A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE LEVA A CAMPAÑA “SOMOS OLÍMPICOS” ATA A VIGUESA RÚA PRÍNCIPE

0

Vigo foi a cidade con maior número de doazóns de sangue de Galicia no pasado ano 2023, acadando un total de 12.841

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) leva, este mércores 10 de xullo, ata a viguesa Rúa Príncipe a campaña especial de doazón “Somos Olímpicos,” que tenta sensibilizar á cidadanía galega da importancia do solidario xesto da doazón de sangue nos meses de verán.

Deste xeito, unha unidade móbil de ADOS estará estacionada ao carón da farola da Rúa Príncipe de Vigo, das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas para atender a todas as persoas que desexen participar. Ademais, ao carón da unidade móbil disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán, como agasallo, unha camiseta co lema da campaña.

Esta iniciativa desenvolverase en 23 concellos galegos e forma parte da campaña especial de doazón de sangue nos meses de verán, un período especialmente sensible, xa que os meses estivais presentan dificultades engadidas para manter estable o volume de doazóns de sangue necesarias para o mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos. ADOS lembra que, todos os días, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue e, nos meses de verán, debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións, é preciso reforzar o permanente chamamento á solidariedade que a Axencia traslada á cidadanía.

Concello solidario

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que, no pasado ano 2023, Vigo foi a cidade galega con maior número de doazóns de Galicia, cun total de 12.471. Esta cifra supuxo acadar un índice de 43 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, polo que quere trasladar a todos os veciños e veciñas de Vigo o seu recoñecemento polo seu altruísmo e solidariedade.

Así mesmo, a Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporación municipal polo seu decidido e constante apoio ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial “Somos Olímpicos”, como no resto de visitas das unidades móbiles de ADOS desenvolvidas en Vigo durante todo o ano. Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Luis López defende na asemblea da FEMP o municipalismo como ferramenta para afrontar retos como o demográfico, a sustentabilidade ou a participación cidadá

0

O presidente provincial participa en Madrid na asemblea xeral da Rede Española de Cidades Saudables e entrega un dos galardóns dos premios de calidade desta entidade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca a importancia de foros como o da Rede Española de Cidades Saudables (RECS) da FEMP para avanzar no municipalismo e poñer en común os logros en materia de sustentabilidade, servizos para a veciñanza ou infraestruturas que as entidades locais están a acadar e que serven de inspiración para outros territorios do país. Fíxoo na celebración da asemblea xeral da RECS, da que o mandatario provincial é o seu vicepresidente segundo. Un acto no que Luis López entregou, ademais, un dos galardóns dos premios de calidade da RECS.

“É habitual que empreguemos este tipo de foros para falar do importante que é construír cidades e pobos saudables, máis sustentables social, económica e medioambientalmente. Con todo, eu veño dunha terra onde adoitamos atallar estas cuestións con algo máis ca unha frase. É máis ben unha forma de ser e di así: falar facendo”, comezou o presidente da Deputación un discurso no que salientou os pasos dados polo goberno provincial en cooperación cos concellos, na acción contra o despoboamento ou na colaboración co tecido asociativo.

“Que ben queda falar de municipalismo, pero aínda é mellor se lles digo que neste tempo traballamos cos 61 alcaldes da provincia. Ademais de alertar do reto demográfico, cóntolles que por primeira vez en Pontevedra repartimos fondos provincias de acordo a un criterio que prima aos concellos máis afectados. A sustentabilidade é clave, pero é máis importante actuar para lograla, como coa liña que abrimos para axudar ás comunidades de usuarios de augas, para que os concellos pequenos poidan optar a proxectos europeos ou para que o turismo non se acatarre de éxito. A participación cidadá é imprescindible, polo que axudamos a 1.400 movementos veciñais, entidades, clubs ou federacións cunha liña de axudas para que poidan reformar os seus locais ou organizar actividades”, ilustrou o presidente da Deputación. Finalmente, o titular do goberno provincial, quen convidou a todos os presentes a visitar a provincia e ás Rías Baixas, fixo fincapé na utilidade de entidades como a FEMP ou a RECS “porque falan facendo e inspiran aos que temos responsabilidades de goberno”.

El PP de Vigo pregunta a Caballero dónde está la Escoba de Platino para recoger la basura que se acumula en Coia tras cada noche de botellón

0

El grupo municipal popular denuncia que calles, parques infantiles y soportales de edificios se llenan estos días de restos de botellas, vidrios, latas e incluso vómitos y orines sin que nadie los retire por la mañana

Miguel Martín reprocha al regidor socialista que presuma de premios mientras el día a día en la ciudad “demuestra, una vez más, lo lejos que estamos de su hiperbólico titular”

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha preguntado este martes a Abel Caballero “dónde está la Escoba de Platino” para recoger la basura que se acumula estos días en Coia tras cada noche de botellón. El portavoz del PP en el Concello, Miguel Martín, ha recriminado al Gobierno local que no haya reforzado debidamente la limpieza en el barrio, donde las celebraciones están siendo tan multitudinarias desde el pasado fin de semana que exceden el recinto de fiestas y se trasladan a otros lugares cercanos como parques infantiles, soportales de edificios y diferentes espacios de la vía pública.

