O Auditorio Mar de Vigo programará 24 espectáculos desde novembro ata marzo

0

O musical de Kinki Boots ou a Gran Suite de Nadal do Ballet Clásico de Cuba dirixido por Laura Alonso son algunhas das propostas que chegarán ao Auditorio Mar de Vigo os próximos meses

Abel Caballero, acompañado por Iñaki Teixeira, responsable da instalación cultural, avanzou que a programación inclúe 24 espectáculos, variados e para todos os públicos

O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación en rolda da programación outono-inverno do Auditorio Mar de Vigo cunha variedade de eventos para todos os públicos que prometen enriquecer a vida cultural da cidade olívica para os vindeiros meses, cunha énfase especial na programación do Nadal, que irá desde espectáculos familiares ata grandes concertos e musicais. O alcalde estivo acompañado polo responsable da instalación cultural, Iñaqui Teixeira e da concelleira de Turismo, María Lago.

A gran ópera “Carmen”, unha das obras máis emblemáticas do repertorio operístico, regresará ao Auditorio Mar este sábado 2 de novembre, presentada pola Compañía de Ópera “LGAM” Leonor Gago Artist Management, en colaboración coa Ópera Nacional de Moldavia. Esta obra mestra de G. Bizet, coñecida pola súa apaixonante historia de amor e ciumes, leva ao público nunha viaxe emocional a través das súas icónicas arias e melodías. Desde a súa estrea en París en 1875, Carmen converteuse nun mito que inspirou a artistas de diversas disciplinas. A produción contará cun elenco de talentosos artistas e solistas internacionais, acompañados dunha orquestra en directo que enriquecerá a experiencia e a maxia da ópera.

Os máis pequenos terán un lugar destacado nesta programación cun variado bloque de espectáculos infantís. Entre as propostas, chega por primeira vez ao noso país “El Show de Bluey” (9 e 10 de novembro), a obra teatral baseada na serie de Bluey, que conquistou a nenos e pais por igual, ofrecerá unha experiencia divertida e educativa, permitindo ver en en directo a Bluey, Bingo, e a mamá e papá Chilli e Bandit. Ademais, La Granja de Zenón (21 de decembro) presentará “En Busca del Arcoiris”, unha gran produción inmersiva onde Tito e Bartolito perseguirán o seu soño, acompañados de efectos sonoros e as mellores cancións da granxa. Tamén se presentará “Rock en Familia” (4 de xaneiro), un espectáculo que levará aos pequenos a descubrir a historia e as cancións máis representativas de bandas como AC/DC, Queen ou The Beatles, todo guiado polo carismático Oso Rosendo. Finalmente, “Vaiana – El Musical del momento” (16 de febreiro) traerá a maxia da cultura polinesia e as súas melodías vibrantes ao escenario, seguindo a viaxe da valente Vaiana para salvar a súa illa.

A comedia e os monólogos terán un papel fundamental nesta tempada, cun elenco de artistas que prometen facer rir a gargalladas. Juan Dávila (15, 16 e 17 de novembro), un fenómeno do humor que esgotou todas as entradas para as catro funcións no Auditorio Mar de Vigo con «El Palacio del Pecado», achegará un espectáculo atrevido e imprevisible que combina improvisación e un repaso divertido dos pecados capitales, garantindo risas e conexión co público. Doutra banda, Dani Martínez (21 e 22 de febreiro), coñecido polo seu carisma e talento, abriu unha segunda data para o seu show «Remember», onde realiza un viaxe no tempo desde 2050 para recordar momentos memorables que non se deben esquecer, creando unha experiencia interactiva e divertida para todos. Ademais, Mentes Peligrosas (22 de marzo), que vén de vender máis de 70.000 entradas, regresa cun espectáculo completamente renovado, onde Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus unirán forzas para ofrecer unha festa da risa inigualable, con novos monólogos e gags que celebran a conexión entre o humor e a vida. Finalmente, Hovik Keuchkerian (28 de marzo), que regresa ao stand-up, traerá a súa liberdade de expresión e humor afiado, prometendo provocar risas e reflexións sobre a vida e a sociedade co seu monólogo “Grito”.

