O curso na Universidade de Vigo arrancará coa estrea dun novo portal de teledocencia: MooVi

0

Substitúe a FaiTic, que aínda seguirá operativo durante este ano académico

O 2020-2021 será un curso de moitos cambios na Universidade de Vigo froito da experiencia adquirida pola institución para adaptarse á situación de emerxencia da segunda parte do curso pasado. Unha das principais novidades, que estará dispoñible a próxima semana, é un novo portal de teledocencia que substituirá a FaiTic. Bautizado como MooVi, está baseado nunha instalación na nube da última versión dispoñible de Moodle, que é a plataforma estándar dentro das tecnoloxías de software libre no ámbito da teleensinanza.

Esta medida enmárcase nun plan de mellora deseñado pola Reitoría para facilitar o proceso de adaptación á docencia en liña. O cambio permite actualizar a actual plataforma de teledocencia, FaiTic, creada en 2003, que actualmente integra versións obsoletas de dous LMS (Learning Management System) como son Claroline e Moodle, o que dificulta a súa xestión, provocando, por exemplo, problemas de seguridade e protección fronte a ciberataques, de rendemento na conexión ou imposibilidade de instalación de funcionalidades adicionais.

Este novo portal de teledocencia estará operativo no enderezo http://moovi.uvigo.gal unha vez finalice a matrícula do alumnado da ABAU de xullo, cuxo último chamamento remata o día 7 de setembro. Deste xeito, xa poderán estar creadas na plataforma todas as materias de todas as titulacións oficiais e dados de alta o profesorado e o alumnado. 

Vantaxes da nova plataforma

A entrada en funcionamento de MooVi permitirá que a comunidade universitaria dispoña dun conxunto de funcionalidades que non soportaba FaiTic. Entre as novas vantaxes está a integración do software antiplaxio Turnitin nas actividades dos cursos, así como o uso dunha App con notificacións ao móbil e acceso a contido offline. Ademais, MooVi tamén permitirá a integración con Campus Remoto, o que fará innecesarios os mini-Moodles utilizados o curso pasado, así como a integración con futuros servizos da UVigo, como un sistema de identidade centralizada (SSO-Single Sign On), que estará dispoñible entre setembro e outubro. 

O futuro de FaiTic

A plataforma FaiTic deu os seus primeiros pasos en 2003 como sistema de Xestión da teledocencia da Universidade de Vigo e, dende o curso 2005-2006 xa estaban activos nela docentes e estudantes. Neste curso que está a piques de arrancar o portal seguirá estando operativo, aínda que non se poderán crear materias novas. Ao longo destes próximos meses, recoméndase realizar a migración dos contidos de FaiTic a MooVi, coa vista posta en comezar o curso 2021-2022 xa na nova plataforma. Por outra banda, as persoas que viñan empregando Claroline poderán seguir facéndoo durante un curso máis ou ben optar por migrar á nova plataforma. 

Para facilitar este proceso a Universidade porá a disposición da comunidade universitaria distintas ferramentas de apoio, así como actividades formativas.

Campus Integra completa a contorna institucional de apoio á docencia

O curso que arranca compaxinará a docencia presencial en arredor de 17 graos e 30 mestrados co sistema mixto que alternará as clases na aula coa virtualidade. Para facelo posible, a Universidade de Vigo creou o Campus Integra, unha contorna que permite conxugar o Campus Remoto ou xemelgo dixital da UVigo coa presencialidade. Deste xeito, proporciónase o soporte adecuado para os tres posibles escenarios de docencia previstos para este curso (presencial, mixto ou totalmente telemática), permitindo a docencia simultánea a alumnos na aula física e na aula virtual. Para conseguilo, as aulas e espazos adicionais como salóns de actos ou de graos que se van converter en Aulas Integra contarán con equipos persoais como ordenadores ou tabletas, que darán soporte a un “encerado virtual” que poderá verse simultaneamente polos alumnos presentes na aula e por aqueles que sigan as clases desde a súa casa, ademais de permitir a adecuada interacción destes últimos. Estes dispositivos permitirán tamén a docencia desde o domicilio do profesorado se nalgún momento é necesario.

El brote de las reuniones de jóvenes de Vigo suma ya 23 casos

0

El foco tuvo su origen en dos reuniones en domicilios particulares de Vigo y del Val Miñor

El brote de Covid-19 vinculado con dos reuniones de un grupo de chicos del área de Vigo continúa incrementando sus cifras. y suma hoy 23 casos, tras confirmarse 8 nuevos contagios en las últimas horas.

Este foco está relacionado con dos reuniones en domicilios particulares de Vigo y de la zona del Val Miñor, en las que participó un mismo grupo de unos 20 jóvenes.

En un primer momento, y como informaban desde Sanidade, se detectaron 15 cpositivos entre los jóvenes, sus contactos y sus familiares. A la conclusión de las primeras pruebas, se han detectado otras 8 contagios para elevar la cifra, una cifra que podría seguir en aumento durante las próximas horas.

A ANPA do CEIP Javier Sensat garante a educación a prestación do servizo complementario de comedor para os 85 alumnos

0

O xefe territorial, César Pérez Ares, achegouse ao centro escolar, que contará con desdobres en 5º e 6º de Primaria,  para comprobar a adaptación fronte á COVID -19

Recorda que segue á espera do informe que Foanpas Vigo comprometeuse a remitir co total de escolares beneficiarios de comedor centro por centro

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional representada polo seu xefe territorial, César Pérez Ares, anunciou que a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Javier Sensat está en disposición de manter a prestación do servizo complementario de comedor como o viña facendo ata o de agora. Así o confirmou durante unha visita ao centro vigués, na que puido comprobar a organización da Anpa e dos equipos directivos para adaptarse ás medidas que marcan o Protocolo fronte á COVID-19 ante o inicio do curso. 

Segundo informou, tal e como o teñen contemplado, os 85 alumnos comeran gardando en todo momento a distancia de seguridade e ofrecendo todas as garantías sanitarias que se recollen no devandito protocolo, de modo que a Anpa deste centro mantén a súa desvinculación da rede de centros xestionada por Foanpas Vigo.

