“Navia Espacio de Arte” inaugura su séptima  exposición “Taller experimental Obra múltiple contemporánea de Vilariño”

0

El acto tendrá lugar mañana viernes 20 de septiembre a las 18:30 horas, en el Centro de Atención Integral de APAMP en Navia

Navia Espacio de Arte inaugura mañana, viernes 20 de septiembre, la exposición colectiva “Taller experimental obra múltiple contemporánea de Vilariño” que reúne a once artistas de diversas generaciones -Antonio Pazos, Ara Ruibal, Pablo Rial, Branda Novas, César Sotelo, María Blanco, Marisa Baliño, Xulio Comesaña,J. Manuel Bastón, Matilda Ventureira y Lidia Nieves- para dar a conocer diversas e innovadoras técnicas de gravado. 

Fundado en 2018, el taller surgió como una iniciativa de vecinos de Vilariño, una pequeña aldea marinera en la ría de Aldán, junto con el artista grabador Leonardo Rial. Él decidió compartir su conocimiento en técnicas de grabado con su comunidad, creando un espacio de aprendizaje y colaboración que ha crecido desde entonces.

Una de las características que distingue al taller es su enfoque en la experimentación con materiales reciclados, como bricks de leche, que se transforman en piezas de arte únicas. A diferencia de los métodos tradicionales de grabado, que suelen centrarse en series, aquí se prioriza la creación de piezas exclusivas o de tiradas muy limitadas, lo que añade un valor personal a cada obra.

La exposición estará abierta al público desde el 20 de septiembre hasta el 31 de octubre de 2024 en horario de lunes a viernes de 10:30h-13:30h/16:00h- 18:00h

A Xunta acometerá as obras da última fase de humanización de Sabarís

0

Alfonso Rueda compromete o financiamento para levar a cabo os traballos e finalizar a reforma da avenida que atravesa a parroquia de Baiona

Dúas das tres fases da intervención xa foron executadas polo Goberno galego e a última quedou paralizada

O ámbito de actuación é coincidente cunha parte do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola parroquia de Santa Cristina da Ramallosa

O presidenta da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este xoves que o Goberno galego acometerá as obras da última fase de humanización de Sabarís, en Baiona, na zona que comprende o derradeiro tramo da avenida Julián Valverde e a rúa Porta do Sol.  O titular do Goberno galego así o avanzou tras unha xuntanza celebrada co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a delegada territorial, Ana Ortiz, na Delegación da Xunta en Vigo.

Na actualidade xa están finalizadas dúas das tres fases en que se dividiu a intervención, desde a rúa Ponte Romana á rúa José Pereira Troncoso, pero a última quedou paralizada. O ámbito  de actuación é coincidente cunha parte do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no que se poden atopar construcións catalogadas e elementos etnográficos, destacando o paso pola ponte románica que enlaza Baiona con Nigrán sobre o río Miñor.

A intervención pretende completar un itinerario peonil accesible que permita a libre circulación, cómoda e segura de todos os usuarios. Ademais, tamén inclúe a substitución e mellora de todas as infraestructuras, soterrando todo o cableado existente de telefonía e subministro eléctrico. Toda a actuación estará axustada ao estudio e plan para a mobilidade do Concello de Baiona, o que permite definir as actuacións necesarias para a mellora do tránsito peonil e a seguridade urbana, dentro dun marco de estratexias de desenvolvemento e recuperación da paisaxe urbana.

O BNG de Vigo urxe máis prazas e solucións aos atrasos diarios do tren de Media Distancia

0

A fronte nacionalista reclama reforzos diante da saturación do servizo, con máis da metade dos trens cheos durante este mes, e un plan fronte ás continuas incidencias

Xabier P. Igrexas: “É claro que a actual oferta non está á altura da demanda na maior cidade galega malia os discursos triunfalistas e grandilocuentes do ministro Puente”

O Bloque Nacionalista Galego urxe máis prazas e frecuencias no tren de Media Distancia dende Vigo así como solucións aos atrasos e incidencias diarias no servizo. A fronte nacionalista reclama reforzos inmediatos na conexión ferroviaria da cidade fronte á saturación do servizo, con máis da metade dos trens programados durante este mes completamente cheos.

“Malia os anuncios de reforzos feitos por Renfe, estamos a vivir un inicio de curso desastroso pola brutal falla de prazas e repetíndose o mesmo guión do ano pasado con incidencias reiteradas e atrasos practicamente todos os días, o que provoca un evidente e importante prexuízo para as persoas usuarias”, criticou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciando que hoxe mesmo o primeiro tren das 6:15h partía con case 30 minutos de demora.

