Fernández-Tapias destaca a colaboración entre a Xunta e o Porto de Vigo para avanzar na humanización de Beiramar e “facer cidade en beneficio dos vigueses”

0

O Goberno galego investirá 2,5 millóns de euros na reforma do treito entre a rúa Coruña e Bouzas para crear unha senda peonil e ciclista

“Xunta e Porto demostramos de novo que a colaboración institucional é sempre a mellor opción polo ben da cidadanía”, sinalou a representante autonómica 

A actuación permitirá completar un novo espazo dedicado á mobilidade sostible en toda a fachada portuaria cun total de 7,4 quilómetros entre Areal e Bouzas

“Damos prioridade aos proxectos de interacción coa cidade e buscamos a sustentabilidade ambiental, económica e social”, destacou Vázquez Almuiña

O Goberno galego aporta máis do 60% dos fondos para o proyecto que completa a humanización da zona de confluencia entre porto e cidade

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, anunciaron este venres a segunda fase da actuación para completar a humanización de todo a fachada portuaria. Segundo avanzaron, o vindeiro luns será licitado o concurso público para ampliar a senda peonil e peatonal desde a rúa Coruña ata Bouzas.

“A Xunta e o Porto demostramos de novo que a colaboración institucional é sempre a mellor opción para lograr beneficios para os vigueses, somos dúas administracións coas súas funcións ben definidas, unha cunha clara vocación económica que dinamiza o Porto e outra dedicada a prestar todo tipo de servizos, que sempre se dan a man polo ben da cidadanía”, sinalou Fernández-Tapias.

Tras a conclusión, o ano pasado, do primeiro tramo do carril ciclo peonil entre Beiramar -o que discorre desde a rotonda do Porto Pesqueiro ata a rúa Coruña- e a próxima apertura dunha nova senda na contorna do Berbés, a Autoridade Portuaria de Vigo licitará, o vindeiro luns, o segundo tramo do carril ciclo peonil de Beiramar, que abarca toda a zona de estaleiros.

Convenio de colaboración

A delegada territorial explicou que esta nova actuación, cofinanciada pola Xunta  con 2,5 millóns (Fondos do Mecanismo e Recuperación e Resiliencia da Unión Europea) a través dun convenio de colaboración, suporá a humanización da zona e a creación dun novo carril ciclo peonil no tramo situado entre a glorieta da Praza da Industria Conserveira e a igrexa de San Miguel de Bouzas.

Así, esta intervención que abarcará 1,5 quilómetros, permitirá completar a creación dun carril bici por toda a fachada portuaria, desde o Arenal ata Bouzas, que alcanzará o 7,4 quilómetros de lonxitude. “Xunta e Porto tamén demostran que entre as súas misións está a facer cidade, facer Vigo”, sinalou Fernández-Tapias.

Investimento total de 5,6 millóns, 3,5 da Xunta

Ademais, indicidiu en que todas as obras xa executadas ou actualmente en marcha, xunto con este novo tramo, contaron cun investimento total por parte da Xunta de Galicia de 3,5 millóns -o convenio ten unha cifra final de 5,6 millóns, polo que o Goberno galego achega o 60% dos fondos- co fin de permitir un achegamento do cidadán á actividade portuaria desde un punto de vista sostible, favorecendo o uso dos espazos públicos e fomentando formas de mobilidade alternativa. Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña,  explicou que esta actuación forma parte do Plan Estratéxico do Porto de Vigo e da estratexia europea de economía azul sostible, onde “damos prioridade aos proxectos de interacción coa cidade e buscamos a sustentabilidade ambiental, económica e, por suposto, social”, subliñou, á vez que avogou por “facilitar a permeabilidade entre o porto e a cidade”.

A factoría viguesa do grupo Stellantis supera as 72.000 doazóns  de sangue desde o ano 1995

0

A planta localizada en Vigo acolleu durante os días 24, 25 e 26 de xaneiro e 2 de febreiro a primeira das catro visitas anuais que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ten programadas para o 2023

A primeira campaña de doazón de sangue do ano 2023 que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizou nas instalacións que a multinacional Stellantis ten na cidade de Vigo, saldouse cunha notable participación de 678 traballadores e traballadoras que doaron sangue, e que supón acadar as 72.470 doazóns acumuladas desde o ano 1995, no que comezaron as colectas de sangue neste centro.