A este respecto, o representante do departamento autonómico aproveitou para recordarlle á Federación Olívica que a maioría das Anpas de Galicia están organizando este servizo, atendendo á situación excepcional que require do esforzo de todos os axentes educativos.  Asemade, apuntou que  segue á espera do informe que esta se comprometeu a remitir co total dos escolares beneficiarios de comedor centro por centro.

Cómpre lembrar que para a organización do servizo de comedor escolar, os comensais deberán gardar unha distancia de 1,5 metros, sentados en oblicuo, e con postos fixos para cada un durante todo o curso escolar. Para garantir o servizo a todos os usuarios, a entidade xestora do servizo de comedor pode establecer quendas, utilizar espazos lindeiros ou instalar mamparas ou separacións de cando menos de 60 centímetros de altura colocadas directamente sobre o mesado, para o cal non sería preciso manter a distancia mínima.

A finalidade, tal e como destacou Pérez Ares, non é outra que garantir un inicio de curso seguro a nivel sanitario e dentro da máxima normalidade posible no marco actual. E neste contexto, aproveitou para lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos pais e nais de cara o comezo das clases, pois sinalou que a implicación e organización dos equipos directivos dos centros “está a ser exemplar”. Segundo dixo, o CEIP Javier Sensat conta cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos -con dous desdobres en 5º e 6º de Primaria-, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.

El PP pide al alcalde que dote de conserjes a los centros educativos y establezca ya un plan de tráfico de inicio de curso

0

La concejala Teresa Egerique lamentó que en materia educativa, Caballero ha estado desaparecido todo el verano, en cambio sí ha estado preocupado por las luces de Navidad

Señala que hay centros que aún no se han desinfectado ni limpiado y «ni siquiera se sabe cómo va se va a regular el tráfico en la entrada y salida de los colegios para evitar aglomeraciones»

La concejala del Partido Popular, Teresa Egerique, ofreció, esta mañana, una rueda de prensa para denunciar «la ausencia del alcalde en materia educativa en Vigo». Así, el PP pide al alcalde que dote de conserjes a los centros educativos, «ya que muchos de ellos carecen de personal». “Sabemos que a día de hoy no están cubiertos. Ya lo denunciamos antes de la pandemia porque era un servicio precario y a día de hoy sigue todo igual”.

Asimismo lamentó que, a día de hoy, «no haya establecido un plan de tráfico». “¿Cómo se va a desarrollar? ¿Hay personal y policías suficientes para atender a todos los centros? ¿Hará como todos los años, una foto el primer día y después se olvida? Nos gustaría saber la planificación de todo el plan para todo el curso, no sólo el primer día”, afirmó Teresa Egerique.

Por lo que respecta al mantenimiento, desinfección y conservación de los centros escolares “no se ha trabajado en ello durante el verano, fechas que se aprovechan para realizar estas tareas. Hay directores de centros que tienen que llamar y solicitar la desinfección y limpieza concreta del centro porque nadie se pone en contacto con ellos. Las necesidades en materia de educación en una ciudad como Vigo son inmensas y el alcalde no ha estado centrado en ello, ni trabajando en ello”. Por último, Teresa Egerique reclamó que “necesitamos acción, que sí existe por parte de otra administración, como es la Xunta de Galicia, pero vemos total inacción e inmovilismo por parte del Concello. El alcalde ha estado totalmente ausente en la planificación de la vuelta al colegio. Y es especialmente grave en este momento, con la pandemia y los protocolos COVID. Es una materia en la que todos tenemos que remar en la misma dirección, y no seguir en la crítica permanente”.

El área sanitaria de Vigo suma 327 casos activos por Covid-19

0

En las últimas 24 horas la comarca contabiliza 25 nuevos positivos

Galicia registra menos de 100 contagios en una jornada por primera vez en los últimos 22 días situándose 4.082 contagios activos

El número de víctimas se eleva hasta las 656 tras 5 nuevos fallecidos

El área sanitaria de Vigo suma hoy 327 casos activos por Covid-19 tras incrementarse esta cifra en 25 durante las últimas 24 horas, según los datos facilitados por la Dirección General de Salud Pública.

El incremento -el segundo más importante de hoy en las áreas sanitarias tras los 35 de la de Ourense- se enmarca en el contexto de la Comunidad que, no obstante, por primera vez en las últimas 22 jornadas contabiliza menos de 100 nuevos contagios activos. Así, Galicia tiene hoy 91 pacientes positivos más que ayer alcanzando los 4.082.

De ellos, 1.445 son del área de A Coruña, 796 de la de Lugo, 412 de la de Ourense, 279 de la de Pontevedra, 327 del área de Vigo, 673 de la de Santiago, y 150 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización y 3.896 en el domicilio. Por lo de ahora, en Galicia hay un total de 13.200 personas curadas, registrándose 656 fallecimientos. Las cuatro últimas personas fallecidas fueron dos mujeres de 84 y 62 años, que estaban ingresadas en el HULA y en el CHUAC, respectivamente; y dos hombres de 88 y 59 años, ambos ingresados en el HULA. Todos ellos presentaban patologías previas. El número de PCR realizadas es de 354.273.

Marea de Vigo rexistra unha moción pola adhesión do Concello de vigo á querela arxentina

0

Oriana Méndez: “Precisamente nestes momentos, nos que o réxime saído da transición pecha filas entorno a si mesmo dificultando romper coa impunidade do franquismo, é máis necesario ca nunca que os concellos se posicionen pola defensa da democracia, na búsqueda da verdade, a xustiza e a reparación.

O Grupo municipal da Marea de Vigo viu de rexistrar hoxe unha moción na que se solicita que o concello de vigo manifeste o seu apoio e adhesión á denominada Querela Arxentina, que “está levando adiante a maxistrada María Servini por delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade contra os responsables da conculcación de dereitos humanos durante o franquismo” sinala Oriana Méndez, concelleira do Grupo municipal da Marea de Vigo.