Os grandes musicais e as grandes bandas tamén terán o seu momento de gloria no Auditorio Mar. O espectáculo «Queen Forever» (23 de novembro), protagonizado polo grupo finalista de Got Talent, promete revivir os clásicos que marcaron xeracións, ofrecendo unha experiencia inmersiva que transportará ao público aos icónicos concertos de Queen, como Live Aid e Wembley. A continuación, o gran musical chegado desde Broadway, Kinky Boots (13 e 14 de decembro) traerá á vida a historia inspiradora de Charlie Price, o herdeiro dunha fábrica de zapatos que está a piques de quebrar. Tras a morte do seu pai, Charlie descobre a Lola, unha artista de cabaret cun estilo único, e xuntos revolucionan a industria do calzado. O musical, producido por Theatre Properties en coprodución con Atresmedia e Rimas Europe, e coa colaboración do Grupo Eventix, conta cun elenco espectacular e destaca por 170 cambios de vestuario, 70 pares de botas e un despregue de cor e diversión. A música, composta por Cyndi Lauper, inclúe himnos como «Raise You Up» e «Just Be», que abordan temas como a aceptación, a amizade e a superación dos prexuízos. Kinky Boots non é só un espectáculo, senón unha celebración de diversidade e empoderamento que fará rir, emocionarse e bailar a todo o público. Foi nomeado a 13 premios Tony e galardoado, entre outros, co Tony ao Mellor Musical. Por último, 90’s Live & Philarmonic Fusion (15 de febreiro) levará aos asistentes nunha viaxe nostálxica a través dos éxitos máis emblemáticos dos anos 90, interpretados por máis de 40 músicos da orquestra sinfónica Philharmonic Fusion, combinando a música en directo cun DJ para crear un espectáculo único que fará revivir os grandes momentos desta máxica década.

No ámbito do ballet, o Auditorio presentará á esperada Gran Suite de Nadal do Ballet Clásico de Cuba (15 de decembro), baixo a dirección de Laura Alonso, a filla da gran Alicia Alonso. Este espectáculo, que se erixe como un dos pratos fortes da programación, recrea os momentos máis memorables de clásicos como “El Lago de los Cisnes”, “La Bella Durmiente” o “El Cascanueves”. Con 36 bailarines en escena, a Gran Suite presentará personaxes icónicos como “Caperucita Roja” e o “Cisne Negro”, prometendo unha experiencia máxica para toda a familia. Ademais, “El Cascanueces” (28 de decembro) traerá a encantadora historia da Nadal, capturando a esencia do ballet clásico con espléndidos vestuarios e decoracións. Por último, “El Lago de los Cisnes” (25 de xaneiro) relatará unha cativadora historia de amor entre un príncipe e a hermosa Odette, destacando polo seu famoso pas de deux e a maxistral música de Tchaikovsky. Estas obras mestras celebran a maxia da danza e deleitarán ao público en cada función.

A música clásica tamén terá un espazo destacado nesta programación. Con concertos que celebran as melodías máis memorables do cinema con “La Mejor Música de Cine: Williams y Zimmer” (23 de decembro), os asistentes poderán gozar dunha experiencia auditiva única viaxando polas grandes bandas sonoras. O tradicional concerto de Aninovo, a cargo da Strauss Festival Orchestra (29 de decembro), chega cunha extraordinaria xira de 35 anos de éxito que conquistou as mellores salas de Europa. Este concerto presentará os títulos máis icónicos do rei do vals, como “El Bello Danubio Azul”, “La Fiesta de las Flores”, “Champagne” ou “La Marcha Radetzky”. Por outro lado, a Film Symphony Orchestra (19 de xaneiro) tamén ofrecerá o seu novo espectáculo TARAB, que fusiona a música de cine con emoción intensa, presentando melodías evocadoras de películas como “Dune”, “Oppenheimer” e “Star Wars: El ascenso de Skywalker”. Ademais, “La Gran Antología de la Zarzuela” (13 de febreiro) traerá unha mestura de teatro e música coa Orquesta Filarmónica de España, que deleitará ao público con grandes temas do xénero.

Por último, os grandes concertos preséntanse como un broche de ouro a esta impresionante programación. Van Morrison Alumni Band (23 de xaneiro), liderada por Leo Green, revivirá os grandesde clásicos de Van Morrison como “Brown Eyed Girl” ou “Into the Mystic”, nun espectáculo que celebra a un dos máis notables músicos do século XX. Café Quijano (24 de xaneiro) presentrán o seu último álbum, “Miami 1990”, que evoca o seu son máis auténtico e as súas historias entrelazadas. A elegante Madeleine Peyroux (1 de febreiro), que chega por primeira vez a Vigo, sorprenderá co seu estilo de jazz que lembra a grandes como Billie Holiday, e presentará o seu recente traballo “Just Walk”. Ara Malikian (8 de febreiro) tamén será parte desta celebración, co seu novo espectáculo “Intruso”, que explora a riqueza da súa identidade multicultural a través da música. Depedro (7 de marzo) volverá ao escenario co seu séptimo álbum, “Un lugar perfecto”, unha viaxe sonora que invita á reflexión sobre a esperanza e a conexión humana e xa, coa primavera cerquiña, a icona do pop Anastacia (16 de marzo) anuncia a súa esperada nova xira #NTK25, para conmemorar o 25º aniversario do seu álbum debut “Not That Kind”. Esta será a primeira actuación da cantante americana en Galicia.

