A Deputación ten previsto rematar as obras na estrada provincial que dá acceso á Virxe da Rocha de Baiona en xullo, para que en agosto estea totalmente operativa

0

A deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, e o alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña, visitaron as obras que se están rematando para mellorar a mobilidade na EP-2202 Baiona-Loureza

O Deputación de Pontevedra ten previsto rematar as obras na estrada provincial que dá acceso á Virxe da Rocha de Baiona en xullo, para que en agosto estea totalmente operativa. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, visitou esta mañá xunto co alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña, estas obras de  mellora da mobilidade urbana na EP-2202 Baiona-Loureza que están a piques de rematar e nas que a institución provincial investiu preto de 120.000 euros.

A actuación centrouse no punto quilométrico 0+400 da estrada provincial na que se está a rematar a execución dun muro de contención con recheo no trasdós, eliminando a estrutura de aceiro e pasarela de madeira existentes que se atopaban en moi mal estado. O muro era preciso para asentar a base dun tramo de senda en formigón de preto de 60 metros que tamén se está rematando. Ademais, a actuación contempla a execución dunha escaleira. Durante a visita á estrada provincial EP-2202 Baiona-Loureza,  tanto a deputada provincial como o alcalde da vila agradeceron á Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Afora a súa boa disposición en todo o momento e a colaboración na cesión dos terreos para levar a cabo a obra.

A Porta do Sol descúbrese ás persoas invidentes

0

O Concello en colaboración coa ONCE instala unha maqueta tiflolóxica con información accesible sobre a “gran praza da cidade” porque “queremos que sexa para tódalas persoas”

O alcalde achegouse este xoves á Porta do Sol para coñecer as posibilidades que ofrece a maqueta tiflolóxica que vén de instalarse á altura da Praza da Princesa como parte da humanización da praza.

“Seguimos mellorando a gran praza da cidade”, explicou o rexedor, con este punto de información que ofrece un servizo ás persoas invidentes porque “queremos que a praza sexa para tódalas persoas”. Coa maqueta, en sistema braille, poden coñecer como é a Porta do Sol, a distribución do espazo e os edificios de interese.

Amais, a maqueta ofrece información de interese ás persoas videntes con cores visualmente rechamantes e un código QR a través do que se pode ampliar a información.

La Xunta finaliza las obra de mejora de la carretera autonómica PO-340 a su paso por Gondomar

0

La delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitó este jueves los trabajos y pidió al alcalde de Gondomar «lealtad institucional» con una actuación «muy necesaria»

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitó este jueves las obras que llevó a cabo a Consellería de Vivienda y Planificación de Infraestructuras en Gondomar para la mejora de la carretera autonómica PO-340. Durante la visita, la representante autonómica avanzó que los trabajos ya finalizaron y que próximamente comenzarán también los ya previstos para la PO-331 y PO-332.

«Estamos ante una actuación muy necesaria para el municipio que se llevó a cabo en tiempo y forma, por lo que sería bueno que el alcalde de Gondomar guardara la debida lealtad institucional con una inversión del Gobierno gallego en su ayuntamiento», aseguró la representante autonómica.

La Xunta adjudicó el pasado mes de junio, por importe de 1.182.948 euros, las obras de mejora del firme en las carreteras autonómicas PO-340, PO-331 y PO-332 a su paso por los ayuntamientos de Nigrán y de Gondomar. Las intervenciones incluidas en este contrato se llevarán a cabo en el trecho de la PO-340, en la carretera entre Tui y A Ramallosa; en la PO-331, que une Torneiros y Gondomar, y en el trecho inicial de la carretera PO-332, Nigrán-Vincios.

Las tres actuaciones, que cuentan con un plazo de ejecución total de nueve meses, tienen como objeto la rehabilitación localizada del firme mediante el fresado y la reposición de la capa de rodaje, con la finalidad de mejorar las condiciones de circulación en varios trechos de estas tres carreteras.

Travesía de Baiona

Además, el pasado mes de junio se llevó a cabo también la reparación del firme de la carretera PO-552 en la travesía de Baiona, y en concreto entre la glorieta de entrada al puerto y lonja de Baiona y el acceso al Parador de Monterreal. De este modo, se mejoró el pavimento y el drenaje, además de reducir el ruido. Los trabajos también incluyeron los arcenes y los aparcamientos, así como la reposición de la señalización horizontal.

