O presidente da Xunta e o alcalde de Vigo acordan avances en diversos ámbitos de interese para a cidade

0

Rueda destaca o encontro con Caballero como “cordial e construtivo” e considera “positivo” que quede aberta unha canle de comunicación entre ambas institucións

Salienta o acordo para cofinanciar ao 50% as obras das pistas de atletismo do estadio de Balaídos

Informa da vontade do Goberno galego de estudar a proposta realizada polo rexedor vigués, baseada na sinatura dun convenio a tres bandas coa Zona Franca para desbloquear os terreos da ETEA e permitir que se constrúan a residencia de maiores promovida pola Fundación Amancio Ortega e o Campus Mar

Celebra a decisión do Concello de sumarse á a sinalización oficial do Camiño na cidade, a “única cidade europea” que non conta con ela

Ambas partes acordaron a necesidade de facer un “seguimento conxunto daquelas infraestruturas que ten que executar o Goberno central e que son absolutamente fundamentais para Vigo, a súa comarca e tamén para Galicia”

O titular autonómico manifesto a intención de organizar espectáculos, especialmente musicais, conxuntamente entre a Xunta e o Concello de cara á programación do próximo Xacobeo 27

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o seu compromiso do Goberno galego coa cidade de Vigo, no ámbito de competencia autonómica, e celebrou a vontade do Concello de colaborar para sacar adiante moitos proxectos conxuntos que están pendentes.

Así, indicou o acordo por ambas partes de, mediante a sinatura previa do correspondente convenio, financiar ao 50% as obras das pistas de atletismo do estadio de Balaídos. “Creo que esta é unha boa nova xa que desbloquea unha infraestrutura ansiada e que vai ser moi utilizada non só polos deportistas de Vigo, senón por outros moitos desta comarca que as utilizan”, manifestou Rueda

Trátase dun dos principais acordos que saíron da reunión mantida co alcalde da cidade, Abel Caballero, a cal Rueda valorou como “cordial e construtiva” e considerou “positivo” que ambas Administracións poidan sentarse para abordar conxuntamente asuntos de interese para os vigueses. “Quedou aberta unha canle de comunicación entre institucións que eu celebro”, aseguro.

Desbloqueo da ETEA

O presidente tamén informou da proposta realizada polo rexedor vigués, baseada na introdución dun terceiro actor, a Zona Franca, nas obras da ETEA para desbloquear os seus terreos e permitir que se constrúan alí a residencia de maiores promovida pola Fundación Amancio Ortega e o Campus Mar que impulsa a Universidade de Vigo.

“É unha proposta que temos que estudar pero que parece que pode ter viabilidade, en principio, e vai permitir desbloquear o ámbito PS1 da Etea”, indicou Rueda, ao mesmo tempo que sinalou que ese posible acordo a tres bandas executar faría posible un aparcamento na zona e a urbanización necesaria para que esas parcelas poidan comezar a ter a actividade prevista.

Sinalización do Camiño

Por outra banda, o titular autonómico celebrou a decisión do Concello de sumarse á a sinalización oficial do Camiño na cidade, a cal está próxima a licitarse tal e como lle trasladou Caballero. “Creo que é unha decisión necesaria, xa que non era entendible que Vigo fose a única cidade europea que non conte con ela”, indicou, ao tempo que asegurou que vai beneficiar tanto a peregrinos como hostaleiros e comerciantes.

Compromiso coas infraestruturas

No encontro desta mañá, tamén se acordou a necesidade de facer un “seguimento conxunto daquelas infraestruturas que ten que executar o Goberno central que son absolutamente fundamentais para Vigo, a súa comarca e tamén para Galicia”.

Neste sentido, o presidente da Xunta puxo como exemplo a “necesaria Saída Sur” para conectar coa rede de alta velocidade portuguesa, a conexión de Vigo coa alta velocidade pola meseta e todo o relacionado co Corredor Atlántico. “Que o Concello de Vigo e a Xunta estean xuntos nesta coordinación para esixir estes compromisos creo que tamén é unha moi boa nova”, indicou.