“Parques y aledaños de viviendas que estos días están amaneciendo con botellas de alcohol, vidrios rotos, latas tiradas por el suelo e incluso vómitos y orines que dejan un olor insoportable. Y ojalá fuese solo amaneciendo, pero llega el mediodía y ninguna brigada de limpieza se ha pasado por allí. Están siendo los propios vecinos los que recogen como pueden algunos restos”, ha relatado Martín.

El concejal popular ha asegurado que esta dinámica está siendo continua y ha recordado que este martes se prevé una noche de especial afluencia en Coia ante la actuación de la orquesta Panorama. Por ello, ha pedido a Caballero “que se ponga las pilas para que la situación no se repita”.

El portavoz del grupo municipal del PP de Vigo ha dejado claro que las fiestas de Coia son “muy positivas” para el barrio y para toda la ciudad. “Y nos consta que la comisión hace un excelente trabajo”, ha alabado. No obstante, ha recalcado que la suciedad “campa a sus anchas más allá del recinto de fiestas” desde el pasado fin de semana. Y esto ocurre “en espacios públicos responsabilidad del Concello”.

Martín ha apuntado que el regidor socialista lleva nueve años “presumiendo” de que Vigo es la ciudad más limpia de España mientras “el día a día demuestra, una vez más, lo lejos que estamos de su hiperbólico titular, con calles, plazas y barrios en los que la limpieza es más que cuestionable y desde luego muy mejorable”. “La limpieza no es sólo disponer de contenedores o de un sistema de recogida de basura. También es mantener nuestras calles y barrios limpios con personal a pie de calle y en especial los días de fiesta”, ha finalizado el edil del PP vigués.

O BNG alerta de que medio Vigo leva 2 semanas en risco polo peche do parque de bombeiros de Coruxo

0

A fronte nacionalista tacha de «fume propagandístico» os anuncios do Goberno de Abel Caballero e urxe medidas para garantir o mínimo de 20 bombeiros por xornada

Propón convenios con outros concellos e administracións para o uso das listas de reserva de persoal interino e temporal que permitan reforzar o servizo no inmediato 

Xabier P. Igrexas: “Xa abonda de escusas, é o momento de tomar decisións en favor da seguridade de toda a veciñanza porque Vigo sen bombeiros non é segura”

O Bloque Nacionalista Galego alerta de que medio Vigo leva 2 semanas en risco polo peche do parque de bombeiros de Coruxo por causa da falla de persoal. A fronte nacionalista tacha de «fume propagandístico» os anuncios do Goberno de Abel Caballero e urxe medidas para garantir o mínimo de 20 bombeiros por xornada.

“O parque de bombeiros de Coruxo non é unha dotación auxiliar do parque de Teis, senón o parque asignado a unha das dúas zonas nas que se divide a nivel operativo a cidade”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, advertindo de que a seguridade se ve comprometida cada día que permanece pechado un dos parques por aumentar de forma “perigosa” os tempos de resposta ante situacións de emerxencia.

Igrexas reclamou explicacións do Goberno municipal sobre as medidas que vai adoptar para asegurar o persoal necesario neste servizo esencial durante o verán. Rexeitou nese sentido o “intento de pechar en falso o conflito” por parte de Caballero, con anuncios que lamentou non achegan solucións reais para garantir a dotación mínima de bombeiros que, no período estival, se vai agravar polo desfrute do lexítimo dereito a vacacións do persoal.

Así, o portavoz municipal nacionalista reiterou que as 40 prazas anunciadas nas últimas semanas van ser insuficientes, pois con estas incorporacións a cidade vai rematar igualmente o ano con 5 bombeiros menos dos actuais polas xubilacións previstas do persoal, tal e como teñen advertido as forzas sindicais. 

Por este motivo, dende o BNG veñen de propoñer convenios con outros concellos e administración para a cesión e uso recíproco das listas de reservas de persoal interino e persoal, diante da falla de listas de contratación en Vigo. Unha vía que, asegurou Igrexas, é perfectamente legal e permitiría realizar contratacións no inmediato a cargo da Oferta Pública de Emprego de 2024 malia que aínda estea sen aprobar.

