La Xunta se compromete a acabar este mismo mes la evaluación ambiental del PXOM de Vigo

0

La vicepresidenta Ángeles Vázquez destaca que el pasado 24 de julio el Ayuntamiento envió la documentación, que fue supervisada en tres días hábiles por los técnicos autonómicos, que se pusieron en contacto con el equipo redactor del Concello para indicarles que falta documentación «imprescindible»

La vicepresidenta segunda de la Xunta y conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, se ha comprometido a «esforzarse al máximo» para acabar este mismo mes de agosto la evaluación ambiental del Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) del Ayuntamiento de Vigo. No obstante, todavía esperan desde el gobierno gallego la documentación que tiene que ser aportada por el gobierno local.

Durante una visita ayer a la ciudad, la vicepresidenta señalaba que la Xunta pretende «tomar la delantera» y se va a «esforzar al máximo» para sacar adelante la evaluación ambiental en un mes, pese a que se dispone de tres meses para realizarla. «Se adquirió un compromiso que se va a llevar a cabo en un mes», indicaba.

En este sentido, ha recordado que el pasado 24 de julio el Ayuntamiento envió a la Xunta la documentación, que fue supervisada en tres días hábiles por los técnicos autonómicos, que se pusieron en contacto con el equipo redactor del Ayuntamiento para decirle que falta documentación «imprescindible». «Esta documentación, por un lado, es una relación de las administraciones a las cuales se les pidió los informes sectoriales y el compromiso que adquiere el Ayuntamiento de que se van a llevar a cabo los condicionantes de esos informes. Eso no viene dentro de la documentación», subrayó Vázquez.

La vicepresidenta también indicaba que otros papeles que se le pidió a Vigo, al igual que a los más de 100 municipios gallegos que ya tienen aprobado el PXOM, es qué métodos utilizaron para poder llegar a la población en sí, y las alegaciones que tuvieron y cuáles son los resultados de esas alegaciones. «Como estoy convencida de que todo ese trabajo se hizo y debe estar bien hecho, yo lo que tengo que pedir es máxima celeridad, y digo máxima porque si en tres días comprobamos que falta esa información imprescindible, ahora nos queda el mes de agosto antes de que decaigan las normas provisionales», apuntaba la conselleira.

Estas declaraciones llegaban después de que la concejala da Urbanismo y Vivienda, María José Caride, criticase la semana pasada que la Xunta «lleve retrasando más de doce meses la aprobación del PXOM», asegurando que se espera desde hace un año por los informes del Ejecutivo autonómico.

O BNG solicita todas as cartas de interese enviadas polo Concello de Vigo a promotoras de concertos dende 2022

0

A fronte nacionalista reclama acceso a esta documentación diante das “continuas falsidades” do Goberno municipal sobre o patrocinio de Guns N’ Roses, entre elas que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna era similar a moitas outras emitidas

Xabier P. Igrexas: “Do que dependa do BNG, as viguesas e vigueses van coñecer toda a verdade, caia quen caia, de como xestiona os recursos públicos o Goberno de Caballero”

O Bloque Nacionalista Galego demanda acceso a todas as cartas de interese enviadas polo Concello de Vigo a promotoras artísticas dende o pasado 1 de xaneiro de 2022. Así o anunciou este mércores o portavoz municipal da fronte nacionalista, Xabier P. Igrexas, quen asegurou que esta solicitude está motivada polas “continuas falsidades e mentiras” do Goberno local en relación ao concerto de Guns N’ Roses.

“Facémolo no obxectivo de seguir avanzando no esclarecemento profundo do sucedido no irregular e frustrado proceso de patrocinio publicitario da actuación da banda estadounidense”, subliñou Igrexas. Dende o Bloque retan desta forma ao Goberno municipal a demostrar que se enviaron outras cartas de interese, tal e como afirmou repetidas veces o voceiro socialista, Carlos López Font, para tentar xustificar que non existía un preacordo coa promotora de Guns N’ Roses e que estas misivas se tratan dun procedemento habitual.

