A Deputación abre este venres o prazo para que as asociacións xuvenís da provincia poidan beneficiarse de ata 5.000€ para poñer en marcha os seus proxectos

0

Trátase do Plan +Xuventude, a primeira liña de axudas da historia da Deputación dirixida á mocidade que, neste 2024, distribuirá 100.000 € entre os colectivos xuvenís provinciais

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra acaba de publicar as bases que regulan a convocatoria do Plan +Xuventude, a primeira liña de axudas da historia da Deputación dirixida á mocidade da provincia que se enmarca no servizo de Xuventude creado polo goberno de Luis López e liderado polo deputado Jorge Cubela. O programa, dotado con 100.000€, distribuirá a cada asociación xuvenil un máximo de 5.000€ para poñer en marcha iniciativas de interese social e as entidades poderán presentar a súa solicitude a partir deste venres 16 de febreiro.

As axudas do Plan +Xuventude están dirixidas a asociacións xuvenís sen ánimo de lucro prestadoras de servizos dirixidos á xuventude e grupos formados por entre 3 e 8 persoas de entre 18 e 35 anos que propoñan a realización dun proxecto de interese xeral e social. As propostas deben favorecer e promover o desenvolvemento persoal e comunitario, contribuír ao empoderamento xuvenil, á formación en valores, á consecución de hábitos saudables, e enriquecer a vida social, económica, científica e cultural da provincia. Deste xeito, pódense presentar á convocatoria proxectos englobados en diferentes áreas: Iniciativa empresarial; vida saudable e loita conta a violencia e conductas de risco; fomento da cultura en todas as súas áreas, da innovación así como a promoción de sectores coma o científico, tecnolóxico e dixital, as ciencias xurídicas e as sociais; creación de Consellos Locais de Xuventude e o fomento do asociacionismo e voluntariado xuvenil; promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural, a loita contra a soidade non desexada, así como proxectos que teñan impacto no rural dende a perspectiva de reto demográfico, e protección do medio ambiente e loita contra o cambio climático.

El Zampakilos Solidario, primera recogida de este 2024,necesita más de 700 voluntarios en la provincia

0

Por octavo año consecutivo, la compañía gallega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski impulsará esta campaña solidaria a favor de Banco de Alimentos, permitiendo la presencia de voluntarios en unos 40 establecimientos Eroski y Autoservicios Familia a nivel provincial

La Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita más de 700 voluntarios en diferentes localidades de la provincia de Pontevedra para poder desarrollar con éxito el Zampakilos Solidario, la primera Operación Kilo que se llevará a cabo este 2024.

Organizada por octavo año consecutivo por parte de la compañía gallega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, la marea azul del Banco de Alimentos participará los próximos 8 y 9 de marzo en esta acción en unos 40 establecimientos Eroski y Autoservicios Familia a nivel provincial.

La ciudad de Vigo será la que más voluntarios movilizará, en concreto, unos 350, mientras que el resto corresponde a distintas localidades. Por zonas: en Porriño y Mos (Louriña) se precisan 40 voluntarios; en Redondela, 40; en Baiona y Nigrán (Val Miñor), 40, en A Guarda (Baixo Miño), 20; en Moaña y Cangas (O Morrazo), 40; en Ponteareas (Paradanta), 20; en Poio, 20; en Bueu, 20; en Marín, 40; en Soutomaior, 20; en Catoira, 20; Vilagarcía y Vilanova de Arousa (O Salnés), 60; y, en Lalín (Deza), 20.

Presencia en O Morrazo y Ponteareas Como novedad en esta octava edición del Zampakilos Solidario, cabe destacar que nuestra ONG volverá a estar presente con voluntari@s tanto en O Morrazo en concreto, en los establecimientos Eroski de Moaña y Cangas, como en Ponteareas. Asimismo, nuestra marea azul participará por primera vez en Catoira.

Para participar como voluntario en esta Operación Kilo solo se requiere contar con cuatro horas libres el viernes o el sábado, 8 y 9 de marzo, considerarse una persona empática con las personas más vulnerables y apuntarse o a través de la web: https://bancoalimentosvigo.org o llamar al 986263022.

Como viene siendo habitual, el próximo Zampakilos Solidario tendrá una fórmula mixta, es decir, los donantes podrán entregar alimentos físicos a nuestros voluntari@s y/o realizar aportaciones económicas al pasar por la caja del supermercado. Vegalsa-Eroski abrirá un saldo a nuestro favor con todo el dinero recaudado para traducirlo directamente en la compra de alimentos en su propia cadena.

