Luis López presenta a nova Estratexia de turismo da Deputación valorada en 45 millóns para “multiplicar as Rías Baixas” nos 61 concellos

0

O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo Nava Castro, presenta a folla de ruta do turismo nas Rías Baixas para a presente década nos xardíns do Palacete das Mendoza rodeado dos representantes do sector e alcaldes e edís de toda a provincia

O documento, elaborado en colaboración cos profesionais do sector, recolle accións concretas para atraer visitantes, reforzar atractivos singulares, promover a sustentabilidade, desestacionalizar a oferta e modernizar o destino

O turista xa non só quere vir aquí, quere ser de aquí. E os veciños queremos que os nosos modos de vida sigan a ser respectados, coidados e valorados”, adiantou López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este luns nos xardíns do Palacete das Mendoza as liñas mestras do novo plan estratéxico para o turismo do organismo provincial, que leva o nome de Estratexia Rías Baixas Turismo 61. Un documento integrado por cinco eixos, cun orzamento de 44,5 millóns de euros, que ten o obxectivo de facer da calidade de vida deste territorio o centro do destino e a filosofía de multiplicar as Rías Baixas por 61, o número de concellos da provincia, para que todos sexan parte activa do destino. “O turista xa non só quere vir aquí, quere ser de aquí. E os veciños queremos que os nosos modos de vida sigan a ser respectados, coidados e valorados”, resumiu o mandatario provincial o sentido desta nova folla de ruta que rexerá as políticas turísticas da Deputación ao longo da presente década nun acto no que tamén participou a deputada de Turismo, Nava Castro, e no que estiveron presentes representantes do sector, así como alcaldes e concelleiros de toda a provincia.

Conducido pola xornalista Rocío Padín e coa actuación do músico Roi Casal, o acto comezou coa presentación da estratexia por parte da deputada de Turismo, Nava Castro, quen destacou o espírito de colaboración deste documento, en cuxa redacción se tivo en conta as valoracións dos integrantes do sector. “Máis de 120 participantes contribuíron á elaboración desta estratexia, o que dá conta da ampla representación de todas as partes implicadas no desenvolvemento do destino como do noso afán de chegar a consensos co conxunto da cidadanía”, afirmou a deputada, quen fixo fincapé no carácter municipalista do plan. “O destino Rías Baixas é algo grazas aos concellos. Á suma das súas forzas, das potencialidades e os recursos de cada un dos 61 concellos da provincia para artellar unha proposta que sexa sostible, coherente e innovadora. Por iso terán un protagonismo reforzado”, engadiu Castro. Acto seguido, subiu ao escenario o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen puxo de manifesto o “papel estratéxico” da provincia de Pontevedra e das Rías Baixas na marca Galicia grazas a varios dos seus atractivos turísticos que definen o destino galego como a natureza, a cultura ou a enogastronomía. Logo tivo lugar un coloquio entre o chef do restaurante con estrela Michelin Culler de Pau, Javier Olleros; a xerente da Ruta do Viño, Lorena Varela; e o vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, Javier Picallo; que debateron sobre as riquezas e desafíos de futuro do turismo nas Rías Baixas.

Estratexia municipalista

O presidente Luis López foi o encargado de explicar polo miúdo o contido desta Estratexía Rías Baixas Turismo 61, que está estruturada en cinco eixos, engloba 42 liñas de acción e prevé máis de 225 actuacións concretas cun horizonte fixado no ano 2030 e cun investimento total estimado nuns 45 millóns de euros. O primeiro deles, “Rías Baixas Singular”, busca que “o turista, máis que visitar, viva como se estivera aquí”, explicou López citando medidas concretas como visitas a adegas, itinerarios que mapeen todos os recursos da provincia ou programacións específicas centradas no Nadal, a gastronomía ou potenciar as Ofinas de Turismo para que sexan provedoras de información e tamén de servizos. 

O segundo, “Somos Rías Baixas”, céntrase na oferta turística identitaria do territorio. “Incorpora valores consolidades da nosa oferta como esas marabillosas tres C: Camiño, Castelos e Camelia”, especificou o presidente. Nesta liña súmanse outros atractivos potenciais como a abundancia de auga, a aposta polo turismo deportivo e organización de eventos ou alternativas nocturnas como o visionado de estrelas ou espectáculos pirotécnicos. 

“Rías Baixas Sostible” é o título do terceiro eixo e pasa pola “integración de todos os actores do turismo no reto da sustentabilidade, co apoio ao emprego de calidade no sector, visibilizando actuacións dos concellos a favor de recursos turísticos sustentables como humanizacións ou o coidado de espazos verdes e reforzando a aposta pola excelencia”, explicou o dirixente, que ve no turismo de congresos unha alternativa “segura, desestacionalizada e de moito valor engadido”. 