“Por iso queremos coñecelas todas e o seu contido”, salientou o portavoz do BNG de Vigo. Nese sentido, lembrou como o propio Font negou nun primeiro lugar a existencia dunha carta de interese para, posteriormente, asegurar que se trataba dun documento xenérico e sen compromisos concretos. Afirmacións que, tras facer pública o BNG a misiva enviada á promotora Sweet Nocturna, quedaron en evidencia como “falsidades para encubrir todo o sucedido”. Así, o documento contiña datos específicos sobre o concerto de Guns N´ Roses e o importe a pagar, e foi emitido malia as advertencias da Asesoría Xurídica do propio Concello.

Igrexas avanzou que esta solicitude é “un paso máis” dentro do proceso de análise en detalle das case 4.300 páxinas de documentación municipal relacionadas coa actuación da banda estadounidense e o patrocinio publicitario. “Do que dependa do BNG, as viguesas e vigueses van coñecer toda a verdade, caia quen caia, de como xestiona os recursos públicos o Goberno municipal de Abel Caballero”, remachou.

Detenido por agredir a agentes de la Policía Local en el concierto de la Orquesta Panorama

0

A las 01:15 horas del día 01 de agosto, mientras los agentes de Policía Local de Vigo se encontraban formando parte del dispositivo de seguridad ubicado en la Avda de Fragoso debido a la actuación de la Orquesta Panorama, observaron entre el tumulto que se estaba produciendo una reyerta entre un grupo de jóvenes, por lo que se dirigieron al lugar logrando separar y disolver la pelea.

Uno de éstos jóvenes mostraba una actitud altamente agresiva y violenta dirigiéndose concretamente hacia una chica, tratando de intimidarla, siendo apartado en varias ocasiones por los funcionarios policiales, quienes insistieron en numerosas ocasiones para que cesase en su actitud, haciendo caso omiso a lo ordenado.

Mientras trataban de calmarlo y convencerlo para que depusiese su actitud , J.F.A. de 42 años golpeó a uno de los agentes, por lo que fue detenido, mostrando una resistencia activa, intentando agredir a los Policías actuantes por lo que éstos tuvieron que utilizar la fuerza mínima imprescindible para reducirlo. El hombre fue trasladado a dependencias policiales e informado de sus derechos y de los motivos de su detención como investigado por un delito de desobediencia, resistencia y atentado a agente de la autirodad.

Máis de 500 persoas participan esta semana no programa da Deputación “En ruta coa Depo”

0

Veciños de Arbo, A Estrada, Gondomar, Marín, Mondariz, Mos, As Neves, Salceda, Tomiño e Vigo participan en 10 saídas para coñecer lugares singulares da provincia os días 5 e 6 de agosto

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Arbo, A Estrada, Gondomar, Marín, Mondariz, Mos, As Neves, Salceda de Caselas, Tomiño e Vigo mobilizarán un total de 540 persoas (54 cada unha) para coñecer emblemas da provincia como a Illa de Ons, Portonovo, as Illas Cíes, o barrio mariñeiro do Berbés, a Illa de San Simón ou a Ruta das Maceiras da Estrada.

5 entidades da provincia sairán con “En Ruta coa Depo” este sábado 5 de agosto. A Asociación de Veciños de Forcadela, de Tomiño, e a Asociación Anpas Landras, de Salceda, viaxarán á Illa de Ons e á localidade mariñeira de Portonovo (Sanxenxo). Ademais, as Illas Cíes e o barrio mariñeiro vigués do Berbés recibirán a visita de tres colectivos: a Asociación de Veciños de Santa Apolonia de Guimarei, da Estrada, a Asociación de Nai e Pais de Alumnos do CEIP Peña de Francia, de Mos, e a Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Cernadela, de Mondariz.

