Xabier P. Igrexas: “Este resultado histórico do BNG demostra que Vigo non quere máis do mesmo e será o motor do cambio en Galiza”

0

A fronte nacionalista reivindica o “salto de xigante” como primeira forza en Vigo con 56.820 votos e un incremento do 14% que permitiu derrotar o PP na maior cidade galega

O Bloque comprométese a defender Vigo “con aínda máis forza” no Parlamento galego contando por primeira vez con 3 deputadas e deputados da cidade: Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova

O portavoz municipal destaca que o BNG case duplicou o resultado do candidato «fake Abel Caballero, a quen desautorizaron as viguesas e os vigueses nas urnas este domingo»

O Bloque Nacionalista Galego reivindica o “salto de xigante” en Vigo nas eleccións galegas deste pasado domingo, que por primeira vez coloca á fronte nacionalista como forza máis votada con 56.820 apoios e un incremento do 14% na maior urbe galega. “Este resultado histórico do BNG foi chave para que, en termos xerais, case 6 de cada 10 viguesas e vigueses enviaran un rotundo non ás políticas de abandono e maltrato aplicadas nos últimos 15 anos polo PP en contra da nosa cidade”, valorou o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas.

Unha “mensaxe contundente”, asegurou o voceiro nacionalista, da que ten que tomar “moi boa nota” o candidato dos populares galegos, Alfonso Rueda. “O BNG imos defender con inda máis forza no Parlamento de Galiza, onde por primeira vez contaremos con 3 deputadas e deputados da nosa cidade en Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova, que van ser a voz firme para defender Vigo”, destacou, considerando considerou que este resultado “histórico” do Bloque en Vigo demostra que “Vigo non quere máis do mesmo”.

Igrexas subliñou tamén como o BNG case duplicou o resultado do candidato fake, en relación ao papel de Abel Caballero protagonizando como alcalde a campaña e a propaganda electoral do seu partido en Vigo. “A pasada semana Caballero pedía nunhas declaracións a Ana Pontón que me desautorizase como portavoz municipal do BNG, mais é claro a quen desautorizaron as viguesas e os vigueses nas urnas”, afirmou.

Tendencia á alza do BNG en Vigo

Dende a fronte nacionalista puxeron en valor a tendencia á alza na cidade nos últimos comicios, triplicando a representación no Concello nas municipais do pasado maio e aumentando o número de votos nun 45% nas eleccións xerais de xullo. “É claro que o BNG non ten teitos nin en Galiza nin en Vigo”, reivindicou o voceiro do Bloque, quen asegurou que este domingo “non acabou nada”.

“Este resultado histórico fai que o BNG esteamos con máis forza do que nunca, para facer un mellor e máis intenso labor de oposición, para seguir a defender os intereses da maioría social, para seguir construíndo unha Galiza máis xusta, máis igualitaria, máis feminista, con máis benestar social para todos e todas, con Vigo como motor dese cambio galego”, remachou Igrexas.

Mos logra recuperar os Currumiños grazas ao proxecto EntroideaMos de Ismael Pato

0

Onte a localidade mosense despediu o Entroido cun destes grupos senlleiros integrado por 9 rapaces do municipio e promovido por este estudante do IES de Mos

Onte despediuse o Entroido en Mos cun grupo de Currumiños convocados por Ismael Pato. Así, Mos recupera o seus costumes tradicionais co proxecto EntroideaMos deste mosense estudante de 4º da ESO no IES de Mos.

Pese á súa curta idade Ismael Pato, alumno de 4º curso da ESO, xa conta cunha vocación e unhas dotes docentes e de investigación asombrosas. Impartiu o seu Obradoiro EtroideaMos nos 5 colexios de Educación Infantil e Primaria de Mos, da man da concellería de Cultura e dentro do programa de actividades no horario lectivo organizado polo Concello de Mos. Isma impartiu o seu Obradoiro á cativada de Primaria compartindo con eles o seu coñecemento sobre o Entroido tradicional e a súa sabedoría.

EntroideaMos é un proxecto de divulgación cultural dos diversos entroidos galegos, entre eles o de Mos, que nace do traballo de investigación de Ismael Pato iniciado no 2023 e que continua en constante crecemento, contando coa colaboración de moitas das asociacións dos diferentes entroidos da comunidade como a asociación etnográfica A Merdeira, de Vigo; MUGAE, Museo Galego do Entroido, Asociación Cultural de Cobres, Os Labregos de Trives…

Proxecto Currumiño: O Entroido tradicional mosense

Dentro do EntroideaMOS está o proxecto Currumiño, que ten como obxectivo recuperar a figura do Entroido tradicional de Mos, o que supón unha forte estratexia organizada para a recuperación da tradición mosense e o inicio da investigación ao respecto na zona. Figuras como o Currumiño hai en toda Galicia, pero a tradición que levaba a cabo esta personaxe era común de Mos e arredores.

