O BNG esixe a Caballero que cumpra os acordos da moción aprobada en marzo fronte ao grave problema da vivenda en Vigo

0

A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal non teña adoptado ningunha decisión despois de 3 meses do acordo plenario promovido polo Bloque para frear o aumento do prezo dos alugueiros e facilitar o acceso social á vivenda

Xabier P. Igrexas: “Os acordos plenarios non poden ficar en papel mollado, existe a obriga legal de dar cumprimento ás decisións aprobadas polo máximo órgano do Concello”

O Bloque Nacionalista Galego esixe Abel Caballero que execute os acordos da moción aprobada polo Pleno municipal en marzo con medidas para enfrontar o “grave” problema da vivenda en Vigo. A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal non teña adoptado ningunha decisión despois de 3 meses deste acordo plenario promovido polo BNG cunha batería de 11 propostas para frear o aumento do prezo dos alugueiros e facilitar o acceso social.

“Os acordos plenarios non poden ficar en papel mollado, existe a obriga legal de dar cumprimento ás decisións aprobadas polo máximo órgano do Concello”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen asegurou que non existe constancia de que se teña avanzado en ningún dos 11 puntos que incluían compromisos dirixidos ao Goberno español, á Xunta de Galiza e, sobre todo, ao Goberno local.

Igrexas lamentou que a única decisión coñecida polo momento é iniciar a licitación dun estudo sobre os prezos da vivenda na cidade. Un estudo que, a xuízo do Bloque, é unha “escusa” para demorar a solicitude para declarar Vigo como zona tensionada (un dos acordos recollidos na moción) malia existir datos oficiais do Instituto Galego de Vivenda e Solo que permiten “motivar sobradamente” esta medida do punto de vista legal.

Diante desta inacción, a fronte nacionalista vén de instar o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a que informe de maneira detallada de que accións ten adoptado ou cales ten previsto adoptar o Concello para executar este acordo do Pleno, así como reclamar a comparecencia da concelleira de Urbanismo no vindeiro Consello da Xerencia. “A Lei de Bases de Réxime Local fixa que os acordos do Pleno son vinculantes e, no mesmo sentido, a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas estabelece que os actos administrativos teñen carácter obrigatorio”, lembrou.

O portavoz municipal do BNG advertiu de que “non podemos tolerar que Caballero, que leva 17 anos gobernando a cidade, continúe coa súa política de brazos caídos e ollando para outro lado” mentres son cada vez máis as familias traballadoras e as mozas e mozos que “non se poden permitir o luxo” de vivir en Vigo. Así, chamou a seguir o exemplo de concellos como Santiago de Compostela que si están tomando decisións para avanzar nas solucións e garantir o dereito á vivenda. “É o momento de actuar”, afirmou.

11 medidas fronte ao problema da vivenda

A moción do BNG aprobada polo Pleno municipal en marzo deste ano, coas abstencións dos grupos municipais de PSOE e PP, formulaba alternativas fronte ao “continuado e disparado” encarecemento dos alugueiros, que rexistran “máximos históricos” cun aumento do 48,46% durante a última década; a redución de vivendas dispoñíbeis polo “brutal avance do fenómeno ultraespeculativo” dos pisos turísticos e diante da falla dun parque público de vivendas na cidade.

Entre os puntos aprobados da moción nacionalista, destacou o compromiso para mobilizar as 22 mil vivendas baleiras que existen na cidade, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, co obxectivo de incorporalas nun parque público con alugueiros a prezos accesíbeis para a maioría social. Do mesmo xeito, recolle a posta en marcha unha Axencia Local de Vivenda Protexida e Social para desenvolver estas políticas, xunto cun Observatorio Local da Vivenda para fiscalizar a evolución do mercado.

O acordo plenario insta tamén á Xunta de Galiza a destinar no mínimo a metade das 1.600 vivendas previstas no Plan Parcial de Navia se destinen para alugueiros sociais. Con respecto ao Goberno español, dende o BNG urxiron do mesmo xeito a cumprir coa demanda de cesión das vivendas titularidade da Sareb (participada maioritariamente polo Estado) a usos sociais.

