Rueda compromete el apoyo del Gobierno gallego al sector de la automoción para seguir aumentando su competitividad y la creación de empleo

0

Evidencia la necesidad de que desde lo Gobierno nacional lleguen los fondos PERTE para poder llevar a cabo todas las ayudas prometidas

Destaca el avance en Galicia en estos últimos años a la hora de impartir la formación necesaria para adaptarse las necesidades del mercado

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, reiteró hoy el compromiso del Gobierno gallego de apoyar al sector de la automoción para seguir aumentando su competitividad y la creación de empleo.

Así lo señaló hoy durante su intervención en la clausura de la asamblea del Clúster de la Automoción y de la Movilidad de Galicia (Ceaga), donde precisó que la automoción es un sector clave para la economía y así se va a tratar desde el Gobierno gallego, refiriéndose a la distribución de los fondos disponibles: «Vamos a priorizar lo que tenemos en mantener estos miles de puestos de trabajo. Les vamos a ayudar a ser competitivos en este sector tan global».

En este sentido, evidenció la necesidad de que desde el Gobierno nacional lleguen los fondos PERTE para poder llevar a cabo todas las ayudas prometidas. «No es una petición política, sino práctica. Aún estamos a tiempo de cambiar el sistema de distribución dieras miles de millones de euros en PERTES industriales que siguen en la casa de salida», señaló el titular del Ejecutivo gallego.

Además, destacó el avance en Galicia en estos últimos años a la hora de impartir la formación necesaria para adaptarse las necesidades del mercado, y la importancia de que se dé de la forma más rápida y flexible posible: «Fuimos mejorando en algo tan importante como la formación, para ser capaces de impartirla rápidamente, cuando se necesita formar a ese personal para que pueda asumir nuevas maneras de trabajar».

Por último, tendió a mano a Ceaga para seguir colaborando como hasta ahora, y les animó a seguir trabajando por el bien de Galicia: «Sigan así, muevan la economía. Si les va bien, a Galicia le irá bien».

O Concello oferta 450 novas prazas de campamentos deportivos para nenos e nenas de 6 a 14 anos

0

O Concello convoca 450 novas prazas de campamentos o que eleva o total de vacantes a case 4.500 para este verán

Estas campus deportivos desenvolveranse nos complexos deportivos de As Travesas e Samil

Tal e como anunciou o alcalde, hoxe comeza o prazo para inscribirse nos Campus Polideportivos 2024. Son 450 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que se dividen en tres quendas, das que as dúas primeiras -entre o 24 e o 28 de xuño e entre o 1 e o 5 de xullo – serán no complexo deportivo de As Travesas. A última, comprendida entre o 8 e o 12 de xullo será en Samil.

Estas 450 prazas súmanse ás 3.975 anunciadas dentro do programa municipal “Verán Xove 2024” o que eleva o total de vacantes para este verán a case 4.500.

Samil acolle o 16 de xuño o Holi Life Remenber con mais cor e mais festa

0

Samil volverá tinguirse de infinidade de cores o vindeiro domingo 16 de xuño coa convocatoria da carreira Holi Life Remember Edition, á que Abel Caballero anima a participar a toda a cidadanía de Vigo lucindo as vestimentas brancas que se transformarán en roupa multicolor tras 5 quilómetros de percorrido e moita festa

O alcalde congratulouse este mércores, ante Noemí Latorre, directora da Holi Life, de que se retome en Vigo unha carreira “excepcional” pola diversión que proporciona aos participantes.

Caballero lembrou que todas as convocatorias da carreira en Vigo conseguiron un éxito de participación, “aquilo sempre estivo completamente cheo e era o entusiamo máis absoluto”.

O rexedor incidiu na súa invitación a formar parte do acontecemento sobre o que propón establecer algún sistema de rexistro para comprobar se bate récord de participantes.

A directora da carreira explicou que 2024 é o ano en que a Holi Life “tiña que volver a Vigo porque aquí sentímonos a gusto e felices”.

Noemí Latorre avanzau que a edición Remember está pensada para que os participantes volvan bailar os temas dos anos 90 do pasado século e do 2000, e está dirixida “para todo o que teña o espírito novo”. Sinalou que nesta edición haberá moito máis pos de cores, máis glitter, “para que volva ser incrible”.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse na praia de Samil, ante o aparcamento das pistas de tenis, a partir das 10 da mañá porque ás 11 darase a saída, e a través da web www.holilife.es.

Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura

0

O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation

“É unha comunicación extraordinaria; é a modernidade, a forma de facer que as dúas rúas formen parte de un continuo no que desaparecen as diferencias de altura”, explicou Abel Caballero logo da posta en funcionamento do novo corredor mecánico de ascensor e rampla mecánica que une as rúas Travesía de Vigo e Aragón salvando unha altura de 17 metros.

Un ascensor con capacidade para 13 persoas sobe desde Travesía de Vigo, á altura do número 209, ata a praza da rúa Aragón, detrás da Igrexa de Santo Cura de Ars salvando un desnivel de case 10 metros de altura. Desde a praza sae a rampla mecánica de 35 metros de lonxitude que conecta coa rúa Aragón e e libra un desnivel de 5,5 metros de alto.

O goberno municipal dedicou 1.592.000 euros a este corredor mecánico dos que 1.190.000 euros proceden de fondos Next Generation da Unión Europea.

A actuación incluíu a urbanización de 1.800 metros cadrados coa renovación do saneamento, pluviais e abastecemento, pavimentación, xardinería e mobiliario, con especial atención ás zonas das beirarrúas, mellorando a eficiencia enerxética da iluminación pública e actualizando e modernizando o trazado viario existente.

Amais a obra contou coa colaboración do recoñecido POWONE, que achega un punto artístico a esta actuación do programa Vigo Vertical.

SonDeSeu presentará en Vigo ‘Entreterras’, un novo directo no que as músicas de raíz de SÉS, Hirahi Afonso e Daniel Pereira transforman o repertorio da orquestra

0

Vigo e Narón acollerán esta primavera os dous concertos semiacústicos de presentación do proxecto, fiado por un meridiano sonoro que une, sobre o escenario, as propostas das artistas de Galicia, Portugal e Canarias

A primeira cita con Entreterras será o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo, mentres que o 2 de xuño o directo terá lugar no Pazo da Cultura de Narón

Xa é posible adquirir as entradas para o concerto de Vigo na plataforma ataquilla.com

Un meridiano invisible tece un fío sonoro que a través das músicas de raíz, une xeograficamente a Galicia, Portugal e Canarias. Así nace Entreterras, o novo proxecto de SonDeSeu, no que a Orquestra Folk de Galicia se acompañará de artistas comprometidos coa innovación e o respecto ás músicas tradicionais dos seus territorios. A galega SÉS, o portugués Daniel Pereira e o canario Hirari Afonso compartirán escenario co medio cento de intérpretes de SonDeSeu nesta nova proposta musical, que conta co apoio da Xunta de Galicia, e que o público poderá descubrir tanto o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo coma o 2 de xuño no Pazo da Cultura de Narón. As entradas para gozar das melodías e ritmos destas Entreterras en Vigo están á venda desde hoxe, 24 de abril, na plataforma ataquilla.com a prezos que oscilan entre os 12 e os 15 euros máis gastos de xestión.

O espectáculo, que dá continuidade a Arraianos (2018) na aposta pola visualización e reivindicación das músicas ibéricas, preséntase cun rechamante cartel, coroado pola imaxe dun volcán en erupción, un fenómeno que transforma o territorio ao seu paso. Este volcán representa, segundo Anxo Pintos, presidente da Fundación SonDeSeu, “a creación e destrución da paisaxe, ao igual que as músicas de SÉS, Hirahi Afonso e Daniel Pereira transforman, dun xeito vibrante e ateigado de luz, o repertorio da nosa orquestra”.

Nesta ocasión, SonDeSeu propón ao público unha viaxe sonora a través de dous concertos semiacústicos, con arranxos e adaptacións que nacen das creacións de artistas de referencia nos seus territorios. “Escollimos figuras que destacan polo seu compromiso coa cultura de cadanseu lugar e mais pola súa innovación e o seu respecto á tradición tanto á hora de compoñer e producir como de interpretar”, sinala o presidente de SonDeSeu.  