Dende o ano 2010, a xuíza arxentina leva adiante unha causa contra o franquismo e os seus protagonistas vivos por delitos de xenocidio e lesa humanidade, “delitos que nin prescriben nin poden ser amnistiados por ningún tipo de lei de punto e final” apunta a concelleira no propio texto da moción. “Aínda sendo tramitada desde instancias internacionais, esta querela vén quebrando e regañando ese muro de impunidade do franquismo contra o que tantas persoas, tamén veciños e veciñas de Vigo, investigadores e organizacións sociais e políticas vimos combatendo. Resulta, pois, un feito de importancia transcendental na loita pola Xustiza, a Verdade e a Reparación dos danos causados ás centos de miles de vítimas do franquismo”.

Nos acordos contidos na moción, Marea de Vigo solicita a “incorporación da cidade olívica na Rede de Cidades pola Xustiza e a Memoria”, plataforma na que concellos de todo o Estado comprométense a impulsar accións xudiciais para rematar coa impunidade da ditadura franquista así como a “revisión da simboloxía franquista dos edificios de titularidade municipal co obxectivo de eliminala, instando tamén a outras Administracións a que fagan o propio nos edificios da súa titularidade tendo en conta o artigo 15 da Lei de Memoria Histórica”. Do mesmo xeito, Marea de Vigo tamén reitera a súa petición de “sinalización dos escenarios representativos da memoria de Vigo como a Porta do Sol, Pereiró, cárcere no actual MARCO, Frontón de María Berdiales, porto de Vigo, Lavadores, entre outros” e o “recoñecemento específico a tres vigueses loitadores pola liberdade e pola democracia, que estiveron entre os últimos asasinados polo franquismo: José Humberto Baena Alonso, José Luis Sánchez-Bravo Solla e Xosé Ramón Reboiras Noia”.

Na mesma liña, o Grupo municipal solicita o “recoñecemento institucional aos 226 funcionarios municipais represaliados pola Comisión Depuradora do Concello no período inicial da ditadura” e a “revisión das condecoracións da cidade outorgadas durante o réxime franquista”.

“Solicitamos que o Pleno do Concello de Vigo condene esplícitamente a sublevación militar fascista dirixida polo xeneral Francisco Franco contra o lexítimamente constituído no ano 31, así como que condene o réxime ditatorial posterior, que durante corenta anos reprimiu a sangue e lume todo vestixio de disidencia e de loita pola liberdade. Nesta liña de compromiso, por tanto, pedimos que o Concello de Vigo manifeste o seu apoio e adhesión á Querela Arxentina” conclúe Oriana Méndez.

Un joven hospitalizado grave tras saltar y tocar el fondo del mar en Samil

0

El particular que dio el aviso alertaba de que la persona había caído de cabeza y no era capaz de moverse

Un joven ha resultado herido de consideración esta última tarde en la Playa de Samil, en Vigo, después de saltar al agua desde la arena y golpearse contra el fondo del mar en la desembocadura del Río Lagares.

Los hechos ocurrieron al filo de las ocho menos cuarto de la tarde. En ese momento, un particular contactaba con el 112 Galicia para alertar de lo sucedido y añadía en su relato que la persona había caído de cabeza contra el fondo del mar y no era capaz de moverse.

A partir de ahí, desde el CIAE 112 Galicia se puso la situación en conocimiento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, del Servicio de Guardacostas de Galicia, de la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo y de la Policía Local.

Según los datos facilitados al 112 Galicia, los efectivos de socorrismo sacaron al chico del agua inmovilizado en una camilla y lo evacuaron hasta una ambulancia, donde fue primeramente atendido y posteriormente trasladado a un centro hospitalario.

O Pedigree a Manane Rodríguez e o documental “Enma Pino” centran a terceira xornada do Festival de Cans

0

O certame celebra hoxe a súa Noite das Homenaxes, coa entrega do seu Premio de Honra e os Chimpíns de Prata

A premiada montadora Julia Juániz, o roteiro cinéfilo-literario de Carlos Meixide, ou as agardadas seccións ‘A qué andas?’ e ‘Fillxs de Cans’, no programa do día

Cun coloquio coa montadora, directora e videoartista Julia Juániz comeza este venres, 4 de setembro, a terceira xornada do Festival de Cans 2020 –ás 10 horas, no Baixo de Carlos-. Julia Juániz, que foi a montadora de máis de 50 longametraxes con directores da talla de Carlos Saura, Basilio Matín Patino, ou Víctor Erice, abre unha xornada na que tamén se entregarán os premios de honra do certame e na que se estrean dous documentais de factura galega: un sobre a pianista, compositora e activista cultural Emma Pino, e outro sobre o propio certame: Cans16, asinado pola realizadora Isaura Docampo. A xornada remata coa Noite das Homenaxes.

A participación de Julia Juániz no XVII Festival de Cans enmárcase na sección Cafés con CREA, promovidos polo certame e máis a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia –CREA-. Juániz ten no seu haber recoñecementos coma o premio do Festival de San Sebastián pola súa traxectoria.

A terceira xornada do certame segue co Roteiro Cinéfilo-Literario guiado polo polifacético escritor Carlos Meixide 10.30 horas; saída dende o Torreiro-. A actividade, deseñada polo tamén co-fundador do grupo Os da Ría para esta ocasión, ten un aforo limitado para 20 persoas con preinscripción, e hai días que xa están todas as prazas agotadas.

O día de descubrir proxectos inéditos

Para as 13.00 horas e ás 16.30 horas da tarde de mañá, no Baixo de Carlos están programadas dúas das seccións que máis interese espertan no Festival de Cans.Na sección A que andas? 13.30 horas, Baixo de Carlos-, destacadas directoras e directores de Galicia presentarán proxectos nos que están traballando pero que aínda se atopan nunha fase inicial de desenvolvemento. Esta actividade desenvólvese da man da Asociación Galega de Guionistas. Participan Rubén CocaManane RodríguezAnxos ZafánsHugo AmoedoÁngel Santos Ángel Filgueira.

Ás 16.30 horas, e tamén no Baixo de Carlos, chega a quenda de cineastas que presentarán as primeiras imaxes inéditas dos seus filmes que aínda están pendentes de estrea. Serán na sección Fillxs de Cans, na que estarán presentes Alfonso ZarauzaAndrés SanjurjoXabier BermúdezChelo Loureiro César Souto.