A planta localizada en Vigo acolleu durante os días 24, 25 e 26 de xaneiro, e do 2 de febreiro, a primeira das catro visitas anuais que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ten programadas para o 2023.

Ao respecto, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere poñer en valor a colaboración dun  dos centros fundamentais do aparello produtivo de Galicia que, desde sempre, amosou a súa implicación coa sociedade galega e co altruísta xesto da doazón, tanto de sangue coma de órganos.

28 anos de xenerosidade

Desde o ano 1995, o Centro de Vigo do Grupo Stellantis comezou a albergar campañas de doazón de sangue promovidas desde a Consellería de Sanidade e que, no presente, afianzan a esta empresa como un referente no territorio nacional, sendo a compañía española con maior número de doazóns.

Cómpre subliñar que grazas a colaboración dos 678 profesionais da empresa viguesa que doaron sangue nesta primeira campaña anual promovida por ADOS, poderán realizarse, por exemplo, máis de 335 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 140 enfermos oncolóxicos.

Sensibilización e colaboración

ADOS quere salientar a participación e compromiso do Centro de Vigo do Grupo Stellantis co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, unha vez máis, a xenerosa colaboración ofrecida por esta empresa a prol do solidario xesto da doazón de sangue. Esta longa traxectoria de colaboración ten permitido que, nos últimos 28 anos, a factoría viguesa acumule unha cifra superior ás setenta e dúas mil doazóns, o que a sitúan como referente social de primeira liña no ámbito do altruísmo. Ao mesmo tempo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer o seu compromiso e colaboración á Dirección do Grupo Stellantis de Vigo e de todos os departamentos que integran a empresa, facendo, como non podía ser doutro xeito, extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

El PP reclama al Concello que emule a la Xunta y elimine la cita previa obligatoria

0

El portavoz popular en el Consistorio, Alfonso Marnotes, requiere que se recupere inmediatamente la atención presencial en los servicios municipales

Señala que es una obligación que en otras ciudades ya se ha suprimido, y entiende que no tiene justificación una vez superada la crisis sanitaria

El portavoz del grupo municipal del PP, Alfonso Marnotes, ha requerido al Concello de Vigo que elimine la cita previa obligatoria en los servicios municipales después de que la Xunta anunciase su supresión.

En  opinión del edil popular, “es una medida que no tiene justificación una vez superada la crisis sanitaria” y que, además, “supone una barrera para los ciudadanos, especialmente para los mayores y las personas vulnerables”. Por tanto, ha reclamado que, “al igual que han hecho otras grandes ciudades españolas”, se restablezca la atención presencial en los servicios municipales de forma inmediata.

A este respecto, Marnotes no ha ocultado sus sospechas de que el Gobierno local socialista “está retrasando esta decisión a conciencia”, pues su eliminación evidenciaría importantes retrasos en las citas y en los trámites administrativos. Como ejemplo ha puesto el Registro General, donde no dan vez hasta el 15 de febrero, imposibilitando así que el contribuyente presente la documentación dentro del plazo legal establecido de 10 días.

Asimismo, el edil popular se ha referido a la reciente denuncia del grupo municipal sobre el colapso del padrón, donde las citas se están fijando a un mes vista. “Esta situación provocó que muchos ciudadanos no pudieran completar este trámite antes del cierre del censo electoral y, en consecuencia, no podrán votar el próximo 28-M”, ha señalado.

