 90 minutos os puntos máis representativos e emblemáticos de Vigo. Dende o xoves 1 de xuño e ata o sábado 30 de setembro os visitantes poderán realizar unha viaxe singular polos recunchos máis característicos da cidade. Dende 2004, este servizo foi empregado por máis de 135.000 viaxeiros. En concreto, o ano pasado, subiron ao bus turístico 8.078 persoas. O Bus Turístico convértese nun plan idóneo para todo tipo de visitantes pero tamén nunha oportunidade para os cidadáns de Vigo de coñecer a súa cidade dende outra perspectiva e durante a que descubrir espazos que tal vez descoñecía.

Algúns dos puntos máis significativos de Vigo que poderán coñecer durante o percorrido son: diferentes edificios de interese histórico, monumento aos cabalos (Praza España), Monte do Castro, monumento Porta do Atlántico (praza de América), parque de Castrelos, Museo Quiñones de León e os seus xardíns, Estadio de Balaídos, a praia de Samil, a zona de Alcabre, o porto pesqueiro, entre outros. Ademais destes

clásicos, os usuarios do turístico poderán ver durante o percorrido a transformación que a cidade experimentou nos últimos tempos cara un modelo máis accesible (rampas de Gran Vía, ascensores, etc.)

e cultural (medianeras que amosan o arte mural de Vigo).

Durante o percorrido, o Bus Turístico realizará tres paradas para que os usuarios poidan baixar e realizar fotografías no Monte do Castro, Pazo Quiñones de León e a praia de Samil e así levarse os seus propios recordos da cidade.

Percorrido: Cánovas del Castillo (Estación Marítima) – volta rotonda – Cánovas del Castillo – Carral – M. Valladares – Rosalía Castro – Oporto – G. Barbón – Colón – Urzaiz-Príncipe – Urzaiz – Gran Vía – Praza España – Fernando Conde – Couto – Marqués de Alcedo – P. Rosalía Castro – Manuel Olivié – Praza España – Gran Vía – Praza América – Avda. Castrelos – volta rotonda Portanet – Avda. Castrelos – Entrada principal parque de Castrelos – Parque de Castrelos – Pontillón – Circunvalación – Avda. Castrelos – Portanet – Val Miñor – M. de Castro – Martín Echegaray – Avda. Castelao – Avda. Europa – Samil – Avda. Atlántida – Rotonda Avda. Atlántida á dereita – Rotonda Avda. Europa – Circunvalación de Bouzas – Bouzas – Beiramar – Cánovas del Castillo 22.

Reserva de billetes

A adquisición do billete para viaxar a bordo do Bus Turístico pode realizarse a través de diferentes vías. Os interesados poderán mercar o seu billete online ata unha hora antes da saída do autobús a través da plataforma viguesa de venta de entradas Woutick!. A ligazón para acceder a plataforma estará dispoñible na páxina web de Vitrasa (https://www.vitrasa.es/php/index.php) e en Turismo de Vigo (https://www.turismodevigo.org/). Con este sistema, os viaxeiros poden organizar mellor a súa visita á cidade reservando praza no bus para o día e hora que mellor se adapte a súas necesidades. O billete tamén se pode adquirir a pé de bus con tarxeta bancaria a través de TPV ou en efectivo. O prezo do percorrido é de 7,50 euros para os adultos e de 4 euros para os menores de entre 5 e 14 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis.

Horarios

O Bus Turístico conta con dúas alturas, teito despregable para mellorar aínda máis a viaxe dos usuarios e con audio guías dispoñibles en 8 idiomas diferentes (castelán, galego, portugués, francés, alemán, inglés, italiano e ruso). Ademais conta cunha praza para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR). O servizo, que funcionará todos os días, contará con dúas saídas pola maña ás 10:00 e 12:00 horas e dúas saídas pola tarde, ás 16:30 e 18:30 horas. O servizo arrinca e remata na Estación Marítima de Vigo (Cánovas del Castillo).