Ademais, amosou a vontade do Executivo galego para colaborar no grupo de traballo proposto polo Goberno local para “avaliar e coordinarse nas políticas de vivenda que hai que facer na cidade máis poboada de Galicia”. “Que o Concello de Vigo decida implicarse e coordinarse coa Xunta na execución conxunta en materia de vivenda é moi salientable e creo que poden saír resultados moi positivos”, engadiu.

Alfonso Rueda informou tamén que o encontro serviu para manifestar a “conformidade” da Xunta de retomar o proxecto do túnel de Beiramar, aínda que será necesario actualizar as necesidades actuais, o seu custe e as afectacións.

Grandes concertos conxuntos

Por último, o presidente do Goberno galego manifestoulle a intención ao alcalde vigués de organizar espectáculos, especialmente musicais, conxuntamente entre a Xunta e o Concello de cara á programación do próximo Xacobeo 27. “Dentro dunha programación que estamos deseñando xa, creo que a cidade de Vigo non debería quedarse sen esa colaboración entre municipios e Xunta para traer grandes espectáculos ás cidades galegas”, indicou Rueda.

El SL Benfica marcará el inicio de la temporada del RC Celta

0

El RC Celta va ultimando la que será su pretemporada de LALIGA EA SPORTS 2024/25. Los celestes viajarán a Portugal para enfrentarse al SL Benfica el próximo 13 de julio a las 20h española. El encuentro, que se disputará en el Estadio Municipal de Águeda, podrá seguirse en directo a través del canal de YouTube del RC Celta.

Los de Claudio Giráldez se medirán a todo un histórico de la máxima categoría del fútbol portugués que forma parte de los Tres Grandes, junto al Porto y al Sporting de Lisboa, al ser uno de los tres únicos equipos que nunca han descendido de categoría.

El SL Benfica es el club más laureado en competiciones nacionales del país vecino. Ha obtenido el récord de alcanzar 37 campeonatos de Liga y 26 Copas de Portugal, 7 Copas de la Liga, 8 Supercopas de Portugal y 3 Campeonatos de Portugal. A nivel internacional, ha ganado dos Copas de Europa de manera consecutiva, en 1961 y 1962 y una Copa Europea Latina en 1950. Además, ha sido subcampeón de la Copa de Europa en 1963, 1965, 1968, 1988 y 1990, y de la Europa League en 1983, 2013 y 2014. Todo un palmarés por el que es conocido como El Glorioso y que lo sitúa como uno de los mejores equipos a nivel europeo.

El primer equipo del RC Celta dará así el pistoletazo de salida a su pretemporada con un encuentro de máximo nivel, ante el conjunto dirigido por Roger Schmidt, con el objetivo de preparar de la mejor manera el próximo curso.

Concédenlle á UVigo catro proxectos Interreg Sudoe financiados con máis de 8 millóns de euros

0

Abarcan temas como contaminación de augas, xestión de residuos agrícolas ou prevención de incendios

Presentáronse seis propostas e concedéronse catro. Nunca antes a Universidade de Vigo acadara unha taxa de éxito tan elevada nas diferentes convocatorias do Programa Interreg Sudoe, financiado  a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder, e dedicado á cooperación transnacional. A UVigo coordina dous destes proxectos, financiados con 3,21 millóns de euros, e participa noutros dous cuxo financiamento roza os 5 millóns. Son en total máis de 8 millóns de euros dos que preto de 700.000 lle corresponden de xeito directo á institución académica viguesa.

Os proxectos aprobados son froito de consorcios compostos por socios públicos e/ou privados procedentes de rexións de diferentes países do sudoeste europeo, incluíndo España, Portugal, Francia, Xibraltar e Andorra. Presentáronse a este programa un total 144 propostas, das que finalmente se concederon 34, en catro das cales participa a Universidade de Vigo: por unha banda, Aquapred, Sistema de control e prevención de contaminantes en augas mineromedicinais mediante Intelixencia Artificial, e NewPower, Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerías multiproduto escalables, coordinados ambos pola Universidade de Vigo, e, pola outra, Alert-PFAS, Estratexia transnacional para detectar e previr a contaminación por PFAS, e Use4Forest, Estratexia para a prevención de incendios no Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais.