A cuarta proposta está baseada na promoción do destino e leva o nome de “Rías Baixas ünica”. Unha liña de traballo fundamental e que marca o obxectivo de agrupar a toda a provincia dentro da marca Rías Baixas a través do reposicionamento da marca onde estea menos presente ou da organización de eventos Rías Baixas e tamén “coa implicación da veciñanza para que vexan, aínda con máis forza, as Rías baixas como un sentimento de pertenza e orgullo para todos”, engadiu López.

O quinto e derradeiro eixo está vencellado coa innovación no destino mediante o “reforzo da formación en competencias dixitais ou a aplicación de modelos de intelixencia artificial”, citou o presidente provincial. 

Un sector en crecemento

Cinco eixos de futuro formulados coa misión de consolidar e reforzar un destino que está a vivir un momento doce, con datos de récord e que melloran as cifras do 2019, o ano anterior á pandemia da covid-19. “Estamos nun inmellorable punto de partida para definir que queremos ser como destino no futuro. Ese crecemento, entre 2019 e 2023, de máis do 8 % no número de viaxeiros e, o que é máis importante, ese incremento do 20 % no turismo estranxeiro; ese aumento xeralizado na oferta, en hoteis e en calquera das súas formas ou ese incremento do 30 % de gasto dos turista. Todos son indicativos de que o destino nas Rías Baixas está en forma e está en marcha para encarar todos os retos que veñen por diante”, afirmou o presidente da Deputación. 

Neste sentido, lembrou Luis López que esta Estratexia Rías Baixas Turismo 61 é un novo paso adiante cara o obxectivo de construír un destino turístico desestacionalizado, sustentable e competitivo. Un relanzamento das políticas que o goberno provincial xa estaba levando a cabo con iniciativas como a aprobada hai unha semana coa apertura do prazo para solicitar axudas para realizar actividades turísticas nos concellos da provincia por valor de 80.000 euros ou as aprobadas en xuño para a organización de eventos deportivos de interese turístico por 100.000 euros. “Esta xornada é unha xornada que é unha encrucillada de todos os camiños do noso turismo: os do pasado, os do presente e os do futuro”, concluíu Luis López lembrando o vinte aniversario do establecemento do Palacete das Mendoza como sede de Turismo Rías Baixas, os récords actuais en economía, distintivos de calidade, variedade da ofeta ou de embaixadores do destino; ou a senda de sustentabilidade, calidade de vida e cohesión territorial que marca o futuro da provincia nesta Estratexia Rías Baixas Turismo 61.

Aprobado o crédito extraordinario para o plan de acondicionamento de vivendas en alugueiro

0

O pleno da corporación municipal aprobou este luns, cos votos a favor dos concelleiros do PSOE e do PP, e a abstención dos edís do BNG, o crédito extraordinario de 885.130 millóns euros. Con este financiamento, Urbanismo poderá poñer en marcha, entre outros proxectos, o programa de axudas para acondicionar vivendas privadas destinadas ao alugueiro.

O goberno municipal porá en marcha xa en 2024, tanto o programa destinado a axudar aos propietarios particulares a acondicionar as súas vivendas para que saian ao mercado do alugueiro, como os novos investimentos a realizar nos terreos da contorna do Ifevi e do Lagares, ademais de actuacións urbanísticas nas prazas de Moledo e de Pescadores, e no aparcamento de Becerreira, en Cabral.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, recalcou que o Concello constatou, pola falta de consumo de auga no últimos seis meses, que 12.800 vivendas en Vigo están baleiras, de aí a estratexia deseñada polo goberno municipal para “animar” aos propietarios ao aluguer. Establécense así axudas de ata 8.000 euros para realizar obras de acondicionamento,  custo dos seguros multirriesgo e de alugueiro, e o pago do cento por cento do certificado de eficiencia enerxética.

“Hai moitos inmobles que se poden acoller a esta modalidade”, explicou a responsable de Urbanismo, ao lembrar que ata final de ano o Concello destinará 150.000 euros a este programa e que a dotación aumentará en próximos exercicios.

A portavoz do PP, Luisa Sánchez, xustificou o apoio do PP á proposta do goberno municipal por tratarse de “medidas que son favorables para os vigueses”.

Urbanización

Entre os acordos aprobados, cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e o rexeitamento do BNG, atópase a aprobación do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación UA-1 Ceán, en Coruxo.

María Xosé Caride sinalou que o proxecto contempla unha reserva dun 30 por cento para vivenda en réxime de protección. A urbanización contará cun parque de 710 metros para xogos, así como unha parcela de 355 metros para uso dotacional.