O día seguinte, o domingo 6, terán lugar as outras 5 rutas da semana. Membros da Asociación de Veciños e Amigos Kenchodiría de Barcela, en Arbo, e da Asociación de Veciños Laberinto de Mogor de Marín, descubrirán a Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. A Asociación Cultural San Roque de Morgadáns de Gondomar e a Asociación de Veciños San Cibrán de Ribarteme, das Neves, realizarán a ruta “Camelias señoriais e Ruta das Maceiras” na que visitarán os pazos de Lourizán e Gandarón (Pontevedra) e mais o pazo de Oca e a Ruta das Maceiras de Callobre (A Estrada). Por último, a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral, en Vigo, viaxará ata a Illa de San Simón nunha ruta que parará tamén no Castelo de Soutomaior, Ponte Sampaio (Pontevedra) e o Museo Meirande de Redondela. A través de “En Ruta coa Depo”, a Deputación de Pontevedra ofrece 33 rutas temáticas nas que este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial. Delas, 300 prazas son financiadas ao 100% co obxectivo de achegar a iniciativa ás persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social. O programa inclúe o desprazamento de ida e de volta en autobús, unha visita guiada cunha persoa habilitada como guía de turismo especializada de Galicia, e mais un xantar.

Aberta a inscrición no Programa universitario para o emprego e a vida autónoma das persoas con diversidade intelectual

0

Pasa dun curso de duración a dous e ofrece 15 prazas entre Vigo e Ourense

O obxectivo é mellorar a súa formación académica e preparación laboral como cidadáns activos

Cun acto de graduación como o resto do alumnado da UVigo remataban hai unhas semanas a súa formación as doce persoas que participaron no curso 2022/2023 no Programa universitario para o emprego e a vida autónoma para persoas con diversidade intelectual. Esta iniciativa, que ten como obxectivo dotar ás e aos participantes de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos, abre agora o período de preinscrición de cara á edición do vindeiro curso, que chegará con múltiples novidades de duración e estrutura académica. 

Como explica a coordinadora do programa e vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Maribel Doval, a UVigo é unha das 31 universidades españolas que ofertan este título, cuxo obxectivo principal é proporcionar formación universitaria a mozos e mozas con discapacidade intelectual poñendo o foco en aumentar a súa autonomía e preparalos para o mundo laboral. As e os participantes adquiriren habilidades e competencias necesarias para aumentar as súas posibilidades de inclusión social e laboral, desenvolven experiencias inclusivas e de normalización dentro da comunidade universitaria da UVigo e adquiriren unha formación integral e personalizada para que poidan participar como membros de pleno dereito na súa comunidade. Deste xeito, a institución académica implícase na inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través da formación e a mellora da súa empregabilidade e tamén abre as súas portas a aquelas e aqueles que logo queiran continuar co seu ciclo formativo, accedendo aos estudos universitarios que ofrece a UVigo. 

O programa, que arrancou en 2021, está destinado a persoas con idades comprendidas entre 18 e 29 anos, con discapacidade intelectual recoñecida igual ou superior ao 33 % e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de solicitude das prazas para o próximo curso está aberto ata o 8 de setembro e a matrícula está subvencionada na súa totalidade, xa que se trata dunha formación financiado polo Programa Unidiversidad da Fundación ONCE e cofinanciado polo FSE+. En total ofértanse 15 prazas que se repartirán entre os campus de Vigo e Ourense, de igual xeito que no curso pasado, e a docencia impartirase entre o 18 de setembro e o 7 de xuño. 

Principais novidades: dun curso de duración a dous

Respecto das dúas primeiras edicións, o vindeiro curso o programa presenta varias novidades destacables, como explica a vicerreitora Maribel Doval. Por unha banda, decidiuse realizar un cambio de estrutura do título, pasando de ter un ano de duración e 40 créditos a artellarse en dous cursos académicos de 60 créditos cada un. Así, a docencia comprenderá 600 horas presenciais, que se impartirán en facultades dos campus “en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que achega a diversidade” e outras 200 horas de prácticas en empresas. Ademais, o título desenvólvese en colaboración coas asociacións Down Vigo e Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.