“Está claro que a UVigo xa ten un nivel de excelencia moi aceptable e o noso persoal investigador é quen de acadar este financiamento europeo”, explica  a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación Belén Rubio, quen se amosou “enormemente satisfeita”. A maiores fai tamén referencia ao traballo do persoal técnico e administrativo da Oficina de Proxectos Internacionais, OPI, “que coa súa dirección e axuda aos investigadores e investigadoras fomentan o éxito nestas convocatorias”. A modo de exemplo, a vicerreitora indica que “no que vai de ano presentáronse xa un total de 87 propostas de proxectos europeos nas que participa a Universidade de Vigo, 53 no programa Horizon Europe, que é un dos máis esixentes”. 

Aquapred, control de contaminantes mediante IA

Financiado con 1,87 millóns de euros e dirixido desde a UVigo polo profesor José Luis Legido, Aquapred é un consorcio formado por 15 entidades españolas, portuguesas e francesas que inclúen universidades como a Universidade da Coruña ou as universidades de Bordeaux e Pau; o Instituto Politécnico de Bragança, o centro de valorización AquaValor; institucións como a Axencia Turismo de Galicia, comunidades municipais e intermunicipais do norte de Portugal, e numerosas entidades do sector termal como os balnearios de Augas Santas e O Raposo, a cadea Caldaria, e o clúster termal francés Aqui O Thermes.  

Aquapred, segundo explicaron os seus responsables na presentación oficial  no Balneario Termal de Laias hai unhas semanas, é un proxecto multiterritorial e multidisciplinario enfocado á monitorización e control da auga termal/mineromedicinal dos balnearios e á predición de contaminantes, baseándose na dixitalización dos datos en tempo real dos parámetros fundamentais da auga mineromedicinal e a análise continua de ditos datos por un sistema de Intelixencia Artificial. Este sistema, tal e como detallaron na presentación, permitirá realizar “un control preventivo automático sobre os elementos de tratamento da auga que non afecte ás súas propiedades medicinais e desenvolver un modelo de deep learning que permita predicir a posibilidade de aparición de contaminantes en ditas augas (como a lexionela ou a e. coli)”.

NewPower, valorización integral dos residuos agroforestais

No caso de NewPower, Valorización integral de residuos agroforestais: novas biorrefinerías multiproduto escalables, dirixido polo catedrático da Facultade de Ciencias Gil Garrote e financiado con 1,34 millóns de euros, abordará problemáticas relacionadas coa alta xeración de residuos agrícolas e forestais que contribúen a causar incendios. Das 20 entidades que forman o consorcio, 11 reciben financiamento e 9 participan como asociadas. Os socios inclúen centros de I+D de Bragança, Braga, Toulouse, Povoa de Varzim, Abrantes ou Viseu; e empresas e cooperativas forestais con actividade no sur de Francia, norte de Portugal e noroeste español. 

O obxectivo é contribuír á xestión sostible de residuos agrícolas e forestais desenvolvendo procesos de conversión para a produción de enerxías renovables e novos produtos de alto valor engadido. Os produtos biofuncionais poderán ser utilizados nas industrias alimentaria, farmacéutica, biotecnolóxica e na agricultura ecolóxica. 

Alert-Pfas, reducir a contaminación das escumas retardantes utilizadas contra os incendios

Coordinado pola Universidade Nova de Lisboa e financiado con 1,9 millóns de euros, Alert-Pfas, Estratexia transnacional para detectar e previr a contaminación por PFAS, vai dirixido a deseñar e implementar unha estratexia transnacional para detectar e previr a contaminación por PFAS, substancias perfluoroalquiladas y polifluoroalquiladas contidas nas escumas retardantes utilizadas contra os incendios, nos espazos naturais Sudoe, así como a mitigar os seus efectos na biodiversidade dos ecosistemas e o cambio climático.