La Diputación de Pontevedra recibe otros 395.000 euros de fondos europeos para instalar 35 puntos de recarga

0

Dos de las plazas se instalarán en la sede de Vigo

La Diputación de Pontevedra ha recibido otros 395.000 euros del Instituto Enerxético de Galicia (Inega) que, a través del Programa estatal de incentivos a la movilidad eléctrica Moves III financiado con fondos europeos, permitirán instalar un total de 35 puntos de recarga para vehículos eléctricos en nueve edificios de la institución provincial.

Tal como señala el ente provincial en un comunicado, la ayuda supone un 73% de los casi 540.000 euros que supondrá la inversión.

En total, se instalarán seis plazas de recarga para coches eléctricos en la Ciudad Infantil Príncipe Felipe; una plaza en el Museo de Pontevedra; cuatro en la Estación Fitopatológica Areeiro; otras cuatro en el Viveiro de Barro; dos en el Viveiro de Lalín y otras dos en la sede de Vigo; además de ocho plazas en el parque de maquinaria de Barro y cuatro en el Castillo de Soutomaior y en la Finca Mouriscade.

Según el espacio, se instalarán puntos de recarga rápida, de 50 kilovatios (kW) de potencia, o semirrápida, de 22 kW.

El sorteo de las mesas electorales será entre el 24 y el 28 de junio

0

El anticipo electoral ha provocado cierto temor en muchos ciudadanos que, en caso de resultar ‘agraciados’, verían en riesgo sus vacaciones ya planificadas

El sorteo para conocer los elegidos que, en pleno verano, deberán acudir a una de las mesas electorales del 23 de julio se celebrará del 24 al 28 de junio. En total, más de medio millón de personas, entre titulares y suplentes, resultarán seleccionados.

El anticipo electoral ha provocado cierto temor en muchos ciudadanos que, en caso de resultar ‘agraciados’ con una Mesa electoral, verían en riesgo sus vacaciones ya planificadas.

Según los datos de las últimas elecciones generales de 2019, al menos 530.000 ciudadanos serán designados. No todos son titulares: unos 180.000 serán ‘números uno’, y alrededor de 360.000 ‘suplentes.

En este sentido, se designan dos suplentes por cada persona que integra la Mesa electoral (que son tres). Dos por cada vocal (que son dos) y otros dos suplentes para el presidente o la presidenta de la Mesa.

En total se constituyen unas 60.500 mesas electorales.

Herido un conductor en Rodeiro después de salir despedido tras chocar contra un camión

0

Los hechos ocurrieron en el kilómetro 13 de la PO-212, en Negrelos, Rodeiro, y en el momento del suceso el camión no llevaba carga a bordo

Un conductor ha resultado herido en la mañana de este miércoles en la localidad pontevedresa de Rodeiro después de salir despedido tras chocar contra un camión de transporte de pierda.

Fue un particular el que alertó al 112 Galicia minutos antes de las 08,15 horas, informando de que una persona estaba tendida en el suelo porque había salido despedida a consecuencia de haber chocado con su furgoneta contra un camión.

Los hechos ocurrieron en el kilómetro 13 de la PO-212, en Negrelos, Rodeiro, y en el momento del suceso el camión no llevaba carga a bordo. Fueron los propios miembros de Protección Civil de Lalín los que solicitaron asistencia médica urgente para el herido.

Por ello, se dio aviso al servicio de urgencias sanitarias, a la Guardia Civil de Tráfico y a los servicios de mantenimiento de carreteras. También se informó a los bomberos de Silleda, al GES de Lalín y a Protección Civil de Rodeiro.

Una vez en el punto, los sanitarios prestaron asistencia al herido, que fue evacuado.

Tapia: «No es un problema de calidad»

0

«En la temporada 2019-20 había calidad en el equipo, si mal no recuerdo. Había jugadores de clase mundial: Rafinha, Sisto, Smolov, Okay, Santi, el mismo Iago, Brais, Denis… había jugadores top. ¿Qué pasó? Se salvaron en la última fecha», indica el peruano

El mediocentro Renato Tapia ha respondido hoy a Iago Aspas, que el domingo aseguraba que la situación del equipo se debe a la «falta de calidad» de la plantilla. No comparte la opinión el peruano, que ha considerad que «ss su forma de pensar, hay que respetarla, pero hay que ser consecuente con lo que dices».