A unidade de Oncoloxía Radioterápica do Meixoeiro realiza a primeira intervención de braquiterapia de esófago

0

A Unidade é a única en Galicia que realiza este tipo de tratamento contra o cancro de esófago, converténdoa en referente a nivel autonómico

O piares deste procedemento foron a incorporación de innovadoras técnicas de visualización así como a coordinación do seu equipo interdisciplinar, composto por especialistas de dixestivo (endoscopistas), oncoloxía, radiofísica, neumoloxía enfermaría e técnicos superiores en radioterapia

Con motivo do Día internacional contra o Cancro, os especialistas deron a coñecer esta nova técnica que se incorpora á carteira de servizos terapéuticos fronte ao cáncer

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro ven de realizar a súa primeira intervención de braquiterapia de esófago, o que o  converte no primeiro hospital galego en realizar esta técnica en neoplasia de esófago.  Os especialistas fixeron público esta nova terapia fronte ao cancro con motivo do Día Internacional Contra o Cáncer que se celebra mañá.

A realización deste procedemento foi posible grazas á colaboración dun equipo de profesionais multidisciplinar así como á nova dotación tecnolóxica, que incorpora numerosas novidades diagnósticas e terapéuticas, empregando un endoscopio desbotable de última xeración, así como innovadores sistemas de visualización, simulación e planificación 3D.

 “As características desta técnica de braquiterapia “intraluminal” fan posible que sexa un tratamento eficiente e con claros beneficios en tumores de esófago xa irradiados ou localizados de forma moi superficial, e tamén en pacientes que teñan contraindicadas outro tipo de terapias. Ademais, ofrece grandes vantaxes fronte a outros tratamentos, como a posibilidade de realizarse en poucas sesións, de 3 a 6 dependendo do caso, unha maior facilidade para administrar o tratamento de forma localizada, e unha eficacia situada entre o 60-100% de control da enfermidade”, explica o xefe da Unidade, Víctor Muñoz.

Equipo humano de excelencia

O equipo multidisciplinar que levou a cabo esta intervención componse de profesionais dun gran nivel de diferentes especialidades, polo que cómpre destacar a súa excelente coordinación e dispoñibilidade.

A endoscopista do servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro, Nereida Fernández, foi a encargada de dirixir a intervención, na que participaron  especialistas de Oncoloxía Radioterápica, Radiofísica e Neumoloxía, e que foi asistida polos equipos de Enfermaría de Dixestivo e de Oncoloxía Radioterápica así como por Técnicos superiores en Radioterapia.

Máxima precisión en medicina personalizada

A braquiterapia é un tipo de radioterapia interna na que se coloca unha fonte de material radioactivo directamente en contacto ou dentro do tumor a tratar. As vantaxes que ofrece esta técnica son numerosas, pois permite un maior control tumoral, é menos prexudicial para os órganos sans e non require hospitalización, polo que a calidade de vida do paciente apenas se ve afectada. En conclusión, é un tratamento personalizado e de máxima precisión.

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro comezou a empregar este tratamento no ano 2000 atendendo, nun primeiro momento, tumores xinecolóxicos e de mama, e ampliando progresivamente as posibilidades de tratamento a outras doenzas como cancro de próstata, pel e bronquios.

Anualmente atenden ao redor de 180 doentes, a maioría con cáncer de próstata ou  xinecolóxico, aos que se lles realizan unha media de 3 procedementos por paciente. Isto supón unhas 500 sesións anuais. Este tipo de procedementos sitúan á Unidade como referente en Galicia dende o ano 2010.

Marea de Vigo considera inaplazable que Vigo regule os pisos turísticos como a maioría das grandes cidades do estado mediante esixencia de licencia municipal

0

Marea de Vigo cualifica a regulación autonómica como insuficiente e pide regulación municipal mediante ordenanza ou modificación do PXOM como xa opera en Concellos como Sevilla, Bilbao, Barcelona ou Valencia que obrigue a ter unha licencia municipal a este tipo de usos de vivendas privadas mediante unha modificación del PXOM

Marea de Vigo valorou hoxe os datos sobre proliferación de pisos na cidade como preocupantes e que o grupo municipal conta xa con numerosas testemuñas de veciños e veciñas aos que non se lle renovaron os alugueiros coa escusa de que os pisos ían ser empregados polos donos que acaban finalmente no mercado de alugueiros de corta duración, inferiores a 30 días, e que fai que non opere a LAU (lei de arrendamentos urbanos) e simplemente queda ao arbitrio do decreto 12/2017 do 26 de xaneiro polo que se regulan esta modalidade de uso turístico de vivendas particulares.