Con socios de España, Portugal e Francia, na UVigo coordina o proxecto o catedrático do CINBIO Manuel Martínez.

Use4Forest busca mellorar a capacidade de resposta fronte aos incendios forestais

O proxecto que conta con maior financiamento, case 3 millóns de euros, é Use4Forest, Estratexia para a prevención de incendios no Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais, coordinado pola Dirección Xeral de Defensa do Monte (Xunta de Galicia), e que conta con socios, ademais, de España, Portugal e Francia. Coordinado na UVigo polo director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, o obxectivo deste proxecto é propoñer unha estratexia para a prevención de incendios no Sudoe mediante a mellora dos espazos forestais baseada en tres fases: coñecemento exhaustivo dos condicionantes do problema; desenvolvemento, proba e demostración nos territorios participantes de ferramentas innovadoras para a prevención, xestión e anticipación dos incendios forestais; e a súa transferencia e capitalización a escala Sudoe.

O BNG esixe a Caballero que cumpra os acordos da moción aprobada en marzo fronte ao grave problema da vivenda en Vigo

0

A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal non teña adoptado ningunha decisión despois de 3 meses do acordo plenario promovido polo Bloque para frear o aumento do prezo dos alugueiros e facilitar o acceso social á vivenda

Xabier P. Igrexas: “Os acordos plenarios non poden ficar en papel mollado, existe a obriga legal de dar cumprimento ás decisións aprobadas polo máximo órgano do Concello”

O Bloque Nacionalista Galego esixe Abel Caballero que execute os acordos da moción aprobada polo Pleno municipal en marzo con medidas para enfrontar o “grave” problema da vivenda en Vigo. A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal non teña adoptado ningunha decisión despois de 3 meses deste acordo plenario promovido polo BNG cunha batería de 11 propostas para frear o aumento do prezo dos alugueiros e facilitar o acceso social.

“Os acordos plenarios non poden ficar en papel mollado, existe a obriga legal de dar cumprimento ás decisións aprobadas polo máximo órgano do Concello”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen asegurou que non existe constancia de que se teña avanzado en ningún dos 11 puntos que incluían compromisos dirixidos ao Goberno español, á Xunta de Galiza e, sobre todo, ao Goberno local.

Igrexas lamentou que a única decisión coñecida polo momento é iniciar a licitación dun estudo sobre os prezos da vivenda na cidade. Un estudo que, a xuízo do Bloque, é unha “escusa” para demorar a solicitude para declarar Vigo como zona tensionada (un dos acordos recollidos na moción) malia existir datos oficiais do Instituto Galego de Vivenda e Solo que permiten “motivar sobradamente” esta medida do punto de vista legal.

Diante desta inacción, a fronte nacionalista vén de instar o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a que informe de maneira detallada de que accións ten adoptado ou cales ten previsto adoptar o Concello para executar este acordo do Pleno, así como reclamar a comparecencia da concelleira de Urbanismo no vindeiro Consello da Xerencia. “A Lei de Bases de Réxime Local fixa que os acordos do Pleno son vinculantes e, no mesmo sentido, a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas estabelece que os actos administrativos teñen carácter obrigatorio”, lembrou.

O portavoz municipal do BNG advertiu de que “non podemos tolerar que Caballero, que leva 17 anos gobernando a cidade, continúe coa súa política de brazos caídos e ollando para outro lado” mentres son cada vez máis as familias traballadoras e as mozas e mozos que “non se poden permitir o luxo” de vivir en Vigo. Así, chamou a seguir o exemplo de concellos como Santiago de Compostela que si están tomando decisións para avanzar nas solucións e garantir o dereito á vivenda. “É o momento de actuar”, afirmou.