La Fundación Provincial Banco de Alimentos repartió más de 1,9 millones de kilos alimentos durante 2023. Con carácter apolítico y aconfesional, en la actualidad atendemos a unas 20.000 personas en situación de vulnerabilidad de la provincia a las que llegamos a través de más 152 ONG y entidades homologadas con las que trabajamos.

A Deputación xestionará 3,8 millóns de euros no primeiro prazo para o pago voluntario de taxas municipais de 30 concellos da provincia

0

Os impostos poderán aboarse ata o vindeiro 5 de abril. Ademais, tamén está aberto o  prazo para pagar máis de 13.000 liquidacións do IBI derivado de procedementos de valoración colectiva en Baiona, Caldas de Reis, O Porriño e Ponteareas

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a campaña de recadación de taxas municipais e prezos públicos do primeiro trimestre de 2024, cuxo pago poderá realizarse de maneira voluntaria ata o vindeiro 5 de abril incluído. En concreto, son os recibos de 30 concellos que teñen delegada a xestión tributaria e recadación no ORAL da Deputación: A Cañiza, A Estrada, Agolada, Arbo, As Neves, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Cuntis, Dozón, Lalín, Meis, Moaña, Mondariz, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Portas, Poio, Ponteareas, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.

Desta maneira, durante este período poderán aboarse impostos de postos de prazas de abastos, de entradas de vehículos, de recollida do lixo, do auga ou dos caleiros, entre outros. En total, a Deputación xestionará a recadación neste primeiro período de algo máis de 3,8 millóns de euros de impostos de concellos da provincia, que corresponden a un total de 117.645 recibos.  

Por outra banda, o pasado 2 de febreiro abriuse o prazo para o pago do imposto sobre bens inmobles (IBI) derivados de procedementos simplificados de valoración colectiva que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra realizou nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, O Porriño e Ponteareas. Neste caso, o ORAL xestiona 13.007 liquidacións por un importe total de 604.294 euros, que poderán aboarase ata o 4 de abril.

En ambos os dous casos, o abono pode realizarse a través dos diferentes medios de pago habilitados pola institución provincial. Así, os contribuíntes poderán facer o ingreso a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra-ORAL (www.ovt.depo.gal); a través da aplicación móbil de pagamentos da Deputación (dispoñible para iOS e Android), e tamén a través das canles das entidades bancarias colaboradoras. No caso das taxas municipais, a data de cargo dos recibos domiciliados será o 1 de marzo. Malia que xa non é necesaria cita previa para acudir ao ORAL, as persoas que busquen planificar a súa asistencia nas oficinas e evitar esperas innecesarias poden solicitala a través da web, a OVT, a Sede Electrónica ou nos teléfonos 886 211 420 ou 886 211 400.

Caballero se vuelca en la campaña con el Halo y las becas para libros

0

Tras meses de obras y de espera, el alcalde anuncia la apertura mañana del ascensor, que no tendrá inauguración al uso al prohibirlo la ley electoral, y comienza a repartir el dinero de las ayudas para material escolar

Recta final de la campaña, también a nivel local para Abel Caballero, que ha comenzado la jornada anunciando la apertura, mañana, del ascensor Halo, que “podrá ser utilizado por los ciudadanos de Vigo” que, durante los primeros días, contarán para ello con la ayuda de los trabajadores de la empresa instaladora.

Una apertura que no tendrá inauguración como tal, al prohibirlo la ley en plena contienda electoral.

Ello no ha impedido al alcalde hacer el anuncio, ni impedirá a los vigueses poder disfrutar, desde mañana, de una infraestructura que conecta García Barbón con Vialia, donde se encuentran las estaciones de buses y de trenes.

El Halo, que forma parte del proyecto de movilidad peatonal ‘Vigo Vertical’, cuenta con una especie de platillo volante en la zona superior y es un ascensor y un mirador al mismo tiempo en el que el Ayuntamiento de Vigo ha invertido 15,7 millones.

Becas para libros

También en la recta final de la carrera hacia las urnas, el Gobierno local de Vigo ha comenzado a repartir el dinero de las becas para libros.

En concreto, y como explica el propio regidor en un audio, “ayer el ayuntamiento hizo el pago a los bancos de las primeras 11.611 becas de libros de las niñas y niños de Vigo”.

“En la próxima semana se pagarán otras 5.000 más, en la semana siguiente, otras 5.000 más y así hasta 28.500 becas. El orden de pago fue el aconsejado por el nivel de entrada de las solicitudes”, ha añadido Caballero.