“A xente maior será unha parte fundamental do proxecto de documentación. Outra parte importante será a dos nosos centros culturais para que entre todos nos axuden a preservar unha tradición”, explica Ismael Pato. “Recuperar o noso Currumiño de Mos” continúa Isma, “ao igual que xa existen os Merdeiros de Vigo, os Madamas e Galáns de Cobres, Madamas e Galáns de meira, Madamas e Galáns de cabeiro, Mudados de Ribadetea, Cacharelos de Lalín, Xenerais Da Ulla… significará que a xente coñeza as nosas tradicións e as nosas raíces, e sepan diferenciar entre o carnaval e o entroido, este último en risco de desaparecer. Mos é un Concello cultural, aberto, colaborativo para poder traballar en talleres que acheguen á veciñanza a nosa figura a través de libros, redes sociais, follas informativas, charlas, proxectos audivisuais, creación de grupos de currumiños polas parroquias en tempo de Entroido”.

Pois ben, parece que Isma logrará cumprir o seu soño de recuperar esta tradición. Alomenos, polo de pronto, este ano xa logrou que saíse ás rúas de Mos un grupo de 9 rapaces e rapazas.

A UVigo celebra a toma de posesión de preto dun cento de docentes catedráticos e titulares

0

Na actualidade, o cadro de PDI está composto por 1600 traballadores

Tremendamente orgullosas e orgullosos de telo conseguido. Preto dun cento de docentes participaron este luns no acto de toma de posesión do persoal docente e investigador que ao longo do ano pasado acadaron a praza de catedrático/a ou profesor/a titular. Foi nun acto organizado pola institución académica viguesa “con todo o noso agarimo”, tal e como lles subliñou o reitor Manuel Reigosa, quen foi o encargado de irlle colocando, un a un, cadansúa insignia da institución tras ser chamados pola secretaria xeral, Mª José Bravo Bosch. “A Universidade está moi orgullosa de todos vós e vivimos convosco os vosos éxitos, de aí a organización deste acto simbólico”, apuntoulles a vicerreitora de Organización Académica e Profesorado, Patricia Valcárcel, que foi a encargada de abrir o acto.

Celebrado no paraninfo do edificio Ernestina Otero, estaban chamados a este acto 48 novos catedráticos e catedráticas -31 homes e 17 mulleres- e 45 novos docentes titulares -25 mulleres e 20 homes-. Como acostuma a ser habitual, no caso do corpo de catedráticos, a porcentaxe de homes é notablemente superior á de mulleres -64,5% fronte a un 35,4%- mentres que no caso dos docentes titulares a cota feminina é xa superior á masculina -55% fronte ao 44%-, polo que se agarda que, de cara a futuros actos de toma de posesión as porcentaxes vaian estando cada vez máis igualadas en ambas categorías. “Este é o final dunha etapa moi longa, para algúns unha etapa intermedia, mentres que outros chegades xa ao máximo que se pode aspirar na vida académica”, subliñoulles o reitor, quen lles deu os parabéns, “por unhas carreiras docentes brillantes” e retou aos docentes titulares  a acadar na maior brevidade a acreditación como catedráticos, algo que garantiu se seguirá a promover desde o seu equipo de goberno “sempre en función dos méritos e da antigüidade nas acreditacións”.

A visión das novas e novos catedráticos… 

“Sabía que o mundo da universidade era unha carreira de fondo onde non sempre se ten un final feliz, pero poder traballar no que a un lle apaixona cura todos os desabores”. Así de rotunda se amosaba a directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo Nieves Lorenzo, tras asinar a súa acreditación como catedrática. Admite que neste longo camiño houbo “bos e malos momentos” , pero afortunadamente atopou “bos compañeiros na miña viaxe”. Arrancou a súa traxectoria investigadora no ano 1995 no grupo de Física Non Lineal da Universidade de Santiago de Compostela para facer alí a súa tese de doutoramento. Fíxoo a pesares de que non tiña ningunha bolsa de investigación “nin certeza algunha de tela no futuro”, pero o mundo da investigación xa lle atraía. “Acadar a acreditación de catedrática é a maior recompensa a todo o traballo feito durante estes anos, que honestamente nunca pensei que chegaría acadar. Pode soar un pouco soberbio, pero estou realmente orgullosa de telo conseguido”. 