A formación que reciben os mozos e mozas é eminentemente interdisciplinar e a docencia corre a cargo tanto de profesorado da UVigo como dos profesionais de Down Vigo e Ourense, que ademais realizan apoios activos dentro da aula, actuando como especialistas en pedagoxía terapéutica. Entre as materias que se recollen no programa están: habilidades emocionais, matemáticas, cultura e sociedade, expresión e comunicación, ciberseguridade e ética ou obradoiros de igualdade de xénero, de elaboración e presentación dun currículo, de emprendemento, de vida saudables, de inglés, etc. A maiores destas materias obrigatorias ofértanse tres itinerarios optativos, dous deles en Vigo sobre formación laboral en administración e xestión e sobre formación laboral en validador lectura fácil e un terceiro en Ourense centrado na formación laboral en xestión turística, do patrimonio e a cultura. Ademais, o alumnado participará en actividades inclusivas nas aulas da Universidade de Vigo, obradoiros, actividades deportivas e de extensión universitaria e saídas e visitas de estudo.

Respecto das novidades, como avanza a vicerreitora, de cara a esta nova edición tratarase de incluír algún egresado ou egresada das dúas primeiras edicións como asistente de aula para algunhas das actividades ou obradoiros programados. Precisamente, respecto aos talleres, avanza que se impartirá un de emprendemento en colaboración coa Fundación Ronsel e a ONCE; un tándem lingüístico con estudantado Erasmus; un para o deseño dunha campaña de comunicación do título propio e outro de saúde emocional. Finalmente, tamén se ampliará a programación de visitas, por exemplo, a empresas do sector da automoción e da alimentación, así como a museos ou escavacións arqueolóxicas. Finalmente, engade Doval, “tentaremos testar un piloto de módulo de formación en validación de accesibilidade e usabilidade, que se centrará principalmente na subtitulación de vídeos e accesibilidade arquitectónica e web”. 

Paralelamente a todo isto, dende a Vicerreitoría estase a traballar na futura posta en marcha dunha Cátedra UVigo Diversidade, de carácter público-privado, para apoiar con máis recursos financeiros o desenvolvemento do título, que a vicerreitora agarda que se poida poñer en marcha en 2024.

El PP reclama completar la remodelación del paseo Paz Andrade de Bouzas con la mejora del paso interior desde Casiano Martínez

0

El edil Miguel Martín señala que se trata de una conexión muy utilizada por los vecinos de Bouzas en “absoluto estado de abandono”, por lo que demanda una intervención “urgente” en la zona

Insiste en incluir este espacio en el programa municipal Vigo Cidade de Cor y contribuir a través del arte a mejorar la imagen de la villa marinera

El concejal del PP Miguel Martín ha reclamado este miércoles al Gobierno local socialista completar la remodelación del paseo Paz Andrade de Bouzas con la mejora del paso interior desde Casiano Martínez. Según ha expuesto, se trata de una conexión muy utilizada por los vecinos de la villa marinera que se encuentra en absoluto estado de abandono.

En su opinión, la zona requiere de una intervención “urgente”, que incluya la reforma de las escaleras que dan acceso al paseo y que presentan “una imagen lamentable, con suciedad, la pintura desconchada y grafitis”, ha señalado.

Entiende el edil del PP que la actuación del paseo, que ha durado cuatro largos años -dos años de vallado y otros tantos en obras- es “insuficiente”. “Resulta incomprensible que no se haya aprovechado la ocasión para adecentar este paso interior en concordancia con el paseo en el que desemboca”, ha dicho, para recordar que es una demanda reiterada de los vecinos de Bouzas.

En este sentido, ha pedido que se atiendan las peticiones presentadas en el registro del ayuntamiento para que este paso interior se sume al programa Vigo Cidade de Cor y contribuir a través del arte a mejorar la imagen de la villa. A modo de conclusión, Martín ha atribuido a la “dejadez” del Ejecutivo local del PSOE que vecinos y turistas tengan que atravesar un espacio “descuidado y que provoca rechazo”, y le ha reprochado que “se limite a mejorar sólo aquello que se ve a simple vista”. “Se tratade una actuación sencilla, pero que mejoraría sensiblemente la imagen del paseo”, ha dicho.