Toda a programación e información sobre as entradas pode atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo e na billeteira www.teuticket.com.

Caballero: «El árbol y el bosque de Navidad de Porta do Sol darán la vuelta al mundo»

0

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistió a la colocación de la estrella gigante que corona el árbol de Navidad en la Porta do Sol, incrementando su altura en casi 10 metros respecto al año anterior. Caballero explicó que esta estrella, que cautivó a toda España en las pasadas fiestas, alcanza en su punto más amplio un diámetro de 17 metros. La estructura tridimensional de la estrella está compuesta por múltiples piezas, que deben ser montadas individualmente debido a su complejidad. Con esta ampliación, el árbol supera ahora los 44 metros, consolidándose como el más alto de España.

A partir de esta tarde, la ciudad contará con un árbol aún mayor que el de la Navidad pasada, según destacó el regidor. «Ampliamos la base para poder ensanchar el cono de la estructura», detalló. Caballero adelantó que el espectáculo de luces y sonido tendrá un formato renovado y que el volumen será regulado para minimizar molestias.

Novedades y una nueva imagen

Entre las novedades, el alcalde subrayó la instalación de ocho árboles de ocho metros de altura en la Porta do Sol. «Vamos a crear un bosque de árboles navideños iluminados,» declaró Caballero, animando a los ciudadanos a esperar hasta el encendido para apreciar plenamente este nuevo escenario que, en sus palabras, “dará la vuelta al mundo”.

La fecha de encendido se anunciará en los próximos días, ya que “sabemos que hay una gran expectación en todas partes para saber cuándo iluminará Vigo la Navidad”, concluyó el alcalde.

El BNG de Vigo exige convocar el Consejo Social de la Ciudad para impulsar la «Salida Sur» en 2030

Los nacionalistas llaman a la unidad y al diálogo con los principales sectores locales para exigir la conexión de alta velocidad entre Vigo y Oporto

El Bloque Nacionalista Galego (BNG) ha solicitado la convocatoria urgente del Consejo Social de la Ciudad de Vigo para enviar un mensaje de firmeza y unidad en demanda de la alta velocidad ferroviaria entre Vigo y Oporto para 2030. La propuesta, presentada al alcalde Abel Caballero, busca reunir esta semana al máximo órgano de participación ciudadana con el objetivo de trasladar una postura clara y conjunta de la ciudad en defensa de esta «estratégica y necesaria» conexión ferroviaria.

“Frente al oportunismo, es el momento de que la mayor ciudad de Galicia se exprese con claridad para asegurar que la Salida Sur se convierta en realidad en 2030”, afirmó el portavoz del BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, ofreciendo la “mano tendida” de los nacionalistas para alcanzar acuerdos que prioricen los intereses de Vigo y Galicia.

Igrexas subrayó la urgencia de tomar una posición unificada para «evitar que, una vez más, Vigo y Galicia se queden atrás» en el desarrollo de infraestructuras y en la llegada de la alta velocidad, recordando momentos previos en los que Vigo quedó marginado, como en la crisis del tax lease o cuando el Gobierno y la Xunta, entonces en manos del PP, pretendieron eliminar la conexión directa del AVE.

El portavoz del BNG lamentó el rechazo del alcalde Caballero a debatir en el pleno municipal de este lunes la moción presentada por los nacionalistas, que pedía al Gobierno español acelerar la conexión de alta velocidad, priorizándola sobre la línea con Madrid y asegurando compromisos financieros concretos en los Presupuestos Generales para que la obra sea una realidad en 2030.

Igrexas advirtió que el pleno extraordinario anunciado por Caballero para el próximo 7 de noviembre, aún sin convocarse formalmente, parece inclinarse hacia «una suerte de ajuste de cuentas retrospectivo», basándose en declaraciones previas del propio alcalde y del portavoz socialista Carlos López Font.

Rectificación del Gobierno español

“El BNG considera que un asunto tan relevante para Vigo no puede convertirse en un episodio más de la rivalidad partidista entre PSOE y PP”, afirmó Igrexas, llamando a enfocar el debate en el “aquí y ahora” para exigir una rectificación del Gobierno español tras las declaraciones del presidente Pedro Sánchez, reafirmadas por el ministro de Transportes, Óscar Puente, sobre la prioridad de la conexión Madrid-Lisboa.

“La Salida Sur es una conexión estratégica para Vigo, su área y para Galicia en general, ya que fortalecería el papel del área viguesa como motor de la eurorregión Galicia-Norte de Portugal y situaría a nuestra ciudad como un nodo ferroviario de primer nivel”, declaró el portavoz nacionalista.