Abel Caballero: “O xoves actuará en Porta do Sol o grupo cubano Estrellas de Buenavista y más”

0

O rexedor anunciou esta mañá a actuación coa que “recordaremos momentos importantes da música cubana”. Súmase ao “fin de semana de música” que traerá a actuación de Luz Casal e Aitana

O vindeiro xoves, 1 de agosto, a Porta do Sol acollerá a a actuación de “Estrellas de Buenavista y mas” dende as 22:30 horas.

Como indicou Abel Caballero, “trátase dunha homenaxe á música do emblemático grupo cubano Boa Vista Social Club”, que está “dirixido por Pancho Amat”, considerado o mellor tresero do mundo.

O repertorio de Estrellas de Buena Vista y Más abarca un amplo abano de xéneros musicais cubanos, desde o son e o bolero ata a guaracha e o danzón. Cada peza interpretada por estes músicos é unha viaxe a través da rica historia e cultura isleña, facendo bailar ao público ao ritmo
de sons caribeños. Cabe destacar que Estrellas de Buena Vista y Más ven de participar na cerimonia de acendido da Antorcha Olímpica de París.

Ademais, Caballero destacou que esta semana teremos actuando en Castrelos a duas artistas referentes como Luz Casal, o venres 2 de agosto, e Aitana, o sábado 3 de agosto.

O BNG logra o acordo do Pleno de Vigo para acabar coa “estafa” das peaxes da AP-9

0

Aprobada a moción da fronte nacionalista instando o Goberno español a anular a última prórroga ilegal, o rescate público da autoestrada e a transferencia da xestión a Galiza

Xabier P. Igrexas: “A AP-9 supón unha dobre navallada, primeiro cun trazado que supuxo un grande atentado contra o territorio e agora pola responsabilidade compartida de PSOE e PP en contra dos petos de todas as galegas e galegos”

O Bloque Nacionalista Galego vén de lograr o acordo do Pleno municipal de Vigo para acabar coa “estafa” das peaxes da AP-9. Durante a sesión ordinario decorrida este luns, a moción da fronte nacionalista instando o Goberno español a anular a última prórroga ilegal, o rescate público da autoestrada para liberala de peaxes e a transferencia da xestión a Galiza resultou aprobada malia a abstención do PSOE.

“O mantemento das peaxes da AP-9 é unha clarísima e inxusta discriminación en contra de Vigo e Galiza”, defendeu o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, lembrando que hoxe todas as autoestradas do Estado do mesmo tempo que a galega están libres de peaxes ou a piques de ser liberadas.

Igrexas sinalou as responsabilidades compartidas dos sucesivos Gobernos españois para prorrogar a concesión até o ano 2048, cando tiña que ter rematado en 2013. “Tanto o PSOE como o PP son culpábeis de que as viguesas e vigueses teñamos que seguir pagando por unha autoestrada que xa está máis que repagada”, afeou. “A AP-9 supón unha dobre navallada, primeiro cun trazado que supuxo un grande atentado contra o territorio e agora en contra dos petos de todas as galegas e galegos”.


O voceiro nacionalista puxo en valor os pasos avanzados nos últimos anos co abaratamento das peaxes ou a supresión técnica do paso de Rande grazas ao voto decisivo do BNG no Congreso. Unha rebaixa do 60% nas tarifas que teñen que chegar até o 75% en base ao último acordo de investidura acadado co PSOE. Porén, asegurou que estes descontos son “insuficientes e un paliativo fronte ao calote insoportábel”.

Por estes motivos, Igrexas chamou a un acordo de cidade para que o Pleno demande de forma “clara e rotunda” a anulación da última prórroga outorgada polo Goberno de Aznar a Audasa que, subliñou, foi declarada ilegal mesmo pola Comisión Europea. “Un primeiro paso para despois iniciar o rescate público desta autoestrada co obxectivo de suprimir completamente as peaxes e transferir a súa xestión a Galiza”, explicou.

AP-9 non, radiais madrileñas si

Dende a fronte nacionalista lamentaron a “resistencia” amosada polo actual ministro de Transportes, Óscar Puente, ao rescate da autoestrada. “Un día di que o custo é de 4 mil millóns de euros, cando hai estimacións que o reducen a 2 mil, e días despois o eleva a 6 mil millóns de euros”, cuestionou Igrexas, afeando que o PSOE se opoña a unha AP-9 pública, galega e libre de peaxes cando non o fixo coas radiais madrileñas.

Na mesma liña, cuestionou a falla de coherencia do grupo socialista por “votar unha cousa en Vigo, outra en Santiago e outra en Madrid ao ditado de Ferraz”, en relación á emenda formulada polo voceiro do Goberno municipal, Carlos López Font, malia votar nun sentido contrario como deputado no Parlamento galego.


