Un sacerdote de Vigo es condenado a 32 años y medio de cárcel por abusar de seis menores

0

El tribunal afirma que las declaraciones de los menores cumplen el requisito de la verosimilitud, pues son “internamente coherentes” y se corresponden “con situaciones realmente vividas”

Un sacerdote y profesor de religión del colegio Salesianos de Vigo ha sido condenado a 32 años y medio de prisión y a 36 años de libertad vigilada por abusar de seis alumnos del centro en 2019, cuando tenían 15 años, durante el desarrollo de actividades extraescolares.

En concreto, los hechos sucedieron en un campamento que tuvo lugar en Cambados y en una peregrinación a Santiago de Compostela, así como, respecto a uno de los menores, durante la visualización de la final de la Champions League en una asociación juvenil de la que el colegio estaba a cargo. Así lo ha decretado la sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, que considera acreditado que el investigado cometió siete delitos de abuso sexual, tres de ellos continuados. Además de la pena de prisión, le ha impuesto el pago de una indemnización de 76.000 euros al conjunto de las víctimas, pues entiende que “no cabe ninguna duda de que todas y cada una de ellas han sufrido un daño psicológico evidente”, así como la inhabilitación especial para cualquier profesión u oficio, sea o no retribuido, que conlleve contacto regular y directo con menores de edad por tiempo superior en 31 años al de duración de la pena de prisión impuesta.

El tribunal asegura que el acusado aprovechó “la situación de superioridad derivada de su profesión”, de la confianza que los menores habían depositado en él y de la relación de amistad que les unía, “que iba más allá de la de profesor-alumno”, para realizarles tocamientos. Los magistrados subrayan en la sentencia que la determinación de la autoría del sospechoso ha sido consecuencia, fundamentalmente, del testimonio de las víctimas de los abusos, quienes declararon que se quedaron “en shock” cuando les ocurrió, sin ser capaces de reaccionar porque no podían creer que el sospechoso pudiera hacerles algo así.

“Todas estas circunstancias no solo eran conocidas por el encausado, sino que, además, fueron aprovechadas por él para conseguir satisfacer su deseo sexual, actuando, además, en las horas nocturnas, cuando el estado de alerta disminuye y el nivel de conciencia decrece”, apuntan los jueces, quienes consideran que a los abusos se suma “la existencia de una situación de superioridad derivada de esa relación de amistad y de ascendencia que el acusado construye en torno a todos y cada uno de los menores, lo que le permitió vencer cualquier posible resistencia de las víctimas”.

Los magistrados afirman que los afectados narraron “con firmeza y de forma acorde a su edad lo que les ocurrió y lo que vieron respecto de los otros”. En la sentencia, los jueces aseguran que las declaraciones de los menores cumplen el requisito de la verosimilitud, pues son “internamente coherentes” y se corresponden “con situaciones realmente vividas”, evidenciando algunos de los menores “un sentimiento de culpa por no haber hecho nada o no haber sabido reaccionar en el instante mismo en el que sucedían los hechos”. Además, los diferentes testimonios “aparecen rodeados de corroboraciones externas”.

Los magistrados también destacan que los estudiantes carecen de “motivación espuria, animadversión o interés en perjudicar al encausado”, pues todos ellos pusieron de manifiesto “la buena relación que mantenían antes de los hechos”, pues no solo era un profesor, sino que lo consideraban “su amigo, su referente”.

Por todo ello, consideran probado que el condenado ejecutó actos sexuales sobre cada uno de los menores consistentes, en todos los casos, en tocamientos en los órganos genitales, normalmente por encima de la ropa, aunque, en alguna ocasión, también por debajo. “Los actos realizados no dejan lugar a la duda, no solo por el proceder subrepticio (aprovechando las horas nocturnas y el sueño de los menores), sino por los actos de contenido inequívocamente sexual”, recalca la Audiencia.

En cuanto a la defensa del condenado, los jueces subrayan que el hecho de que “no presente rasgos psicopatológicos característicos de un abusador ni tenga una personalidad que le impida controlar sus impulsos” no descarta que haya cometido los hechos que se le imputan, tal y como pretendía su defensa. El tribunal también rechaza la línea defensiva que pretendía “abrir la posibilidad de que los hechos pudiera haberlos cometido otra persona y que los menores se equivocasen en su identificación”. Contra la resolución de la Audiencia Provincial de Pontevedra cabe presentar recurso de apelación. 