11 medidas fronte ao problema da vivenda

A moción do BNG aprobada polo Pleno municipal en marzo deste ano, coas abstencións dos grupos municipais de PSOE e PP, formulaba alternativas fronte ao “continuado e disparado” encarecemento dos alugueiros, que rexistran “máximos históricos” cun aumento do 48,46% durante a última década; a redución de vivendas dispoñíbeis polo “brutal avance do fenómeno ultraespeculativo” dos pisos turísticos e diante da falla dun parque público de vivendas na cidade.

Entre os puntos aprobados da moción nacionalista, destacou o compromiso para mobilizar as 22 mil vivendas baleiras que existen na cidade, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, co obxectivo de incorporalas nun parque público con alugueiros a prezos accesíbeis para a maioría social. Do mesmo xeito, recolle a posta en marcha unha Axencia Local de Vivenda Protexida e Social para desenvolver estas políticas, xunto cun Observatorio Local da Vivenda para fiscalizar a evolución do mercado.

O acordo plenario insta tamén á Xunta de Galiza a destinar no mínimo a metade das 1.600 vivendas previstas no Plan Parcial de Navia se destinen para alugueiros sociais. Con respecto ao Goberno español, dende o BNG urxiron do mesmo xeito a cumprir coa demanda de cesión das vivendas titularidade da Sareb (participada maioritariamente polo Estado) a usos sociais.

Zona tensionada e pisos turísticos

Fronte a estes prezos “imposíbeis” dos alugueiros, dende o Bloque consideran que a medida máis urxente recollida na moción pasa por que o Concello logre a declaración da cidade como zona tensionada do mercado da vivenda, co obxectivo de poder despregar ás medidas de contención previstas na lei estatal para frear a escalada continuada dos prezos. O acordo tamén inclúe o compromiso de elaborar unha ordenanza municipal que permita regular a proliferación de pisos turísticos, camiño dos 2 mil en Vigo

Outra das propostas aprobadas pasa por poñer en marcha un Plan Municipal Facilitador do Alugueiro, diante das crecentes dificultades e esixencias para acceder a unha vivenda, para que o Concello asuma e responda polos avais e seguros e cunha liña de axudas municipais para anticipar os pagos das fianzas.

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación de máis de 950 persoas

0

Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia, visitarán lugares como Vigo, O Grove, A Toxa, Portonovo, Arbo, Salvaterra ou, entre outros, as illas Cíes, Ons, Sálvora e San Simón

956 persoas de 13 entidades diferentes da provincia desfrutarán nos vindeiros días de saídas ao abeiro do programa “+Convivencia” da Deputación de Pontevedra, que ofrece ás entidades a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación. Trátanse de asociacións de nove concellos (A Guarda, A Lama, Baiona, Bueu, Marín, Meis, Pontevedra, Portas, Redondela e Vigo) que descubrirán lugares como Vigo, O Grove, A Toxa, Portonovo, Arbo, Salvaterra ou, entre outros, as illas de Ons, Sálvora e San Simón.

As saídas arrancarán este mércores, 26 de xuño, con 52 persoas da Asociación de Mulleres Rurais “Mar e agro” de Bueu coñecerán a Vila Romana de Toralla, o parque de Castrelos e o Museo do Mar, en Vigo. O venres, día 28, serán 64 integrantes da Fundación Integra para a discapacidade intelectual, de Vigo, os que farán unha saída de sendeirismo polo monte Alba e pasarán un día no Parque de Humor Amarelo, tamén en Vigo.

Os percorridos continuarán o sábado, 29 de xuño, coas actividades de cinco asociacións diferentes. Neste caso  55 membros da Asociación Érguete, da Guarda, visitarán a Illa de San Simón, o Museo de Meirande, o Castelo de Soutomaior e a Illa Medal; 23 persoas da Asociación Amizade de Pontevedra realizarán unha saída náutica pola Ría de Vigo; 52 persoas da Asociación Enfermos de Artrite de Pontevedra (Asearpo), de Redondela, desfrutarán dunha xornada marítima polo Grove, A Toxa e Portonovo; 55 usuarios da Asociación Cultural Evaristo de Sela, de Vigo, visitarán o Pazo de Liñares, o Museo Ramón María Aller e o Castro de Doade; 55 persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Picaraña, da Lama, farán unha excursión ás illas de Sálvora e Ons, e 50 persoas da Asociación por un Museo do Mar para Marín coñecerán a Illa de Ons.