Igrexas defendeu a necesidade de reforzar de forma inmediata esta conexión de Media Distancia cun aumento das frecuencias e prazas ofertadas, con garantías de puntualidade, coa adecuación dos horarios ás necesidades da poboación e completando as conexións directas con todas as cidades galegas, na liña do proposto en solitario polo Bloque no último Pleno municipal co voto en contra do PSOE e a abstención do PP.

Nese sentido, o portavoz municipal nacionalista afeou os “discursos triunfalistas e grandilocuentes do ministro Óscar Puente” cando acotío millares de viguesas e vigueses padecen a “precariedade” do servizo ferroviario. Diante desta situación, o BNG volveu esixir a posta en marcha dun Plan de incidencias e de transporte alternativo que corrixa “dunha vez por todas esta situación inaceptábel”.

Tachou tamén de “inexplicábel” que no ano 2024 a cidade siga sen ter conexión directa con outras urbes galegas como Ferrol ou o que o tren a Lugo tarde máis que o traxecto até Madrid. “É claro que a actual oferta non está á altura da demanda na maior cidade galega”, salientou Igrexas, chamando ademais a recuperar as 6 frecuencias con Pontevedra desde a estación de Guixar recortadas durante a pandemia.

Necesidade da rede de cercanías

Para a fronte nacionalista esta saturación no servizo de Media Distancia evidencia a “imperiosa necesidade” de que a área de Vigo conte cunha rede de tren de cercanías, tal como se comprometeu o Goberno español no acordo de investidura subscrito co BNG. “Unhas cercanías que xa existen noutras áreas con menor poboación e relevancia social e económica do Estado”, reprochou.

Por este motivo, Igrexas reiterou a demanda realizada polo voceiro do BNG no Congreso, Néstor Rego, de iniciar canto antes a licitación dun estudo para facer realidade esta rede de tren de proximidade antes do remate da actual lexislatura. “Vigo quere e merece moito máis e mellor tren e o Bloque imos seguir a dar a batalla pola mellora da conexión ferroviaria de Vigo e do conxunto de Galiza”, remachou.

Luis López destaca que a primeira colaboración entre a Deputación e Fadeal levará aos 61 concellos da provincia xornadas de concienciación sobre o alzheimer

0

O presidente provincial asina un convenio dotado con 15.000 euros coa federación para o desenvolvemento do programa “Alzheimer de Preto”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este xoves un convenio de colaboración con Fadeal, a Federación Atlántica de Asociacións de Familias de Persoas con Alzheimer), para levar aos 61 concellos de provincia o programa “Alzheimer de Preto” para ofrecer, por parte de profesionais e de xeito gratuíto, información especializada sobre esta enfermidade, a atención que poden prestar os familiares e os coidados que precisan os pacientes. “Asinamos un convenio e presentamos un programa de accións por toda a provincia para axudar a todas esas persoas que, por desgraza, lles tocou padecer esta enfermidade tan cruel”, explicou o mandatario provincial o sentido desta iniciativa nun acto no que estivo acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos; o presidente de Fadeal, Jose Manuel Fontenla; e representantes das catro asociacións que forman parte desta entidade: Afaga, Afapo, Afasal e Afamo.

Para a posta en marcha do programa “Alzheimer de Preto”, impulsado por Fadeal, a Deputación achega un total de 15.000 euros a través dun convenio de colaboración coa Federación que permitirá organizar xornadas formativas nos 61 concellos da provincia deseñadas para que “todas esas familias, vivan onde vivan, poidan coidar do mellor xeito posible ao paciente, para que as persoas diagnosticadas de alzheimer ou demencia nunha fase temperá poidan resolver todas as súas dúbidas ou inquedanzas e tamén para a poboación en xeral, pois as reunión son abertas e gratuítas, para concienciarnos sobre unha enfermidade da que ninguén está libre”, detallou Luis López despois de asinar o acordo no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación.

Un acordo subscrito dous días antes da conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra o vindeiro 21 de setembro. Unha data sinalada que “podemos aproveitar para recordar o importante que é atender aos pacientes e os seus achegados, promover a investigación para un día acabar con este mal e avanzar na prevención. Pero que tamén nos debe facer reflexionar, porque a loita contra o Alzheimer e o apoio aos afectados é algo que debemos facer a diario”, sinalou o presidente provincial.