Zona tensionada e pisos turísticos

Fronte a estes prezos “imposíbeis” dos alugueiros, dende o Bloque consideran que a medida máis urxente recollida na moción pasa por que o Concello logre a declaración da cidade como zona tensionada do mercado da vivenda, co obxectivo de poder despregar ás medidas de contención previstas na lei estatal para frear a escalada continuada dos prezos. O acordo tamén inclúe o compromiso de elaborar unha ordenanza municipal que permita regular a proliferación de pisos turísticos, camiño dos 2 mil en Vigo

Outra das propostas aprobadas pasa por poñer en marcha un Plan Municipal Facilitador do Alugueiro, diante das crecentes dificultades e esixencias para acceder a unha vivenda, para que o Concello asuma e responda polos avais e seguros e cunha liña de axudas municipais para anticipar os pagos das fianzas.

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación de máis de 950 persoas

0

Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia, visitarán lugares como Vigo, O Grove, A Toxa, Portonovo, Arbo, Salvaterra ou, entre outros, as illas Cíes, Ons, Sálvora e San Simón

956 persoas de 13 entidades diferentes da provincia desfrutarán nos vindeiros días de saídas ao abeiro do programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra, que ofrece ás entidades a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación. Trátanse de asociacións de nove concellos (A Guarda, A Lama, Baiona, Bueu, Marín, Meis, Pontevedra, Portas, Redondela e Vigo) que descubrirán lugares como Vigo, O Grove, A Toxa, Portonovo, Arbo, Salvaterra ou, entre outros, as illas de Ons, Sálvora e San Simón.

As saídas arrancarán este mércores, 26 de xuño, con 52 persoas da Asociación de Mulleres Rurais “Mar e agro” de Bueu coñecerán a Vila Romana de Toralla, o parque de Castrelos e o Museo do Mar, en Vigo. O venres, día 28, serán 64 integrantes da Fundación Integra para a discapacidade intelectual, de Vigo, os que farán unha saída de sendeirismo polo monte Alba e pasarán un día no Parque de Humor Amarelo, tamén en Vigo.

Os percorridos continuarán o sábado, 29 de xuño, coas actividades de cinco asociacións diferentes. Neste caso  55 membros da Asociación Érguete, da Guarda, visitarán a Illa de San Simón, o Museo de Meirande, o Castelo de Soutomaior e a Illa Medal; 23 persoas da Asociación Amizade de Pontevedra realizarán unha saída náutica pola Ría de Vigo; 52 persoas da Asociación Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo), de Redondela, desfrutarán dunha xornada marítima polo Grove, A Toxa e Portonovo; 55 usuarios da Asociación Cultural Evaristo de Sela, de Vigo, visitarán o Pazo de Liñares, o Museo Ramón María Aller e o Castro de Doade; 55 persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Picaraña, da Lama, farán unha excursión ás illas de Sálvora e Ons, e 50 persoas da Asociación por un Museo do Mar para Marín coñecerán a Illa de Ons.

As últimas seis saídas desta semana terán lugar o domingo, 30 de xuño. Ese día, 54 persoas da Asociación do Traxe Galego da Guarda coñecerán a Illa de Ons; 54 membros da Asociación Amigos da Vieira de Bueu visitaran a Illa de San Simón, Vigo e o Museo de Rande; 50 persoas da Asociación de Mulleres Rurais do Concello de Meis descubrirán Arbo e Salvaterra de Miño, con visitas ao Museo Arabo e á Bodega Pazo Pegullal; 90 persoas da C.D. Portas desfrutarán dunha xornada de convivencia na provincia, e 302 persoas da ANPA Covaterreña de Baiona realizarán unha saída ás Illas Cíes.

O programa “+Convivencia”, que está dotado con 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. Oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.

Como novidade, o Goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.000 € para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Deste xeito rómpese co que acontecía ata o de agora, pois eran grandes grupos de viaxes, moi afastados das asociacións que organizaban as actividades, os que se facían coas ofertas.

Detienen a un vecino de Gondomar como presunto autor de seis robos con fuerza en gasolineras

0

El varón habría conseguido hacerse con unos 9.700 euros, iniciándose una investigación que acabó con su detención

La Guardia Civil detuvo a un vecino de la localidad pontevedresa de Gondomar como presunto autor de seis robos con fuerza en gasolineras y un autolavado de coches, donde forzaba las máquinas y extraía las monedas.

