A Deputación esgota en tan só uns minutos as prazas das catro “Rutas das Maceiras en Flor”

0

Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada

A Deputación de Pontevedra esgotou en tan só uns minutos as 140 prazas para participar nas “Rutas das Maceiras en Flor”, a iniciativa turística que, a través de catro percorridos, permitirá o vindeiro sábado 27 de abril coñecer catro sidrerías singulares da Estrada (Rabiosa, Peroja, Ribela e Camino), concello líder na produción de mazá ecolóxica. A Deputación conta, ademais, cunha longa lista de agarda de persoas interesadas, polo que as inscricións xa están pechadas.

Todas as rutas comezarán visitando a plantación de Callobre e a sobreira de Valiñas, un exemplar duns 300 anos de antigüidade situado no Pazo de Valiñas, cunha altura aproximada de 22 metros e un dos máis importantes desta especie en toda Galicia. Ao finalizar a visita á plantación, será o momento de coñecer unha das catro sidrerías participantes, na que se poderá desfrutar, ademais, dunha cata degustación de produtos.

As visitas inclúen, ademais, o traslado en autobús desde Pontevedra (con saída e chegada desde a capela de San Roque), pero as persoas que o desexen tamén se poderán desprazar pola súa conta ata o punto de encontro.

A Franqueira acoge un icono de la Anunciación profanado en Siria

0

Antes de la guerra, los cristianos en Siria eran el 10% de la población, unos 2 millones de personas

Este próximo domingo 21 de abril, durante la celebración de la eucaristía de las 17 horas, la parroquia-santuario de Nuestra Señora de A Franqueira acogerá un icono de la Anunciación profanado en la diócesis Homs (Siria), que será venerado durante la misa. Al término de esta liturgia, representantes de Ayuda a la Iglesia Necesitada impartirán la conferencia «Cristianos perseguidos hoy».

Este icono, datado en el año 2005 según se indica en la firma del pintor, representa el pasaje del Evangelio según san Lucas (Lc 1, 26-38), conocido como la Anunciación, en el que el arcángel Gabriel anuncia a María que va a ser la madre de Dios. Procedente de la iglesia greco-ortodoxa de la ciudad de Yabround en la diócesis de Homs, Hama y Yabroud en el centro de Siria, fue rescatado el 14 de marzo de 2014 y en él todavía se pueden apreciar los agujeros de bala sobre la madera en la que está pintado el icono; incluso hay una bala aún incrustada en la parte superior derecha. Homs es la tercera ciudad más importante del país que, desde 2011 a 2015, sufrió duros combates entre grupos rebeldes y el ejército sirio. Durante este periodo la mayor parte de las ciudades estuvieron controladas por grupos yihadistas, como el Estado Islámico o Al Qaeda, que destruyeron numerosas iglesias, al tiempo que destrozaron y profanaron objetos cristianos.

Este objeto representa la esperanza, porque los cristianos han podido regresar a sus hogares y sus iglesias de Homs. Ellos, a pesar de la violencia que han sufrido y siguen sufriendo, quieren decir como María un gran «sí» al Señor. Los cristianos de Siria son fieles y no renuncian a su fe y aseguran que la Virgen está con ellos en todo momento. Ellos quieren repetir las palabras de la Virgen María «Hágase en mí, según tu palabra», y lo repiten continuamente. Esta confianza les une más a Dios, haciéndoles capaces de perdonar y de seguir adelante.

Antes de la guerra, los cristianos en Siria eran el 10% de la población, unos 2 millones de personas, con una presencia que se remonta a los primerísimos momentos del cristianismo. Es en la ciudad de Antioquía, según la Biblia, en la región de Siria, donde se llamó por primera vez «cristianos» a los seguidores de Jesús. El apóstol San Pablo tuvo una aparición de Jesús y se convirtió al cristianismo en Damasco, actual capital de Siria. En la actualidad, se calcula que quedan en Siria apenas unos 500.000 cristianos.

Ya están a la venta los billetes de AVE entre Galicia y Madrid a 18 euros

0

El trayecto entre Vigo y la capital durará algo más de 4 horas, lo que supone un recorte de tiempos medio de unos 15 minutos con la entrada en funcionamiento de los Avril

Renfe ha puesto a la venta hoy billetes de AVE entre Galicia y Madrid a 18 euros para viajar a partir del 21 de mayo. De este modo, ya están disponibles en su web los viajes con descuento.