Luis López informa que a Deputación disporá de 209 M€ o vindeiro ano para reforzar a transformación e o apoio aos concellos: “Son as contas dunha provincia extraordinaria”

0

A cooperación cos municipios volver marcar a axenda de investimentos do goberno provincial, á que dedica máis dun terzo do orzamento a través de plans como o +Provincia (48,2M€), e fóra do orzamento, o Plan Extra (35M€) ou o Plan de Infraestruturas Deportivas (8M€)

A achega para dúas áreas estratéxicas como Deporte e Cultura medra un 15% e un 14% respectivamente e inclúe novidades como 300.000€ para adquisición de vehículos no deporte ou 200.000€ para mercar instrumentos ou vestiario

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este martes as liñas mestras do Orzamento do organismo provincial para o vindeiro ano 2025, que racha por primeira vez a barreira dos 200 millóns de euros e rexistra un aumento do 10,5 %, uns 20 millóns de euros, con respecto ás contas do presente ano 2024. No vestíbulo do Pazo provincial, diante dos membros do seu goberno, xefes de servizo e traballadores da Deputación, Luis López detallou o reparto dos 209 millóns de euros –214 na versión consolidada— que volve romper récords en cooperación cos concellos e sigue reforzando áreas estratéxicas coma o turismo, o deporte ou a cultura. “Estamos ante unhas contas extraordinarias para afondar e acelerar a transformación extraordinaria que iniciou este goberno”, subliñou o mandatario provincial.

“Dentro de 64 días, o 1 de xaneiro de 2025, a Deputación Provincial de Pontevedra contará cun novo Orzamento en vigor. O segundo elaborado integramente por este goberno e unha nova demostración de certezas e estabilidade”, salientou o presidente Luis López antes de entrar a detallar polo miúdo as principais partidas deste documento.

A cooperación cos concellos, do mesmo xeito que o foi neste primeiro orzamento do executivo de Luis López, volverá ser a principal prioridade da acción de goberno da Deputación no ano 2025. A partida ascende a 71,4 millóns de euros, unha suba próxima ao 8 % con respecto aos recursos reservados neste 2024. Nesta área, enmárcase a segunda edición do plan +Provincia, que volverá contar cunha contía de 48,2 millóns de euros que se repartirán entre os concellos de menos de 50.000 habitantes cunha “sensibilidade renovada” polo reto demográfico e a transformación. Uns investimentos aos que hai que engadir, fóra do orzamento, dúas inxeccións extraordinarias como son os 35 millóns do Plan Extra ou os 8 millóns do segundo Plan de Infraestruturas Deportivas que xa presentou o presidente hai escasos días. “Volvemos destinar máis dun terzo dos recursos á cooperación cos municipios”, afirmou López.

O aposta polos concellos da provincia complétase cun apoio tamén millonario ás dúas cidades da provincia. O Orzamento volve recoller unha partida de 7,5 millóns de euros para financiar investimentos en Vigo a Pontevedra. Unha colaboración que se redondea, a maiores, con proxectos estratéxicos como so 5,2 millóns de euros para financiar a nova grada de Gol de Balaídos ou os 1,1 millóns para organizar a Bienal de Arte de Pontevedra, así como o impulso para a rehabilitación do Cine Fraga ou Santa Clara. “Se os pequenos e medianos concellos son a malla que sostén o equilibrio territorial, as cidades son o motor e a elas tamén nos entregamos”, asegurou o dirixente provincial.

A provincia do deporte

O deporte seguirá a ser un piar fundamental na acción de goberno da Deputación o vindeiro ano. Os fondos reservados para esta área ascenden nun 15 %, ata os 6,4 millóns de euros e inclúe salientables novidades como: a creación dunha nova liña de axudas dotada con 300.000 euros para colaborar co tecido deportivo na adquisición de vehículos ou outros activos necesarios para a súa actividade, o reforzo das axudas ás federacións ou unha nova Cátedra do Deporte en colaboración coa Universidade. Ademais, increméntase nun 51 % a dotación da liña de subvencións, que no ano 2024 foi de 100.000 euros, para a organización de eventos deportivos de interese turístico.

Estreitamente relacionado co deporte está o turismo, cuxa partida crece tamén nun 8 % ata situarse en 6 millóns de euros para que “as Rías Baixas sigan sendo líder en Galicia, referencia en España e exemplo de desestacionalización e sustentabilidade”, dixo López. Para conseguilo, inclúense novidades como un incremento do apoio ás festas de interese turístico internacional ou o reforzo da marca Rías Baixas Fest.