Un traballo diario como o que fan as asociacións que operan na provincia e que contan co apoio directo da Deputación a través de convenios concretos para desenvolver programas como o servizo de atención ás familias de persoas con demencia de Afaga, as terapias non farmacolóxicas para pacientes con demencia de Afapo, a atención integral a persoas afectadas de Alzhéimer e outras demencias de Afamo ou os talleres de estimulación para persoas con Alzheimer de Afasal. Unha colaboración directa con estas catro entidades que supoñen a achega dun total de 75.000 euros por parte do organismo provincial para mellorar a calidade de vida das persoas con alzheimer e das súas familias. “Tendemos pontes é o lema da Deputación. Un lema que hoxe poñemos en práctica por primeira vez con Fadeal,”, destacou Luis López, antes de poñer en valor o traballo realizado polo departamento de Benestar Social da Deputación e destas cinco entidades coas que cooperan de xeito estreito por “compartir con nós esa vocación municipalista de levar os mellores servizos a todos os recunchos da provincia, promover a colaboración entre institucións e por iniciativas como “Alzheimer de Preto”, que constrúen unha provincia mellor”, concluíu o presidente da Deputación.

A Deputación leva este sábado ao Porriño unha actuación de Milladoiro no marco do programa +Música

0

O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo das Festas do Cristo e serve de peche aos concertos programados pola Deputación este ano

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa +Música a actuación musical de Milladoiro que se celebrará este sábado 21 de setembro a partir das 21:00 horas na Rúa Domingo Bueno do Porriño. Con +Música, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a nosa cultura e a nosa lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

Milladoiro celebra este 2024 os seus 25 anos nos escenarios, unha longa traxectoria nacida en 1979 que xa lles valeu recoñecementos importantes como a Medalla de Ouro de Galicia (2012), a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2004) ou o Goya á mellor banda sonora oxiginal por ‘La Mitad del Cielo’ en 1986. Durante estes anos levan percorrendo espazos, silencios e xeografías intentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama, coa memoria do país e a pobreza socio-ambiental moi presentes. O concerto de Milladoiro forma parte da programación das Festas do Cristo do Porriño, e é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia no marco deste programa provincial: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. +Música ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos. A actuación de Milladoiro, así como a de Lontreira tamén o sábado 21 de setembro na Illa de Arousa, son as últimas da actual edición do programa.

A Xunta adxudica por preto de 400.000 euros as obras de reforma do centro de saúde de Domaio

0

A actuación consistirá na substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, así como na renovación do novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga

As obras, cun prazo de execución de tres meses, inclúen tamén a substitución do falso teito da zona de aparcadoiro e reparacións nos accesos e na zona das caldeiras

A Xunta está a investir 9 M€ na mellora da sanidade pública de Moaña, onde constrúe un novo centro de saúde e comezará a operar proximamente unha nova ambulancia de soporte vital avanzado en enfermería

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, vén de adxudicar á empresa Citanias Obras y Servicios, por importe de 397.988 euros,  as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña.

Os traballos que está previsto levar a cabo consistirán na disposición dun novo sistema de impermeabilización das cubertas para evitar filtracións de auga. Tamén se procederá á substitución da carpintería exterior de aluminio e do panel de fachada, á substitución do falso teito na zona de aparcadoiro, á reparación das armaduras dos piares e rampla de acceso, á substitución de varanda e disposición de novo pavimento na rampla de acceso e á protección das caldeiras fronte a posibles inundacións.

O edificio que alberga o centro de saúde está recoñecido polo seu valor arquitectónico no Museo de Arquitectura de España, polo que é preciso que a intervención se leve a cabo conxugando o propio valor do edificio coas solucións ás carencias detectadas.

O prazo de execución dos traballos será de tres meses.

Esta actuación forma parte do importante esforzo que está a realizar a Xunta de Galicia por mellorar a sanidade pública de Moaña, onde actualmente está en execución un novo centro de saúde, na parroquia de Sisalde. Ese novo equipamento sanitario, no que a Consellería de Sanidade está a investir 8,3 M€, cofinanciado con fondos europeos do programa operativo Feder, estará rematado na primavera de 2025. Dese xeito, o Goberno galego está a investir preto de 9 M€ na sanidade pública de Moaña onde, tal e como anunciou o pasado martes o conselleiro de Sanidade, está previsto que comece a operar unha nova ambulancia de soporte vital avanzado en enfermería, que reforzará a capacidade de asistencia durante todo o ano.