Marea de Vigo lembra que esta lei (pese a que regula que é un apartamento ou vivenda turística e o que é unha vivenda de uso turístico, establecendo mesmo as tipoloxías e en que bloques de edificios pode establecerse este tipo de vivendas) está a saltarse de xeito evidente na cidade, xa que a normativa galega é absolutamente insuficiente para o control e paralización dos apartamentos ilegais ou non suxeitos á norma.

Marea de Vigo considera urxente aprobar unha norma que estableza, tal e como ven de recoñecer o TSXG, que os apartamentos turísticos conten con licencia municipal, algo que xa avanzaron concellos como o de Santiago e Pontevedra, pero que xa opera en moitas cidades do Estado, ou mesmo que apartamento turístico e vivendas particulares nun mesmo bloque non poidan ter accesos comúns pola situación de ruído en horarios de descanso que estes formatos turísticos xeran en centos de comunidades de veciños e veciñas.

Marea de Vigo, sinala Rubén Pérez, «xa traballa con exemplos de ordenanzas que operan en moitos concellos para facer unha proposta de ordenanza ou de modificación puntual do PXOM que aclare os usos terciarios compatibles como é neste caso en residencias familiares» e que exista un titulo habilítante para poder exercer esta actividade como se lle require a calquera outro negocio existente na cidade. O agravio comparativo desta actividade é evidente pero é que ademais ten un impacto gravísimo na existencia de stock de vivenda en alugueiro para familias pero tamén ante as insuficiencias manifestas que ten o decreto 12/2017 que salvo cuestións relacionadas con formalidades dos requisitos dos apartamentos e vivendas turísticas: que estean amoblados, que teñan follas de reclamación, etc.. basta con unha declaración responsable para iniciar a actividade, algo que por exemplo en Vigo non se lle permite a moitísimas actividades económicas.

Marea de Vigo considera que como Santiago, Vigo ten que aprobar con urxencia xa normativa propia, mesmo se ten que ser mediante modificación puntual do PXOM, para que toda tipoloxía desta vivenda na cidade teña que contar con licencia municipal, e de non tela, sexa dada inmediatamente de baixa do rexistro de Turismo de Galicia, onde figuran miles que non cumprirían os requisitos de actividade que están marcando a maioría das ordenanzas municipais existentes.

Máis de quince colectivos vigueses maniféstanse este domingo co lema “Vigo somos todxs”

0

Será ás 12.00 na Porta do Sol, para reclamar ao Concello que “respecte” ao tecido asociativo

Máis de quince colectivos vigueses manifestarannse este domingo co lema “Vigo somos todxs”.

A coordinadora Vigo Somos Todxs foi impulsada inicialmente por 7 asociacións que tiñan en común sentirse “ninguneadas” e “atacadas” polo goberno municipal: AVIBE, Vecinos Zona Centro, Bembrive en Pé, Vigo Histórico, Grupos en Loita, Os Ninguéns e Defensa Parque García Picher.

Co paso dos días máis agrupacións foron sumándose á manifestación convocada para este domingo ás 12.00 na Porta do Sol. Dende a veciñanza de Tomás Alonso organizada en Gasolineras a 100 Metros ou os Xubilados de Cabral, á Salvemos a Gran Vía ou o Local Social Faísca, pasando polo Comité de Empresa de Vitrasa ou as organizacións ecoloxistas ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra ou Greenpeace. Todas coinciden en reclamar “un novo modelo de cidade” onde se “escoite e respecte” aos movementos sociais.

No seu manifesto, que lerán na protesta conxunta do domingo, a coordinadora denuncia que “unha maioría absoluta non pode ser excusa para non negociar e para non atender as críticas dos veciños e veciñas da cidade”, criticando as “actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”. De feito, sinalan ao alcalde e apuntan que “cando non opinamos como Abel, este vai na nosa contra”, en referencia ás declaracións do alcalde atacando a varias das plataformas integrantes da coordinadora.