No caso do catedrático Antonio Chas, director do Departamento de Literatura española e Teoría da Literatura, lémbrase nesta data de quen “dun ou outro xeito colaborou a que hoxe estea aquí, tanto académica como persoalmente (e son moitas persoas), pero especialmente daquelas que xa non chegaron a poder compartir comigo este momento”.  Recoñece que, como na vida, “o camiño non sempre é doado, senón que hai altos e baixos, pero, como sempre lle digo á xente que traballa comigo, o máis importante é perseverar sen deixar de traballar”.

… e dos novos docentes titulares

Para Beatriz Legerén, que asinou a praza como profesora titular do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, este acto tivo un sabor especial. No seu caso durante máis de 20 anos dirixiu a primeira axencia interactiva de Galicia, Interacción, onde se deseñaron e desenvolveron os primeiros proxectos de videoxogos da comunidade galega, polo que a súa chegada á Universidade foi tardía. “Ao provir da industria os esforzos e sacrificios que tiven que facer foron aínda maiores”, explica a docente, quen admite que, “si ben estaba afeita a traballar duro para sacar adiante a empresa que dirixía”, a chegada a academia “foi complexa, aínda que gratificante” e, a día de hoxe, non entendería a súa vida sen a parte académica. “O que máis me motivou sempre é a interacción cos estudantes, o meu labor é ensinar, pero a cambio aprendo moito de cada un dos cursos”.

No caso de Juan Galindo, do Departamento de Bioquímica, xenética e inmunoloxía, a praza de profesor titular chégalle tras máis de 20 anos de incertezas. Chegou á UVigo no 2001 como estudante de doutoramento no grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética e no 2007 incorporouse como estudante de posdoutoramento á Universidade de Sheffield, en Inglaterra. A partir de aí enlazou múltiples contratos ata que no 2019 conseguiu un proxecto JIN (Jóvenes investigadores sin vinculación o con vinculación temporal) do ministerio. “Eu xa estaba fóra do sistema, e xa tiña preparado un plan B fóra da Universidade, pero o proxecto JIN abriume as portas para o meu actual contrato de Retención de talento na UVigo”, explica o docente, quen admite que entrar neste programa “foi fundamental” para a súa carreira docente e investigadora. Entre outras cousas, permitiulle solicitar financiamento como investigador principal e conseguir un proxecto do programa de Consolidación Investigadora, outro do programa de Xeración do Coñecemento e, finalmente, un da Rede de Parques Nacionais.

1600 persoas conforman o cadro de PDI 

Na actualidade, o cadro de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo está composto por 1600 traballadores, sendo o colectivo máis numerosos o de docentes titulares, categorías que ostentan 547 persoas nos tres campus. Con estas novas incorporacións, o corpo de persoal catedrático queda conformado por 275 persoas, sendo así a segunda categoría máis numerosa. O profesorado asociado é o terceiro colectivo por tamaño, formado por 195 persoas, mentres que o persoal contratado doutor, con 158, é o cuarto grupo en número.

Na cifra global están tamén incluídos 99 axudantes doutores, 36 investigadores da convocatoria Ramón y Cajal, outros 23 da Margarita Salas, etc. A maiores habería que sumar o persoal contratado interino, persoal en formación predoutoral, etc.

Garriga: “La izquierda está ahora más débil que nunca, y por eso Sánchez es más peligroso”

0

El secretario general de VOX asegura que la formación “redoblará su esfuerzo en las calles de Galicia para contrarrestar la acción de los medios de comunicación contra nuestro mensaje”

El secretario general de VOX, Ignacio Garriga, ha desgranado durante la rueda de prensa de hoy, posterior a la reunión del Comité de Acción Política de cada lunes, los factores que han incidido en el resultado obtenido por su partido en los comicios celebrados ayer en Galicia. Unos resultados, ha dicho, que aunque no son los esperados por la formación, se confirma que sigue creciendo en esta región española.

Garriga ha destacado el fracaso del PSOE y de Sumar en las elecciones gallegas, lo que confirma el “mal momento” por el que atraviesan los partidos que gobiernan en coalición en España. Por eso, ha avisado al PP, como ya hiciera anoche en su valoración desde Santiago de Compostela, de que no es el momento de reunirse ni negociar con Pedro Sánchez, sino de combatir sus políticas: “La izquierda está ahora más débil que nunca, y precisamente por eso Sánchez es más peligroso”, ha advertido.