Tal como informa la Benemérita, fue durante los meses de mayo y de junio cuando se presentaron varias denuncias por propietarios de dos estaciones de servicio, alertando de tres robos con fuerza en el monedero del lavado de coches en una de ellas y dos robos con el mismo sistema en otra. Un sexto altercado se produjo en un autolavado, sustrayendo las monedas de las aspiradoras.

En total, el varón habría conseguido hacerse con unos 9.700 euros. Por ello, se inició una investigación, que acabó con la detención de un hombre de 42 años con numerosos antecedentes policiales por delitos similares.

El detenido, junto con las diligencias, fue puesto a disposición del Juzgado de Instrucción número 4 de Vigo, que decretó su puesta en libertad con cargos.

A Praza do Berbés inicia a súa transformación no macroparque da Reconquista de Vigo

0

O grupo municipal socialista pon en marcha o proxecto que converterá á Praza do Berbés nun macroparque da Reconquista de Vigo, un espazo “máis amable” para o uso da cidadanía tras aprobar, coa aprobación no pleno celebrado este luns do cambio de uso da parcela da pista polideportiva que pasará a ser un gran parque para o xogo e o lecer infantil

A proposta contou co voto en contra dos tres edís do BNG e a abstención dos 5 concelleiros do PP

A Praza do Berbés rexistrará nun prazo “breve” de tempo unha importante transformación coa construción dunha nova área de xogo infantil, un macroparque da Reconquista, tras o voto do grupo municipal socialista a favor do proxecto de cambio do uso da parcela que agora acolle a pista polideportiva. Deste xeito, o Goberno local responde ás demandas dos veciños do Casco Vello que inciden na “necesidade” do cambio de uso da parcela de titularidade pública.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, lembrou este luns aos edís do PP e do BNG que a proposta conta con todos os informes favorables que son necesarios para acometer o cambio da Praza do Berbés, incluído o da Autoridade Portuaria de Vigo. “Vai actuar de forma inmediata porque rehabilitar este espazo é unha necesidade”, recalcou a responsable de Urbanismo.

María Xosé Caride avanzou que se trata da “primeira peza da nova restructuración de todo a contorna do Berbés e da praza para transformala nun espazo moito máis amable para a cidadanía”.

A edil incidiu en que se trata “dunha actuación que vai en beneficio de todos” coa que o goberno municipal “busca a mellora dos estándares da calidade de vida de todos os veciños do Casco Vello e de Vigo, pensando nos máis pequenos e reforzando a imagenen que xa ten A Reconquista”.

Un incendio provoca daños en 4 vehículos en la calle Ángel de Lema y Marina

0

Esta madrugada, en torno a las 00:53 horas, agentes de la Policía local de Vigo fueron comisionados solicitando el traslado a la Calle Ángel de Lema y Marina, donde se estaba produciendo un incendio que afectaba a varios vehículos.

En el lugar se encontraba dos dotaciones del parque Central de Bomberos, los cuales ya habían logrado sofocar el fuego, comprobando los agentes que el incendio había dañado a 4 turismos, los cuales se encontraban estacionados en la parte exterior de un local comercial de compraventa de vehículos.

El responsable de servicio de prevención e extinción de incendios explicó a los Agentes que todo parece indicar que se trata de un incendio intencionado ya que hay varios focos de inicio en lugares distanciados.

La Policía Local de Vigo dio aviso a la Policía Nacional de los hechos ocurridos quien se hizo cargo de la investigación del suceso, se localizó además al propietario de la empresa de compraventa, responsable de los vehículos, confirmando éste su intención de presentar la correspondiente denuncia.