En relación ao PP, que votou a prol da moción do Bloque, afeou aos populares ser os responsábeis de prorrogar as peaxes e de impedir en 2016 o debate para a transferencia da autoestrada a Galiza, co veto da entón deputada pola provincia e presidenta do Congreso, Ana Pastor. “O PP igual que o PSOE neste asunto, como en outros tantos, teñen posicións de quita e pon en función do que mandan os seus xefes en Madrid”.

¬ A “monarquía absoluta” de Caballero

O BNG denunciou tamén na sesión plenaria unha nova decisión “antidemocrática” do Goberno de Abel Caballero, presentando unha moción de urxencia que incumpría o artido 54.10 do Regulamento Orgánico do Pleno. O portavoz municipal do Bloque solicitou a inadmisión desa moción por carecer da debida xustificación de urxencia, como estabelece a norma. Unha consideración que a presidencia do Pleno, nese momento en mans da segunda tenente de alcalde, Carmela Silva, declinou sen explicacións.


“É o síntoma máis evidente do gravísimo problema que ten o grupo municipal do PSOE coa democracia”, valorou Igrexas, lembrando que este mandato se impediu a tramitación dunha moción de urxencia do propio BNG por unha “interpretación restritiva” do mesmo artigo, e no pasado mandato unha do PP por non motivar a urxencia da moción.

“As normas teñen que ser iguais para todos e todas, e resultado escandaloso que se lle permita vulnerar un Regulamento que foi aprobado en solitario polo PSOE”, reclamou o voceiro nacionalista, quen afeou que o Goberno de Abel Caballero “confunda unha lexítima maioría absoluta cunha especie de monarquía absoluta onde poden facer o que lles dá a gana”.Por estes motivos, o grupo municipal do Bloque decidiu non participar do debate da moción nin tampouco da votación “falsa” ao considerar que se está permitindo ao grupo socialista “alterar de maneira ilegal e antidemocrática as normas de xogo”.

A Deputación celebra mañá en Vigo a última das rutas gratuítas organizadas dentro das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra

0

O programa chega á cidade olívica coas 25 prazas cubertas despois de pasar por Nigrán, Baiona, Tui, A Toxa e Mondariz-Balneario

A Deputación de Pontevedra celebra mañá, 30 de xullo, en Vigo a última das rutas gratuítas organizadas dentro das accións da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra (AUPO), coa que está a deseñar un modelo de desenvolvemento urbano e rural para ser unha provincia máis sustentable, resiliente, inclusiva e segura. Desta maneira, o programa chega á cidade olívica despois de pasar por Nigrán, Tui, A Toxa e Mondariz-Balneario ao longo das últimas dúas semanas.

A visita por Vigo, que dará comezo na Aduana, fará un percorrido histórico e arqueolóxico das orixes da industria conserveira da cidade, que foi o motor de industrialización desde o século XIX coa Revolución industrial. Desta maneira, o itinerario permitirá descubrir as historias e os lugares nos cales se protagonizaron estas revolucións económicas e sociais arredor da riqueza da ría para comprender mellor a historia da cidade como motor económico de Galicia. A ruta dará comezo ás 10:30 horas, terá unha duración aproximada dunha hora e media e será conducida por un guía con experiencia. As persoas beneficiaras deberán desprazarse ata o punto de arranque establecido polos seus propios medios e é recomendable leva roupa e calzado cómodo.

LA FURIA

Lana Farrar, antigua diva del cine americano, vive en Londres con su segundo esposo, Jason, y su hijo Leo. Decide pasar la Semana Santa en una isla griega de su propiedad, e invita a su amiga Kate y a Elliot, un escritor con el que tiene una gran amistad. Pronto se quedan encerrados por una tormenta, y en la isla se produce un asesinato. Deberán esperar para que llegue la policía, que tardará, porque es imposible acercarse debido al furioso viento. Y en la isla están solamente ellos, con dos empleados más, Nikos y Agathi.

Autor: Alex MICHAELIDIS – Editorial: ALFAGUARA. Madrid, 2024 – Páginas: 328 – Género: Policiaco – Público: General


Alex Michaelides (Chipre, 1977) es un autor y guionista nacionalizado americano, que saltó a la fama cuando en 2019 se publicó La paciente silenciosa, un poderoso thriller cuyos derechos para el cine fueron adquiridos por la productora de Brad Pitt. Esa novela, desde luego, rompe con los estándares habituales del género para presentar una historia de las que tienen un giro final inesperado. Publicó una segunda novela, Las doncellas, con cierta relación con la anterior. Éste es su tercer libro.