Ademais, todas as entidades convocantes coinciden tamén en que a cidade sofre un “grave problema de sustentabilidade”, apuntando ao “tráfico terrible que lle otorga tamén ter o aire máis contaminado de toda Galicia”. Ao respecto desta cuestión, esixen que “as zonas verdes gañen espazo ó formigón, onde as árbores sexan as protagonistas fronte o ruído, onde se priorice a calidade de vida fronte a inversión privada”.

Entre as convocantes da manifestación atópanse agrupacións de moi diversa orixe e ámbito de actuación. Dende veciñanza do rural, como a agrupada en colectivos como AVIBE (Afectados Vial de Beade), Bembrive en Pé ou Xubilados de Cabral, ata a de zonas máis céntricas como no caso de Vigo Histórico, Vecinos Vigo Centro, Salvemos a Gran Vía, Defensa Parque García Picher ou Gasolineras a 100 Metros. Dende asociacións contra a pobreza e a exclusión social como Os Ninguéns a outras en defensa do medio ambiente como Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, Greenpeace ou ADEGA. Dende colectivos do ámbito cultural como Grupos de Vigo en Loita, ata centros sociais como o Faísca ou aos traballadores e traballadoras de Vitrasa. Todas elas, ademais de “outros colectivos da cidade que amosaron o seu apoio aínda sen formar parte como tal do grupo organizador”, manifestaránse na Porta do Sol ás 12.00 horas do domingo.

Constatan que a contaminación por microplásticos pode perturbar a maduración sexual do bacallau

0

Detectouse un aumento da expresión xénica de dous xenes que pode ter efectos a longo prazo

Un estudo liderado por investigadoras e investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, acaba de revelar que a contaminación por microplásticos pode perturbar a maduración sexual do bacallau atlántico, Gadus morhua. Os resultados da investigación acaban de ser publicados na revista Environmental Pollution nun artigo asinado por María Fernández e Pablo Presa, do Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños, do CIM-UVigo, xunto con investigadores do Instituto Noruego de Investigación Alimentaria, Nofima, e as universidades Aarhus (Dinamarca) eTromsø (Noruega).

A omnipresenza de microplásticos no medio mariño é xa un problema mundial. Consciente desta realidade a comunidade científica está a levar a cabo infinidade de estudos sobre as múltiples consecuencias que isto pode ter en centos de especies animais, incluídos peixes e mariscos, algúns tan importantes a nivel comercial como o propio bacallau. Nesta investigación avaliáronse os efectos da inclusión de microplásticos na dieta sobre a fisioloxía reprodutiva do bacallau e, se ben se determinou que a concentración de microplásticos empregada neste experimento pode non ser suficientemente alta como para provocar efectos biolóxicos observables a curto prazo, os perfís de expresión xénica observados suxiren que podería haber consecuencias a longo prazo dado o aumento esperado deste tipo de substancias nos ambientes mariños.

A parte experimental desenvolveuse en Noruega

“Partimos da idea de que os peixes que inxiren microplásticos a través do alimento poderían ver afectada a súa función fisiolóxica, por exemplo, na alteración da produción e función de encimas, na redución da alimentación ou en fallas reprodutivas”, salienta María Fernández, autora principal do estudo. A parte experimental levouse a cabo entre xuño de 2017 e maio de 2018, coincidindo coa súa estancia predoutoral en Noruega, en cuxas augas se atopan as poboacións de bacallau máis grandes do mundo. “Dividimos os reprodutores de cría de bacallau en dous grupos, un alimentado con penso control e o outro con penso que contiña un 1% de microplástico”, explica a investigadora, quen tamén aclara que os ensaios se levaron a cabo durante os nove meses anteriores ao desove para ver os seus efectos na reprodución.