Así, desde a voz da cantareira e pandeireteira María Xosé Silvar, SÉS, creadora de himnos que transitan entre a tradición oral e o rock and roll, Entreterras percorre a música da creadora coruñesa para dar paso á discografía doutro grande activista cultural, neste caso do norte de Portugal, como é o cantante e tocador de corda pulsada Daniel Pereira Cristo. Coñecido pola súa destreza co cavaquinho, a súa arte entronca con outro instrumento irmán, dunha costa que –ao igual ca Cabo Verde, Azores ou Madeira– tamén baña o Atlántico: o timple, que nesta ocasión toca o canario Hirahi Afonso quen, con dous discos ás costas, “representa a esa nova xeración de intérpretes excepcionais, cunha narrativa creativa a cabalo entre a tradición e a contemporaneidade”, apunta Pintos.

A posta en relación das músicas e relatos de SÉS, Pereira e Afonso neste Entreterras non é casual. “Seguimos a tecer unha historia que tamén se pode narrar a través das cordas deses instrumentos que viaxaron polo Atlántico levando as tradicións peninsulares e insulares polo mundo adiante”, expón Pinto. Precisamente o director de SonDeSeu salienta o verso Lo puro es la mezcla. La mezcla es lo puro, do último traballo discográfico de Hirahi Afonso, para poñer en valor a confluencia que se dá neste proxecto.  Ao cabo, tal e como expón Pintos, “Entreterras é unha mostra máis da mestura e da evolución que están a vivir as músicas de raíz. Tamén a galega”.  

Ana Ortiz destaca a traxectoria cultural do Ateneo Musical de Bembrive no seu 30 aniversario

0

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este mércores á directiva do Ateneo Musical de Bembrive para coñecer os proxectos de futuro do grupo cultural. A representante autonómica mantivo unha xuntanza de traballo co Enrique Comesaña e Charo Otero, presidente e vicepresidenta do Ateneo, e deulles os parabéns polo 30 aniversario da creación do colectivo. O vindeiro sábado 27 de abril (19:00 horas) o Ateneo Musical celebrará a conmemoración cun concerto no Auditorio do Centro Cultural de Bembrive.

«El novio de España» lleva al escenario del Teatro Afundación la historia de la boda frustrada de Carmen Sevilla y Luis Mariano

0

El actor gallego Christian Escuredo encabeza el elenco del espectáculo, que podrá verse el jueves 25 abril dentro de la Temporada de Teatro de Afundación

Pudo haber sido el matrimonio del momento, un enlace de conveniencia enormemente mediático en pleno 1952. Los contrayentes, dos estrellas del mundo del espectáculo del momento: el cantante Luis Mariano y la actriz Carmen Sevilla. Temas como la represión de la homosexualidad en la época o el exilio republicano forman parte de la historia de la propuesta frustrada de boda. Lo sucedido lo cuenta ahora la obra teatral El novio de España, que llega a Vigo, al Teatro Afundación, dentro de su Temporada de Teatro, el jueves 25 de abril (20.30 horas). Las localidades aún no ocupadas están disponibles en Ataquilla.com.

Christian Escuredo en el papel de Luis Mariano

El actor ourensano Christian Escuredo (O Barco de Valdeorras, 1984), conocido por su participación en series como Fariña, Vivir sin permiso o Pazo de familia, interpreta a Luis Mariano en El novio de España. Junto a él, se subirán a las tablas Carmen Raigón, Marta Valverde y Dídac Flores.

El novio de España vuelve sobre el momento en el que el entonces muy popular cantante Luis Mariano trata de mejorar su imagen pública con un matrimonio de conveniencia para ocultar su homosexualidad. Aparentar que comulga con las normas de su tiempo le permitiría, además, facilitar el regreso a España de sus padres, exiliados republicanos. Luis Mariano le propondrá matrimonio a Carmen Sevilla. Nunca habrá boda, pero la actriz apoyará a Luis Mariano para que consiga lo que busca. El espectáculo es la sexta de las propuestas teatrales programadas en el mes de abril en el teatro de la Obra Social de ABANCA. En mayo, será el turno de La profesora, con texto de Eduardo Galán, dirigida por Carla Nyman, y, a continuación, el ya clásico de August Strindberg, Señorita Xulia. En junio, el Teatro Afundación programará dos obras teatrales: el 5 de junio, Lolita Flores protagoniza Poncia, una propuesta dramática que toma el personaje de la criada de Bernarda Alba, dándole una nueva vida; y el día 8, llega ¿Buscas pareja? Speed Dating, una propuesta a medio camino entre obra teatral y stand up comedy, que trata sobre las nuevas formas de conocer o encontrar pareja a través de redes sociales o apps de citas.