Chega a Mos ‘Piperegrinos, as gaitas do Camiño’

0

Afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal actuarán o vindeiro domingo pola tarde no auditorio do Centro Dotacional de Torroso

Desde a concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que o vindeiro domingo, día 31 de outubro, ás 18.30 horas, no auditorio do Centro Dotacional deTorroso, terá lugar o concerto gratuíto Piperegrinos, un econtro de destacados gaiteiros da Península Ibérica.

Trátase de seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Asturias, Aragón, Castela e León e Portugal. Piperegrinos é un espazo de difusión e posta en valor de diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios dirixidos a todos os públicos.

A Xunta de Galicia, no marco da celebración do Xacobeo 2021-2022, promove o acontecemento Piperegrinos, as gaitas do Camiño, un encontro de destacados gaiteiros de España e Portugal que actuarán en oito vilas galegas entre os días 23 e 31 de outubro, entre elas Mos o vindeiro domingo.

Trátase dun espectáculo musical itinerante que por primeira vez reúne no mesmo escenario a destacados gaiteiros da Península Ibérica cunha longa e recoñecida traxectoria artística profesional.

Piperegrinos, as gaitas do Camiño, resalta a importancia da gaita como instrumento representativo das culturas europeas ao tempo que invita aos espectadores a unha viaxe sonora a través das diferentes gaitas ibéricas, coas que representar o importante intercambio cultural que se produciu nos distintos camiños de peregrinación a Santiago.

Trátase ademais, dun espazo de difusión e posta en valor das diferentes gaitas ibéricas e dos seus repertorios nun formato actual achegado á música folk e dirixido a todos os públicos, no que tamén ten cabida o público especializado.

Neste sentido, este acontecemento situará a Galicia como punto de referencia do encontro e convivencia das gaitas ibéricas, que potencia a presenza de gaiteiros galegos e foráneos na escena musical do noso país e propicia sinerxías e alianzas para futuras colaboracións artísticas.

Artistas

O programa Piperegrinos inclúe a participación de 6 intérpretes de gaita que actuarán en formacións trío e dúo, coa participación de 17 músicos.

Os gaiteiros que intervirán neste acontecemento son: Francesc Sans, co instrumento sac de gemecs, de Catauña, acompañado de Manel Martorell, mandola, e Titus Prats, percusión; Adrián Gil, coa gaita de boto, de Aragón, acompañado de Alberto Navas, violín, e Serchio Pardos, guitarra, percusión; José Manuel Tejedor, coa gaita asturiana, desde Asturias, acompañdo de Richard García, teclado, e Daniel Álvarez, bouzouki, bodhran; Luis Antonio Pedraza, con gaita sanabresa, desde Castela e León, acompañdo de Carlos Beceiro, guitarra, e Miguel Mateos, tambor sanabrés; Tiago Morais, intérprete da gaita mirandesa e gaita de sesimbra, desde Portugal, acompañado de Tiago Marques, acordeón e cavaquinho; e Oscar Ibáñez, gaita galega, de Galicia, acompañado por Xosé Li,- bouzouki- e Andrés Vilán – caixón-.

Regresa o programa ExploraCampus da Universidade de Vigo e con el a actividade deportiva ao aire libre

0

Con inscrición de balde, o único requisito é rexistrarse previamente no Campus Activo

Tras a boa acollida da que gozou o curso pasado en Vigo e Pontevedra, o programa de actividades ao aire libre ExploraCampus esténdese este curso á cidade de Ourense. A idea da iniciativa mantense intacta, “o que buscamos é que as diferentes persoas da comunidade universitaria poidan facer deporte e, ao tempo, gozar da natureza na contorna máis inmediata ao seu lugar de traballo”, explica Xabier Rial, director técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, quen tamén recalca que, libres xa das fortes restricións sanitarias que estaban vixentes o curso pasado, a previsión é que o programa, adaptado ás características propias de cada un dos campus, vaia incrementando pouco ao pouco o número de adeptos.

Todas as actividades son de balde e o único requisito para participar é inscribirse previamente no Campus Activo, onde xa se pode consultar o programa previsto para o mes de novembro. No caso de Vigo a oferta para este mes inclúe xeocaching e quedadas para correr. O xeocaching será o xoves 4 de 13.00 a 15.00 horas, no propio campus e coa praza Miralles como punto de encontro. “As quedadas running están organizadas pola Sección Deportiva de Carreiras Populares e van ser todos os mércores na contorna do campus”, explica Rial, quen tamén apunta que a idea é dividir os participantes en dous grupos, en función do nivel das persoas inscritas. Ademais dos mércores haberá tamén unha quedada o domingo 14, sempre ás 10.00 horas e coa porta principal do pavillón universitario como punto de encontro.