Vigo rexistra récord na ocupación hoteleira de xuño

0

O alcalde desvelou que a ocupación media nos hoteis da cidade durante o mes de xuño foi do 76%, “o mellor resultado de ocupación hoteleira nun mes de xuño desde que hai rexistros”

Vigo segue a rexistrar récords en datos turísticos, neste caso na ocupación hoteleira no mes de xuño, que foi do 76%. O alcalde celebrou o dato, que supera en 4,6 puntos o do ano anterior e afirmou que “Vigo está no escenario turístico de Galicia, España, Europa, Iberoamérica e Estados Unidos”.

A ocupación hoteleira media do mes de xuño no 76% supón o mellor dato nun mes de xuño desde que hai rexistros. En canto á distribución dos turistas, o 11,5% veñen doutras partes de Galicia, o 47% do resto de España e o 42% son internacionais.

Dos internacionais, destaca o turismo proveniente de Portugal, sendo o 28% dos internacionais, seguido de Estados Unidos cun 11%, Italia e Alemaña superan o 6% e Francia e Reino Unido rexistraron un 5,6%.

Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como ejemplo de innovación y competitividad en la industria mar-alimentaria

0

El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades y FP visita el centro acompañado de la directora de la Agencia Gallega de Innovación, Carmen Cotelo

El representante de la Xunta destaca la participación del centro en grandes proyectos estratégicos como las Unidades Mixtas de Investigación o Fábrica Inteligente y Sostenible

El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional, Román Rodríguez, visitó esta mañana en Vigo ANFACO-CECOPESCA y destacó el papel clave que desarrollan los centros tecnológicos en el impulso a la innovación y a la competitividad del tejido productivo gallego y, en este caso, de la industria mar-alimentaria. El conselleiro estuvo acompañado por la directora de la Agencia Gallega de Innovación, Carmen Cotelo, y por los presidente y secretario general de ANFACO-CECOPESCA, Iván Alonso-Jáudenes y Roberto Alonso, respectivamente. Este encuentro se enmarca en la ronda de visitas del titular de Ciencia a los centros tecnológicos gallegos. 

En la visita, el representante de la Xunta de Galicia tuvo oportunidad de conocer el Centro de Tecnologías Avanzadas de Investigación para la Industria Marina y Alimentaria (CYTMA), un espacio de investigación tecnológicamente puntero, que contó con el apoyo del Gobierno gallego y fondos FEDER para su dotación de infraestructuras y equipación científico-tecnológico. 

En este contexto, Román Rodríguez reivindicó el rol de aliado del centro tecnológico en la dinamización de la industria del mar-alimentaria y puso como ejemplo a participación del centro en instrumentos como las Unidades Mixtas de Investigación o el programa Fábrica Inteligente y Sostenible de la Xunta de Galicia. Líneas que hacen posible una mayor integración de los agentes del ecosistema del I+D+i gallego para resolver los retos existentes en la cadena mar-alimentaria, un principio fundamental de esta entidad viguesa.

Cooperación con el tejido empresarial

ANFACO-CECOPESCA impulsó cinco unidades mixtas desde 2014 en cooperación con el tejido empresarial con el objetivo de desarrollar actividades de I+D+i estratégicas para Galicia, impulsar la transferencia de I+D al tejido productivo y atraer empresas cara Galicia. Actualmente, está desarrollando una Unidad Mixta de Investigación con las empresas Lagumar Seas y Angulas Aguinaga (ambas del grupo vasco Angulas Aguinaga) que está investigando la mejora en la producción de moluscos incorporando tecnologías avanzadas y digitalización. 

Asimismo, el centro tecnológico participó en tres proyectos del programa Fábrica Inteligente y Sostenible que persigue la modernización de la industria gallega en sectores estratégicos. En la actualidad, ANFACO-CECOPESCA trabaja en un proyecto que introduce las nuevas tecnologías para la gestión inteligente y sostenible del procesado en el sector pesquero, liderazgo por la empresa Hermasa Canning Technology SA.