A inclusión de porcentaxes de microplásticos superiores ao 1% de elementos non nutricionais non sería recomendable, pois, , a xuízo dos autores do estudo,  podería ter efectos colaterais sobre o peixe, como por exemplo afectar a inxestión de alimento facendo que fose inviable o experimento. “Era importante ofrecer unha base nutricional común na dieta control e experimental para detectar os efectos diferenciais do microplástico”, salienta a investigadora, ao que engade que a porcentaxe deste tipo de refugallos na fauna mariña pode ser variable. No caso do bacallau existen exemplares costeiros que sofren unha alta exposición, debido á inxestión de plásticos de gran tamaño, pero hai outros que viven a maior parte da súa vida en mar aberto e soamente se achegan á costa a desovar, polo que a súa exposición aos microplásticos é moito menor.

A inxesta de microplásticos afectaría, sobre todo, á reprodución 

A posterior análise xenética dos resultados desenvolveuse no Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños do CIM-UVigo. Unha vez analizados todos os datos non se atoparon diferenzas importantes entre os dous grupos de dieta na biometría (talla dos peixes) ou na histoloxía das gónadas e “a nivel reprodutor viuse que os niveis de esteroides sexuais aumentaron co paso do tempo, pero sen ningunha diferenza significativa entre tratamentos”, explica a investigadora. 

En canto á análise de xenes relacionados coa maduración sexual e a reprodución, o estudo amosou que os niveis de expresión xénica da encima esteroidoxénico 20β-hidroxiesteroide deshidroxenasa (20β-hsd) e viteloxenina1 (vtg1) presentaron diferenzas significativas entre tratamentos, con menor expresión no grupo control. “Este pode ser un efecto directo dos microplásticos introducidos na dieta, pero non se poden descartar completamente os efectos de alteración endócrina dos aditivos plásticos potencialmente lixiviables”, salienta a autora.  Así, estes encimas poderían, segundo se defende no artigo, ser indicadores da exposición a contaminantes que perturban a maduración sexual ao afectar á produción de esteroides que inducen principalmente a maduración. 

Necesidade de seguir investigando os riscos de exposición a estas substancias

A presenza de plásticos no medio mariño incrementouse de xeito claro nas últimas décadas, o que está ligado principalmente ao aumento do seu uso tanto a nivel doméstico ou industrial como en acuicultura. Presentes en todo o medio acuático, pero sobre todo nos portos e nas áreas costeiras industriais, a contaminación por microplásticos pode deberse á descomposición de partículas plásticas máis grandes (secundarias), pero tamén á súa liberación a partir de produtos de coidado persoal, medicamentos ou con augas residuais de lavandería. Desde o Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños do CIM-UVigo destacan neste sentido que “moita investigación en curso céntrase en estudar os efectos dos microplásticos que se canalizan ata varios niveis tróficos a través das cadeas alimentarias acuáticas, pero tamén é importante identificar os efectos a curto e/ou longo prazo sobre os recursos mariños”. 

Con respecto ás posibles consecuencias da inxesta de microplásticos por parte das persoas a través de peixes e mariscos, Fernández salienta que recentemente se publicou un estudo pioneiro de monitorización humana no que se demostrou que as partículas de plástico están dispoñibles para ser absorbidas polo torrente sanguíneo humano. “Isto indica que polo menos algunhas das partículas plásticas que entran en contacto cos humanos poden estar dispoñibles no torrente sanguíneo aínda que a taxa de eliminación a través do tracto biliar, do ril e a deposición nos órganos é máis lenta que a taxa de absorción no sangue”. Nesta liña, remarca “a necesidade de comprender mellor como afecta aos humanos e ao nosa contorna a exposición a estas substancias, así como o perigo asociado a esa exposición, para determinar se supón ou non un risco para a nosa saúde e a conservación da biodiversidade”.

La Fiesta de la lamprea de Arbo es ya oficialmente de Interés Turístico Internacional

0

La celebración era ya fiesta de interés turístico nacional desde el año 2016

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba ayer la declaración de Fiesta de Interés Turístico Internacional la Fiesta de la lamprea de Arbo.