Elliot es un autor de un único libro. Un hombre frívolo y divertido, que parece no tomarse nada en serio. Desde el inicio es el narrador de esta historia, en la que nos va a presentar un crimen. Su amiga Lana Farrar, antigua diva de Hollywood, decide reunir en una pequeña isla griega de su propiedad a varias personas: su marido Jason y su hijo Leo, Elliot, claro está, y su amiga Kate, también actriz. Durante su estancia allí se cometerá un crimen, y la policía no puede llegar hasta la isla por el mal tiempo, por lo que tendrán que quedarse ellos con el asesino, que tiene que ser uno de los que están en la isla: ellos cinco, o sus dos empleados, Nikos y Agathi, dos griegos que llevan muchos años trabajando para Lana.

A mí el planteamiento inicial me recordó un poco a la reciente novela de Pérez Reverte El problema final, también ubicado en una isla griega y con características muy similares, las novelas que se suelen agrupar con el término “whodunit”, o sea, quién lo ha hecho: una situación de grupo de personas aisladas, uno de los cuales tiene que ser el criminal. Pero no es el caso en absoluto. Con Michaelides, las cosas nunca son lo que parecen; es un experto en los plot twist, o giros de guion, o vueltas de tuerca, como queramos llamarlo. Así, y sin desvelar la trama, vamos descubriendo detalles de cada uno de los personajes, que pueden hacernos pensar que todos tenían motivos más que de sobra para cometer el crimen.

Y como detalle diferente de la novela, el narrador rompe la cuarta pared, y dialoga con el lector como un amigo, llevándonos de la mano por donde quiere que se dirijan nuestros pensamientos. A ratos esta forma de narrar la historia puede resultar cargante, pero en todo caso es un modo de narrar diferente, al que no estamos acostumbrados, y el resultado final es más brillante que pesado. Vamos avanzando página a página y convencidos de la verdad de lo que nos narra Elliot, que no es un personaje atractivo en ningún caso, con el que la novela nos hará empatizar, pero que es retorcido como el mismo argumento.

La historia tiene, además un par de giros de los que te dejan pegado al sillón, algunos un tanto tramposos, todo hay que decirlo, pero que en todo caso hacen más atractiva la novela. Lo dicho, Michaelidis tiene bastante futuro en el mundo de la literatura; quizá sea pronto para decirlo, pero las tres novelas que ha publicado de momento tienen bastante fuerza, y son diferentes entre sí. Merece la pena.

A Xunta licita por 16,8 m€ o transporte sanitario terrestre non urxente e hospitalario urxente da área sanitaria de Vigo

0

A licitación do contrato, recollida no Portal de Contratos de Galicia, prevé a disposición de 75 ambulancias

A Xunta vén de publicar esta semana no Portal de Contratos de Galicia a licitación do servizo de transporte sanitario terrestre non urxente (ambulatorio e hospitalario) e hospitalario urxente da área sanitaria de Vigo por 16.899.301 euros e un período de duración de 24 meses.

O contrato prevé a disposición de 75 ambulancias e a posibilidade de prórroga por un período de 12 meses, cun valor estimado neste caso de 25.286.648 euros.

A finalidade desta contratación é a consecución dos máximos niveis de eficiencia na prestación deste transporte sanitario, establecendo os protocolos e procedementos que se estimen necesarios para a consecución de tal fin.

Os servizos que se realizarán no marco deste contrato serán o transporte interhospitalario para probas e consultas, as altas e ingresos hospitalarios, os traslados urxentes interhospitalarios, os traslados de tratamentos e consultas programadas, e os traslados fóra da Comunidade Autónoma como consecuencia da asistencia sanitaria en centros referentes a nivel nacional en certas patoloxías, técnicas ou tratamentos.

Son os criterios médicos os que determinarán mediante prescrición que pacientes son os usuarios das ambulancias asistenciais ou non asistenciais e as características técnicas e o equipamento sanitario preciso en función das necesidades do doente.

O número de servizos estimados que se realizarán no marco deste contrato na área sanitaria de Vigo é de 260.000 anuais.

As empresas interesadas na prestación deste servizo teñen de prazo ata o vindeiro 23 de agosto para presentar as súas ofertas.

Este contrato complementarase coas próximas licitacións autorizadas recentemente polo Consello da Xunta do resto de áreas sanitarias e que suman un importe total de licitación de 84.548.765 euros por dous anos. Os novos contratos supoñen un incremento global de 23 millóns de euros con respecto aos actualmente vixentes. 