Increméntanse tamén os esforzos en Cultura cunha achega de 5,4 millóns de euros, unha suba do 14 % con respecto ás contas do 2024, que servirán para reforzar apostas como o +Escénicas, o primeiro circuíto de teatro e danza impulsado pola Deputación; ou a recuperación da liña de apoio para a adquisición de instrumentos musicais e vestiarios dotada con 200.000 euros.

Outra dos eixos de acción da Deputación é a colaboración co tecido asociativo da provincia. A través da área de Acción Comunitaria, que contará cun orzamento de 2,4 millóns de euros —un 20 % máis que o consignado inicialmente nas contas do 2024— para afondar en iniciativas de éxito como as axudas ao asociacionismo, ás comunidades de usuarios de augas ou o programa +Convivir.

 “Se un equipo deportivo adestra nunha instalación renovada e conta cunha furgoneta nova para desprazarse, aí está a Deputación. Se unha festa de interese turístico pode rachar un novo récord de visitantes para dinamizar a economía local, aí está a Deputación. Se   unha      banda               de          música ten a posibilidade de comprar novos instrumentos, aí está a Deputación. E se o local daquela asociación do noso concello conta cunha nova envolvente térmica é porque aí está a Deputación. Paso a paso amosamos ser unha Administración que escoita, entende e finalmente atende”, ilustrou Luis López medidas concretas nas que traducen as cifras anunciadas.

Reforzo en infraestruturas

Tampouco descoida o goberno de Luis López unha das principais competencias do organismo provincial como é a área de Infraestruturas. No ano 2025 disporá dun orzamento de 24 millóns de euros, case 8 millóns máis que este ano, para seguir mantendo en perfecto estado os máis de 1.600 quilómetros da rede de vías provinciais. “Ao longo de todo este ano erguemos a voz contra o lamentable e indigno estado das estradas de titularidade estatal, que dependen do Goberno de Sánchez. Polo que respecta a este goberno, non vai ocorrer o mesmo coas vías provinciais. Predicamos co exemplo”, afirmou Luis López.

Tamén repasou Luis López outras liñas de investimento fundamentais para a Deputación como unha suba do 7,5 %, ata os 150.000 euros, para promoción de emprego; un incremento do 6 % en Benestar Social, un aumento do 14 % en asistencia intermunicipal e ata un 9 % de ascenso nas contías para fomento da lingua galega.

“Estas son as prioridades do goberno”, incidiu López antes de detallar outras obrigas herdadas do goberno anterior ás que debe facer fronte o ente provincial a partir do vindeiro ano 2025. “Hai compromisos que herdamos do anterior goberno porque somos responsables, aínda que nos lastren. Por exemplo, este ano devolveremos os primeiros 2,8 millóns da débeda do REACPON. Teremos que facelo así durante os nove anos seguintes ata devolver os 25 millóns máis intereses que adebeda esta casa, por decisión do bipartito”, explicou o presidente. “Esta é unha xornada clave para definir que queremos ser como Deputación e como provincia no ano 2025. O que presentamos vai máis alá dunha relación de cifras e partidas. Un orzamento sempre é un traballo de planificación exhaustivo, un compendio de accións dun goberno que fala moito menos do que fai e unha das mellores bazas da política construtiva, estable e real. A nosa. A que se contrapón á política de xestos, palabras baleiras e fraxilidade permanente”, concluíu o presidente Luis López, quen quixo tamén agradecer o labor que están a realizar os deputados do goberno e os xefes de servizo e traballadores da Deputación. “Esta provincia extraordinaria conta cun equipo extraordinario”, rematou o mandatario provincial.

Denuncian al Ayuntamiento de Vigo ante la Agencia Española de Protección de Datos por el permiso de circulación en Navidad

0

Los vecinos critican que el sistema implementado obliga a los ciudadanos a exhibir en el salpicadero de sus vehículos un documento en formato PDF que contiene información personal

Esta mañana se ha presentado una denuncia ante la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) en contra del Ayuntamiento de Vigo, tras la instauración de un permiso exclusivo de circulación para residentes de ciertas zonas de la ciudad durante la temporada navideña.

Según la Asociación de Vecinos Zona Centro Vigo, que es quien plantea la denuncia, el sistema implementado desde ayer obliga a los ciudadanos a exhibir en el salpicadero de sus vehículos un documento en formato PDF que contiene información personal, incluyendo nombre, apellidos, DNI y dirección, lo cual, aseguran, vulnera los derechos de protección de datos personales.

La denuncia argumenta que el Ayuntamiento de Vigo ha instaurado un procedimiento por el cual los residentes en calles específicas de la ciudad, designadas como “Zona do Nadal,” deben solicitar una “Autorización de acceso exclusivo” para circular en dichas áreas durante las festividades navideñas.