Os Encontros AISGE abordan ás 12 horas –Baixo de Carlos- ás aportacións da dobraxe á normalización da lingua galega e o seu proceso en Galicia nas últimas tres décadas. Participan os actores Monti Castiñeiras, coñecido por series como Serramoura-, Ana Santos, a coñecida “Pitusa” de Mareas Vivas, e Xerardo Couto, un dos profesionais máis coñecedores da realidade da dobraxe.

Cans reivindica a figura de Enma Pino, co documental de Area Erina

Coa tardiña, volven as proxeccións. Primeiro coa estrea do documental Emma Pino, de Area Erina, sobre a pianista, compositora e activista cultural que da nome ao filme. Ademais da súa ampla traxectoria na música, Enma Pino (Tui 1958-Vigo 2014) participou activamente en colectivos de creación de diferentes disciplinas artísticas, coma Rompente ou Atlántica, e formou parte de grupos da movida como Bromea o que? Proxéctase ás 18.30 horas no Baixo de Carlos.

A segunda das estreas do día é a da nova sección do Festival Directrices. Con ela, Cans promove dende este ano a exhibición de películas dirixidas por actrices e actores. Proxectaranse tres curtametraxes nunha sesión –ás 20 horas, Baixo de Carlos-, na que estarán presentes intérpretes que buscan un novo camiño na dirección. Trátase de Antonio MourelosMonti CastiñeirasMarta Larralde, Fernando Tato, Ozo Perozo.

Concerto e Noite das Homenaxes

Con concerto de Amaro Ferreiro chega a música, no Festival de Cans, ao Espazo Estrella Galicia da Leiroado Río, que este ano funciona por vez primeira coma sede do Festival. Será ás 21 horas. E, para cando remate, comeza no mesmo espazo a Noite das Homenaxes, na que cada ano Cans entrega os seus premios de honra. Ademais, este ano estréase na Noite das Homenaxes o documental Cans16, da realizadora galega Isaura Docampo.

Logo das proxeccións chegan as homenaxes. Este ano, a asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame, o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez. Os Chimpíns de Prata Pepe Puime irán para a actriz e profesora Mariana Carballal e á coordinadora médica do Festival de Cans Merchi Sánchez. A relación de distincións complétaa o Chimpín de Prata Divina Campos para os arquitectos Juan Creus Covadonga Carrasco.

Nolito: «Tenemos que tener hambre»

0

Reconoces que «nunca había sufrido tanto» en su carrera «como ese último mes» de la temporada pasada

Manuel Agudo ‘Nolito’ hace repaso cargado de ilusión, como siempre, como es él. Pero no olvida, porque tampoco quiere hacerlo. No compensa. Para evitar males futuros conviene tener presente el sufrimiento. Ese camino agónico que condujo a los celestes hasta el último minuto de la última jornada, y que no acabó en un despeñadero porque el VAR o la puntería del Leganés no lo quisieron.

«Hay que tener hambre, tener fe y confiar en nosotros mismos. Tenemos una nueva oportunidad y empezamos de cero. Hay que olvidar todo, pero pensar en lo que hicimos mal y mejorarlo para no sufrir como sufrimos el año pasado», resume desde CeltaMedia.

Una entrevista durante la que Nolito recuerda la importancia de arrancar bien, de ganar desde el inicio porque «te da más confianza y es distinto que empezar perdiendo«.

Nolito tampoco esconde su humanidad, esa que le lleva a hablar del Covid sin tapujos, de esta crisis que, hablando en plata, «una pena y una putada. Pero el fútbol debe continuar: «El país está en la situación que está y a nosotros nos toca jugar sin público. Es nuestro trabajo, nos adaptamos y punto. Hay que jugar como nos digan los que mandan».

Y hacerlo bien, insiste, para escapar del sufrimiento: «Nunca había sufrido tanto en mi carrera como ese último mes. Llegó un momento que parecía que la salvación estaba hecha, pero las dos últimas semanas pensé lo peor, vi a los demás equipos…«. Por suerte, eso, por ahora, es un sueño agónico. Del Celta depende no revivir la pesadilla.

El área de Vigo sufre un nuevo brote con 15 positivos relacionados con un grupo de jóvenes

0

La pandilla está compuesta por una veintena de chicos, que participaron en dos reuniones privadas en domicilios privados

El área sanitaria de Vigo ha registrado un nuevo brote de Covid-19 tras confirmarse, hasta el momento, 15 positivos relacionados con un mismo grupo de jóvenes y dos reuniones diferentes, según detallan fuentes del Servicio Galego de Saúde.

Al parecer, el total de este grupo estaba conformado por una veintena de jóvenes, y los encuentros tuvieron lugar en domicilios particulares, uno en la zona de Vigo y el otro en la del Val Miñor.

En estos momentos, se están rastreando los contactos que hayan tenido los implicados, y se está realizando un cribado para detectar posibles contagios. Hasta ahora, hay 15 casos confirmados y localizados entre los propios chicos y algunos de sus contactos y familiares. No en vano, las autoridades sanitarias no descartan un incremento de los positivos vinculados con este brote.

Desde el Sergas se recuerda a los más jóvenes la necesidad de cumplir las medidas de seguridad y los protocolos de distanciamiento social para evitar la propagación del coronavirus.

A Deputación e Galaxia retoman a actividade da Escola de Letras con catro obradoiros en Vigo e Pontevedra

0

Os cursos arrancan o luns, día 7 en Vigo co «Obradoiro literario para maiores» e no Pazo provincial en Pontevedra o día 21 con «Escrita creativa avanzada»

A «Escola de Letras» que a Deputación de Pontevedra xunto a Editorial Galaxia vén de poñer en funcionamento este mesmo ano retoma neste mes de setembro os seus obradoiros de escrita tralo verán. Serán en total catro os cursos que comecen este mes de setembro, arrancando este próximo luns, 7 de setembro, na sede de Vigo da institución provincial cun obradoiro dirixido a persoas maiores de 60 anos, e no Pazo provincial en Pontevedra o 21 de setembro sobre «Escrita creativa avanzada». Tamén este mes realizaranse outros dous cursos sobre «Escrita creativa» e «Poesía de perfeccionamento», ambos na sede de Vigo.