A Deputación inicia a próxima semana nove novos obradoiros do programa Provincia Activa para impulsar o envellecemento activo

0

170 veciños de 7 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, ximnasia de mantemento, bailes de salón, pilates ou, entre outras, risoterapia

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros de Provincia Activa, programa co que a institución provincial impulsa o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, fomentando a súa participación para crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. A próxima semana, entre os días 23 e 28 de setembro, comezarán nove novos obradoiros doutras tantas entidades sociais que mobilizarán un total de 170 veciños de sete concellos da provincia: A Lama, Campo Lameiro, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Os primeiros obradoiros serán o luns 23 de setembro, cando 19 persoas da Asociación de Xubilados de Vilalonga, de Sanxenxo, comezarán un curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores. Xa o martes, 24 de setembro, darán comezo as súas accións formativas 25 maiores da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla (Sanxenxo), que impartirán o curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores; 15 da Asociación Cultural Xeada (Vilagarcía de Arousa) o de pandeireta e canto popular, e 18 da Asociación de Veciños As Fontes de Lavadores (Vigo) o de pilates.

O mércores 25 de setembro serán 20 os usuarios de ATEGAL, en Vigo, os que comezarán o curso de bailes de salón. Pola súa banda, o venres 27 de setembro 24 usuarios da Asociación Veciñal de Praderrei (Campo Lameiro) comezarán o curso de risoterapia; 15 da Asociación Cultural San Mateo (Ponteareas) o de conservando a memoria, e 18 da Sociedade Cultural do Viso (Redondela) o de restauración de mobles e tapicería. Ese mesmo curso será o que comecen 16 usuarias da Asociación de Mulleres de Seixido (A Lama) o sábado 28 de setembro. En total, a Deputación ofertou catorce tipos de obradoiros no catálogo de Provincia Activa, divididos en seis bloques: Benestar natural (Plantas medicinais), Saúde en movemento (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), Emociónate (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), Outra vida (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), Con ritmo! (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e Redeir@s (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado). Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e están a participar nos obradoiros entidades de 42 concellos da provincia.

Rueda celebra la «nueva etapa» del Mosteiro de Oia tras un apoyo de 4 millones de la Xunta

0

Destaca que el complejo servirá para ampliar y mejorar los servicios del Camino Portugués de la Costa, una ruta que es la que más crece con más de 57.000 Compostelas recogidas hasta el momento

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, puso en valor el proyecto de restauración, rehabilitación y ampliación del Real Mosteiro de Oia presentado ayer como un ejemplo de protección del patrimonio y motor de desarrollo turístico.

En un acto celebrado en la sede de Afundación de Vigo, el titular del Gobierno gallego definió la iniciativa como  el «inicio de una nueva etapa» para este emblemático monumento del patrimonio gallego que cuenta con una ayuda de 4 M€ por parte de la Xunta para albergar un hotel y un restaurante. 

Estos apoyos forman parte de una línea destinada a apoyar iniciativas tractoras que supongan la rehabilitación con usos turísticos de lugares singulares del Camino de Santiago, en el marco del Plan Xacobeo Next Generation. En este sentido, el Monasterio de Oia, catalogado como Bien de Interés Cultural, forma parte del itinerario del Camino Portugués de la Costa, una ruta que, tal y como apuntó Rueda, es la que más crece con más de 57.300 Compostelas recogidas hasta el momento. 

Así, subrayó que, tras más de 20 años de esfuerzo por parte de los actuales propietarios, la empresa Residencial Mosteiro de Oia SA, el proyecto no solo es un hecho histórico, sino también un ejemplo de recuperación y puesta en valor del patrimonio cultural de Galicia para dejar también el mejor legado a las próximas generaciones.

Un objetivo que va en sintonía con la campaña impulsada este año por la Xunta, Que nuestra historia siga contando, para fomentar la sensibilización ciudadana sobre la importancia del cuidado del patrimonio cultural de la comunidad y en la cual el Monasterio de Oia fue uno de los elementos seleccionados.

Elemento vertebrador para la economía

Alfonso Rueda indicó que con este proyecto presentado hoy, además de preservar el patrimonio, se dinamizará la economía local y se fomentará un turismo sostenible y se mejorará los servicios para turistas y peregrinos. Con todo, la circulación de los usuarios turísticos no coincidirá con la de los asistentes a la iglesia ya que el espacio dedicado a uso turístico comprende únicamente el recinto cerrado intramuros.