Según datos de la compañía, Renfe ha puesto a la venta 39.000 billetes semanales en los servicios de Alta Velocidad desde Madrid a Galicia (Vigo, A Coruña, Santiago), muchos de ellos con un precio de 18 euros.

Los trayectos comenzarán a circular a partir del 21 de mayo mediante los nuevos trenes S106 del fabricante Talgo, los conocidos como Avril, que cuentan con más de 500 plazas. Los billetes saldrán a la venta con una campaña de lanzamiento de 78.350 billetes con ‘Superprecios’, desde los 18 euros, donde se incluyen también viajes a Asturias.

En Galicia, Renfe estrena con los S106 el servicio AVE en las ciudades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago y A Coruña, después de que en 2021 el servicio de alta velocidad de Renfe debutase en Galicia con una conexión directa Madrid-Ourense, que actualmente también se prolonga hasta Alicante.

El trayecto Vigo-Madrid durará algo más de 4 horas y A Coruña-Madrid contará con tiempos cercanos a las 3 horas y media, lo que supone un recorte de tiempos medio de unos 15 minutos, respecto a antes de la puesta en servicio de los S106.

Ana Ortiz felicita a la dirección del Conservatorio profesional de música de Vigo tras convertirse en el primero de Galicia con acreditación Erasmus+

0

La delegada territorial de la Xunta visitó este miércoles el centro educativo en el que se forman 560 estudiantes y trabajan 68 docentes

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitó este miércoles, junto al jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, el Conservatorio Profesional de Música de Vigo (CMUS), primero de la comunidad gallega que contó con la certificación «Erasmus+» en su programa de estudios.

«Es un orgullo para todos nosotros que el proyecto del CMUS fuera el mejor valorado de toda España en el 2021 y que consiguiera una acreditación que tendrá validez hasta el año 2027», apuntó Ana Ortiz. La representante autonómica mantuvo una reunión con el equipo directivo del centro para conocer de primera mano las distintas formaciones impartidas en el centro y a continuación realizó un recorrido por las instalaciones.

Además, la delegada visitó dos aulas donde tuvo un encuentro con los alumnos, de 16 y 17 años, que reciben formación en análisis y en historia de la música. El Conservatorio Profesional de Música de Vigo es un centro que destaca por su gestión, organización y proyección. El centro, que cuenta con 68 docentes y 560 estudiantes, también destaca por su programación de conciertos dirigido al público en general.

La obtención de la acreditación «Erasmus+», que tiene en funcionamiento desde 2021, es un impulso para continuar consolidando el programa en el conservatorio y avanzando en su estrategia de internacionalización. Esta certificación garantiza que el centro establece un plan para ejecutar actividades de movilidad de alta calidad en el marco de una iniciativa más amplia de desarrollo de su organización.

Luis López sinala que o compromiso da Deputación cos creadores do Conecta Lab é un apoio a “embaixadores da provincia”

0

O presidente provincial participa na presentación deste laboratorio audiovisual que terá lugar este mes na illa de San Simón e no que o goberno provincial achega 130.000 euros

A Deputación ten aberto o prazo de solicitude de axudas para a organización de festivais de cinema e artes escénicas na provincia cun orzamento de 165.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o compromiso do goberno provincial cos creadores que participan no Conecta Lab, a segunda edición da residencia para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, como un apoio a “embaixadores da provincia”. Unha nova mostra da aposta pola promoción da cultura e do audiovisual que tivo lugar este mércores durante a presentación deste programa, que terá lugar a finais deste mes de abril na Illa de San Simón. O proxecto, que consiste na estancia durante nove días no arquipélago da ría de Vigo de seis cineastas para desenvolver os seus proxectos audiovisuais baixo a tutela de profesionais de recoñecido prestixio do sector, conta coa achega de máis de 130.000 euros por parte da Deputación. “Estamos nun momento doce no audiovisual, con máis de 200 propostas para participar neste proxecto. Unha mostra do gran talento que temos no audiovisual e tamén da nosa riqueza cultural e natural”, sinalou o presidente sobre o que significa a posta en marcha deste tipo de accións artísticas.