  • O «Obradoiro literario para persoas maiores», dirixido por Francisco Castro, se desenvolverá os días 7 de setembro, 5 e 20 de outubro, 4 e 17 de novembro e 1, 15 e 16 de decembro en horario de 19.30 a 21.30 na sede de Vigo, con algunhas prazas aínda vacantes.
  • O curso de «Escrita creativa», con Diego Giráldez e no mesmo horario e lugar, comezará o martes 8 de setembro e continuará o 28 de setembro e os días 14, 19 e 26 do mes de outubro, con todas as prazas cubertas.
  • O obradoiro de «Poesía de Perfeccionamento», a cargo de Antonio García Teijeiro, terá lugar os días 16 e 17 de setembro na sede de Vigo da Deputación de 19.30 a 21.30 horas, co aforo xa completo.
  • O obradoiro en Pontevedra, no Pazo provincial, será a cargo de Francisco Castro e centrarase na «Escrita creativa avanzada». Neste caso, o curso terá lugar os días 21 e 22 de setembro entre as 19.30 e as 21.30 horas e conta tamén con todas as prazas cubertas.

De cara ao último trimestre do ano quedan outros dous cursos pendentes, que teñen xa o aforo completo, impartidos en ambos casos por Inma López Silva. Trátanse de obradoiros literarios de perfeccionamento que se desenvolverán entre as 19.30 e as 21.30 horas os días 2,9, 16, 23 e 30 de novembro e o 9, 14 e 21 de decembro de 19.30 a 21.30 na sede de Vigo da Deputación, e os días 3, 10, 17 e 24 de novembro, e no Pazo provincial da Deputación en Pontevedra os días 1, 10, 15 e 22 de decembro.

La Xunta traslada al Concello las principales conclusiones de su informe urbanístico sobre el borrador del PGOM

0

Medio Ambiente estará en disposición de formular ya el documento de alcance del estudio ambiental estratégico a finales de este mes

La Dirección General de Ordenación del Territorio y Urbanismo (DXOTU) acaba de emitir el informe en el que analiza desde un punto de vista urbanístico el contenido del borrador del nuevo Plan General de Ordenación Municipal de Vigo.

Así lo trasladó esta mañana la responsable del departamento autonómico, Encarnación Rivas, en la reunión convocada por el Ayuntamiento vigués con el fin de constituir la Comisión de Seguimiento encargada de analizar la evolución de los trabajos de revisión del PGOM y el calendario de tramitación. La creación de este órgano estaba prevista en el segundo convenio de colaboración suscrito entre ambas administraciones para la cofinanciación del nuevo plan.

El informe autonómico en materia de urbanismo, se centra, en líneas generales, en aspectos técnicos del borrador que deberán ser revisados, como la información aportada respecto de las redes de servicios existentes en los ámbitos cualificados como suelo urbano, la adaptación plena de su contenido a la Ley del Suelo en cuanto a la clasificación y categorización del suelo rústico, o la articulación de determinados aspectos relativos a los espacios costeros del municipio al modelo territorial del Plan de Ordenación del Litoral (POL).

Agilización de los trámites

Con la emisión del informe de la DXOTU, la Xunta de Galicia continúa agilizando, dentro de sus competencias, la tramitación del nuevo planeamiento de Vigo. Así, una vez realizadas las consultas correspondientes a la DXOTU, el órgano ambiental autonómico está ya en disposición de formular el documento de alcance del estudio ambiental estratégico, que, como mínimo, incluirá todas aquellas administraciones públicas que deban emitir informe sectorial de conformidad con la legislación aplicable.

Para cumplir con este trámite, dispone legalmente de un plazo de dos meses, que se cumplen a comienzos de octubre, si bien la aspiración es poder contar con el documento de alcance sobre el PGOM vigués a finales de este mismo mes.

Seguidamente, el Ayuntamiento de Vigo elaborará el estudio ambiental estratégico atendiendo a los criterios contenidos dicho documento de alcance y a la legislación vigente.

A Uvigo incorpora dous investigadores seleccionados no prestixioso programa europeo Starting Grant

0

Estudarán modelos económicos alternativos e as interaccións entre xeografía, clima e vida

Dirixidas a que novos investigadores destacados poidan crear os seus propios equipos de traballo e desenvolver liñas de investigación pioneiras, as bolsas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) recibiron neste 2020 un total de 3.272 candidaturas, das que só 436 acadaron o financiamento do organismo europeo. Entre elas, as presentadas polos investigadores Mario Pansera e Sara Varela, que, ao abeiro do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (Gain), desenvolverán na Universidade de Vigo uns proxectos que obtiveron, cada un deles, preto de 1,5 millóns de euros nesta convocatoria.

Ao longo dos próximos cinco anos, o italiano Mario Pansera levará a cabo unha investigación que ten como obxectivo analizar como sería unha sociedade capaz de prosperar sen necesidade dun crecemento económico continuo, explorando “novas formas de organizar a produción máis sustentables e xustas”, mentres que Varela retornará ao seu Vigo natal para desenvolver unha liña de traballo que, a través da interacción entre clima, xeografía e vida, busca avanzar no coñecemento dos procesos que levan á aparición e desaparición de especies.

Inseridas no programa Horizonte 2020 da Unión Europea, o ERC fixo pública este xoves a relación dos 436 proxectos gañadores, 23 en España, destas bolsas Starting Grant. “Son unhas axudas tremendamente competitivas, é como gañar unha medalla nas Olimpíadas”, salienta a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio. “É de salientar”, engade, “o prestixioso recoñecemento” acadado por Varela e Pansera na convocatoria dunhas bolsas dirixidas a “fomentar a investigación da máis alta calidade en Europa”, que edicións anteriores, lograran o catedrático David Posada e a investigadora Elena Ojea. 