Así, las Rutas Xacobeas están consiguiendo cifras de récord, con más de 393.000 Compostelas emitidas hasta el momento, y cada vez están más internacionalizadas, puesto que un 60% corresponde a peregrinos extranjeros. Al mismo tiempo, según un estudio de la Xunta en colaboración con la Universidade de Santiago, cada peregrino tiene un efecto económico equivalente a entre 2,4 y 3 turistas nacionales.

El IEO investiga la abundancia de cigala en Galicia a través de imágenes submarinas

0

Comienza la campaña ISUNEP25_0924 que, durante trece días, se llevará a cabo a bordo del buque oceanográfico Ramón Margalef

 Personal científico del Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) comenzó hace dos días la campaña ISUNEP25_0924 con el objetivo principal de estimar la abundancia de cigala en el noroeste de Galicia con tecnologías de imagen submarinas y muestreos biológicos.

Mediante un trineo fotogramétrico, se registrarán imágenes del fondo marino para determinar la abundancia de cigala (Nephrops norvegicus) del stock de Galicia Norte, que abarca unos 5800 km2 entre Fisterra y Cedeira. Esta metodología es utilizada por equipos científicos de ICES en varios stocks europeos para identificar y cuantificar las madrigueras activas de cigala con un impacto bajo en los fondos marinos sedimentarios donde habita esta especie. Para ello, se realizan transectos de grabación prefijados para cubrir toda el área del stock y se realizan muestreos mediante un patín epibentónico para obtener información biológica y genética sobre la cigala y analizar las comunidades del fondo marino.

Un equipo de expertos en bentos analizará el sedimento del área marina mediante muestreos con dragas. Por último, el equipo de geología durante la campaña realizará un cartografiado de alta resolución del fondo marino para caracterizar los fondos donde se encuentra la especie.

Esta campaña multidisciplinar permitirá obtener resultados adecuados para estimar la abundancia de cigala de una manera directa, “ya que las estimas provenientes de los datos pesqueros pueden estar condicionadas por los ciclos de permanencia de la cigala dentro de la madriguera o por la especie objetivo de cada marea de pesca”, explica Isabel Herráiz, investigadora del Centro Oceanográfico de A Coruña y responsable del proyecto.

Esta campaña, en la que participa personal de los centros oceanográficos de A Coruña, Vigo, Cádiz y Madrid del IEO, se realiza por tercer año y tiene una periodicidad anual.

La metodología empleada es la óptima para estimar la abundancia de cigala según los estándares europeos marcados por el Consejo Internacional para la Exploración del Mar (ICES, por sus siglas en inglés), el organismo intergubernamental que proporciona el consejo científico sobre los stocks del Noreste Atlántico a la Unión Europea.

A Rúa Príncipe acolle a exposición «Xuntos porque somos irmáns» de Aldeas Infantís SOS

0

Abel Caballero sumouse este mércores á iniciativa de Aldeas Infantís SOS para dar visibilidade á situación de dor das nenas e nenos que viven separados das súas irmás e irmáns e lonxe das súas familias, a través da exposición fotográfica “Xuntos porque somos irmáns” que permanecerá aberta ata o 13 de outubro na rúa Príncipe

“A exposición de Aldeas Infantís SOS é importante porque lanza as mensaxes de que hai que atender e acoller aos menores e de que os irmáns teñen que vivir xuntos teñan ou non con eles aos seus pais”. Así o reclamou hoxe o alcalde ante a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, o director territorial da ONG en Galicia, Víctor Muñoz Vázquez e a directora comercial do Grupo Planeta, Ronsel Cebrián, ao visitar a mostra que exhibe na rúa Príncipe un total de 33 fotografías realizadas por Iván Hidalgo a menores de Indonesia, Togo, Siria, Marrocos e Ucraína.

O rexedor sinalou que a continuidade en Vigo da mensaxe sobre a transcendencia da familia producirase co próximo despregamento do Nadal en toda a cidade.

Acollemento

O director territorial de Aldeas Infantís SOS, Víctor Muñoz, tras recalcar que a mostra é unha homenaxe aos irmáns en acollemento, explicou que coa exposición urxen a que afloren en todo o territorio nacional os datos sobre o número de irmáns que crecen separados.

Muñoz indicou que a ONG creou un programa especializado para favorecer a agrupación de irmáns nun fogar acolledor.