Melloras previstas

Nestes contratos inclúense as melloras das condicións económicas dos traballadores de acordo co V Convenio colectivo galego de transporte sanitario que inclúe actualizacións dos salarios (13% para os anos 2023, 2024 e 2025), ademais de redución horaria de 8 horas en 2024 e outras 16 horas en 2025. Así mesmo, recóllese un aumento das dietas, do plus de transporte e das retribucións de festivos e días especiais, entre outros incentivos.

Nas contratacións establécese a obrigatoriedade do cumprimento do convenio colectivo galego de transporte sanitario e o ofrecer aos traballadores un emprego estable e de calidade, ademais de protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais, asegurando todas as medidas de protección e prevención, proporcionando o subministro de equipos necesarios e promovendo condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

Todos os servizos de transporte sanitario dos pacientes das áreas sanitarias deberán realizarse no menor tempo posible, pola ruta máis adecuada e nas mellores condicións técnico-sanitarias e de confort para os doentes. Para conseguir este obxectivo, as empresas adxudicatarias deberán levar a cabo xuntanzas periódicas co servizo designado polo Servizo Galego de Saúde co fin de planificar as rutas máis idóneas.

As ditas rutas adaptaranse en función das localidades e domicilios dos pacientes e aos horarios de recollida, tratamentos e presenza dos enfermos nos centros sanitarios e a localización dos mesmos.

Cada unha das ambulancias notificará vía telemática, a tempo real, todos os cambios de estado e os tempos solicitados. A comunicación dos pacientes trasladados realizarase mediante un sistema de lectura da tarxeta sanitaria, no suposto de que non poda utilizarse este sistema, os datos do paciente deberán de ser mecanizados igualmente.

O pleno da Deputación aproba unha modificación de crédito de 9,4 millóns de euros para comprar o Cine Fraga e mellorar a mobilidade urbana en Vigo e Pontevedra

0

A sesión plenaria ordinaria do mes de xullo serviu tamén para prorrogar o servizo de conservación de estradas, reaxustar o financiamento do novo contrato e aprobar a segunda addenda do convenio co Concello de Vigo para incluír novas actuacións

A Deputación de Pontevedra aprobou onte, na sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xullo, unha modificación de crédito por un valor total de 9,4 millóns de euros que servirán para financiar a adquisición do Cine Fraga de Vigo, operación na que o organismo provincial achega 4,6 millóns de euros; así como 4,2 millóns de euros para executar tres obras de mellora da mobilidade en Vigo e medio millón de euros para o proxecto da rúa 12 de Novembro de Pontevedra. Así mesmo, o pleno serviu tamén para aprobar a prórroga do contrato do servizo de conservación da rede viaria provincial e do reaxuste de financiamento do procedemento aberto para a contratación deste servizo para os vindeiros cinco anos. Do mesmo xeito, deuse luz verde á segunda addenda para a adecuación financeira do convenio entre a Deputación e o Concello de Vigo, que permitirá levar a cabo as actuacións recollidas na modificación de crédito.

O principal punto da orde do día foi esta modificación de crédito, a terceira deste ano 2024, que saíu adiante cos votos favorables dos deputados do Grupo Popular, a abstención do PSOE e a negativa do BNG. Un expediente motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o ano seguinte e que carecen de consignación suficiente no orzamento actual. O documento inclúe créditos extraordinarios por valor de 4,7 millóns de euros e suplementos de créditos de 4,7 millóns de euros. Un total de 9,4 millóns que se destinarán a adquisición do Cine Fraga de Vigo (4,6 M€), a execución en Vigo da instalación de ramplas mecánicas na rúa Pintor Colmeiro, a humanización da rúa San Roque, e o proxecto de mellora da mobilidade urbana en Marqués de Valterra (4,2M€); os convenios co Concello de Pontevedra para a rehabilitación da rúa 12 de Novembro (0.5M€), con Mondariz-Balneario para a reconstrución dun muro de contención no río Xabriña (69.500€), con Salceda de Caselas para realizar actuacións en Cerquido (28.800€), con Tui para un paso sobre o regato Coterei (19.200€) e con Oia para a consolidación dun muro de contención no camiño Oia-Cabreiriza (17.100€). Ademais, destinaranse 21.000 euros para actividades culturais e 7.000 euros para turismo.

Os convenios cos concellos, agás os de Pontevedra e Vigo que se cobren con sobrantes ou baixas correspondentes a actuacións de convenios de exercicios anteriores, fináncianse con baixas por anulación con cargo ao programa de “danos por inundacións”.