Consolidar unha traxectoria e crear un equipo de traballo

Como “unha oportunidade única para acelerar a miña carreira académica” valora esta bolsa Mario Pansera, actualmente profesor axudante na Universitat Autónoma de Barcelona. Prospera (Prospering without growth: Science, Technolohy and Innovation in a post-growth era) é o nome dun proxecto que, sinala, “abre a posibilidade de crear na UVigo un grupo de investigadores moi ben conectados a nivel internacional” e que foi un dos 126 seleccionados na liña de Ciencias Sociais e Humanidades. Tras doutorarse en Management pola Universidade de Exeter, Pansera desenvolveu unha estadía posdoutoral en Bruxelas, a través dunha bolsa Marie Curie, para logo traballar como investigador na Universidade de Bristol. A investigación e innovación responsables (RRI) e a innovación para a sustentabilidade centran as liñas de traballo de Pansera, que se incorporará á UVigo a comezos de 2021, tendo como grupo de referencia á agrupación estratéxica Ecobas.

Meses antes retornará a Vigo Sara Varela, actualmente investigadora no Museo de Historia Natural de Berlín. Tras licenciarse en Bioloxía na UVigo e realizar a súa tese de doutoramento no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid, o seu labor investigador levouna á República Checa, Brasil e Alemaña, antes de obter con esta bolsa a oportunidade de “consolidar a miña carreira como investigadora na Universidade de Vigo”, sinala. “É unha oportunidade única para desenvolver un proxecto multidisciplinar e complexo, que necesita dun equipo grande e estable de investigadores», salienta Varela, que, dentro do Grupo de Ecoloxía Animal, buscará reunir un equipo de “especialistas en diferentes disciplinas, desde física do clima ata paleontoloxía” para o seu proxecto Mapas (Mapping biodiversity cradles and graves), un dos 124 seleccionados na liña de Ciencias da Vida.

Ambos, incorporaranse á Universidade a través do programa Oportunius, dirixido a atraer e reter talento investigador de primeiro nivel, e que implica, máis aló dos fondos outorgados polo ERC, o financiamento “dalgunhas das actividades e contratos adicionais no proxecto”, explica Belén Rubio. “A incorporación destes dous investigadores significa a apertura dun futuro científico moi prometedor e punteiro na UVigo, tanto no ámbito das ciencias sociais, no caso de Mario Pansera, como no ámbito científico, no de Sara Varela”, engade Rubio, que lembra que os seus proxectos traerán aparellada a “atracción de máis talento” coa incorporación doutros “investigadores relevantes”, así como “un incremento das publicacións en revistas de prestixio”, que redundará “nun mellor posicionamento nos ránkings da UVigo”.

Clima, xeografía e evolución para predicir extincións

“Facer unha síntese do coñecemento que temos sobre bioxeografía (onde habitan as especies) e evolución (cando cambian as especies) da vida na Terra” é o propósito central do “ambicioso” proxecto que Sara Varela desenvolverá grazas a esta bolsa e que, recoñece, “abrirá novas posibilidades de traballo en Galicia en temas de palomacroecoloxía e palobioxeografía”. A idea, engade, é estudar “como interactúan o clima, a xeografía e a vida, modificándose os uns aos outros”, cun primeiro obxectivo de xerar “mapas paleoclimáticos para os últimos 540 millóns de anos, que á súa vez permita “programar un modelo que simule os mecanismos de diversificación da vida”. Deste xeito, o obxectivo final, sinala, “é comprobar se entendemos os procesos que xeran diversidade o suficiente para poder predicir onde e cando aparecen e desaparecen as especies” 

Para levar a cabo este proxecto, contará coa colaboración do Potsdam Climate Institute alemán e de investigadores do Reino Unido, Brasil e Bélxica. Tamén colaborarán no proxecto a ilustradora Cirenia Arias Baldrich e o ‘paleoartista’ Douglas Henderson, o que fará posible divulgar, explica Varela, “non só os resultados da nosa investigación, senón como é o noso traballo día a día”. Nese senso, está prevista a realización dunha serie de vídeos e dunha exposición sobre a vida na Terra, “para falar do movemento dos continentes no tempo, dos eventos climáticos do pasado e das especies que habitaban o planeta en temos remotos”, na que contarán coa colaboración de Henderson.

É posible prosperar sen crecer?

Partindo da posta en cuestión de se as economías poden crecer eternamente e se ese crecemento económico perpetuo é “factible e desexable”, Mario Pansera centrará a súa investigación en “explorar como sería unha sociedade que prospera sen necesidade de aumentar de maneira indefinida indicadores como o PIB”. O investigador pregúntase neste proxecto se “habería espazo para a innovación nun modelo “poscrecemento”, xa que, ao seu xuízo, “desenredar a innovación do crecemento é a clave para imaxinar unha era” non baseada nun crecemento “insostible”. Pansera incide nese senso en que innovar tense convertido “nun imperativo para a supervivencia e expansión de calquera forma de organización”, polo que serán precisas “novas narrativas para a innovación”, que vaian máis aló da tecnoloxía e impliquen un “cambio cultural e institucional”. Deste xeito, a súa investigación buscará dar resposta ás preguntas de “como serían as organizacións nun sistema que non se basea nun crecemento sen fin; que niveis de complexidade tecnolóxica podemos alcanzar nunha economía que non crece; e que políticas, infraestruturas e formas organizativas se precisan para este novo paradigma da innovación”. 

Deste xeito, o proxecto seleccionado polo ERC, destaca, “crea as condicións para que a UVigo se poña en primeira liña na investigación sobre economías e organizacións alternativas, centradas no benestar das persoas e non na maximización dos beneficios económicos”, permitindo explorar, “en tempos da covid-19, novas formas de organizar a produción que sexan máis sustentables e xustas”. 