“O único que non pode facer o desgoberno de Abel Caballero é insistir na estratexia da avestruz, negándose a enfrontar o problema e a procurar solucións”, lamentou o portavoz do Bloque. “Xa abonda de escusas, é o momento de tomar decisións en favor da seguridade de toda a veciñanza porque Vigo sen bombeiros non é segura”, demandou.

A Deputación aproba o acordo coa Xunta para comprar a Abanca o Cine Fraga, “un paso máis para recuperar para a cidadanía un emblema cultural de Vigo”

0

O organismo provincial avanza na tramitación dun acordo asinado co goberno autonómico polo que a Deputación achegará o 49 % dos 9,3 millóns que vale o edificio

A Deputación de Pontevedra avanza no seu compromiso de recuperar para a cidade de Vigo o Cine Fraga coa aprobación do acordo coa Xunta para a comprar a Abanca este histórico inmoble. Despois do encontro entre os presidentes Alfonso Rueda e Luis López no que anunciaron a adquisición deste edificio para destinalo a usos culturais a través dun convenio polo que o ente provincial achegará o 49 % dun investimento total que ascende a 9,3 millóns de euros. “É un paso máis para recuperar para a cidadanía un emblema cultural de Vigo”, afirmou o dirixente provincial.

Despois de que o Consello da Xunta dera luz verde este luns ao acordo, este martes foi o organismo provincial o que aprobou o trato. Trátase dun trámite administrativo necesario para facer realidade a transacción e seguir dando pasos cara adiante ata conseguir a reapertura do inmoble, que se convertirá nun centro cultural de referencia para a cidade, a provincia e o conxunto de Galicia. Unha vez completada a adquisición, avaliarase o estado e as necesidades de actuación co obxecto elaborar un proxecto que permita completar a restauración e reabrir este espazo de enorme simbolismo para Vigo. Do mesmo xeito, traballarase cos axentes culturais para elaborar un plan de usos que faga do Cine Fraga a referencia cultural que sempre foi.

La Xunta ofrece este verano con el «CulturON 2024» más de 500 planes culturales para todas las edades en el área de Vigo

0

La delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, acudió al Acuario del Museo del Mar de Galicia en el que se celebran visitas guiadas

La campaña estival del Gobierno gallego llega a 9 ayuntamientos del área con música, magia, artes escénicas, exposiciones, patrimonio o bibliotecas, entre otras propuestas

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitó este martes el Acuario del Museo del Mar de Galicia con motivo de la puesta en marcha de la programación del CulturON de la Consellería de Cultura, Lengua y Juventud. La representante autonómica destacó la «calidad y cantidad» de las actividades previstas para «todas las edades» este verano en el área territorial.

Así, Ortiz señaló que habrá un total de 518 actividades en nueve ayuntamientos (Baiona, Cangas, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Soutomaior y Vigo), de ellas 351 en Vigo. «Es un programa destinado a todos los públicos, pero especialmente al familiar e infantil, una oferta plural destinada a satisfacer los diversos gustos de la ciudadanía a través de proyectos propios de la Administración autonómica y la colaboración con diferentes instituciones públicas y entidades privadas», indicó.

Con las propuestas ya en marcha, que continuarán hasta el mes de septiembre, en este 2024 se le da continuidad a una campaña que ya funcionó durante el pasado año y que cobra ahora una dimensión mayor. La delegada explicó que todas las propuestas, que se pueden consultar en la Agenda de Cultura de Galicia, van en la línea de los objetivos de la Ley de cultura inclusiva y accesible de Galicia, que acaba de recibir el visto bueno del Consello da Xunta, y de la futura Rede Adival de dinamización cultural en el ámbito rural.

De esta manera, la oferta se caracteriza por su descentralización y diversificación, con presencia en más de 200 ayuntamientos y un promedio diario de 30 acciones. Abarca más de 500 propuestas en el marco de festivales de diversa índole como música, teatro o narrativa; 800 iniciativas vinculadas a distintos circuitos de magia, espectáculos de calle o literatura, entre otros; más de 200 citas musicales y otras 200 funciones relacionadas con las artes escénicas; cerca de 300 acciones englobadas en el Plan Corresponsables Cultura y 300 actividades más organizadas al amparo de la Red de Bibliotecas Públicas coordinadas por la Xunta; una treintena de exposiciones y 40 actividades en pro de la lengua.

Caballero loa a Isaura Clavero, primeira muller enxeñeira aeronáutica de España

0

O alcalde recibiu a Isaura Clavero, viguesa e a primeira muller enxeñeira aeronáutica de España, e louvou a súa traxectoria, que cualificou como “brillante” e trasladou o seu orgullo pola existencia en Vigo de persoas coma ela

O vindeiro luns saen á venda as reservas para o concerto de Luis Fonsi

0

O rexedor confirmou que as entradas para a actuación de Dani Fernández, o sábado 13 de xullo, “esgotáronse” e “cumpriron o obxectivo de que toda a xente de Vigo que quixo mercalas, conseguiuno”

O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir as reservas para a platea no concerto de Luis Fonsi na cidade, que se celebrará o martes 23 de xullo.