Por último, el conselleiro apuntó la participación del centro en la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia, que agrupa la siete centros tecnológicos gallegos, y en el Hub de Innovación Digital DATAlife, que está impulsando la transformación digital de las pymes de sectores como campo-mar-alimentación, forestal-madera, biotecnología y cuidados-salud.

O novo PXOM de Vigo prevé limitar o uso da vivenda turística

0

Abel Caballero informou esta mañá dalgunhas medidas que establecerá o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito da vivenda

Tamén destacou que dende o goberno municipal, “vimos de poñer en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade”

O rexedor vigués valorou “moi positivamente” as medidas anunciadas pola ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, que propuxo establecer os mecanismos necesarios para non burlar, con vivendas turísticas, a Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU), pero salvagardando os alugueiros de temporada que realmente o son, como no caso dos estudantes ou traballadores temporais. Caballero sinalou que a ministra “abordou a cuestión das vivendas de uso turístico, que producen algúns elementos indesexados moi importantes”.

“Unha vivenda de uso turístico non debe estar nun edificio residencial”, estableceu con contundencia o alcalde, indicando que, “teñen que ter tratamento de actividade económica, como os hoteis ou os hostais”.

PXOM

O novo PXOM incluirá limitacións á vivenda turística, establecendo o uso residencial cun carácter de permanencia, de tal forma que “as vivendas de uso turístico teñen que ter licencia de actividade económica terciaria”, aclarou Caballero, xa que provocan que “suban os alugueiros”. A maiores, limitan e regulan os lugares nos que se van poder situar estas vivendas turísticas coa garantía de acceso exclusivo para uso turístico, o que na práctica supón que non se van poder establecer en vivendas colectivas de uso residencial, a menos que garantan entrada independente.

Programa de vivendas

Caballero detallou que “desde o Concello de Vigo acabamos de poñer en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugueiro de vivendas baleiras na cidade”, xa que en Vigo existen “case 13.000 inmobles vacíos”.

A intención do goberno local é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de propostas para promover a incorporación de pisos baleiros ao mercado, cun importe de 150.000€ anuais para o desenvolvemento do programa.

A duración mínima do contrato de arrendamento é de cinco anos e poderán formar parte deste programa inmobles desocupados propiedade de persoas físicas. Poderán solicitar axudas para poñer no mercado de alugueiro a prezo taxado vivendas que, cunha pequena inversión ou unha garantía aos propietarios, poidan ofertarse en alugamento.

A previsión é subvencionar ata o 50% do valor das obras de mellora e equipamento (pintado, reparación, modificación de baños e cociñas, mellora da instalación eléctrica ou cambio de ventás), cun máximo de 8.000 euros; o 100% do custo da emisión do certificado enerxético ou o 100% ou o 100% do contrato dun seguro de impago.

El Consorcio de la Zona Franca participa en el evento formativo del Foro Albariño que este año se centra en la digitalización del mundo del vino

0

El delegado del Estado, David Regades, aplaudió el esfuerzo de las bodegas por integrarse en las nuevas tecnologías y destacó a un sector “que apuesta por el empleo, la internacionalización y la calidad”

La necesaria modernización de la industria vitivinícola y su adaptación a la digitalización es el objetivo del evento formativo que, organizado por la USC, Adegas Terra de Asorei y la Asociación Adegas do Salnés y enmarcado en el Foro do Albariño, comenzó hoy en Meis para incidir en las oportunidades y beneficios de las nuevas tecnologías a las empresas del sector en cuanto a la mejora de la productividad, la agilización de los procesos, la trazabilidad y las fases de comercialización.

El curso, en el que participan como ponentes profesionales del sector y empresas especializadas en TICS de España y Europa, cuenta con el apoyo del Consorcio de la Zona Franca en su línea de colaboración con los sectores productivos clave en el desarrollo económico como es el caso del vino, en el Salnés y en toda la provincia.