Relacionada co dito expediente de modificación de créditos, que foi aprobada por unanimidade, está a segunda addenda para a adecuación financeira do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación para a execución dun plan da mellora urbana sustible. Un acordo que consiste na inclusión de tres novos proxectos que supoñen un investimento total de 6,24 millóns de euros, dos que o ente provincial achega 4,2 millóns. As actuacións de mellora da mobilidade urbana incluídas son a de Juan Ramón Jiménez, fase Romil e Hispanidade, cunha aportación de 1,54 millóns por parte da Deputación; a de Jacinto Benavente e Torrecedeira fase de Marqués de Valterra, cunha achega provincial de 820.000 euros; e a humanización de San Roque fase Gregorio Espino-Ruiseñor, na que o ente provincial financia 884.000€.

O número de actuacións obxecto do convenio asinado entre as dúas administracións en maio do 2021, que era de nove actuacións e implicaba un investimento total de 15,8 millóns de euros ao longo das anualidades do 2021, 2022 e 2023, pero pola imposibilidade de completar os proxectos no prazo establecido acordouse reducilo a cinco e aproveitar os fondos para executar estes tres novos convenios. Os proxectos que se manteñen do convenio orixinal son: a fase 4 da humanización Martínez Garrido, a recuperación do sistema dunar da praia de Samil, a humanización da Avenida Castelao, a mellora de firmes en vías municipais e a cubrición do patio do colexio Javier Sensat.

Por outro lado, aprobouse a prórroga do contrato “Servizo de conservación ordinaria da rede viaria da Deputación de Pontevedra” dende o 6 de agosto ata o 31 de outubro do 2024 ou, se sucedese antes, ata que o novo contrato poida iniciar a súa execución. Unha prórroga que implica o investimento de 673.845 euros. Así mesmo, houbo acordo tamén para reaxustar o financiamento dos importes do novo contrato que está previsto que entre en vigor o 1 de novembro do 2024 e non en setembro como se aprobara inicialmente. Con esta modificación, mantense o investimento de 38,9 millóns de euros ao longo dos cinco anos de vixencia que terá o novo contrato coa única variación do gasto de 1,6 millóns de euros na primeira anualidade do 2024 e de 8 millóns na de 2028, en lugar dos 3,2 e 6,5 millóns aprobados inicialmente para estas dúas anualidades.

A sesión plenaria serviu tamén para aprobar por unanimidade a delegación de facultades do Concello da Guarda na Deputación en materia de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos; a desestimación das reclamacións á modificación do cadro de persoal do Consorcio Provincial Contra Incendios e a aprobación definitiva do mesmo; e a ampliación ata o 31 de outubro do 2025 do prazo para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do “Deza, Tabeirós Terra de Montes, os Camiños por dentro”. Por outro lado, foron rexeitadas as dúas mocións presentadas polo Grupo Socialista para solicitar a acollida de menores inmigrantes e o mantemento e bonificación do canon dos concellos adscritos a Sogama, así como a do BNG relacionada Cine Fraga e o seu uso como espazo cultural público.

Repartidos más de 700.000 kilos de alimentos durante los seis primeros meses de este año

0

Se trata de una cifra similar al total de kilos de comida entregados hace ahora un año (755.544 kilos en 2023) por parte de la Fundación Provincial Banco de Alimentos y, pese a la desaparición completa del Fondo de Ayuda Europea a las Personas más Desfavorecidas (FEAD)

La Fundación Provincial Banco de Alimentos entregó un total de 705.027 kilos de comida durante el primer semestre de este 2024, una cifra parecida a la registrada hace ahora un año, cuando se repartieron 755.544 kilos.

Estos más de 700.000 kilos de alimentos distribuidos supone una cantidad relevante teniendo en cuenta que ya ha desaparecido por completo el Fondo de Ayuda Europea a las Personas más Desfavorecidas (FEAD) y que, durante 2023, supuso cerca de 500.000 kilos de productos aportados. Por tanto, este 2024, es el primero en que no recibiremos nada del ya extinto programa europeo.

Durante este primer semestre, la fundación ha desarrollado un total de tres Operaciones Kilo a pie de supermercado con las que recaudamos más de 141.000 kilos de productos básicos, registrándose, lamentablemente, una bajada continua de donaciones debido a la carestía de los alimentos. Excluyendo el Zampakilos Solidario llevado a cabo en establecimientos de Vegalsa-Eroski en el que se recaudaron unos 60.000 kilos de alimentos, siendo una cifra récord, tanto el Mayo Solidario de Gadis como la Recogida Primavera organizada en un buen número de cadenas de alimentación dieron como resultado menos donaciones.

Pese a que la sociedad siempre responde a la llamada del Banco de Alimentos, lo que comienza a ser una tendencia es que se dona, sí, pero se hace en la medida que las personas pueden hacerlo.