Alfonso Rueda subliña a súa ilusión por seguir acompañando aos galegos no camiño cara a Galicia da próxima década

0

Anima así aos seus a afrontar estes últimos días de campaña pedindo ata o último voto con confianza pero sen confiarse, con optimismo, con orgullo polo feito e coa esperanza polo que queda por facer para que Galicia siga funcionando

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, subliñou na noite de onte a súa ilusión por seguir acompañando aos galegos no camiño cara a Galicia da próxima década reivindicando que ama e respecta a nosa Comunidade tal e como é, sen necesidade de cambiala por nada.

O líder dos populares aposta por unha vitoria que permita a Galicia ter un goberno que merece: con ilusión, con experiencia e ao servizo de todos os galegos sen excepción. De aí que afirmase que o 18 de febreiro todos os galegos deben ter claro que o que se escolle é o camiño para os próximos entre, chamándoos a escoller a papeleta do PPdeG e con ela a da unidade, as solucións e a experiencia fronte á ruptura, as liortas, o partidismo e os nacionalismos.

Animou así aos seus a afrontar estes últimos días de campaña pedindo ata o último voto con confianza pero sen confiarse, con optimismo, con orgullo polo feito e coa esperanza polo que queda por facer para que Galicia siga funcionando.

E nesa Galicia que funciona xoga e seguirá xogando un papel moi importante o concello de Mos, xa que contará co complexo sociosanitario do Rebullón e cun dos primeiros centros públicos de coidados intermedios. Comprometeuse ademais a atraer novos investimentos que creen riqueza e emprego, como a Factoría do Deporte Galego, e a apostar pola vivenda pública con 20 novas que se van construír en San Eleuterio.

Do mesmo xeito, Rueda quere seguir vertebrando o territorio e neste sentido amosouse contrario a que a AP-9 non siga sendo a autoestrada de titularidade estatal máis cara de España, xunto coa AP-53.

Concluíu facendo un chamamento a que este domingo os galegos aposten pola Galicia orgullosa de si mesma e do que é dentro de España, a Galicia unida con sitio para todos, a Galicia próspera e con oportunidades. A Galicia, en definitiva, que funciona e que debe seguir funcionando.

Arévalo: «Mos ten que devolver a Rueda o apoio que sempre nos deu»

Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceu a “gran afluencia de persoas e o gran traballo que sempre desenvolve para que así sexa o equipo do comité local dos populares de Mos”. Destacou, así mesmo, a importancia de “que Alfonso Rueda siga a ser o presidente da Xunta, para continuar cun presidente libre que prima e promove o modelo Galicia fronte ás minorías e chantaxes do modelo Sánchez. Un ‘modelo Galicia’ que que nos fai punteiros en sanidade, educación, transformación e sentidiño”.

A rexedora puxo en valor «a transformación e o cambio» que experimentou Mos nos últimos tempos «grazas aos elevados investimentos» impulsados polo PP desde a Xunta. “No 2005 atopei en Feijóo o mellor aliado para defender Mos e aí xa estaba Alfonso Rueda. En 2009 desaloxamos o bipartidismo de Galicia e de Mos, e o noso concello comezou o despegue para converterse no territorio de oportunidades que hoxe é, cun PXOM aprobado en 2017, co macrocentro sociosanitario do Rebullón que será pioneiro en España en desenvolvemento e tantos outros proxectos de presente e de futuro”.

“Por iso mediante o voto útil, o voto para Mos, debemos devolverlle a Alfonso Rueda todo o apoio que lle outorgou ao noso concello. Porque en fronte só hai mentira e oportunismo. Porque Galicia perde cos nacionalistas e os socialistas, sen embargo sabemos que con Rueda Galicia funciona», concluíu Arévalo, poñendo en valor tamén á candidata mosense Feli Rodríguez, da parroquia de Tameiga, que é tamén concelleira do equipo de goberno local e que “xa demostrou nesta lexislatura a súa defensa de Mos por riba de todo como deputada autonómica”.

Detenido un joven de 22 años por agredir a varias personas en la calle Pontevedra

0

A las 06:15 horas del pasado día 13, cuando una Unidad de la Policía local de Vigo realizaba labores de prevención de la Seguridad Ciudadana en la calle Arenal, fueron requeridos por varios transeúntes indicándoles que tres jóvenes que se encontraban allí mismo habían agredido a varias personas en la calle Pontevedra.