En la apertura del curso, en la que participaron la alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, el alcalde de Cambados, Samuel Lago, la directora del evento de la USC, María Cadaval y el presidente de Terra de Asorei, Xosé Ramón Durán- Roque, el delegado del Estado, David Regades, incidió en los datos de empleo y producción, en su contribución económica a la balanza comercial y en la superficie de viñedos en la provincia, que concentra el mayor número de hectáreas de Galicia. Regades animó a las bodegas que todavía no lo hayan hecho a integrarse en el proceso de digitalización y destacó el esfuerzo de un sector “que cada vez exporta a más países gracias a sus dos señas de identidad: la calidad y la trazabilidad”. El delegado de Zona Franca puso en valor las ventajas de una actividad como el vino “que fija población, que cuida el territorio y que está apostando por el enoturismo logrando atraer el turismo de calidad”. También exhortó a desarrollar nuevas iniciativas de I+D+I e impulsar la investigación y se comprometió con el sector a volver a activar el programa Vino Exterior “para ayudar en el proceso de internacionalización de las bodegas”.

Dos operarios sufren múltiples facturas en una caída desde varios metros en una nave en Vilagarcía

0

Un equipo del 061 ya estaba en movimiento y solicitaban el apoyo de los bomberos para poder acceder a los trabajadores, ya que cayeron desde una cesta elevadora a una plataforma situada a varios metros del suelo

Dos operarios han sufrido múltiples fracturas al sufrir una caída desde varios metros cuando trabajaban en el exterior de una nave en el municipio de Vilagarcía de Arousa.

Sobre las 9,30 horas, el 112 Galicia recibió el aviso por un accidente laboral con dos operarios heridos en una nave del polígono de O Pousadoiro, en Vilagarcía.

Un equipo del 061 ya estaba en movimiento y solicitaban el apoyo de los bomberos para poder acceder a los trabajadores, ya que cayeron desde una cesta elevadora a una plataforma situada a varios metros del suelo.

Bomberos y Protección Civil tuvieron que emplear una escalera para rescatar a los heridos y poder trasladarlos en ambulancia a un centro hospitalario. Según informa el 112 Galicia, en este operativo participaron, además, los agentes de la Policía Local y Nacional.

Detenido en Vigo tras robar en el maletero de un coche y amenazar con unas tijeras al dueño

0

Al dirigirse al presunto ladrón, éste se encaró con él y, esgrimiendo unas tijeras, le amenazó con clavárselas y matarlo

Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido a un hombre de 34 años como presunto autor de un delito de robo, tras haber sido sorprendido rebuscando en el maletero de un coche que había forzado y haber amenazado al dueño con unas tijeras.

Según han informado fuentes policiales, los hechos ocurrieron el pasado viernes, en el aparcamiento de un establecimiento comercial de la calle Aragón. Cuando el dueño del coche regresaba con su pareja y con la compra, sorprendió a un individuo rebuscando en el interior del maletero de su vehículo.

Al dirigirse al presunto ladrón, éste se encaró con él y, esgrimiendo unas tijeras, le amenazó con clavárselas y matarlo. A continuación emprendió la huida, siendo perseguido por el dueño del coche, que consiguió darle alcance.

Cuando llegaron al lugar los agentes de Policía, comprobaron que el coche presentaba la cerradura dañada y forzada y, al registrar al sospechoso, le encontraron dos tijeras, por lo que se procedió a su detención, momento en que el hombre opuso una resistencia activa, por lo que tuvo que ser inmovilizado.

O goberno de Luis López reforza no seu primeiro ano de mandato na Deputación o servizo de Turismo para desestacionalizar e internacionalizar o sector así como impulsar a sostibilidade e a calidade

0

Lanzouse a campaña 100% Rías Baixas, que arrancou en Fitur onde a Deputación recuperou a súa participación no stand de Turismo de Galicia. Tamén se incrementou a asistencia a feiras turísticas nacionais e internacionais e estase a pechar o novo Plan Estratéxico de Turismo

Luis López reforzou no seu primeiro ano de mandato na Deputación de Pontevedra o servizo de Turismo, liderado pola deputada Nava Castro, para desestacionalizar e internacionalizar o sector así como impulsar a sostibilidade e a calidade. Ao longo destes primeiros doce meses de goberno lanzouse a campaña 100% Rías Baixas, incrementouse a asistencia a feiras turísticas nacionais e internacionais, avanzouse na redacción do novo Plan Estratéxico de Turismo, impulsouse unha nova liña de axudas para atraer eventos deportivos, dotada con 100.000 euros, e pechouse o patrocinio da olímpica Teresa Portela como embaixadora da provincia polo mundo.  Tamén se traballou na potenciación do enoturismo, do Camiño Taverneiro, da Vía Mariana, dos Rías Baixas Fest e dos castelos de Soutomaior e Sobroso e estase a divulgar o patrimonio arqueolóxico a través de Trazas de Pontevedra.