Una vez que el sistema verifica el empadronamiento del solicitante a través de la web municipal, se genera un PDF con los datos personales del conductor, que debe colocarse en el salpicadero del vehículo, visible para cualquier persona que pase por la zona.

Los denunciantes han adjuntado un ejemplo de una autorización expedida el día anterior, así como un documento adicional con detalles sobre el procedimiento, como prueba de la presunta vulneración de privacidad. Expresaron su preocupación por esta práctica, al considerar que exponer públicamente esta información en sus vehículos representa un grave riesgo para su privacidad y seguridad.

Finalmente, los afectados esperan que el Ayuntamiento de Vigo rectifique rápidamente esta medida y establezca un sistema que respete los derechos de protección de datos. También solicitan soluciones para aquellos no empadronados y residentes, así como para los trabajadores de la zona, que también se ven afectados por esta nueva normativa.

El PP presentará una batería de preguntas ante Transportes para que aporte plazos, información actualizada y compromisos con el AVE en Vigo

0

El grupo parlamentario popular reclamará al ministerio que justifique su interés por priorizar la línea Madrid-Lisboa y que detalle el estado en que se encuentran los trámites para convertir la salida sur en una realidad

Diputados por la provincia de Pontevedra en el Congreso emplazarán a Óscar Puente a ofrecer respuestas sobre la variante de Cerdedo, que el pasado mes de abril sumó otro estudio cuya licitación sigue pendiente

El grupo parlamentario del Partido Popular en el Congreso de los Diputados ha anunciado este martes la presentación de una batería de preguntas ante el Ministerio de Transportes para demandar plazos, información actualizada y compromisos con el AVE en Vigo, tanto en el caso de la línea de alta velocidad con Portugal como en la conexión con Madrid a través de Cerdedo.

La diputada viguesa Irene Garrido ha anticipado el registro de una serie de cuestiones dirigidas al ministerio dirigido por Óscar Puente para que argumente su decisión de priorizar la línea Madrid-Lisboa sobre la Vigo-Oporto. Junto a otros representantes del PP por la provincia de Pontevedra, solicitará detalles sobre la salida sur en su tramo hasta O Porriño y en el que sigue esperando por un acuerdo con el país vecino para enlazar la red ferroviaria en la frontera.

“Queremos saber cuándo prevé España llegar a un acuerdo con el gobierno luso para ubicar el nuevo puente sobre el río Miño, teniendo en cuenta que en junio de 2024 se anunció como inminente la licitación de los estudios pertinentes. También demandamos información sobre la declaración de impacto ambiental o la previsión de inicio de las obras, que se fijaba para el año 2029”, ha avanzado Garrido.

Estas preguntas por escrito son de obligada respuesta por parte del Ministerio de Transportes, a quien también se interpelará por la conexión con Madrid a través de Cerdedo. A este respecto, el Partido Popular solicitará al Ejecutivo central que aclare qué ocurre con el nuevo estudio preliminar que se anunció el pasado mes de abril, que todavía no se ha licitado y aún tardará 15 meses en completarse.

Asimismo, el grupo parlamentario del PP requerirá información actualizada sobre las previsiones para llevar a cabo la declaración de impacto ambiental o redactar el proyecto de esa variante de Cerdedo, “trámites de los que nada o poco se sabe”. “La ciudad de Vigo merece saber si el Ministerio de Transportes realmente asegura la construcción de esta variante para reducir el tiempo de viaje entre Vigo y Madrid. Un compromiso que, a la vista de los retrasos y la creciente burocracia, tenemos que poner en duda”, ha concluido Irene Garrido.

Detenido un hombre en Vigo tras irrumpir en casa de su expareja y agredirla frente a su hija de tres años

0

Una vez dentro de la vivienda, el acusado presuntamente le arrebató el teléfono móvil a la mujer para evitar que solicitara ayuda

Agentes de la Policía Local de Vigo detuvieron en la tarde de ayer a un hombre de 34 años por su implicación en un supuesto episodio de violencia machista. El incidente tuvo lugar en un domicilio de la calle Numancia, tras recibir la Policía una llamada de alerta pasadas las 20.30 horas del sábado 28 de octubre.

La intervención policial se produjo después de que la central de comunicaciones del 092 recibiera una llamada en la que una amiga de la víctima pedía auxilio tras un altercado que se desarrollaba en el domicilio de la afectada. Según el testimonio de la mujer, su expareja llamó al timbre y, al abrirle la puerta, se inició una acalorada discusión en el rellano del edificio. El enfrentamiento escaló hasta que el hombre intentó entrar por la fuerza en el domicilio, empujando a la víctima violentamente cuando ella trató de cerrar la puerta.