Los agentes se dirigieron a los jóvenes, procediendo a su identificación. Mientras se encontraban realizando esta función, en el lugar se presentó un varón, que manifestó que cuando se encontraba en el interior de una discoteca próxima -y sin mediar palabra- uno de estos individuos le había propinado un puñetazo en la boca, causándole un corte profundo en el interior del labio.

Al lugar también se acercó otro varón, el cual señalaba al mismo joven como el autor de una agresión hacia su persona, mostrando varias piezas dentales rotas. Añadió que mientras se encontraba a la puerta de la discoteca, el agresor -sin mediar palabra- le propinó un golpe en la cara. Estas dos personas fueron asistidas en primera instancia por los servicios médicos del 061 y seguidamente se trasladaron al centro hospitalario para una mayor valoración.

El agresor reconoció ser el autor de los golpes a estas personas, no sin antes proferir amenazas de muerte a otro joven que estaba en las inmediaciones. Por estos hechos se procedió a la detención de F.J.C. de 22 años de edad, siendo investigado por un delito de lesiones.

O Ifevi acolle a fin de semana do 17 e 18 de febreiro a XIII Edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto

0

O Instituto Feiral de Vigo acolle a próxima fin de semana a décimo terceira edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto, segundo avanzou este mércores Abel Caballero

“Merece a pena achegarse ata o Ifevi esta fin de semana” para contemplar os vehículos expostos no recinto feiral con motivo da XIII edición do Salon Retro Galicia. É a mensaxe do alcalde de Vigo ante a organización a próxima fin de semana dunha cita que conta con 144 expositores.

Caballero apuntou que o salón conta cun espazo reservado en exclusiva para os coches clásicos e que a novidade deste ano é o Rally Primavera, que terá lugar o sábado 17 de febreiro organizado pola Escuadra Vigo Clásicos, ao que confirmaron a súa participación un total de 45 coches.

O alcalde lembrou que o salón contará coa exposición e venda de vehículos, ademais de mercado de pezas e accesorios, e de estands de clubs, entre outras ofertas.

O Concello aproba a concesión das primeiras 11.611 becas de libros

0

A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á concesión do primeiro bloque das axudas municipais a familias con fillas e fillos matriculados en Educación Primaria, Secundaria, Especial e Formación Profesional Básica

O alcalde informou este mércores do desenvolvemento da tramitación das becas de libros apuntando que esta semana comezará o pagamento das primeiras 11.611 axudas ás familias. As restantes irán aboándose nas vindeiras semanas ao alumnado beneficiario.

O goberno municipal dedica a este fin un importe total de 5,8 millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiarse 28.500 estudantes vigueses matriculados en ensino Primario, Secundario, Educación Especial e Formación Profesional Básica. Cada un deles recibirá 205 euros para contribuír ao pagamento dos libros.

Alfonso Rueda anuncia a ampliación do acceso á fecundación in vitro na sanidade pública ás mulleres de ata 45 anos e a eliminación do límite dun único fillo para o acceso a esta fórmula

0

Ademais, todas as mulleres que desexen poderán conxelar os seus óvulos no sistema público, xa que tamén se eliminará o requisito de ter unha patoloxía para solicitar este servizo

Como novidade, anunciou tamén a posta en marcha do Intercity express, un transporte por estrada en autobús para conectar as sete cidades galegas, sen paradas intermedias e a prezos asumibles

O presidente salientou que os 450 millóns de euros que se investirán no CHUAC suporán o maior gasto realizado en infraestruturas sanitarias que xamais se fixo en Galicia

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe na Coruña que na vindeira lexislatura se dará “un paso máis no impulso de medidas contra o inverno demográfico” co aumento dos 40 aos 45 anos a idade para o acceso á fecundación in vitro na sanidade pública galega e a eliminación dun único fillo para o acceso a esta fórmula, así como a introdución da posibilidade de que todas as mulleres que desexen poidan conxelar os seus óvulos no sistema público coa eliminación do requisito de ter unha patoloxía para solicitar este servizo

Nun almorzo informativo celebrado esta mañá con representantes da sociedade coruñesa, Alfonso Rueda destacou os grandes esforzos feitos nestes anos na mellora da sanidade pública galega e recoñeceu a necesidade de “seguir mellorando e impulsando iniciativas beneficiosas para todos os galegos”. En concreto, destacou que a Xunta investirá no CHUAC cerca de 450 millóns de euros: “Supón o maior investimento en materia de infraestruturas sanitarias que xamais se fixo en Galicia”. Neste momento xa se levou adiante a fase 0 –por importe de 13 millóns de euros– para a creación dunha nova planta de hospitalización, un novo espazo do hospital de día, o aumento do número de camas para críticos e a ampliación tamén dos servizos de urxencias. Ademais, investíronse case 30 millóns de euros na dotación de novos equipamentos e nova tecnoloxía, como resonancia magnética, equipos TAC, salas de hemodinámica, radioloxía bascular ou neurorradioloxía.