A Xunta e as deputacións provinciais acordan continuar as negociacións para a prestación do servizo contraincendios e salvamento

0

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou xunto cos representantes das catro deputacións o protocolo de colaboración para traballar de xeito conxunto

As forzas sindicais representantes dos traballadores dos parques de bombeiros comarcais rexeitaron adherirse ao acordo a pesar de recoller as súas demandas, e néganse a desconvocar a folga indefinida

Prevese a sinatura dun convenio colectivo en cada consorcio coas mellores condicións que xa tiñan os traballadores para logo iniciar a negociación de novos convenios e homoxeneizar as condicións laborais de todos os parques de bombeiros

A Xunta apoia as deputacións provinciais para continuar as negociacións co persoal do servizo contraincendios e salvamento a través dun protocolo de colaboración asinado hoxe polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, os presidentes das deputacións de Ourense, Luis Menor, e de Pontevedra, Luis López, e os deputados José Ramón Rioboo e Pilar García en representación das da Coruña e Lugo, respectivamente.

As forzas sindicais representativas dos traballadores dos parques de bombeiros comarcais, que mantiveron reunións con representantes das administracións o 22 de xuño e o 13 de xullo pasados, rexeitaron sumarse ao acordo, pese a que este recolle as súas demandas, así como o compromiso das centrais a restablecer a normalidade no servizo. A pesar disto, o Goberno galego e as deputacións manteñen o ofrecemento para avanzar na negociación.

O acordo fixa a vontade de traballar de xeito conxunto para aplicar a sentenza do 28 de xaneiro de 2022 ao persoal subrogado dos consorcios provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra de prestación do Servizo contra incendios e salvamento, mantendo a condición de persoal indefinido fixo que tiñan no momento da subrogación co gallo do modelo de xestión.

Con este obxectivo, como primeiro paso prevese a sinatura dun convenio colectivo en cada un dos consorcios no que se recollan as mellores condicións dos convenios que tiñan os traballadores coas empresas prestadoras do servizo. Búscase así que a fixeza do persoal se realice cun procedemento coas garantías legais necesarias, tal e como xa acordara a Xunta coas deputacións provinciais e consonte aos criterios da sentenza. O texto asinado recolle que ese convenio se formalizará á maior brevidade posible e que terá unha vixencia dun ano.

A partir desta sinatura, as partes implicadas comprométense a iniciar o vindeiro setembro a negociación de novos convenios colectivos para homoxeneizar as condicións laborais do persoal dos catro consorcios e que entrarían en vigor en outubro de 2024. En paralelo, principiarase a tramitación das respectivas Relacións de Postos de Traballo (RPTs).

Cómpre lembrar que a prestación do servizo contra incendios é competencia municipal e conta co apoio económico da Xunta, que achega máis do 50% do custo do servizo no conxunto de Galicia. En 2018 formulouse a posibilidade do cambio de modelo de xestión para pasar de indirecta a directa nos 24 parques de bombeiros dos consorcios provinciais, unha decisión que foi apoiada polo Goberno galego coa condición de que non suporía un aumento do custo nin maiores achegas económicas da administración autonómica. Deste xeito, unha vez culminados os trámites neste ano no de Ourense, os consorcios funcionarán en todas as provincias con xestión directa, o que implica a subrogación dos efectivos das empresas que prestaban o servizo. O cambio de modelo require a subrogación en réxime de indefinido non fixo, para posteriormente a través dun proceso selectivo converter o persoal en indefinido do consorcio.