As últimas seis saídas desta semana terán lugar o domingo, 30 de xuño. Ese día, 54 persoas da Asociación do Traxe Galego da Guarda coñecerán a Illa de Ons; 54 membros da Asociación Amigos da Vieira de Bueu visitaran a Illa de San Simón, Vigo e o Museo de Rande; 50 persoas da Asociación de Mulleres Rurais do Concello de Meis descubrirán Arbo e Salvaterra de Miño, con visitas ao Museo Arabo e á Bodega Pazo Pegullal; 90 persoas da C.D. Portas desfrutarán dunha xornada de convivencia na provincia, e 302 persoas da ANPA Covaterreña de Baiona realizarán unha saída ás Illas Cíes.

O programa “+Convivencia”, que está dotado con 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. Oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.

Como novidade, o Goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.000 € para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Deste xeito rómpese co que acontecía ata o de agora, pois eran grandes grupos de viaxes, moi afastados das asociacións que organizaban as actividades, os que se facían coas ofertas.

Detienen a un vecino de Gondomar como presunto autor de seis robos con fuerza en gasolineras

0

El varón habría conseguido hacerse con unos 9.700 euros, iniciándose una investigación que acabó con su detención

La Guardia Civil detuvo a un vecino de la localidad pontevedresa de Gondomar como presunto autor de seis robos con fuerza en gasolineras y un autolavado de coches, donde forzaba las máquinas y extraía las monedas.

Tal como informa la Benemérita, fue durante los meses de mayo y de junio cuando se presentaron varias denuncias por propietarios de dos estaciones de servicio, alertando de tres robos con fuerza en el monedero del lavado de coches en una de ellas y dos robos con el mismo sistema en otra. Un sexto altercado se produjo en un autolavado, sustrayendo las monedas de las aspiradoras.

En total, el varón habría conseguido hacerse con unos 9.700 euros. Por ello, se inició una investigación, que acabó con la detención de un hombre de 42 años con numerosos antecedentes policiales por delitos similares.

El detenido, junto con las diligencias, fue puesto a disposición del Juzgado de Instrucción número 4 de Vigo, que decretó su puesta en libertad con cargos.

A Praza do Berbés inicia a súa transformación no macroparque da Reconquista de Vigo

0

O grupo municipal socialista pon en marcha o proxecto que converterá á Praza do Berbés nun macroparque da Reconquista de Vigo, un espazo “máis amable” para o uso da cidadanía tras aprobar, coa aprobación no pleno celebrado este luns do cambio de uso da parcela da pista polideportiva que pasará a ser un gran parque para o xogo e o lecer infantil

A proposta contou co voto en contra dos tres edís do BNG e a abstención dos 5 concelleiros do PP

A Praza do Berbés rexistrará nun prazo “breve” de tempo unha importante transformación coa construción dunha nova área de xogo infantil, un macroparque da Reconquista, tras o voto do grupo municipal socialista a favor do proxecto de cambio do uso da parcela que agora acolle a pista polideportiva. Deste xeito, o Goberno local responde ás demandas dos veciños do Casco Vello que inciden na “necesidade” do cambio de uso da parcela de titularidade pública.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, lembrou este luns aos edís do PP e do BNG que a proposta conta con todos os informes favorables que son necesarios para acometer o cambio da Praza do Berbés, incluído o da Autoridade Portuaria de Vigo. “Vai actuar de forma inmediata porque rehabilitar este espazo é unha necesidade”, recalcou a responsable de Urbanismo.

María Xosé Caride avanzou que se trata da “primeira peza da nova restructuración de todo a contorna do Berbés e da praza para transformala nun espazo moito máis amable para a cidadanía”.