En Pontevedra as actividades que se ofertan para este mes son orientación e unha andaina. No caso da orientación, a cita será na Illa das Esculturas o martes día 9 de 11.45 a 14.00 horas, mentres que a andaina será o xoves 11 –de 11.00 a 13.00 horas-, partindo da igrexa de Santo Estevo da Canicouva cara aos miradoiros da Fracha.

O programa estréase en Ourense con xogos populares e un magosto 

O campus de Ourense estréase este ano no programa cunha actividade de xeocaching no propio campus, o xoves 4 de 12.00 a 15.00 horas, e unha xornada de xogos populares e magosto na véspera de San Martiño, o 10 de novembro. Será na terraza da cafetería da biblioteca universitaria.

A Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal da Área Sanitaria de Vigo celebrou unha nova xornada de colaboración cos seus pacientes

0

A reunión alcanzou xa a súa terceira edición e centrouse na importancia da nutrición e a dieta nos  doentes con Enfermidade  Inflamatoria Intestinal

Ademais das explicacións asistenciais impartiranse talleres de cociña saudable, con trucos para incorporar bos hábitos culinarios

A Unidade de Enfermidade  Inflamatoria Intestinal da Área Sanitaria de Vigo celebrou unha nova xornada de colaboración cos seus pacientes. Nesta ocasión, o tema para tratar foi a importancia da inxesta de determinados alimentos na evolución tanto da Enfermidade de Crohn como da  Colite  Ulcerosa, baixo o epígrafe “Dieta e nutrición na EII””

A xornada de colaboración cos pacientes alcanzou xa a súa terceira edición e na mesma abordáronse determinados aspectos relacionados cos hábitos dietéticos dos enfermos e a forma de melloralos na medida do posible.

A reunión complementarase cuns talleres de cociña saudable, desde hoxe e ata o xoves, na que se mostraron trucos para incorporar bos hábitos hábitos dietéticos ás rutinas diarias dos pacientes.

“A dieta é un dos factores ambientais implicados na aparición da  EII e é un dos aspectos que máis preocupa aos pacientes xa que pode influír na evolución da enfermidade”, explicou  Vicent Hernández, facultativo da Unidade.

Respecto ao desenvolvemento da enfermidade, observouse que comer unha elevada cantidade de graxa, ácidos graxos  poliinsaturados e carnes asóciase cun maior risco de desenvolver unha  Enfermidade de  Crohn (EC) ou unha  Colite Ulcerosa (CU), mentres que unha inxesta de elevada de verduras diminúe o risco de desenvolver unha  CU. A  EII é unha enfermidade  inflamatoria, que cursa con diarrea e  malabsorción, polo que en fases de actividade pode levar a desnutrición. “Doutra banda, moitos pacientes refiren un empeoramento clínico con determinados alimentos, polo que poden desenvolver condutas de evitación, o que a longo prazo pode empeorar o seu estado nutricional”, subliñou  Vicent Hernández.

O doutor Hernández explicou que a enfermidade de  Crohn e a Colite Ulcerosa  son enfermidades inflamatorias intestinais (EII) crónicas de etioloxía descoñecida. Considérase que aparecen como resultado da interacción de factores xenéticos,  inmunolóxicos e ambientais, que dan lugar a un proceso  inflamatorio continuo. O aumento xeneralizado da incidencia descrito nos últimos 20-30 anos parece paralelo á expansión dun estilo vida “occidentalizado”, no que moitos dos aspectos relacionados coa “occidentalización” asociáronse ao risco de desenvolvemento de EII.

En relación á evolución da enfermidade, aos poucos vaise coñecendo que determinados patróns dietéticos (similares aos implicados na aparición desta) poden ter un impacto negativo, e algunhas intervencións nutricionais demostraron ser útiles para controlar a enfermidade. Por este motivo, cada vez máis nas Unidades de EII préstase unha especial atención á dieta dos pacientes, e búscase a colaboración entre diferentes profesionais neste campo para conseguir un mellor control da enfermidade e recuperar o seu impacto no estado nutricional dos doentes.

El nuevo restaurante VIPS de Vialia donará la recaudación íntegra del próximo jueves a Cruz Roja en Vigo

0

Este 28 de octubre, todos los vigueses que acudan al nuevo VIPS de Vialia, estarán donando directamente el importe íntegro de los platos que consuman a Cruz Roja en Vigo

Todo lo recaudado por VIPS será donado a Cruz Roja en Vigo  para financiar el proyecto “Preto de Tí”, que busca incentivar hábitos de consumo saludable entre personas en situación de riesgo

Este acuerdo se enmarca dentro del compromiso de Responsabilidad Social de VIPS y su programa “Muy capaces”, cuyo objetivo es generar un impacto positivo en las comunidades en las que está presente la marca, con especial foco en los colectivos más vulnerables.