Durante a presentación do programa, que tivo lugar este mércores na lonxa de Cesantes e con vistas a San Simón, o mandatario provincial amosou a súa satisfacción porque a realización deste máster audiovisual na provincia de Pontevedra é froito da colaboración entre administracións. O goberno provincial, CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización) e a Xunta cooperan na execución deste laboratorio, que forma parte dun programa global chamado “Conecta” e que ten o obxectivo de impulsar e acompañar o proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series dos creadores audiovisuais seleccionados para participar no proxecto. Para acadar estes obxectivos, o programa conta cun orzamento total para as súas dúas edicións de 268.000 euros. A Deputación achega un total de 130.000 euros, dos que 91.400 proceden dunha axuda de fondos europeos e 42.500 euros de fondos propios. A cantidade restante achégaa CREA.

“A cultura é un motor importante da economía e do turismo”, subliñou Luis López. Neste sentido, o titular do goberno provincial repasou iniciativas que a Deputación ten en marcha para fomentar a creación audiovisual na provincia como as axudas para a organización de festivais audiovisuais e de artes escénicas para organizacións sen ánimo de lucro por un importe total de 165.000 euros, o apoio a grandes producións que elixen a provincia como escenario para as súas rodaxes ou os contactos cos profesionais do sector, como a reunión mantida recentemente cos dirixentes da Academia Galega do Audiovisual. Do mesmo xeito, o dirixente provincial fixo fincapé na aposta estratéxica do seu goberno pola Cultura ao incrementar o orzamento asignado a esta área nun 20 % para acadar os 4,7 millóns de euros ou a posta en marcha de programas como o Culturea ou o + Música.

Outro punto forte deste Conecta Lab ten que ver co lugar no que se celebra. “A illa de San Simón é un marco excepcional”, recoñeceu o dirixente comparando a riqueza histórica deste arquipélago coa finalidade do cinema, que é contar historias. O presidente da Deputación reiterou o apoio da Deputación a todos os proxectos que contribúan a difundir a cultura na provincia, animou aos participantes deste laboratorio a “aproveitar estas xornadas” e puxo en valor a transcendencia das súas obras porque “seredes embaixadores da nosa provincia”, concluíu Luis López.

CES UVigo será o primeiro equipo español en competir na prestixiosa regata Monaco Energy Boat Challenge

0

Celebrarase do 1 ao 6 de xullo e participarán 36 equipos de 25 nacionalidades

Abertos á chegada de novos patrocinadores que lles axuden a sufragar os gastos de desprazamento

O equipo CES UVigo, composto por 20 alumnos e alumnas das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo, converterase este verán no primeiro equipo español en competir na prestixiosa regata Monaco Energy Boat Challenge en categoría solar, un evento de gran relevancia internacional que se celebrará en Mónaco do 1 ao 6 de xullo e no que participarán 36 equipos procedentes de 30 universidades e 25 nacionalidades. Farano co Boeiro I, o primeiro barco solar da Universidade de Vigo, un trimarán de seis metros de eslora e dous de manga no que a maior parte do equipamento foi deseñado e fabricado “con moitísima ilusión e empeño” polos integrantes do equipo.

Tras as últimas probas realizadas na ría de Vigo a embarcación demostrou xa a súa capacidade para navegar de forma eficiente e sostible. A competición en Mónaco será agora “a oportunidade de  levar a innovación galega e española aos mares internacionais”,  explican Marcos Pardeiro, líder do equipo, e Lorena Gil, responsable da parte técnica, as dúas caras máis visibles dun proxecto composto por un grupo “tremendamente multidisciplinar que amosa a excelencia e o talento dos estudantes da Universidade de Vigo en eidos tan diversos como  a enxeñaría de telecomunicación, a enxeñaría industrial e a enxeñaría da enerxía”.

Éxito das probas realizadas na ría de Vigo

Presentaron a embarcación o pasado mes de setembro e, dende entón, seguiron traballando arreo para ultimar todos os detalles. O punto culminante de todo este percorrido foi o éxito das probas do Boeiro I na ría, nas que o equipo conseguiu que a súa embarcación “voase sobre a auga, demostrando a viabilidade e a eficacia do seu deseño innovador e das tecnoloxías sostibles utilizadas”.

Ao longo de varias semanas foron validando as diferentes partes da embarcación. “Na primeira proba validamos toda a parte de enerxía; comprobamos que os paneis estaban funcionando e a batería estaba cargando e descargando como era previsto”, explica Pardeiro. “Na segunda, optamos por testear a velocidade de despegue e a maniobrabilidade do barco e obtivemos resultados moi prometedores, cunha velocidade de despegue duns 7 nós e unha capacidade de maniobra bastante boa”, engaden os estudantes.