A edil incidiu en que se trata “dunha actuación que vai en beneficio de todos” coa que o goberno municipal “busca a mellora dos estándares da calidade de vida de todos os veciños do Casco Vello e de Vigo, pensando nos máis pequenos e reforzando a imagenen que xa ten A Reconquista”.

Un incendio provoca daños en 4 vehículos en la calle Ángel de Lema y Marina

0

Esta madrugada, en torno a las 00:53 horas, agentes de la Policía local de Vigo fueron comisionados solicitando el traslado a la Calle Ángel de Lema y Marina, donde se estaba produciendo un incendio que afectaba a varios vehículos.

En el lugar se encontraba dos dotaciones del parque Central de Bomberos, los cuales ya habían logrado sofocar el fuego, comprobando los agentes que el incendio había dañado a 4 turismos, los cuales se encontraban estacionados en la parte exterior de un local comercial de compraventa de vehículos.

El responsable de servicio de prevención e extinción de incendios explicó a los Agentes que todo parece indicar que se trata de un incendio intencionado ya que hay varios focos de inicio en lugares distanciados.

La Policía Local de Vigo dio aviso a la Policía Nacional de los hechos ocurridos quien se hizo cargo de la investigación del suceso, se localizó además al propietario de la empresa de compraventa, responsable de los vehículos, confirmando éste su intención de presentar la correspondiente denuncia.

Piueiro difunde el legado marítimo guardés con una gran fiesta en tierra y mar en la que participan asociaciones de Galicia y Portugal

0

La asociación cultural de embarcaciones tradicionales ensalza la tradición marítima de A Guarda con una celebración que tendrá lugar del 12 a 14 de julio

Embarcaciones de Portugal y de otras localidades gallegas participan en el evento que cuenta con el apoyo del Ayuntamiento, de la Diputación de Pontevedra y de Culturea

A Guarda acogerá el próximo mes de julio durante tres días la primera edición de A Rosegha, un evento organizado por la Asociación Piueiro que surge con la ambición de convertirse en una fiesta para la preservación y promoción de la cultura marinera local. Bajo el lema «Unindo Pobos», A Rosegha, que se presentará de forma oficial el próximo 6 de julio en el marco de la Fiesta de la Langosta, ofrecerá a vecinos y visitantes un amplio programa de actividades que celebran el reconocimiento de la herencia de las gentes del mar de A Guarda.

Conferencias, exposiciones, conciertos y actividades infantiles conforman el atractivo menú de A Rosegha, cuyo objetivo es insistir en la importancia del patrimonio marítimo en la identidad  gallega, facilitando para ello un espacio de encuentro, aprendizaje y celebración.

A través de la colaboración de diferentes asociaciones culturales, grupos de música tradicional y expertos en patrimonio marítimo, A Rosegha pretende unir a la comunidad en torno a la riqueza de nuestra cultura marinera guardesa, garantizando su transmisión a futuras generaciones.

¿Qué es una Rosegha?

La celebración lleva el nombre de una palabra muy popular en el ambiente marinero guardés ya que se trata de un artefacto utilizado para recuperar aparatos de pesca perdidos en el mar. Este dispositivo es empleado para enganchar y recuperar redes, nasas u otros equipos que quedaran atrapados en el fondo marino o se perdieron durante las faenas de pesca. Es una herramienta importante para minimizar las pérdidas económicas y reducir el impacto ambiental de los aparatos abandonados en el mar.

Programa de Actividades

Sábado, 6 de Julio

Plaza de San Benito

20:30 h: Acto inaugural en el marco de la Fiesta de la Langosta, con la participación de la reconocida gaitera Nadia Vázquez. Este evento de apertura contará también con la actuación de la Asociación Folclórica Vento Mareiro, que deleitará a los asistentes con su repertorio de música y danza tradicional.

Viernes, 12 de Julio

En el puerto de A Guarda

19:00 h: Pasacalles del Grupo de Gaitas del Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda, llenando las calles de música tradicional y alegría.

22:00 h: Serán en la carpa del puerto, una noche de música, baile y convivencia para todos los asistentes.