O Ciclo de Música de Barcia de Mera sube o pano este sábado ás 20 horas na igrexa de San Martiño

0

A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acolle o primeiro concerto a cargo de Vox Stellae

A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera prepárase para recibir o primeiro dos concertos da  XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa. Patrimonio e música daranse a man para recibir ao público que ao longo destes seis meses terán o privilexio de vivir a música interpretada por figuras de relevancia internacional na contorna rural e natural do conxunto histórico da Rectoral de Barcia de Mera, en Covelo.

O programa, que volve contar co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Covelo, desenvolverase do 27 de abril ao 14 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo, conxunto recoñecido o ano pasado como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

O primeiro concerto correrá a cargo de Vox Stellae. O 25 de maio será a quenda do grupo Ars Longa, mentres que o 15 de xuño de Ensemble Orphelion. En xullo, a primeira das citas será o día 6 da man de Judith Jáuregui e o día 20 actuarán Beatriz Díaz, Jose Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil. Xa en agosto, con dúas citas, encherán de música a Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera o Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20,00 horas.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a participar neste espéctaculo que sorprende ao público pola fusión entre a beleza da contorna natural, o alto valor do conxunto barroco e a calidade artística das propostas.

A organización adianta que o aforo é limitado sendo preciso reservar no número de teléfono 658 627 525

Vox Stellae

Vox Stellae nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Amais de participar en actos institucionais e concertos didácticos, ten actuado en tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna, Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Internacional Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Jornadas Jacobeas Internacionales, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Camiño de Cantares, Festival Internacional de Música Relixiosa de Guimaraes…

Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Finis Terrae Brass, Os Menestreis de 1500, Taller Atlántico Contemporáneo, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Beatriz Díaz, Belén Elvira, Juan Antonio Álvarez Parejo, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán. Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de Tres Imaxes de Compostela (M. Mato), a estrea en España da Misa en Sol a Santiago de Compostela (A. Tucapsky), as reestreas da Misa en Do M (Frei R. Salvado) e a Missa Voce Mea (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de Rothko Chapel (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da catedral de Tui editou tres discos, dous deles con música de Matías García Benayas (+1737) e outros autores: Defensor alme Hispaniae (2013), que recibiu o Melómano de Ouro (outubro 2015), Salvete Flores (2016) e Canite Tuba (2020). Entre estes traballos de recuperación da música da catedral de Tui tamén editaron o disco Gaude, Maria Virgo (2014) con música destinada a ensalzar a figura Virxe.

A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves unha conferencia sobre benestar psicolóxico e produtividade

0

A acción, que se desenvolverá de xeito telemático, está enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos e contará coa presenza do deputado provincial Jorge Cubela

O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos, que promoven a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, continúa este xoves ás 19:00 horas cun webinario sobre benestar psicolóxico e produtividade. O deputado provincial Jorge Cubela e o presidente da Real Academia Galega das Ciencias, Juan Manuel Lema, serán os encargados de abrir esta xornada que leva por título “O benestar psicolóxico, o equilibrio emocional e o desempeño no traballo” e que será impartida por Fernando Salgado Velo, Catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos e Decano da Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela.

Fernando Salgado describirá na conferencia que é o benestar psicolóxico, os seus compoñentes e os resultados da investigación máis recente sobre as relacións entre este e os resultados organizativos. Neste sentido, as investigacións demostraron que se correlaciona cunha mellor saúde e unha maior lonxevidade, un menor consumo de alcohol, un maior nivel de exercicio e tamén mellores relacións interpersoais. Ademais, comprobouse que existen diferenzas nos niveis de benestar entre homes e mulleres, así como entre a mocidade e as persoas maiores.