La directora xeral de Turismo, Nava Castro, felicitó al ayuntamiento de Arbo y mostró su satisfacción después de que el Boletín Oficial del Estado publicara hoy la resolución por la que se concede el título de fiesta de interés turístico internacional a la Fiesta de la lamprea de Arbo.

Según la documentación aportada por el ayuntamiento de Arbo, como entidad promotora de la solicitud, Turismo de Galicia remitió a la Secretaria de Estado de Turismo, el expediente administrativo con el informe favorable para la declaración de esta fiesta con el distintivo de interés internacional.

Este informe recoge que, de acuerdo con la documentación presentada por la entidad promotora, el evento cumple los requisitos preceptivos para que sea valorada por la Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción.

Zona Franca premia a las empresas excelentes con Indicador Ardán: 12 compañías que son el 3% de la riqueza de Galicia

0

El delegado del Estado, David Regades, destacó que el Consorcio “prevé este 2023 una inversión histórica de 74 millones de euros en sus presupuestos”

Sobre las empresas con Indicadores ARDÁN subrayó que “son compañías que destacan por ser capaces de generar ventajas competitivas que las hacen únicas”

Zona Franca de Vigo reconoció hoy a las empresas excelentes de Galicia con la entrega de los Premios Ardán, un acto en el Auditorio Mar de Vigo al que asistieron cerca de cuatrocientos invitados, representantes del mundo empresarial, económico, social y político de Galicia.

Doce fueron las empresas que recogieron el galardón al obtener el mayor número de indicadores, una de ellas alcanzó por primera vez 7 indicadores. También se entregó un reconocimiento al alcalde de Vigo, Abel Caballero, por su contribución a la economía de la ciudad con políticas que han permitido que Vigo se convierta en referencia en diferentes ámbitos y mantenga un vigoroso crecimiento. El delegado del Estado, David Regades, dio la bienvenida y la conferencia central estuvo a cargo de Isabel Aguilera, directiva de multinacionales como Google, GE o Dell Computer, con el título “Luces del futuro”.

El delegado del Estado aseguró que “las empresas con Indicadores ARDÁN son compañías que destacan por ser capaces de generar ventajas competitivas que las hacen únicas. Tienen un importante impacto en la competitividad global de nuestro entorno y son capaces de crear riqueza y empleo”.

De las 35.651 empresas analizadas, solamente el 3,93% ha conseguido 1 o más indicadores ARDÁN, en total son 1.401 compañías. En este sentido, David Regades subrayó algunos datos de estas compañías, como que representan el 4% del tejido empresarial de Galicia y crean el 25% de la riqueza, de ese 25% el 3% corresponde a las 12 empresas premiadas hoy.

Además, las empresas con indicadores Ardán son las responsables de 1 de cada 4 empleos creados por el entramado productivo gallego, muestran una productividad del empleo que duplica a la media gallega y la rentabilidad económica media de las empresas con indicadores ARDÁN es 12 puntos porcentuales superior a la media de las compañías gallegas.

David Regades, destacó que Zona Franca “prevé este 2023 una inversión histórica de 74 millones de euros en sus presupuestos”. Además, puso en valor el crecimiento de la economía y las políticas del Gobierno y subrayó “las 45 nuevas empresas que se han instalado en espacios de Zona Franca en cuatro años”.

Asimismo, el delegado del Estado repasó algunos de los principales hitos del Consorcio, como la puesta en marcha de la Plisan, el crecimiento del parque empresarial de Porto do Molle, así como los nuevos proyectos, entre los que están el World Car Center, el centro de semiconductores, la planta de hidrógeno verde en Bouzas; la reforma de López Mora, que será un icono de la ciudad, o el nuevo suelo industrial con proyectos como la ampliación del PTL.

Abel Caballero aseguró que “Vigo es economía y nuestro trabajo más importante es apoyar sin límites a todos los sectores económicos. Zona Franca lo hace, Ardán lo hace y la Alcaldía se vuelca en ese objetivo”

María Moral, directora de Marketing de Ceamsa, agradeció a Zona Franca, en nombre de las empresas galardonadas, la organización de estos premios “que permiten visibilizar y poner en valor el buen hacer de las empresas gallegas”. Añadió que “estas 12 empresas somos solo una pequeña muestra del potencial del tejido empresarial gallego y este reconocimiento supone para nosotros una gran responsabilidad”.