Voltfer instala más de 12.000 paneles solares en industrias del mar y conserveras del área de Vigo

0

Grandes congeladores, centros logísticos y de transformación de productos del mar y conserveras dan un salto al autoconsumo fotovoltaico para reducir su dependencia energética y protegerse frente a los vaivenes del mercado en los precios de la energía

El Grupo Pereira acaba de incorporar casi 1.300 módulos solares en sus frigoríficos del Puerto de Vigo y Pazos de Borbén de la mano de la división de renovables del Grupo Alvariño

Grupo Pereira ha reforzado su apuesta por la energía fotovoltaica de autoconsumo de la mano de Voltfer, división del Grupo Alvariño especializada en energías renovables. El Grupo vigués, referente en el sector de la pesca y transformación de productos del mar, acaba de incorporar en su frigorífico del Puerto de Vigo un total de 641 paneles solares, que se suman a otros 641 que han entrado recientemente en funcionamiento en su planta de Pazos de Borbén, ambas de 330 kW de potencia. Con las dos instalaciones, el Grupo se autoabastece con una producción de más de 805.000 kWh que cubren en torno al 20% de las necesidades de consumo energético de estos dos congeladores y evitan la emisión de más de 250 toneladas equivalentes de CO2 a la atmósfera. 

El presidente del Grupo Pereira, José Enrique Pereira, afirmó que esta inversión se engloba dentro de una estrategia de sostenibilidad global en la que el compromiso ambiental está en el centro. “Consideramos que es posible mejorar la competitividad de nuestra empresa y reducir nuestra huella de carbono a través de la inversión en energías renovables”. 

6 MW instalados en empresas del sector del Mar

En la entrega de esta instalación al Grupo Pereira, el presidente del Grupo Alvariño, José Manuel Fernández Alvariño, aseguró que “los grandes frigoríficos, empresas de transformación de productos del mar y conserveras están dando un salto decidido al autoconsumo fotovoltaico como principal aliado para reducir su dependencia energética y mitigar el impacto y las fluctuaciones de los precios de la electricidad”. En este sentido, detalló que Voltfer, la división de renovables del Grupo ha instalado en los últimos 3 años más de 5,8 MW en empresas del sector del mar en el área de Vigo. “Entre frigoríficos, plantas de transformación y conserveras hemos instalado más de 12.000 paneles solares sólo en el entorno de Vigo”.

Para estas empresas, “se trata de una apuesta por la sostenibilidad, abordando la transición energética de la mano de una fuente de energía renovable y no contaminante, la energía solar fotovoltaica, que además permite grandes ahorros desde el primer momento y una amortización a corto plazo de las inversiones realizadas”, dijo.

Firmas como el Grupo Pereira, Fandicosta, Casa Botas, Mascato, Frioya y Frialia Logística, Friotea, Frigalsa o Galiciamar, referentes en el sector de la transformación, la logística y la comercialización de productos de la pesca en Galicia, mayoristas de mariscos y conserveras de la provincia como Cerqueira, Friscos, Cermar o Antonio Pérez Lafuente lideran esta apuesta por el autoconsumo en alianza con Voltfer y Enertra.

“Se trata de empresas cuya actividad implica una elevada demanda de energía, para las que el precio de la electricidad tiene un impacto crucial en los resultados”, explica José María Fariña, director técnico de Voltfer. Por ello, “una instalación de este tipo es un elemento decisivo para la competitividad, permitiendo ahorros importantísimos en electricidad, y que además puede acometerse sin necesidad de inversión si se opta por una modalidad de PPA, como las que ofrece Voltfer”.   Las grandes instalaciones ejecutadas por Voltfer en estas empresas del sector del mar, en su conjunto, implican una apuesta clara por la sostenibilidad en el sector, contribuyendo a la reducción de gases de efecto invernadero en unas más de 2.200 toneladas de CO2 cada año.

«Somos presente, somos futuro»: COGAMI reclama máis atención para as nenas, nenos e adolescentes con discapacidade

0

En Galicia hai 343.281 persoas con discapacidade recoñecida, das que 9.189 teñen entre 0 e 15 anos

Anxo Queiruga: “As nenas e nenos con discapacidade son o futuro, polo tanto, teñen que recibir os apoios e atención necesarios para favorecer o seu desenvolvemento”

COGAMI pon en valor os programas de atención dirixidos a nenas e nenos con discapacidade que favorecen o seu desenvolvemento persoal

En Galicia hai 9.189 menores con discapacidade con idades comprendidas entre os 0 e os 15 anos, dos que o 34% teñen recoñecida unha discapacidade física, segundo últimos datos publicados pola Xunta de Galicia. Nestas etapas de crecemento é fundamental coidar e protexer a estes nenos e nenas, por iso dende COGAMI existen programas e servizos específicos dirixidos á mellora da súa autonomía persoal.