«En la temporada 2019-20 había calidad en el equipo, si mal no recuerdo. Había jugadores de clase mundial: Rafinha, Sisto, Smolov, Okay, Santi, el mismo Iago, Brais, Denis… había jugadores top. ¿Qué pasó? Se salvaron en la última fecha», ha matizado Tapia.

«Creo que no es un tema de calidad. No es un tema de yo soy mejor que este individualmente. Si Iago lo dice es porque lo siente, no quiere tirar mierda. Pero no fue la mejor manera ni el momento para decirlo. No debió decirlo», ha insistido Tapia en su comparecencia de hoy.

«Lo único que se puede hacer en estos momentos es creer. Voy a dar la vida por el Celta», manifestó el centrocampista, para quien hay «cosas fuera de lo futbolístico» que están afectando al grupo: «Puedo decir mil cosas, pero no puedo convencer a la gente de que las cosas están bien, eso no puedo hacerlo».

A aplicación Sergas Móbil conta con preto de dous millóns de usuarios

0

Máis dun millón de galegos e galegas consultaron electronicamente os datos da súa historia clínica en 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, no acto de inauguración da XIII Reunión do Foro para a gobernanza das TIC en saúde, a posición pioneira de Galicia na innovación dixital en saúde. O responsable do Sergas subliñou que as tecnoloxías dixitais amosaron ter un potencial transformador do sistema sanitario no acceso á atención sanitaria, a eficiencia do sistema, a calidade da atención e a seguridade do paciente. Segundo incidiu na súa intervención, “a Xunta aposta claramente dende hai anos, por empregar as tecnoloxías da información como panca desa transformación”.

Tamén destacou Comesaña que Galicia experimentou un importante crecemento do uso de aplicacións dixitais de saúde, e claros exemplos diso son “os preto de dous millóns de usuarios da aplicación Sergas Móbil e os máis dun millón de persoas que consultaron a información da súa historia clínica electrónica no pasado ano”.

Para o titular da carteira sanitaria, unha estratexia clara do Sergas foi “a organización das tecnoloxías da información baixo un modelo corporativo”, onde as unidades de TIC teñen unha forte dependencia funcional e as decisións se toman de forma consensuada e cun enfoque global de organización.

Na actualidade, a Xunta, -proseguiu o conselleiro-, “está inmersa no reto de potenciar a transformación dixital do sistema público de saúde galego”, que se asenta en catro piares básicos que son a realización dunha transformación dixital cohesionada, humanizada e garantindo a inclusión dos colectivos máis vulnerables; conseguir que a nosa organización se estruture e basee as súas decisións na xestión intelixente do dato; que estea conectada e accesible para o paciente e que utilice a tecnoloxía como panca de transformación e, ademais, unha organización cibersegura.

Tal e como incidiu o conselleiro, “as prioridades de transformación dixital do sistema público de saúde de Galicia nos próximos anos as desenvolveremos a través do Plan de transformación e saúde dixital”, que este xoves abordarase na reunión do Executivo galego.

Seguimento personalizado dos pacientes

O responsable do Sergas tamén puxo en valor servizos como a telemedicina ou a atención virtual, que permite un seguimento máis personalizado, sistemático e continuado dos pacientes. Claros exemplos disto son a plataforma TELEA ou a e-interconsulta.

Tamén sinalou Comesaña que en Galicia “queremos que a introdución da intelixencia artificial no noso sistema de saúde se faga dun xeito ético e responsable, con máximo respecto á privacidade dos datos e á robustez dos algoritmos que se empreguen”.

Así mesmo, dende a Xunta “tamén apostamos por desenvolver infraestruturas para mellorar a xestión de investigacion, creando plataformas de investigación, implantando sistemas de biobancos dixitais e establecendo modelos unificados de almacenamento e uso de datos sanitarios”, concluíu Comesaña.