Piueiro difunde el legado marítimo guardés con una gran fiesta en tierra y mar en la que participan asociaciones de Galicia y Portugal

0

La asociación cultural de embarcaciones tradicionales ensalza la tradición marítima de A Guarda con una celebración que tendrá lugar del 12 a 14 de julio

Embarcaciones de Portugal y de otras localidades gallegas participan en el evento que cuenta con el apoyo del Ayuntamiento, de la Diputación de Pontevedra y de Culturea

A Guarda acogerá el próximo mes de julio durante tres días la primera edición de A Rosegha, un evento organizado por la Asociación Piueiro que surge con la ambición de convertirse en una fiesta para la preservación y promoción de la cultura marinera local. Bajo el lema «Unindo Pobos», A Rosegha, que se presentará de forma oficial el próximo 6 de julio en el marco de la Fiesta de la Langosta, ofrecerá a vecinos y visitantes un amplio programa de actividades que celebran el reconocimiento de la herencia de las gentes del mar de A Guarda.

Conferencias, exposiciones, conciertos y actividades infantiles conforman el atractivo menú de A Rosegha, cuyo objetivo es insistir en la importancia del patrimonio marítimo en la identidad  gallega, facilitando para ello un espacio de encuentro, aprendizaje y celebración.

A través de la colaboración de diferentes asociaciones culturales, grupos de música tradicional y expertos en patrimonio marítimo, A Rosegha pretende unir a la comunidad en torno a la riqueza de nuestra cultura marinera guardesa, garantizando su transmisión a futuras generaciones.

¿Qué es una Rosegha?

La celebración lleva el nombre de una palabra muy popular en el ambiente marinero guardés ya que se trata de un artefacto utilizado para recuperar aparatos de pesca perdidos en el mar. Este dispositivo es empleado para enganchar y recuperar redes, nasas u otros equipos que quedaran atrapados en el fondo marino o se perdieron durante las faenas de pesca. Es una herramienta importante para minimizar las pérdidas económicas y reducir el impacto ambiental de los aparatos abandonados en el mar.

Programa de Actividades

Sábado, 6 de Julio

Plaza de San Benito

20:30 h: Acto inaugural en el marco de la Fiesta de la Langosta, con la participación de la reconocida gaitera Nadia Vázquez. Este evento de apertura contará también con la actuación de la Asociación Folclórica Vento Mareiro, que deleitará a los asistentes con su repertorio de música y danza tradicional.

Viernes, 12 de Julio

En el puerto de A Guarda

19:00 h: Pasacalles del Grupo de Gaitas del Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda, llenando las calles de música tradicional y alegría.

22:00 h: Serán en la carpa del puerto, una noche de música, baile y convivencia para todos los asistentes.

Durante todo el día, se podrá disfrutar de navegación de embarcaciones tradicionales, sujetas a las condiciones meteorológicas, y de una exposición fotográfica de embarcaciones tradicionales en el paseo marítimo, ofreciendo una mirada al pasado marítimo de la región.

Sábado, 13 de Julio

En el puerto de A Guarda

12:00 h: Pasacalles del grupo Treboada dos Xidos, animando el ambiente con su música y energía.

12:30 h: Conferencia «A presencia de guardeses no norte de Portugal», a cargo de la Doctora Aurora Rego, que se llevará a cabo en la nave de la Asociación de Redeiras Atalaia.

19:00 h: Pasacalles con Treboada do Lusco o Fusco, seguido de una actuación de la charanga PatoCar.

21:00 h: Concierto de Lirolai en la zona de la carpa del puerto.

22:30 h: Concierto de la gaitera Nadia Vázquez, cerrando la jornada con su música tradicional en la zona de la carpa del puerto.

Domingo, 14 de Julio

En el puerto de A Guarda

10:00 – 20:00 h: Navegación de maquetas en la carpa del puerto, una actividad fascinante para todas las edades.

12:00 h: Pasacalles del Grupo de Gaitas A Boalleira.

12:30 h: Conferencia «D. Jose Bernardo Vaz e o mar de A Guarda», a cargo de Celso Fariñas en la nave de la Asociación de Redeiras Atalaia, ofreciendo una profunda perspectiva sobre la historia marítima local.

19:00 h: Pasacalles de las Pandereteiras do Lusco o Fusco.

23:00 h: Festival Robaleira Fest con DJ Tito y DJ Alex, poniendo el broche de oro al evento con una noche de música y celebración en la zona de la carpa del puerto.