Durante su comparecencia ante los periodistas, Garriga ha insistido en que la campaña electoral de las elecciones gallegas han vuelto a poner en evidencia la labor de los medios de comunicación para evitar que el mensaje de VOX llegase con claridad y sin intoxicaciones a los ciudadanos. En concreto, el vicepresidente de la formación ha lamentado que VOX haya sido excluido de los debates y las entrevistas electorales. “La campaña claramente ha estado marcada por el juego sucio; al principio nos dijeron que no nos presentásemos, después ha habido cordones sanitarios para evitar que los gallegos escucharan nuestra voz, se nos ha apartado de debates y entrevistas, y a pocos días de finalizar, se ha dicho incluso que votar a VOX era votar al BNG”, ha dicho.

Por eso, VOX redoblará sus esfuerzos en las calles durante los próximos años en Galicia, donde se fortalecerá los equipos que el partido tiene en las cuatro provincias, y se hará lo mismo en el País Vasco de cara a las elecciones en esa región española, previstas para el mes de abril, como estrategia para vencer la labor en contra de la mayoría de medios de comunicación; una labor que, ha insistido Garriga, es “demostrable”.

Garriga ha querido poner en valor el voto de los “32.000 valientes” que han confiado en la formación que preside Santiago Abascal en las elecciones gallegas, y que “no verán defraudada su confianza”, porque VOX va a seguir defendiendo sus intereses en “todos los barrios, pueblos y ciudades de Galicia”. El secretario general de VOX ha advertido de que su formación va a seguir diciendo “lo que hemos repetido estos días y que muchos han intentado silenciar: que hemos de combatir las políticas que hunden a la gente del campo y de la mar, y que han llevado a la desindustrialización de muchos lugares de España. Y hay que poner fin a las políticas de izquierda que promueve el PP cuando gobierna solo”, ha afirmado.

La Audiencia de Pontevedra absuelve a un acusado de apropiación indebida por no pagar las cuotas de un vehículo

0

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra ha absuelto de un delito de apropiación indebida a un hombre que no abonó, tal y como había pactado con una amiga, ninguna de las cuotas del pago total de un vehículo, cuyo contrato de financiación había sido suscrito por la afectada. La mujer recuperó el coche como consecuencia de resultar requisitoriado por la Guardia Civil.

El TSXG confirma la condena impuesta a dos acusados de enviar cocaína desde Vilanova hasta Barcelona en coches con doble fondo

0

La Sala de lo Civil y Penal del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la condena de 9 años y de siete años y nueve meses de cárcel, respectivamente, impuesta por la sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra a cada uno de los dos acusados de enviar importantes cantidades de cocaína desde Vilanova de Arousa (Pontevedra) hasta la provincia de Barcelona en coches con doble fondo. Los vehículos eran conducidos por una tercera persona, ya fallecida. El alto tribunal gallego ha desestimado, de esta forma, los recursos de apelación presentados contra la sentencia de primera instancia por ambos condenados.

Detenido en Vigo por tres robos de madrugada con el sistema del tirón

0

En los robos, actuaban dos personas: le propinaban un fuerte empujón en la espalda a la víctima y procedían con un tirón del bolso o mochila que portase

Un hombre ha sido detenido en Vigo en relación con tres robos con el sistema del tirón y de madrugada que perpetraba junto a otra persona que, por ahora, no ha sido identificada.

El presunto auto, informan fuentes policiales, los llevó a cabo a finales del pasado año en la zona de Lavadores. Los tres hechos sucedieron en días consecutivos y siempre de la misma forma, de madrugada y aprovechando el aislamiento de sus víctimas, que caminaban solas por la calle.

En los robos, actuaban dos personas: le propinaban un fuerte empujón en la espalda a la víctima y procedían con un tirón del bolso o mochila que portase, tirándola al suelo y causándole lesiones por la violencia ejercida, para luego huir a la carrera. En uno de los casos, incluso se llevaron el calzado de la víctima.

En los minutos posteriores al robo, los autores, u otros delincuentes comunes relacionados con ellos, hacían uso, en distintos establecimientos, de las tarjetas de crédito robadas.

Tras identificar al autor, la Policía procedió a detenerle por tres robos con violencia e intimidación, mientras continúan las gestiones por parte del grupo de investigación para identificar al otro ladrón implicado en los hechos.

Comesaña remarca que la simulación médica avanzada es un pilar fundamental para el avance de la medicina

0

El conselleiro de Sanidade en funciones mostró el compromiso de la Xunta para que los profesionales del Sergas cuenten con las herramientas necesarias para mejorar la calidad asistencial, docente e investigadora a través de la simulación clínica

El conselleiro de Sanidade en funciones, Julio García Comesaña, remarcó hoy, en el acto inaugural del Programa LIFESTRAND, celebrado en la Facultad de Medicina, que la simulación médica avanzada es una herramienta muy potente que permite reproducir experiencias reales a pacientes a través de escenarios controlados y guiados. Además, promueve el desarrollo de habilidades superiores como la comunicación grupal, el trabajo en equipo o la gestión del estrés.