A venda para o terceiro dos concertos do “Vigo en Festas 2024” terá lugar o vindeiro luns 15 de xullo, seguindo o novo sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4000 de xeito presencial no Auditorio de Castrelos e 1000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:30 a 13:00 horas e pola tarde de 16:30 a 20:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online.

Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva. No caso do artista portorriqueño o prezo será de 12€.

Caballero tamén sinalou que as reservas para a actuación de Dani Fernández, esgotáronse no día, logrando que “toda a xente de Vigo que quixese mercala, conseguiuno”.

La Xunta lleva mañana a Vigo el concierto de la canadiense Loreena McKennitt dentro de Gozo Festival

0

Es una de las distintas citas de este encuentro que cuenta con el apoyo de Turismo de Galicia y que llevará también a la ciudad de Vigo el próximo año a Anastacia

La Xunta de Galicia impulsa mañana en Vigo el concierto de la canadiense Loreena McKennitt en el marco de la programación de Gozo Festival, una de las grandes citas musicales que apoya el Gobierno gallego este año en su objetivo por promover y apoyar grandes eventos musicales que sean quien de atraer distintos tipos de público y que puedan convertirse en efecto tractor para el turismo y reforzar la imagen de Galicia nacional e internacionalmente.

El concierto, promovido por la productora Sweet Nocturna, permitirá conocer a la que es una de las figuras icónicas de la música celta. Sus más de 15 millones de discos vendidos en todo el mundo, con discos de oro, platino y multiplatino en 15 países y un extenso legado, la convirtieron en una de las máximas referencias de las últimas décadas. Se celebrará en el Auditorio Mar de Vigo y las entradas están a punto de agotarse. Se trata del único concierto en Galicia tras 16 años después de visitar la comunidad.

Este concierto es uno de los que están programadas dentro de Gozo Festival en Vigo, donde la Xunta impulsa también la celebración el año que viene del concierto de Anastacia el próximo 16 de marzo de 2025.   La cantante americana, con más de 30 millones de discos vendidos, anunció el tour europeo que la traerá por primera vez a un escenario gallego, siendo Vigo la ciudad escogida.

A Deputación recibe 2,5 millóns de euros da Unión Europea para avanzar na modernización do Castelo de Soutomaior

0

Con estes recursos impulsaranse actuacións de iluminación neste Ben de Interese Cultural, así como para mellorar a accesibilidade na Torre da Homenaxe e introducir as novas tecnoloxías de realidade virtual

A Deputación de Pontevedra acaba de recibir 2,5 millóns de euros dos fondos NextGeneration da Unión Europea para continuar avanzando na modernización do Castelo de Soutomaior.  Con estes recursos, a institución provincial vai impulsar actuacións de mellora da iluminación do Ben de Interese Cultural, así como para mellorar a accesibilidade na Torre da Homenaxe e introducir as novas tecnoloxías de realidade virtual e optimizar a experiencia de visita do castelo.

Nestes momentos é preciso levar a cabo reformas nas instalacións eléctricas e iluminación do recinto que quedaron obsoletas co paso do tempo. Deste xeito, cos recursos de Europa disporanse de instalacións de iluminación e eléctricas axeitadas, máis eficientes, de coidada estética, uniformes, integradas de xeito respectuoso co espazo histórico e encamiñadas a ofrecer un espazo de calidade para os visitantes. A nova iluminación permitirá poñer en alza o valor histórico, arquitectónico, artístico, paisaxístico e cultural do conxunto histórico, permitindo unha lectura xeral do conxunto e a mellor visibilidade do monumento, así como garantindo un tránsito seguro na súa contorna e a posible realización de visitas nocturnas.

Ademais, coa financiación europea tamén se vai actuar na mellora da accesibilidade na Torre de Homenaxe, substituíndo a escaleira de caracol que se atopa na actualidade no recinto por outra de mellores prestacións. Esta nova estrutura respectará o valor patrimonial da torre e adaptarase á normativa vixente en materia de funcionalidade, seguridade e accesibilidade

E, finalmente, os recursos da Unión Europea van permitir incorporar ao Castelo de  Soutomaior tecnoloxías de vangarda que posibilitarán realizar a través de dispositivos móbiles e ordenadores un percorrido virtual tanto do recinto como dos seus xardíns mediante a realidade virtual e contidos de inmersión. Esta nova posibilidade de coñecer este espazo de xeito único e accesible permitirá atraer a un público moito máis amplo que poida estar interesado en coñecer o destino Rías Baixas, así como servir como introdución ou preparación dunha visita presencial.