Lista de empresas que recibieron la estatuilla de los Premios Ardán diseñada por José Molares:

1.- COMPAÑIA ESPAÑOLA DE ALGAS MARINAS (Ceamsa).:  7 indicadores. GENERADORA DE RIQUEZA, ALTA PRODUCTIVIDAD, BIEN GESTIONADA, EMPRESA GLOBAL, EMPRESA IGUAL EN GÉNERO, EMPRESA CIRCULAR Y GESTIÓN DE TALENTO.

2.- HERMASA CANNING TECHNOLOGY: 6 indicadores. GENERADORA DE RIQUEZA, EMPRESA GLOBAL, EMPRESA INNOVADORA, EMPRESA IGUAL EN GÉNERO, EMPRESA CIRCULAR Y GESTIÓN DE TALENTO.

3.- CORUNET.         6 indicadores. GACELA, ALTO RENDIMIENTO, BIEN GESTIONADA, EMPRESA GLOBAL, EMPRESA INNOVADORA Y GESTIÓN DE TALENTO.

4.- ACTEGA ARTISTICA. 5 indicadores. GENERADORA DE RIQUEZA, ALTA PRODUCTIVIDAD, BIEN GESTIONADA, EMPRESA GLOBAL Y EMPRESA CIRCULAR.

5.- VEGONSA AGRUPACION ALIMENTARIA. 5 indicadores. GACELA, ALTO RENDIMIENTO, GENERADORA DE RIQUEZA, ALTA PRODUCTIVIDAD Y BIEN GESTIONADA.

6.- INSTITUTO DE ESTUDIOS CELULARES Y MOLECULARES.       4 indicadores.         GACELA, ALTO RENDIMIENTO, GENERADORA DE RIQUEZA Y ALTA PRODUCTIVIDAD.

7.- PETEIRO MOTOR.        4 indicadores. ALTO RENDIMIENTO, GENERADORA DE RIQUEZA, ALTA PRODUCTIVIDAD Y BIEN GESTIONADA.

8.- ROLUX SERIGRAFIA Y ROTULACION.         4 indicadores. GACELA, ALTO RENDIMIENTO, ALTA PRODUCTIVIDAD Y BIEN GESTIONADA.

9.- COMUNIDAD CAMPUS.        4 indicadores. GACELA, ALTO RENDIMIENTO, GENERADORA DE RIQUEZA Y ALTA PRODUCTIVIDAD.

10.- OPTARE SOLUTIONS. 4        indicadores. EMPRESA GLOBAL, EMPRESA INNOVADORA, EMPRESA CIRCULAR Y GESTIÓN DE TALENTO.

11.- SAFETOP INNOVATIVE PROTECTION. 4 indicadores. ALTO RENDIMIENTO, GENERADORA DE RIQUEZA, ALTA PRODUCTIVIDAD Y BIEN GESTIONADA.

12.- TORUS SOFTWARE SOLUTIONS. 4 indicadores. BIEN GESTIONADA, EMPRESA INNOVADORA, EMPRESA CIRCULAR Y GESTIÓN DE TALENTO.

Liberan a un menor tras quedar su pierna atrapada en O Grove

0

La extremidad se quedó encajada en un cristal del campo de fútbol situado en A Estrada de Rons

Un menor fue liberado en la tarde de ayer tras quedar su pierna atrapada en un cristal en el Concello de O Grove.

Los servicios de emergencia rompieron el cristal en el que le había quedado la pierna encajada. El menor fue atendido por los servicios sanitarios.

Había sido un particular quien, minutos antes de las 18.30 horas, informaba al 112 Galicia de que un menor de edad era incapaz de liberar su pierna, que se quedó encajada en un cristal del campo de fútbol situado en A Estrada de Rons.