O Concello xa supera os 1,2 millóns en axudas de emerxencia tras aprobar outras 98 achegas

0

Vigo aprobou este mércores outras 98 axudas de emerxencia por valor de 17.000 euros, polo que o Concello de Vigo xa supera os 1,2 millóns de euros en achegas desde o inicio da pandemia o pasado mes de marzo

Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace a un novo convenio co comedor de A Esperanza

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves en rolda de prensa das novas axudas de emerxencia aprobadas polo goberno local durante a crise sanitaria. O goberno local deu este mércores o visto e prace a 98 axudas a familias por un importe de preto de 17.000 euros, polo que o montante global das achegas repartidas polo Concello de Vigo desde marzo xa supera as 9.800 por valor de 1,2 millóns de euros.

Ademais, a Xunta de Goberno tamén validou o convenio e colaboración coa “Fundación Casa de Caridade de Vigo – Fogar San Xosé” para o seu comedor social “A Esperanza” por un importe de 21.120 euros, que se suman aos 23.000 xa aprobados.

Caballero lembrou que o Concello destina en total case medio millón de euros anuais aos comedores sociais da cidade. Ademais do comedor do albergue de Marqués de Valterra (financiado integramente polo Concello con 64.610 euros mensuais), o goberno local coopera coas Misioneiras do Silencio (16.000 euros), Vida Digna (45.000 euros), LA Sal de la Tierra (10.000 euros), Banco Alimentos (83.000 euros), AFAN (55.000 euros) e Fundación Santa Cruz (57.000 euros).

O Concello tamén aprobou en Xunta de Goberno a subvención nominativa a favor da agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo para o desenvolvemento do programa “Vente con nós”, por importe de 13.500 euros, e o convenio de colaboración entre Concello e Vego Supermercados para o programa “Camiño a Camiño” por valor de 15.000 euros.

Caballero hace un llamamiento a la ciudadanía para frenar el Covid-19: “Máxima prudencia y precaución”

0

El alcalde lanzó este jueves un mensaje a la ciudadanía para frenar la segunda ola de Covid-19 y pidió “máxima prudencia y precaución” para contener la expansión del virus entre la población

El alcalde de Vigo, Abel Caballero, hizo este jueves un llamamiento a la población para que tomen las máximas precauciones posibles ante la nueva ola de contagios de la pandemia del Covid-19. “En Vigo vamos relativamente bien, pero en cuanto haya un solo caso no estoy satisfecho, envío un abrazo al resto de las ciudades de Galicia y de España”, señaló el alcalde.

“No podemos bajar la guardia, muy atentos, mucha prudencia, precaución, distancia social, máscaras, higiene de manos, distancias en terrazas, calles, reuniones familiares…”, explicó el regidor antes de relatar que él mismo cuando tiene encuentros con su familia mantiene las distancias. “Los mayores, mucha atención; y los más jóvenes, que cooperen para no contagiarse, porque puede no ser muy perjudicial para ellos, pero puede ser un problema serio para sus padres o abuelos. Vamos a tratar de hacer un esfuerzo máximo para controlar todo lo posible el virus”, añadió.

El Festival TerraCeo del Auditorio Mar de Vigo añade una segunda fecha para el grupo Izal

0

El grupo Izal dará un segundo concierto en el Festival TerraCeo que se celebra en el Auditorio Mar de Vigo después de que la primera fecha haya vendido todas sus entradas

Será el próximo día 11 de septiembre y además, la actuación del grupo Mi Capitán pasa al 21 de noviembre

El grupo Izal dará un segundo concierto el próximo día 11 de septiembre. La programación de la segunda actuación de Izal hace necesarias modificaciones en el calendario y los abonos de los últimos días del Festival TerraCeo.

El concierto de mi Capitán + Muñoz se aplaza al 21 de noviembre y será en el hall del Auditorio Mar de Vigo. Las personas que ya habían comprado sus entradas pueden conservarlas para la nueva fecha o solicitar la devolución de su dinero en Ataquilla.

Además, habrá dos nuevos abonos para los últimos conciertos de TerraCeo: uno de ellos para asistir al concierto de Izal del 10 de septiembre y al de Viva Suecia del día 13. El otro abono permitirá asistir al concierto de Izal del 11 de septiembre y al de Viva Suecia del 13 de septiembre. Su coste unitario es de 50 euros.

Los clientes que ya tuvieran abonos comprados con anterioridad pueden elegir entre diferentes opciones y personal de Ataquilla está llamando a cada una de las personas que disponen de esos abonos. Pueden quedarse con uno de los nuevos abonos y recibir la devolución de 25 euros -los abonos anteriores costaban 75 euros- o pueden optar por devolver sus abonos anteriores. Tanto las entradas para el concierto adicional de Izal -11 de septiembre- como los nuevos abonos estarán a la venta hoy a las 14:00 en Ataquilla.

La Policía Local detiene a un hombre y una mujer por agredirse mutuamente en su domicilio de O Calvario

0

El pasado martes, a las 06:27 horas, se recibió una llamada en la Policía Local de Vigo desde la zona del Calvario. En ella, una mujer manifestaba que su pareja la estaba amenazando e insultando, por lo que se trasladó una patrulla hasta el lugar de los hechos. Una vez en el punto, fueron requeridos por varios vecinos, los cuales señalaron la casa donde se estaba produciendo la discusión, pudiendo escuchar los actuantes, gritos e increpaciones por ambas partes.

Ya en el domicilio, encontraron la puerta de la vivienda abierta y comprobaron que la pareja continuaba discutiendo acaloradamente, observando al varón con una herida abierta en la nariz por la que sangraba abundantemente y el codo izquierdo hinchado. Por su parte, la mujer presentaba un pequeño hematoma en la frente y mostraba una actitud agitada increpando al varón fuera de sí. A mayores, la vivienda estaba sucia, completamente desordenada y revuelta mostrando una escena compatible con un episodio de violencia de género.

Los agentes se entrevistan con el varón B. A. F. de Portugal y 38 años de edad, que les manifestó que cuando llegó al domicilio se encontró el portal y la puerta de acceso a la vivienda reventados. Según parece, él y la mujer desde el inicio del estado de alarma residían en el domicilio, si bien ella no tenía llaves de acceso a la vivienda, y en la madrugada del mismo día habían salido por separado. Cuando él llegó al domicilio encontró los destrozos anteriormente descritos, exigiendo explicaciones a la mujer e iniciándose una fuerte discusión, determinando echarla de casa, momento en el cual, parece ser que la mujer le agredió (sin especificar qué tipo de agresión) pero mostrando las lesiones anteriormente mencionadas.