Durante todo el fin de semana, se desarrollarán diversas actividades, incluyendo:

Actividades infantiles «Gamelinhas» en la Playa da Ribeira, diseñadas para los más pequeños, fomentando su interés y amor por la cultura marinera. Artesanía marinera en la carpa del puerto, donde los visitantes podrán adquirir productos elaborados por artesanos locales, reflejando la tradición y la creatividad de la región.

Luis López augura un verán cheo de experiencias 100 % Rías Baixas para os participantes dos campamentos da Deputación na Lanzada

0

O presidente provincial visita o Centro de Vacacións de San Vicente onde este domingo chegaron as 140 nenas e nenos que participan na primeira quenda duns campamentos que acollerán a 1.540 menores de 7 a 13 anos ata o 7 de setembro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este luns o Centro de Vacacións da Lanzada onde se están celebrando os campamentos infantís de verán que organiza cada ano o organismo provincial. O dirixente saudou aos 140 nenas e nenos que abriron este domingo uns campamentos que, en quendas dunha semana de duración, se prolongarán ata o 7 de setembro e nos que participarán un total de 1.540 menores de 7 a 13 anos de idade. “Foi un curso moi duro, traballastes moito e agora merecedes desfrutar dunhas vacacións merecidas. Vai ser unha semana inesquecible”, díxolle o presidente aos participantes.

Despois de percorrer as instalacións deste centro que xestiona a Deputación e coñecer aos monitores e participantes, Luis López conversou coa cativada, interesouse polas actividades previstas para toda a semana e ata puido compartir con eles algunha actividade de ocio.

Nesta primeira quenda, son 140 as nenas e nenos que participan. Chegaron ao campamento este domingo e ao longo da semana desfrutarán de “experiencias 100 % Rías Baixas” como unha excursión en barco á illa de Ons, saídas polo espazo natural da contorna deste centro ubicado en San Vicente, así como de actividades musicais, deportivas ou teatrais ademais de infinidade de xogos co obxectivo de gozar do verán ao tempo que fomentan valores como o respecto, a igualdade, a tolerancia ou o coidado do medio ambiente. Ata o 7 de setembro serán un total de 1.540 nenas e nenos os que pasen por este Centro de Vacacións. Unha cifra que demostra a aceptación e o interese que espertan estes campamentos entre as familias da provincia.

Arranca en Vigo o congreso ibérico de Limnoloxía coa participación de 300 especialistas de toda a península

0

Organizado polo Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo

A cita arrancou onte domingo e prolongarase ata o venres

Máis de 300 especialistas no estudo das augas doces participan esta semana en Vigo na 22ª edición  do Congreso da Asociación Ibérica de Limnoloxía, unha cita que por primeira vez se celebra en Galicia e que trae á cidade a un destacado número de persoas interesadas no avance do coñecemento científico dos ecosistemas acuáticos continentais (ríos, lagoas, lagos…) e estudosos de todas aquelas cuestións que teñen que ver co avance desta materia, incluíndo a ecoloxía e a bioloxía dos organismos vinculados a estas augas tales como peixes, bacterias, insectos….

Organizado polo Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, o encontro inaugurouse este domingo coa participación da vicerreitora de Investigación e Transferencia, Belén Rubio; a presidenta do comité organizador, Josefina Garrido, e a presidenta da Asociación Ibérica de Limnoloxía, Núria Bonada.

Analizando os efectos do cambio global nos ecosistemas acuáticos

Titulado Ecosistemas acuáticos ameazados: avanzar no noso coñecemento para mitigar os efectos do cambio global, promover a xestión adaptativa e involucrar aos cidadáns, o encontro reúne a profesionais da limnoloxía de Portugal, España e outras rexións/nacionalidades para compartir e intercambiar coñecementos e experiencias. Ao mesmo tempo participan tamén representantes da industria e numerosas persoas interesadas na investigación ecolóxica acuática e na construción dun futuro medioambientalmente sostible.

De carácter bienal, o congreso prolongarase ata o venres na sede de Afundación e inclúe sesións plenarias nas que se tratarán temas transversais e de importancia para o conxunto da sociedade, desde o estudo do ADN, os microplásticos, as interaccións solo-auga… pero tamén outro tipo de xuntanzas como sesións técnicas especiais con persoas do ministerio e outros organismos, obradoiros, etc.