Actualmente, 264 nenas e nenos de 0 a 6 anos asisten ao servizo de Atención Temperá que lles ofrece COGAMI na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño e nos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Sada e Arteixo, facilitando unha atención máis próxima,  evitando que as familias teñan que desprazarse ás cidades. “Este servizo é fundamental nos primeiros anos de vida do menor que ten algún trastorno de desenvolvemento ou discapacidade recoñecida”, explica Álvaro García, coordinador do Servizo de Atención Temperá de COGAMI, quen engade que “recibir logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional e atención psicolóxica nas etapas de 0 a 6 anos, permite potenciar a autonomía persoal destes nenos e nenas”.

Tamén resulta fundamental o traballo directo coas familias, ás que COGAMI presta apoio e asesoramento a través do servizo de Intervención Social. No que levamos de ano, algunhas das demandas recibidas foron sobre xestións administrativas, solicitude de produtos de apoio e relacionadas co ámbito educativo, como a petición dunha persoa voluntaria para axudar superar o curso académico, ademais de requirir apoios para tramitar a solicitude de persoal coidador nos centros de ensino ou para tramitar queixas por serlle denegado o transporte adaptado a alumnado con mobilidade reducida de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.

O ensino é obrigatorio e as aulas deben ser inclusivas, por iso en COGAMI trabállanse programas formativos específicos dirixidos a profesorado e alumnado, para sensibilizar sobre a discapacidade e traballar nunha sociedade educativa máis inclusiva. Segundo o presidente, Anxo Queiruga, “as nenas e nenos con discapacidade viven moitas situacións discriminatorias motivadas pola invisibilidade, escaseza de apoios e sobreprotección familiar”.

A familia e a comunidade son o soporte para a aprendizaxe do menor e facilitan a inclusión social. COGAMI, en colaboración con COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) desenvolve un proxecto educativo que pretende promover a escola inclusiva e a igualdade de oportunidades do alumnado con discapacidade. Dende que iniciou en 2016, neste programa participaron case 17.000 persoas entre escolares, profesorado e familias. Outro programa que beneficia o desenvolvemento dos menores é o Programa Integral de Promoción da Autonomía Persoal que COGAMI desenvolve nas instalacións do CEGADI, en Santiago de Compostela. Durante este ano atenderon a 11 menores con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos. Este proxecto conta con persoal cualificado en fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, neuropsicoloxía, psicoloxía e traballo social que tratan a estes menores dous días por semana e por un período dun ano. Mentres que os adolescentes chegaron demandando apoio tanto físico como psicolóxico para poder ter máis autonomía no seu día a día, os máis pequenos presentaban déficit na atención, dificultades na comunicación e necesidades físicas.

Stellantis Vigo para de nuevo el viernes parte de su producción por falta de piezas

0

El Sistema 2 de la fábrica de Balaídos, donde se montan las furgonetas de las diferentes marcas del consorcio, permanecerá sin actividad en los tres turnos

La factoría viguesa del grupo Stellantis parará este viernes parte de su producción ante a la falta de ciertos componentes necesarios para el ensamblaje de sus vehículos.

Tal como ha informado la compañía a los trabajadores, el Sistema 2 de la fábrica de Balaídos, donde se montan las furgonetas de las diferentes marcas del consorcio, permanecerá sin actividad en los tres turnos del viernes.

«Por causas de fuerza mayor, a consecuencia de la falta de aprovisionamientos, se suspende la actividad del Sistema 2 en los tres turnos del viernes 4 de agosto», indica la empresa.