Pescado enviado a otros Bancos de Alimentos

En estos meses de 2024, se comenzaron a repartir los 65.000 kilos de fletán congelado procedente de un decomiso del servicio de Agricultura y Pesca de la Subdelegación del Gobierno. Parte de este pescado de alto nivel nutricional lo hemos enviado a los Bancos de Alimentos de Cataluña y de Asturias, así como, a nuestros compañeros de Ponferrada, Ourense y A Coruña, un gesto solidario más que bienvenido.

Rebaja de actividad

Como viene siendo habitual, estas semanas de julio se están entregando el doble de alimentos a los colectivos sociales con el objetivo de que estén abastecidas durante nuestra rebaja de actividad prevista el próximo mes de agosto. Gracias a un equipo reducido de voluntarios, el Banco de Alimentos en Vigo y Pontevedra seguirán abierto, distribuyendo, sobre todo, los productos frescos donados diariamente por varios establecimientos de alimentación.

La Fundación Provincial Banco de Alimentos repartió más de 1,9 millones de kilos alimentos durante 2023, a través de un total de 153 ONG y entidades sociales.

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte ao mildio larvado

0

Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio

A Deputación de Pontevedra lembra esa semana, que, ademais de facer revisións periódicas da viña para protexelas contra o mildio larvado, é fundamental levar a cabo prácticas agronómicas que conduzan a unha mellor aireación das plantas. Malia iso, e grazas á subida das temperaturas e a baixada da humidade, os técnicos da Estación Fitopatolóxica Areeiro non teñen observado nesta última semana avance na súa presencia naquelas viñas nas que xa había, nin tampouco viron síntomas naquelas nas que non estaba presente. De feito, a nivel dos acios tan só hai que destacar a aparición de mildio con frutificación aparentemente activa nalgúns rebuscos de viñas moi afectadas con anterioridade, algo que non debería preocupar debido ás altas temperaturas.

Aínda así, os orballos unidos ás altas temperaturas nocturnas fixeron que na maioría dos predios que non recibiran tratamento nos últimos días as follas novas aparezan con moitas manchas recentes. A mesma aparición de manchas nas follas máis tenras observase nas plantas de diferentes variedades que medran en bordos das estradas ou camiños e en muros de predios e que non reciben tratamentos de ningún tipo. Unha situación que, aseguran desde Areeiro, tampouco debería preocupar.

Por outra banda, nos predios incluídos dentro da zona demarcada establecida pola Xunta a raíz da detección da flavescencia dourada en Galicia son obrigatorias tres aplicacións insecticidas para o control das formas xuvenís (as dúas primeiras) e dos adultos de  Scaphoideus titanus (a última). Se ben están aparecendo os primeiros adultos nas trampas, aínda hai bastantes ninfas e, debido a que se debe evitar no posible a dispersión da patoloxía que transmiten, aínda se recomenda a aplicación de insecticida, en particular se non se efectuou o anterior, en calquera viñedo do sur da provincia.

No relativo ao oídio, esta semana non detectamos síntomas en ningún predio tratados fronte a este patóxeno. En canto ás plantas abandonadas ou as que non foron tratadas unicamente os observamos nas follas, se ben non é xeral. Por iso, recomendan seguir mantendo a vixilancia, aínda que son baixas as probabilidades de danos significativos nos acios. Sen embargo, as temperaturas elevadas  destes días si que incrementaron a gravidade dos síntomas das plantas afectadas por enfermidades de madeira, chegando a apreciarse algúns brazos mortos, que poden ir eliminándose para evitar a contaminación de outras cepas.

No relativo a outros cultivos, se ben esta semana recolleron dous adultos de mosca da casca verde de noz nas trampas instaladas en Areeiro, non se atoparon síntomas algúns na primeira mostra de noces. Pola súa banda, non se recolleu ningún macho nas trampas instaladas nos castiñeiros de tortrícido precoz. Con todo, agora que xa están formados os ourizos convén revisalos e retirar os que estean a coller un ton marrón, así coma os caídos ao solo. Desde Areeiro recordan que este ton amarronado e a súa caída prematura tamén pode ser debido ao fungo Gnomoniopsis, xa que as condicións ambientais deste ano foron moi favorables para o seu desenvolvemento. Tamén neste caso a retirada dos ourizos con síntomas e dos caídos ao solo é moi importante para reducir inóculo, e tamén se pode aplicar algún funxicida cúprico autorizado en castiñeiro. Ademais, lembran que para ambas pragas é recomendable estender baixo as árbores unha malla ou plástico na proxección da copa.

Por último, na revisión desta semana apareceu outro macho de Cydalima perspectalis ou bolboreta do buxo na trampa, mentres continúa incrementándose o tamaño das eirugas na sebe. Tamén observaron os primeiros síntomas noutras plantas do seu seguimento, polo que inciden na importancia de revisar ben o estado dos buxos en cada caso para saber cando é necesario tratalos.