A tal efecto, el titular de la cartera sanitaria remarcó que, desde hace años, el Sergas apostó por promover la formación a través de la simulación. Así, el Plan de formación continuada de los profesionales del Servizo Galego de Saúde recoge este año 36 actividades formativas en simulación. Acciones que, -tal y como remarcó Comesaña-, se desarrollarán en las distintas áreas sanitarias y que se relacionan con el entrenamiento en el manejo de urgencias hospitalarias prevalentes o la gestión de situaciones críticas en las urgencias de los hospitales.

En el acto inaugural de estas jornadas, enmarcadas en el proyecto europeo Erasmus y organizadas por la USC y SEMERGEN, Comesaña puso en valor a creación el pasado año, por parte de su departamento, de la Red de centros de simulación clínica avanzada del sistema público de salud de Galicia, con el objetivo de compartir recursos y facilitar la especialización en este campo.

Para finalizar su intervención, el conselleiro mostró el compromiso de la Xunta en seguir avanzando en este proceso de consolidación, organizando y difundiendo el acceso a los recursos disponibles para que los profesionales del Sergas cuenten con las herramientas necesarias para mejorar la calidad asistencial, docente e investigadora a través de la simulación clínica, herramienta no solo de formación, sino, también, pilar fundamental para el avance de la medicina.

A Deputación mantén aberto ata o luns 26 de febreiro o prazo para participar no programa Provincia Activa, destinado a favorecer o envellecemento activo

0

O programa, que este ano conta cun orzamento de 146.000 euros, ten como obxectivos favorecer a participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e fomentar a independencia das persoas maiores

Última semana para solicitar participar en Provincia Activa, o programa da Deputación de Pontevedra destinado a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros.

Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 146.000 euros, ten como obxectivos favorecer a participación e cooperación social, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e fomentar a independencia das persoas maiores.  As entidades interesadas en beneficiarse de Programa Activa poderán facelo ata o vindeiro luns 26 de febreiro.

A través de Provincia Activa ofreceranse un total de 130 obradoiros. Cada un deles estará dirixido a un máximo de 25 persoas e cada entidade solicitante poderá pedir un obradoiro entre os ofertados que, á súa vez, estarán enmarcados en seis temáticas: “Benestar natural”, “Saúde en movemento”, “Emociónate”, “Outra vida”, “Con Ritmo” e “Redeir@s”.

En “Benestar natural” inclúese un obradoiro sobre plantas medicinais e en “Saúde en movemento” actividades de pilates, ioga e ximnasia de mantemento. Pola súa banda “Emociónate”, centrada na saúde mental, abrangue obradoiros de memoria, musicoterapia ou risoterapia e “Outra vida” talleres relacionadas co teatro ou a restauración de mobles.

Ademais, a través de “Con Ritmo”, a quinta das temáticas, ofertaranse cursos de bailes de salón, pandeireta e canto popular e, finalmente, con “Redeir@s” achegarase formación centrada en dotar ás persoas maiores de habilidades dixitais e coñecementos avanzados en informática.

Un par de accidentes en la AP-9 causan retenciones cerca de Vigo

0

El primer siniestro se registraba sobre las 8.20 horas de este luns, en el kilómetro 152 en sentido Tui, y el segundo, saliendo de Vigo en dirección hacia el Puente de Rande

Dos accidentes registrados a primera hora de la mañana en la AP-9, en Vigo, han complicado la circulación en los accesos y salidas de la ciudad, en ambos sentidos.

Según informa el 112 Galicia, el primer siniestro se registraba sobre las 8.20 horas de este luns, en el kilómetro 152 en sentido Tui, en el primero de los túneles de la autopista, a la altura de A Madroa. En ese caso varios particulares informaron a Emergencias de que se había producido un accidente y, aunque no había personas heridas, sí se estaban produciendo retenciones.

Pocos minutos después, sobre las 8.45 horas, se registraba otro siniestro, en ese caso, en sentido Puente de Rande. Este accidente consistió en la colisión entre dos vehículos, en el kilómetro 1 del ramal AP-9.

Un particular informó a Emergencias, y detalló que se estaban produciendo retenciones por ese choque, que tuvo como resultado una persona herida, que se quejaba de dolor en el cuello. Los servicios de Emergencias informaron a Urxencias sanitarias, a Guardia Civil y al personal de mantenimiento de la vía.