Salgado tamén desenvolverá outra conclusión das investigacións, nas que se observou que os niveis nacionais de benestar psicolóxico se correlacionan cun maior PIB. No ámbito das empresas, canto maior é este tamén son maiores o nivel de desempeño, a implicación no traballo, os salarios e a satisfacción laboral. As persoas interesadas en asistir poden preinscribirse a través desta ligazón á plataforma Zoom. O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos continuará en maio con tres novas quendas: o día 16 terá lugar “Os alimentos mariños son cruciais para a saúde do planeta e benestar da humanidade”, a cargo de Sebastián Villasante, doutor en Economía Aplicada; o xoves 23 celebrarase “Aplicacións da intelixencia artificial para o procesamento da linguaxe natural. Novas tendencias e desafíos actuais”, impartida por Silvia García, integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo; e o día 30 Aurora Grandal, profesora titular de Paleontoloxía, ofrecerá a conferencia “De fósiles a humanos, unha historia de ida e volta”. O 6 de xuño rematarán as conferencias con dúas charlas: “Os biomateriais no combate do cancro”, a cargo de Bárbara Blanco, investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Santiago, e “Células CAR-T: novo paradigma no tratamento do cancro”, a cargo de Mariona Baliu, responsable do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia de Galaria.

El PP de Vigo lamenta que el PSOE de Caballero haya vetado un debate para reclamar una mayor inversión en la alta velocidad ferroviaria a Oporto

0

El grupo municipal popular exige al Gobierno de España una apuesta “más decidida” por la conexión con Portugal tras la decisión de Bruselas de relegarla al año 2040 dentro de la red básica ampliada

El Partido Popular de Vigo ha denunciado este miércoles el veto del PSOE de Abel Caballero a una propuesta del grupo municipal del PP para que se abriese en el pleno de la corporación municipal un debate que reclamara al Gobierno de España una mayor inversión para la conexión ferroviaria con Oporto, después de que la Comisión Europea relegara la entrada en servicio de esta línea al año 2040, dentro de la red básica ampliada.

El portavoz de la formación popular en el Concello de Vigo, Miguel Martín, ha planteado, en el seno de la junta de portavoces celebrada este miércoles, que el pleno de la corporación municipal que se celebrará el próximo 29 de abril acogiese un debate específico en el que los partidos políticos representados se significasen “de forma clara” a favor de esta línea Vigo-Oporto. Sin embargo, el PSOE ha impuesto su mayoría absoluta para bloquear dicha petición.

El PP de Vigo considera que el Gobierno de España debe dar motivos a la Comisión Europea para incluir la línea Vigo-Oporto en la red básica de ferrocarril, considerada prioritaria y con un horizonte temporal de finalización fijado en el año 2030. La noticia de que este eje no será una realidad hasta 2040 supone un “nuevo agravio” a la ciudad olívica en materia de infraestructuras, que es consecuencia de la “falta de apuesta” del Ministerio de Transportes y la “ínfima” inversión presupuestada para los próximos ejercicios.

En este sentido, Martín ha apelado a la presunta influencia que Abel Caballero tiene en Madrid, para que “presione” al Ministerio de Transportes a efectuar una “inversión mayor y más decidida” para que la salida sur de la ciudad reciba “el impulso que se merece”. “En lo que compete a España, si la conexión con Portugal queda relegada al año 2040 es porque la Comisión Europea ve que los Presupuestos Generales del Estado recogen partidas mínimas para enlazar Vigo con la frontera, tanto para 2023 como para 2024, ya que el Gobierno de Espala prorrogó las cuentas al convocarse elecciones autonómicas en Cataluña, territorio que a Pedro Sánchez le importa mucho más que Galicia”, ha lamentado Martín.

En esta línea, ha insistido en que “si Abel Caballero charla cada semana con los ministros, ¿por qué no le exige a Óscar Puente que le dé una mayor prioridad a la línea Vigo-Oporto?”. “O que directamente llame a Pedro Sánchez. ¿O es que esa influencia de la que presume es mera palabrería?”, ha cuestionado.

Finalmente, al tratarse de una infraestructura que depende de dos Estados, el grupo municipal del PP de Vigo ha reclamado que los gobiernos español y portugués establezcan el diálogo necesario tras conocerse dicho aplazamiento. Para el Partido Popular, ambos países deben blindar su apoyo y reafirmar su apuesta por esta línea a ambos lados de la frontera en tiempo y forma.