Una vez dentro de la vivienda, el acusado presuntamente le arrebató el teléfono móvil a la mujer para evitar que solicitara ayuda. Sin embargo, la víctima logró alertar a una amiga, quien se encargó de contactar con la Policía.

Los hechos ocurrieron en presencia de la hija de tres años de la pareja, quien fue testigo del altercado.

Tras localizar al sospechoso, identificado como J.A.R., la Policía procedió a su detención en el lugar en el que él mismo indicó encontrarse. El hombre ha sido puesto a disposición judicial por un delito de violencia de género, según confirmó la Policía Local de Vigo.

La viguesa Patricia García, nominada a ser una de las ‘Top 100 Mujeres Líderes’

0

Este reconocimiento pone en valor a mujeres que han hecho una aportación significativa al tejido empresarial de España, impulsando el crecimiento económico y creando oportunidades.

Patricia García, socia fundadora de Femxa, es candidata a ser una de ‘Las Top 100 Mujeres Líderes’ en España en la edición de 2024. Este prestigioso reconocimiento destaca a mujeres que han demostrado un liderazgo excepcional en sus sectores.

La categoría ‘Empresarias’, en la que ha sido nominada García, reconoce a mujeres con una excelente trayectoria y liderazgo en la creación y desarrollo de empresas que marcan la diferencia en sus industrias.

Esta candidatura pone en valor a mujeres que no solo han fundado y liderado empresas, sino que han hecho una aportación significativa al tejido empresarial de España, impulsando el crecimiento económico y creando oportunidades.

Desde hace 25 años, Patricia -junto a sus socios José A. Dafonte y José Manuel Campos- ha liderado la transformación de la compañía, guiándola hacia el éxito a través de su visión estratégica, capacidad para innovar y su compromiso con la excelencia. Esta nominación no solo reconoce sus logros personales, sino también el impacto positivo que ha tenido en el tejido empresarial y en el sector de la formación para el empleo.

El ranking las ‘Top 100 Mujeres Líderes’, fundado por Mercedes Wullich, nació en 2011 con el objetivo de reconocer el talento y liderazgo de mujeres que están transformando el panorama profesional en diversos sectores. Desde entonces, esta plataforma es fundamental para visibilizar a las mujeres en puestos de liderazgo y ofrecerles un espacio para compartir sus experiencias y trayectoria.

Este reconocimiento impulsa el papel de la mujer en sectores clave como la alta dirección, los medios de comunicación, la cultura o la ciencia, entre otros. La nominación de Patricia en la categoría de ‘Empresarias’ es un reflejo de su impacto en el mundo empresarial, sirviendo de ejemplo e inspiración para las futuras generaciones de mujeres líderes.

La Zona Franca aprueba la compra de nueve parcelas en la PLISAN para nuevas naves para las empresas

0

David Regades señaló que “con esta adquisición dispondremos de una zona propia en la PLISAN de 41.000 m2 para atender la altísima demanda que tenemos del tejido empresarial”

El pleno de la Zona Franca de Vigo aprobó ayer la adquisición por parte del Consorcio a la Autoridad Portuaria y a la Xunta de Galicia del pleno dominio de las nueve parcelas que conforman las manzanas LE-1 y LE-2 de la PLISAN, donde promoverá nuevos complejos edificatorios de naves modulares para ser comercializadas en régimen de arrendamiento.

Con esta decisión, el Consorcio que dirige el delegado del Estado, David Regades, podrá poner a disposición del tejido empresarial del área de Vigo nuevas instalaciones ya que, actualmente, los casi 90.000 m2 de superficie de naves en los polígonos de Bouzas, Balaidos, A Granxa, PTL y Porto do Molle están ocupados al 100% y se sigue trabajando para disponer de más superficie y con ello ganar oportunidades de atraer a nuevas empresas.

David Regades señaló que “de esta forma dispondremos de un complejo propio de Zona Franca en la PLISAN y de más de 41.000 m2 de superficie para edificar naves con las que podremos dar respuesta a la altísima demanda de alquiler que tenemos por parte del tejido empresarial”. El delegado del Estado recordó que “para nosotros es una prioridad y una seña de identidad facilitar espacios a las empresas y en eso estamos centrando todos nuestros esfuerzos”.

Las manzanas LE-1 y LE-2 de la PLISAN están compuestas por 4 y 5 parcelas respectivamente, de 10.873 m2 de superficie la primera y de 30.872 m2 la segunda. El Consorcio abonará por ambas manzanas 2, 6 millones de euros: 2 millones de euros a la Autoridad Portuaria y 611.00 euros a la Xunta como promotores, junto a la Zona Franca, de la Plataforma Logística e Industrial de Salvaterra -As Neves.