Na última serie de probas validaron o sistema de ‘hidrófolis’, a principal sinal de identidade do Boeiro I e o que o diferencia dos seus competidores. Trátase, tal e como explican os seus creadores, dunha serie de pezas que funcionan de xeito similar ás das ás dun avión, pero neste caso mergulladas, de maneira que, cando se alcanza certa velocidade, sosteñen toda a estrutura por enriba da auga. 

Abertos á chegada de novos patrocinadores

A participación do CES UVigo na Monaco Energy Boat Challenge marcará para eles un feito histórico e, ao mesmo tempo,  unha oportunidade para seguir avanzando na vangarda da innovación e da sustentabilidade mariña. Nesta liña, o equipo agarda “ansiosamente” este evento, onde non só competirán coa mellor tecnoloxía, senón que tamén terán a oportunidade de aprender e colaborar con outros equipos internacionais, contribuíndo así  ao avance global da navegación ecolóxica.

“De aquí a xullo imos estar pulindo os pequenos detalles que faltan para que o noso barco pase as inspeccións técnicas do comité da competición. Quédannos meses de traballo duro, polo que estamos completamente abertos a calquera tipo de axuda que nos poidan ofrecer”, subliña Pardeiro, quen especifica que o equipo está aberto  a achegas de novos patrocinadores que lles axuden a levar o seu proxecto a Mónaco.

 “A busca activa de apoio financeiro non só garantirá a participación do equipo no evento, senón que tamén facilitará a continuidade da súa investigación e desenvolvemento en materia de navegación sostible e enerxías renovables”, recalca o líder do equipo, quen convida a todas as empresas interesadas a pórse en contacto co equipo a través da súa web.

Un gran reto náutico e múltiples premios

Os equipos participantes na Monaco Energy Boat Challenge teñen que ter desenvolvido un reto náutico centrado na innovación e a sostibilidade, explorando novas tecnoloxías, materiais innovadores e sistemas de propulsión alternativos que reduzan o impacto ambiental mantendo o rendemento náutico. 

Repartiranse diferentes premios (récord de velocidade, resistencia, mellor comunicación en redes…) e este ano incorporaron o premio da Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco, que premiará con 25.000 euros a mellor solución tecnolóxica para a navegación a vela en materia de eficiencia enerxética e redución de carbono.

O MARCO súmase ao Día do Libro coa promoción dos catálogos dos artistas que expuxeron recentemente

0

O alcalde presentou este mércores as actividades organizadas polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo para conmemorar o Día do Libro o próximo 23 de abril

Arrincan coa presentación hoxe das publicacións máis recentes das obras de 6 artistas que expuxeron as súas obras no museo, así como con dous encontros abertos ao público protagonizados por estes creadores

Abel Caballero, acompañado no acto polos artistas Din Matamoro, Andrea Costas, Manuel Vilariño e a Bosco Caride, así como polo concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, destacou o valor dos catálogos publicados coa obra dos artistas que exhiben a súa obra no museo de referencia da cidade. “Esta experiencia made in Vigo de libro e pintura transfórmase en algo máis, na narración dialéctica dos propios autores e na posición dun gran experto, do director do MARCO, Miguel Fernández-Cid, dunha forma marabillosa”, explicou o alcalde.

O museo, no seu centro de documentación, pon ao dispor dos interesados os catálogos das exposicións de Din Matamoro, Andrea Costas, Teresa Mouro, Rosendo Cid, Mónica Alonso e Manuel Vilariño. O alcalde reiterou o seu obxectivo de conseguir unha dinámica propia para o MARCO que xere un novo costume polo que todas as persoas que transiten pola rúa do Príncipe se deteñan a contemplar as mostras.

O ciclo de conversas comeza este sábado 20 de abril con Mónica Alonso e Andrea Costas Lago, que serán presentadas por Miguel Fernández-Cid.

O 23 de abril foi programada, conxuntamente cos clubes de lectura do Marco e da Biblioteca Neira Vilas, a charla “Disquesomos. Creatividade e edición na Galicia de hoxe”, con María Road, María Solar e Raquel C. Pico, conducida por Tamara Novoa.

O xoves 25, a partir das 7 da tarde, o director do MARCO conversará cos artistas Rosendo Cid e Manuel Vilariño O Venres 25, Din Matamoro e Teresa Moure serán os protagonistas do coloquio que comezará ás 19.00 horas.