Por su parte, la mujer L. A. L. de Vigo y 42 años, manifestó que al llegar al domicilio, y no disponer de llaves decidió reventar el portal de acceso y la puerta de la vivienda y a la llegada de su pareja se inició la fuerte discusión y que en el transcurso de la misma él la sujeto fuertemente del brazo procediendo ella a defenderse, agrediéndose mutuamente. En virtud a estos hechos los agentes procedieron a la detención de ambos tanto del hombre como de la mujer por la comisión de un delito de violencia de género.

Detenido un varón de 49 años en la Travesía de Vigo por agredir a su expareja

0

En la madrugada del pasado martes, a las 00:40 horas, se recibió una llamada en la sala de comunicaciones del 092 de la Policía Local de Vigo desde la zona de Travesía de Vigo.

Una mujer manifestaba que había sido agredida por un varón, su expareja, y que tras la agresión él había abandonado el domicilio. A la llegada de la Patrulla, encontraron al citado en la vía pública, al tiempo que la mujer salía por el portal del domicilio, señalándole y procediendo los agentes a interceptarlo resultando ser J. M. P. F. de Vigo y 49 años de edad. La mujer P. D. F. S. de Brasil y 48 años de edad, manifestó que había mantenido una relación de más de 2 años con ese hombre, pero que habían finalizado la misma en enero del presente año si bien todavía convivían en el mismo domicilio.

Ese día en concreto, ella había vuelto al domicilio, de madrugada tras salir con unas amigas, encontrando la puerta bloqueada, bajando al portal y llamando insistentemente al telefonillo hasta que el varón tuvo a bien abrirle, momento en el que iniciaron una discusión y en el transcurso de la misma, él la amenazó de gravedad, La cosa fue subiendo de tono hasta que el varón la sujetó fuertemente por los brazos comenzando a zarandearla, logrando ella zafarse y huir por las escaleras, siendo seguida por el hombre que en un momento dado le propinó un empujón cayendo al suelo y golpeándose rodilla y brazo derecho.

En ese momento la mujer le informó que iba a telefonear a la Policía, momento en que el varón abandonó apresuradamente el lugar, hasta ser interceptado por la dotación policial. La víctima manifestó que el hombre había causado daños en el domicilio, subiendo acompañada por uno de los agentes para hacer una inspección ocular, pudiendo comprobar que el dormitorio estaba completamente revuelto y con dos cajones fuera de lugar, uno de los cuales había sido roto mediante un fuerte impacto contra el suelo, y que había ropa rota esparcida por la estancia.

Por otro lado J.M.P.F. negó haber agredido a la mujer a pesar de que ella presentaba rojez en el brazo izquierdo. Por estos hechos los agentes procedieron a la detención del individuo por la comisión de un delito de violencia de género

El área sanitaria de Vigo suma 33 nuevos casos activos situándose en 302

0

Galicia registra 144 pacientes positivos más que ayer y alcanza los 3.991

Tres nuevos fallecidos elevan el total de víctimas mortales en la comunidad hasta los 651

El área sanitaria de Vigo suma hoy 33 contagios activos más que ayer alcanzando los 302 pacientes en tratamiento, según los datos que acaba de facilitar la Dirección General de Salud Pública.

Una cifra que se enmarca en el contexto de la Comunidad, que continúa incrementando el número de contagios. Hoy Galicia contabiliza 3.991 positivos, 144 más que hace 24 horas. De ellos 1.425 son del área de A Coruña, 798 de la de Lugo, 386 de la de Ourense, 271 de la de Pontevedra, 302 del área de Vigo, 659 de la de Santiago, y 150 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 159 en unidades de hospitalización y 3.817 en el domicilio. Por lo de ahora, en Galicia hay un total de 13.039 personas curadas, registrándose 651 fallecimientos.

El doctor Fernández Lorenzo nominado personal emérito del servicio gallego de salud

0

Este nombramiento, el primero del área Sanitaria de Vigo en la última década, supone el reconocimiento del prestigio de este profesional sanitario recién jubilado

Continuará ejerciendo cómo director científico del Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

El Diario Oficial de Galicia publica hoy una Resolución por la que se nombra personal emérito del Servicio Gallego de Salud al Dr. José Ramón Fernández Lorenzo. Se trata del primer “emérito” del área Sanitaria de Vigo en la última década.

El doctor Lorenzo, ex jefe del servicio de Pediatría del área viguesa, se jubiló en el pasado mes de junio tras más de 40 años de ejercicio profesional en su especialidad. Este nombramiento supone reconocer el prestigio de este profesional sanitario que continuará ejerciendo cómo director científico del Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, cargo que venía desarrollando en los últimos seis años. Hasta ahora la única profesional emérita de este área era la Dra. Carmen Navarro, que precisamente fue su predecesora en la dirección del Instituto de Investigación.

El Dr. Lorenzo fue el artífice de la transformación y potenciación de la atención pediátrica en el área viguesa -que atiende la mayor población infantil de Galicia-; de manera paralela, ha impulsado el salto de calidad en la gestión y organización de la investigación sanitaria, así como promovido el crecimiento en la docencia en el grado de Medicina.

La gerencia del área Sanitaria de Vigo le felicita por este nombramiento, que supone un respaldo a su apuesta por el campo investigador, en estos momentos en el que la labor científica es fundamental.

Aprovechar la experiencia
En la Resolución de la Consellería de Sanidad, además del doctor Lorenzo, se nombra también a otros dos eméritos de diferentes áreas sanitarias. Con estas designaciones se pretende reconocer el prestigio y la importancia de estos profesionales sanitarios jubilados, así como facilitar -durante el período de tiempo establecido- la existencia de una relación activa con la institución sanitaria de adscripción, realizando funciones de consultoría, asesoría y formación, aprovechando de esa forma la experiencia y los conocimientos adquiridos durante la vida laboral previa a su jubilación. Este nombramiento tiene vigencia durante un período de un año prorrogable a otro mas.