Sanidade pone en marcha desde el próximo día 30 la acunación en grandes recintos

0

Se citará en primer lugar a la población con edad entre 70 y 79 años y la profesionales del ámbito sanitario y sociosanitario que no hayan sido vacunados hasta ahora

La Consellería de Sanidade pondrá en marcha, a partir del próximo la dice 30, a través de su Dirección General de Salud Pública, la vacunación frente a la gripe y la covid-19 en grandes recintos. El departamento sanitario gallego citará, en primer lugar, a la población con edad entre 70 y 79 años, lo que supone alrededor de 292.000 personas a convocar. Se espera conseguir, por lo menos, la misma cobertura del año pasado, que fue del 75 % en el caso de la gripe y algo menor en el que respeta a la covid.

También en los primeros días serán convocados profesionales del ámbito sanitario y sociosanitario que no hayan sido vacunados hasta ahora, que son alrededor de 25.000 personas.

Solicitud autocita vacunación VRS

Junto al anterior, la Consellería de Sanidade subraya que ya se puede pedir autocita para que los niños y niñas se puedan inmunizar frente al virus respiratorio sincitial en los centros de salud a partir de 4 de noviembre y hasta finales de ese mes. Con esta medida, el departamento sanitario gallego pretende recaptar a los niños y niñas que no se inmunizaron en los hospitales, que ahora podrán hacerlo en su centro de salud de cabecera, siempre que pertenezcan a un grupo de la campaña.

La medida está dirigida a niños y niñas sin factores de riesgo nacidos en la campaña, es decir, los que vayan naciendo desde el 23 de septiembre de 2024 hasta el 31 de marzo de 2025. También se vacunará a los nacidos con anterioridad al inicio de la campaña, desde el 1 de abril de 2024.

Horarios de vacunación en los grandes recintos

Respeto de la vacunación frente a la gripe y la covid en los grandes recintos, que comienza el próximo día 30, en el siguiente cuadro se pueden ver los lugares y horarios de vacunación en cada área sanitaria.

LUGARPUNTO DE VACUNACIÓNAPERTURA
 DÍASHORARIO
A Coruña EXPOCORUÑA- IFECODe lunes a sábado9-14 h. y 15-20 h.
 Cee Hospital Virxe Xunqueira de CeeDe lunes a viernes15,30-21 h.
Sábados9-14 h. y 15-20 h.
FerrolFIMODe lunes a sábado9- 14 h. y 15,30-21 h.
SantiagoCIDADE DA CULTURADe lunes a sábado9-14 h. y 15,30- 21 h.
 Ribeira Hospital del BarbanzaDe lunes a viernes15,30- 21 h.
SábadosDe 9 -14,30 h.
LugoHospital Lucus AugustiDe lunes a sábado8,30-14 h. y 15,30-19,30 h.
MonforteANEXO IES LO RÍE CABEDe lunes a sábado8,30-14 h. y 15,30-19,30 h.
BurelaHospital Público da MariñaDe lunes a sábado8,30-14 h. y 15,30-19,30 h.
 Ourense*Recinto Ferial Expourense De lunes a sábado9-14,30 h. y 15,30-21 h.
Los días 8, 9, 15, 16, 22 y 23 de noviembre se vacunará en el CHUO
VerínHospital de VerínDe lunes a sábado9-14,30 h.
O BarcoHospital de ValdeorrasDe lunes a sábado9-14,30 h.
PontevedraEDIF. XUNTA CAMPOLONGODe lunes a sábado8,45-14 h. y 15,30-20,45 h.
VilagarcíaHospital del SalnésDe lunes a sábado9-13,30 h. y 15,30-20 h.
VigoRECINTO FERIAL IFEVIDe lunes a sábado8,30-14 h. y 15,30-21 h.

Otros grupos de población

La vacunación de las personas de 80 y más años continúa en los centros de salud de cabecera y, en los próximos días, se comenzará a repescar a las que aún no se vacunaron. A punto de finalizar en esta semana la primera convocatoria de este grupo de población, los niveles de cobertura alcanzados ya son del 66,5 % en el caso de la gripe, y del 62 % en el caso de la covid.

En el caso de la población infantil de 6 meses-59 meses, también continúa la vacunación en los centros de salud, siendo el nivel de cobertura alcanzado hasta ahora un 31,5 %, muy superior al nivel conseguido en la misma semana de la campaña anterior.

Sanidade remarca que toda la información sobre la campaña está disponible en la página web de la Consellería de Sanidade https://gripe.sergas.es/

Además este año, la Dirección General de Salud Pública, a través del Observatorio de Salud Pública de Galicia, pone a disposición de toda la ciudadanía los datos de cobertura de vacunación de gripe y covid con una actualización diaria.