Vigo acada os 300.997 habitantes empadronados

0

O Concello trasladou ao Instituto Nacional de Estatística a cifra de habitantes que figuran no padrón municipal con data 1 de xaneiro de 2024. Para Abel Caballero esta cifra “amosa o que significa Vigo, de largo a maior cidade de Galicia e unha das grandes de España con máis de 300.000 habitantes”.

La Casa de Andalucía de Vigo y Vialia celebran la Feria de Abril

0

El próximo 20 de abril Vialia Vigo celebrará la Feria de Abril de la mano de La Casa de Andalucía de Vigo, con la colaboración de Tony Delgado y la Asociación de Mulleres Agarimo

Los días 23 y 30 se conmemorará el Día Internacional del Libro y el Día de la Madre con sendos talleres infantiles

El Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, gestionado por Nhood, arranca su semana fuerte de abril con la campaña de donación de sangre los días 19 y 20 de abril en la plaza pública, cerca del parque canino, y su particular homenaje a la Feria de Abril, con una intensa jornada de actuaciones y talleres el 20 de abril.

Concretamente, el viernes, 19 de abril, la unidad móvil de donación de sangre estará operativa de 09:30h a 14:30h y de 15:30h a 21:00h y el sábado 20 de 10:00h a 15:00h. Todos aquellos que participen en esta campaña de donación serán obsequiados con una entrada de cine para Cines Yelmo Premium Vialia Vigo.

Y, el sábado, 20 de abril, Vialia Vigo celebrará, de 12:00h a 22:00h, la Feria de Abril en colaboración con la Casa de Andalucía, Tony Delgado y la Asociación de Mulleres Agarimo. La jornada contará con diferentes actividades para todos los públicos; incluyendo las actuaciones del grupo infantil Taconeando y los grupos musicales ¡Qué poderío! y Alma Flamenca. Entre actuación y actuación, el escenario estará abierto al público que quiera subir a bailar sevillanas.

Agenda Vialia Vigo – 20 de abril

12:00h – Arranque de la feria y presentación a cargo del presidente de la Casa de Andalucía, Rafael Chacón.

13:30h – Actuación de los grupos de baile flamenco: TACONEANDO y ASOCIACION DE MULLERES AGARIMO.

18:00h – Actuación de guitarra y cante en directo de TONY DELGADO. Acompaña al cajón flamenco Alejandro Moure. 20: 00h – Actuación del grupo de baile flamenco: ALMA FLAMENCA.

O BNG urxe mobilizar os 213 millóns de remanentes do Concello de Vigo ante a ameaza do seu bloqueo

0

A fronte nacionalista afea que o Goberno de Caballero non teña aclarado aínda o destino destes recursos, malia o risco de seren incautados pola reactivación das regras fiscais

Xabier P. Igrexas: “Son moitas as necesidades que poderían e deberían atenderse cos remanentes, que son de todas as viguesas e vigueses e non aforro do Concello”

O Bloque Nacionalista Galego urxe mobilizar os 213 millóns de euros de remanentes do Concello de Vigo ante a ameaza de que queden bloqueados este ano. Así o reclamou este mércores o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, advertindo do risco de que estes “inxentes recursos” fiquen incautados pola previsíbel reactivación das regras fiscais suspendidas desde 2020 por mor da pandemia.

“Abel Caballero non ten dado resposta no que vai de ano ás reiteradas interpelacións formuladas polo Bloque para coñecer que medidas ten previsto adoptar para poder utilizar os remanentes”, lamentou Igrexas, lembrando que estes fondos non son aforro senón resultado da continuada inexecución dos orzamentos do Concello. “Son recursos achegados polas viguesas e vigueses que, pola falla de acción do Goberno municipal, non retornan en forma de políticas públicas á cidadanía”, subliñou.

O portavoz nacionalista reiterou a urxencia de actuar diante desta ameaza, afeando que o PSOE local rexeitara sen argumentos as propostas realizadas polo BNG a través dunha moción ao Pleno celebrado o pasado mes de febreiro. Unha moción que recollía 15 medidas para mobilizar 100 millóns para fortalecer os servizos públicos, enfrontar o grave problema da vivenda e do empobrecemento social, mellorar as políticas culturais, deportivas e medioambientais e poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias.

“Son moitas as necesidades que poderían e deberían atenderse con estes recursos”, considerou Igrexas, asegurando que “o Bloque non vai ficar de brazos caídos diante do desleixo e falla de xestión do Goberno municipal”. Así, anunciou que na vindeira Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda demandará que o Goberno municipal inicie de inmediato os modificativos de crédito para incorporar os remanentes nos presupostos deste 2024.