A sostibilidade e a preservación dos recursos turísticos están a ser protagonistas deste mandato que iniciou hai un ano Luis Lopez. Neste aspecto, estase a levar a cabo unha tarefa de valorización do patrimonio natural e cultural, con especial énfase nos activos cuxa titularidade corresponde á Deputación, así como a embelecer contornas ou a apostar polo enfoque sostible do Camiño ao seu paso pola provincia. Ademais, neste ámbito aspírase a acadar unha sinerxía operativa tanto coa Estratexia de turismo sostible de España 2030 como coa futura Estratexia de Turismo de Galicia 2030.

A internacionalización é outro dos grandes obxectivos do goberno provincial. Neste ámbito preténdese impulsar unha marca forte de destino que permita o fácil recordo por parte dos turistas, sobre todo a nivel internacional para abrir novos mercados e minimizar a dependencia do mercado nacional. Tamén está previsto desenvolver accións orientadas tanto á canle de comercialización como directamente ás persoas que nos visitan.

Ademais, ao longo destes doce meses a Deputación de Pontevedra regresou ao stand de Turismo de Galicia en Fitur, onde presentou a campaña 100% Rías Baixas. Ao igual que a Deputación tivo unha presenza activa na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid, tamén recuperou a asistencia a outros eventos do sector no estranxeiro como  a WTM de Londres. Do mesmo xeito tivo presenza no Forum Gastronómico da Coruña, en Turexpo de Silleda e asistiu por vez primeira ao Congreso Nacional de OPC (Organizadores Profesionais de Congresos) celebrado na Coruña, dando un paso importante para implantar o turismo MICE (de reunións, incentivos, congresos e eventos) na provincia de Pontevedra.

Tamén se está a traballar na creación de novos produtos enogastronómicos vencellados ao mar e ao interior e a experiencias singulares e desestacionalizadoras relacionadas coas costas, coa riqueza natural do interior, co legado do Camiño de Santiago, os elementos patrimoniais e culturais, así como outros atractivos singulares como a camelia ou o termalismo.  Ademais estanse a desenvolver e implantar políticas de xestión baseadas nos cinco eixos fundamentais dun Destino Turístico Intelixente como son a gobernanza, a innovación, a tecnoloxía, a xa mencionada sostibilidade e a accesibilidade.

A aposta no ámbito turístico do goberno de Luis López pasa tamén por divulgar a provincia de Pontevedra como territorio amable tanto para os que viven nela como para os que traballan ou a visitan. Deste xeito proxéctanse accións orientadas tanto a aquelas persoas traballadoras, como ás turistas ou á poboación local, sempre reivindicando o papel do turismo como motor económico e de progreso da provincia. 

Datos turísticos

A provincia de Pontevedra vive un excelente momento a nivel turístico e, desde a perspectiva da demanda, parte dun 2023 histórico. Conseguíronse recuperar, e mesmo superar, as cifras anteriores á pandemia e o sector, fortalecido, está a medrar a niveis superiores a 2019. Deste xeito, no 2023 os aloxamentos da provincia rexistraron un 8,30% máis de viaxeiros que no 2019; incrementouse o número de pasaxeiros que rexistrou o aeroporto de Peinador nun 12%; medrou un 30% o gasto turístico e un 3% en prazas hoteleiras respecto a antes da pandemia; e incrementouse o número de viaxeiros estranxeiros nun 21% máis que no 2019.

Tense evidenciado ademais un forte interese do destino Rías Baixas. No primeiro trimestre do 2024 rexistrouse un aumento no número de noites en hoteis, que subiu preto dun 15% con respecto ao 2023. Ademais, a cifra de viaxeiros no primeiro cuadrimestre de 2024 ascende a 326.072 persoas e o número de noites neste mesmo período foi de preto de 600.000.