“Agora levaremos adiante a Fase 1, que suporá 40 millóns de euros para a construción da torre polivalente e os novos accesos, en colaboración co Concello da Coruña. Queda pendente de licitar ao longo deste ano a fase 2, que suporá un investimento de 228 millóns de euros; e restaría a fase 3, cun custo estimado de 157 millóns de euros”, explicou.

MÁIS ACTUACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE

O líder dos populares galegos lembrou a recente adxudicación de 16 prazas de médicos de urxencias e destacou a entrada en funcionamento do novo Hospital de día de saúde mental infanto-xuvenil no Materno. Tamén se referiu, no ámbito da Atención Primaria, á posta en marcha do centro de saúde de Novo Mesoiro e amosou o compromiso de avanzar na construción do centro de saúde de Santa Lucía, para o que avogou pola colaboración municipal para comezar as obras no antigo mercado.

O candidato do PPdeG agradeceu a colaboración da Fundación Amancio Ortega na dotación de aparatos de alta tecnoloxía na sanidade galega e na construción de residencias de maiores nas sete cidades galegas. No caso concreto da Coruña, destacou que a residencia estará operativa este ano para albergar a 150 persoas.

“Sempre hai que dar pasos cara adiante e en Galicia hai unha aposta decidida por apoiar ás familias e loitar contra todo o que supoñen os prexuízos do inverno demográfico”, manifestou Rueda lembrando iniciativas postas en marcha neste sentido como a gratuidade das escolas infantís, as creación de casas-niño en máis de 100 concellos galegos, as axudas para actividades extraescolares ou de reforzo escolar, así como a gratuidade da universidade para os estudantes que aproben.

Neste sentido, o presidente do PPdeG anunciou “un paso máis no apoio ás familias e daquelas mulleres que queiran ter fillos”, ofrecendo un novo estímulo para loitar contra a baixa natalidade. Así, explicou que na actualidade os procesos de fecundación in vitro na sanidade pública galega está limitados ás mulleres de ata 40 anos e para un único fillo. Pero “a partir de agora imos apoiar con máis intensidade a estas mulleres e propoñemos que ese proceso se estenda ata os 45 anos e non só para o primeiro fillo, senón tamén para o segundo e sucesivos”, subliñou.

Alfonso Rueda apuntou, ademais, que “ata agora a conxelación de óvulos na sanidade galega só se podía facer se existía unha patoloxía que xustificara a solicitude da muller, pero a partir da vindeira lexislatura calquera muller que desexe conxelar no sistema público poderá facelo, eliminando o requisito de ter unha patoloxía”. Son, segundo subliñou “solucións prácticas para loitar contra o problema demográfico que temos”.

Na súa intervención, o candidato do PPdeG tamén falou de mobilidade, destacando a construción, xunto co Goberno central e o Concello, da nova estación intermodal, na que a Xunta investirá 40 millóns de euros. “Queremos que a intermodalidade chegue tamén á Coruña e chegue a tempo para atender as necesidades da Alta Velocidade ferroviaria”, sinalou ao tempo que lamentaba descoñecer “cantos trens van vir e cantas frecuencias”.

Ademais, avogou por seguir reivindicando o Corredor Atlántico de Mercadorías, sobre o que pediu “pasar das palabras aos feitos”; e dixo que “seguiremos impulsando o transporte público por estrada, coa gratuidade do servizo para menores de 21 anos e, agora, tamén para maiores de 65 anos”; e a conxelación das peaxes nas autoestradas de titularidade da Xunta “mentres as tarifas da AP-9 e a AP-53 volveron a subir e situarse entre as máis caras de España”. Como novidade, anunciou a posta en marcha do Intercity express, un transporte por estrada en autobús para conectar as sete cidades galegas, sen paradas intermedias e a prezos asumibles.

No ámbito da vivenda, recordou as 40 vivendas que recentemente se entregaron no barrio de Xuxán e avanzou que se prevé a construción de 1.600 máis nesta zona, entre as que fará directamente a Xunta e aquelas de promotores privados.