Cóntase, ademais, cunha importante presenza de investigadoras e investigadores noveis, tanto estudantes de doutoramento como posdoutoramento, así como de destacados investigadores e investigadoras sénior.

Entrega de premios ás mellores teses e mellor traxectoria profesional

Por outra banda o programa inclúe tamén a entrega de premios, tanto ás mellores teses de doutoramento de 2022 e 2023, como un galardón á mellor traxectoria  profesional que, por primeira vez, recaerá nunha muller científica, a doutora María Rosario Vidal Abarca, catedrática de Ecoloxía da Universidad de Murcia, especialista en ecoloxía de augas continentais. Será o vindeiro xoves pola tarde.

A xornada do venres queda reservada para unha viaxe ás illas Cíes.

Máis de 70 profesionais en seguridade multimedia reúnense en Baiona no congreso de referencia internacional IH&MMSec’24

0

Procedentes de Alemaña, China, Francia, Italia e Estados Unidos

Esta mañá inaugurouse no Parador de Baiona o 12º ACM Workshop on Information Hiding and Multimedia Security, IH&MMSec’24, un evento de referencia internacional no ámbito da seguridade multimedia e da ocultación da información, organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, co apoio da ACM (Association of Computing Machinery). Desde hoxe e ata o vindeiro mércores no IH&MMSec’24 presentaranse os últimos avances que se están a realizar nestes ámbitos en institucións académicas, industriais e gobernamentais de todo o mundo, tanto desde o punto de vista teórico como de novidosas aplicacións industriais e comerciais.

Na inauguración oficial celebrada esta mañá participaron Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona; Martín López Nores, vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica da UVigo; Martín Llamas Nistal, director de atlanTTic, e o catedrático e investigador da UVigo Fernando Pérez, presidente do comité organizador de IH&MMSec e líder do Grupo de Investigación en Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) de atlanTTic. Pérez-González amosou na súa intervención o seu agradecemento ás  máis de 70 persoas asistentes procedentes de Alemaña, China, Francia, Italia ou EEUU,  e aos organizadores do evento, mentres que López Nores destacou as cifras de estudantado e internacionalización da UVigo. Pola súa banda, o director de atlanTTic,  resaltou o labor do centro e da Universidade de Vigo no ámbito da ciberseguridade, “unha das áreas estratéxicas do centro”, dixo. Mentres, o alcalde de Baiona, agradeceu ás e aos participantes a súa presenza en Baiona e máis concretamente no parador, “un lugar que adoita acoller grandes citas a nivel internacional”, asegurou Vázquez Almuiña.  

IH&MMSec’24, que conta co apoio da ACM (Association of Computing Machinery) e a colaboración de Gradiant, o Concello de Baiona e os proxectos Uncover, Trumpet e Truffles, desenvolverá un amplo programa que inclúe presentacións de artigos de investigación, mesas redondas e sesións especiais. Nas máis de 30 ponencias de investigadores e investigadoras internacionais, seleccionadas tras un esixente proceso de revisión por pares, abordaranse diferentes temáticas relacionadas coa seguridade da información e ocultación de información, como esteganografía, esteganálise, marcas de auga dixitais e anonimidade.  O programa tamén cubrirá diversos temas de seguridade multimedia, como a autenticación multimedia, a forensía multimedia, a biometría e a privacidade. Ademais, haberá catro sesións especiais sobre detectores confiables, stego-malware, detección de deepfakes de audio e privacidade e seguridade na  aprendizaxe federada. 

Tres días de relatorios, mesas redondas e sesións especiais 

As sesións da primeira xornada céntranse na esteganografía e esteganálise, stego-malware e a análise forense. O congreso ten programadas tres conferencias invitadas (keynote talks) a cargo de Gwenaël Doërr, de Synamedia (Francia), que se centrará na utilización de ferramentas dixitais para combater a piratería de vídeo; Christian Riess, da Universidad Friedrich-Alexander Erlangen-Nürnberg (Alemaña), afondará na tradución de avances teóricos na forensía de imaxes en aplicacións prácticas; e Jonathan W. Hak, da Universidad de Leiden (Holanda), discutirá as aplicacións da forensía multimedia en investigacións criminais.