Durante todo el día, se podrá disfrutar de navegación de embarcaciones tradicionales, sujetas a las condiciones meteorológicas, y de una exposición fotográfica de embarcaciones tradicionales en el paseo marítimo, ofreciendo una mirada al pasado marítimo de la región.

Sábado, 13 de Julio

En el puerto de A Guarda

12:00 h: Pasacalles del grupo Treboada dos Xidos, animando el ambiente con su música y energía.

12:30 h: Conferencia «A presencia de guardeses no norte de Portugal», a cargo de la Doctora Aurora Rego, que se llevará a cabo en la nave de la Asociación de Redeiras Atalaia.

19:00 h: Pasacalles con Treboada do Lusco o Fusco, seguido de una actuación de la charanga PatoCar.

21:00 h: Concierto de Lirolai en la zona de la carpa del puerto.

22:30 h: Concierto de la gaitera Nadia Vázquez, cerrando la jornada con su música tradicional en la zona de la carpa del puerto.

Domingo, 14 de Julio

En el puerto de A Guarda

10:00 – 20:00 h: Navegación de maquetas en la carpa del puerto, una actividad fascinante para todas las edades.

12:00 h: Pasacalles del Grupo de Gaitas A Boalleira.

12:30 h: Conferencia «D. Jose Bernardo Vaz e o mar de A Guarda», a cargo de Celso Fariñas en la nave de la Asociación de Redeiras Atalaia, ofreciendo una profunda perspectiva sobre la historia marítima local.

19:00 h: Pasacalles de las Pandereteiras do Lusco o Fusco.

23:00 h: Festival Robaleira Fest con DJ Tito y DJ Alex, poniendo el broche de oro al evento con una noche de música y celebración en la zona de la carpa del puerto.

Durante todo el fin de semana, se desarrollarán diversas actividades, incluyendo:

Actividades infantiles «Gamelinhas» en la Playa da Ribeira, diseñadas para los más pequeños, fomentando su interés y amor por la cultura marinera. Artesanía marinera en la carpa del puerto, donde los visitantes podrán adquirir productos elaborados por artesanos locales, reflejando la tradición y la creatividad de la región.

Luis López augura un verán cheo de experiencias 100 % Rías Baixas para os participantes dos campamentos da Deputación na Lanzada

0

O presidente provincial visita o Centro de Vacacións de San Vicente onde este domingo chegaron as 140 nenas e nenos que participan na primeira quenda duns campamentos que acollerán a 1.540 menores de 7 a 13 anos ata o 7 de setembro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este luns o Centro de Vacacións da Lanzada onde se están celebrando os campamentos infantís de verán que organiza cada ano o organismo provincial. O dirixente saudou aos 140 nenas e nenos que abriron este domingo uns campamentos que, en quendas dunha semana de duración, se prolongarán ata o 7 de setembro e nos que participarán un total de 1.540 menores de 7 a 13 anos de idade. “Foi un curso moi duro, traballastes moito e agora merecedes desfrutar dunhas vacacións merecidas. Vai ser unha semana inesquecible”, díxolle o presidente aos participantes.

Despois de percorrer as instalacións deste centro que xestiona a Deputación e coñecer aos monitores e participantes, Luis López conversou coa cativada, interesouse polas actividades previstas para toda a semana e ata puido compartir con eles algunha actividade de ocio.

Nesta primeira quenda, son 140 as nenas e nenos que participan. Chegaron ao campamento este domingo e ao longo da semana desfrutarán de “experiencias 100 % Rías Baixas” como unha excursión en barco á illa de Ons, saídas polo espazo natural da contorna deste centro ubicado en San Vicente, así como de actividades musicais, deportivas ou teatrais ademais de infinidade de xogos co obxectivo de gozar do verán ao tempo que fomentan valores como o respecto, a igualdade, a tolerancia ou o coidado do medio ambiente. Ata o 7 de setembro serán un total de 1.540 nenas e nenos os que pasen por este Centro de Vacacións. Unha cifra que demostra a aceptación e o interese que espertan estes campamentos entre as familias da provincia.