RECUPERAR A FACHADA MARÍTIMA

Rueda incidiu na “oportunidade que supón o proxecto para recuperar a fachada marítima da Coruña e abrir a cidade ao mar”, e reiterou que “a Xunta ten dispostos para este mesmo ano 20 millóns de euros para colaborar co Concello e recuperar para os coruñeses o fronte marítimo”.

Para rematar, o presidente do PPdeG falou de educación, cifrando en 22,4 millóns de euros o investimento previsto no plan a catro anos para levar a cabo obras en 45 colexios e institutos da cidade; e tamén de deporte, con 9,2 millóns de euros destinados ao apoio a clubs, becas a deportistas, ademais doutros 7,5 millóns para remodelación ou mellora de instalacións deportivas coruñesas.

De cara ao futuro, Alfonso Rueda considerou “un éxito colectivo e unha actuación intelixente conseguir a sede a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) en A Coruña, a opción que tiña máis posibilidades que ningunha outra”. Ademais, sinalou que a Cidade das TIC, –que xa conta con dous edificios funcionando neste momento– seguirá contando co apoio da Xunta para a construción este ano dun Centro de Formación Avanzada en transición dixital e verde, así como a posta en marcha do centro de investigación CITIC 2.

A primeira edición de TalentoCibeR visibilizará o talento e fomentará novas vocacións en ciberseguridade

0

O 14 de marzo, en formato híbrido, presencial en Vigo e A Coruña e en liña

A xornada inclúe dous obradoiros, unha mesa redonda e unha competición C3TF

Visibilizar o talento en ciberseguridade de Galicia e fomentar novas vocacións situando no mesmo espazo a profesionais e alumnado son os obxectivos da primeira edición de TalentoCibeR, unha iniciativa do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, xunto coa Cátedra R en Ciberseguridade (UVigo, UDC e a empresa R) e o CITIC da Universidade da Coruña. 

A xornada, que conta co apoio da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, a Facultade de Informática da Universidade Coruña, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e Microsoft, terá lugar o 14 de marzo e o programa incluirá obradoiros prácticos, unha mesa coloquio e a terceira edición da competición C3TF, en formato Capture The Flag. O encontro celebrarase de maneira simultánea en Vigo, A Coruña e tamén en remoto. 

Obradoiros e charlas sobre ciberseguridade

TalentoCibeR comezará coa celebración de dous obradoiros en paralelo: un dirixido ao alumnado de FP (ciclos na área TIC) e outro a alumnado de graos técnicos (IA, Datos, Informática, Telecomunicacións, Industriais…). No primeiro obradoiro, O inicio do procedemento forense informático: adquisición de evidencias en PC, móbiles e pendrives USB, impartido por Rafael López García, profesor do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, ensinarase a adquirir certas evidencias forenses en distintos dispositivos empregando tanto ferramentas hardware (clonadoras) como ferramentas software gratuítas (FTK Imager, Caine, adb, WhatsApp Key/DB Extractor, Avilla Forensics, etc). Celebrarase na sala Network do CITIC e na aula T214 da EET. 

O segundo obradoiro, Nova era: seguridade holística en Microsoft 365 e resposta automatizada antes incidentes usando IA, impartido por Manuel García González, senior security architect de Microsoft, enfocarase na suite de licenciamento de Microsoft 365 E5 na xestión de licenzas trial. Terá lugar no CITIC e no salón de graos da EET.

A continuación terá lugar a mesa coloquio Empregabilidade e saídas profesionais de ciberseguridade na que representantes das universidades de Vigo e A Coruña, xunto a profesionais de empresas galegas, darán resposta a cuestións como o futuro que pode abrirse unha vez rematada a formación universitaria ou de FP ou cales son os perfís nacionais e internacionais da carreira profesional en ciberseguridade, entre outras. Finalizado o debate, o público asistente poderá intercambiar impresións cos relatores nun petisco. Será na sala Cloud do CITIC e no salón de graos da EET.

Para participar nos obradoiros e na mesa coloquio cómpre inscribirse previamente.

Competición C3TF

A xornada incluirá tamén a celebración da terceira edición do C3TF, unha competición en formato CTF (Capture The Flag) ou captura a bandeira, na que os e as participantes de bacharelato, formación profesional, grao e máster de centros educativos de España terán que resolver durante catro horas e no menor tempo posible diferentes retos relacionados con ámbitos da ciberseguridade. Repartiranse tres premios ao ciber reto, financiados pola Cátedra R en Ciberseguridade, aos equipos gañadores: o primeiro recibirá 1000€, o segundo 700€ e o terceiro premio será de 400€.