O mércores pola tarde, como antesala ao peche do evento, celebrase a charla plenaria de Jonathan W. Hak, impulsada polo proxecto europeo Uncover, e a mesa redonda Navegando a Frontera da IA: Desafíos na Forensía Multimedia e a Esteganálise, sobre o uso da Intelixencia Artificial na análise forense de datos multimedia e en esteganografía, na que participarán Matthias Kirchner (Kitware Inc., EE.UU.), Ralf Zimmermann (ZITiS, Alemaña), Jonathan W. Hak (Leiden University, Holanda), e Mauro Barni (University of Siena, Italia) e Patrick Bas (CRIStAL, CNRS), que representarán ao ámbito empresarial, gobernamental, legal e académico, respectivamente, e estará moderada por Luis Pérez Freire de Gradiant.

O BNG acusa o Goberno de Caballero de “política temeraria” por negarse a reforzar os bombeiros de Vigo

0

Critica o voto en contra do grupo municipal do PSOE á moción nacionalista que pedía incrementar o persoal deste servizo esencial para cumprir co mínimo de 20 efectivos

Xabier P. Igrexas: “Xogan á ruleta rusa coa seguridade da cidade e dos propios bombeiros, comprometendo a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia”

O Bloque Nacionalista Galego acusa o Goberno de Abel Caballero de “política temeraria” por negarse a reforzar o corpo de bombeiros de Vigo. Así o denunciou este luns o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, durante a sesión do Pleno municipal na que a fronte nacionalista formulou unha moción para demandar máis persoal para este servizo esencial e cumprir deste xeito co mínimo de 20 efectivos fixado polo propio Goberno local.

“A súa política é a de negar os problemas, son especialistas en meter todo debaixo da alfombra da impotencia e da incapacidade”, valorou Igrexas, afeando o voto en contra do grupo municipal socialista á moción do Bloque. “En 5 minutos de intervención a concelleira de Contratación, Patricia Rodríguez, foi incapaz de negar ningún dos feitos gravísimos que se denuncian a respecto da situación de inseguridade que se vive na cidade por non dispoñer dun servizo de bombeiros suficiente”, subliñou.

O portavoz municipal do Bloque acusou o Goberno municipal de volver a xogar á “ruleta rusa” coa seguridade da cidade e do propio corpo de bombeiros, “comprometendo a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia e ante a posibilidade de que suceda algo grave, que ninguén desexa”. Unha falla de persoal que, considerou, é a causa principal dos recorrentes peches do parque de Coruxo que “deixa desprotexida a metade do termo municipal e incrementa perigosamente os tempos de resposta”.

Saída en falso do conflito

Igrexas rexeitou nese sentido as pretensións do Goberno local de “pechar en falso o conflicto” cun plan de reforzos que, advertiu, significa retornar aos tempos onde persoal do servizo de bombeiros chegou a acumular até 1.100 horas extra de traballo durante un ano. “Un plan de reforzos que non conta nin co informe de riscos laborais e que se vai elaborar sen terse concluída a valoración de postos, con enormes incertezas sobre a propia RPT, e que non se axusta á normativa”, alertou Igrexas.

O voceiro municipal do BNG lamentou tamén que o Goberno local tentara impedir que se realizara a asemblea de traballadores do servizo de bombeiros no mesmo lugar que se realiza dende hai 20 anos. “Unha asemblea que está a ter lugar neste momento diante do parque de bombeiros contra o seu criterio e cunha resolución aberrantemente ilegal onde vostedes lles dicían onde se poden reunir ou non os traballadores”, criticou.Dende a fronte nacionalista lembraron aos membros do Goberno de Caballero que son “unha parte moi importante do problema” no servizo de bombeiros. “Mentres insistan en negalo, en acreditar como parece indicar o portavoz do PP que isto se resolve con pagas, non imos avanzar na solución”, afirmou Igrexas, asegurando que o problema de fondo é de efectivos: “O que levan a demandar moitos anos os bombeiros é ter máis bombeiros no corpo para deixar de xogarse o tipo”, remachou.