La conocida marca de restauración VIPS, que acaba de abrir sus puertas en el Centro Comercial Vialia de Vigo, ha anunciado que donará la recaudación íntegra de las ventas que realice el próximo jueves 28 a Cruz Roja en Vigo.

Esta donación, que supone el inicio de la colaboración a largo plazo del restaurante VIPS de Vialia con la ONG, ayudará a financiar el programa “Preto de Tí” de Cruz Roja, que busca incentivar hábitos de consumo saludable entre personas en situación de riesgo.

El acuerdo se enmarca dentro del compromiso de Responsabilidad Social de VIPS y su programa “Muy capaces” cuyo objetivo es generar un impacto positivo en las comunidades en las que está presente la marca, con especial foco en los colectivos más vulnerables.

“En VIPS siempre hemos estado comprometidos con la mejora la vida de las personas de los barrios en los que estamos presentes, con especial foco en los colectivos más vulnerables. Desde hace más de 10 años, contamos con programas de empleabilidad e inserción de jóvenes en situación de riesgo y personas con discapacidad, donde la involucración de nuestros equipos a través de los distintos proyectos de voluntariado, ha sido fundamental”, comenta Paco Páez, Director General VIPS.

“Estamos encantados de poder desarrollar nuestra aportación en Vigo de la mano de Cruz Roja, con quienes tenemos ya una larga historia de fructífera colaboración y con quienes estamos seguros de que los esfuerzos conjuntos se traducirán en los mejores resultados”, añade.

Desde Cruz Roja y tras la pandemia, estamos apostando fuertemente por el fomento de los hábitos de vida saludable entre nuestras personas usuarias y la población en general y gracias a iniciativas como las del restaurante VIPS, podremos poner en marcha en Vigo el proyecto “Preto de Ti”, comenta Purificación Serrano, presidenta comarcal de Cruz Roja en Vigo.

“A través de este programa buscamos impulsar la alimentación sana y sostenible, con el objetivo de mejorar los hábitos de salud y evitar las conductas de riesgo, por ello agradecemos la implicación de VIPS en su compromiso con las personas vulnerables”, añade.

Este proyecto complementa a otras acciones de la Organización en materia de salud. Cruz Roja trabaja habitualmente la adopción de hábitos saludables y la prevención de conductas nocivas con el estímulo de la actividad física, cuestiones de higiene de sueño, el cuidado de la salud mental o los consejos sobre alimentación mediante talleres específicos y la orientación que acompaña a las entregas de alimentos.

O BNG propón un Plan Municipal de Promoción da Lectura en Vigo que inclúa unha rede de bibliotecas nos barrios

0

A fronte nacionalista recorda que a última biblioteca pública inaugurada na cidade foi impulsada polo BNG en 2011, e desde aquela o Concello só abriu tres salas de lectura

Solicita un mínimo de 20 bibliotecas municipais, para cumprir as recomendacións por organismos internacionais, comezando coa demandada pola veciñanza de Teis

Xabier P. Igrexas: «A lectura é a porta de entrada á cultura e as bibliotecas son un potente instrumento para democratizar o acceso ao coñecemento das clases populares e traballadoras»

O Bloque Nacionalista Galego propuxo este martes a elaboración dun Plan Municipal de Promoción da Lectura en Vigo, que inclúa entre outras medidas a creación dunha rede de bibliotecas públicas nos barrios e parroquias. A fronte nacionalista vai instar o Goberno Municipal a posta en marcha deste plan cunha moción dirixida ao Pleno da cidade, previsto para este mércores 27 de outubro.

“Unha cidade como Vigo, de preto de 300 mil habitantes censados, debera dispor de unha biblioteca central, complementada de unha biblioteca de barrio por cada 15 mil habitantes, ou o que é o mesmo unha rede bibliotecaria que se despregase con como mínimo 20 bibliotecas”, demandou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, tomando como base para as ratios necesarias as recomendacións de organismos internacionais como a Asociación Internacional de Bibliotecas (Intamel) ou a Face In A Book Club (FIAB).

«A lectura é a porta de entrada á cultura e as bibliotecas son un potente instrumento para democratizar o acceso ao coñecemento das clases populares e traballadoras», salientou Igrexas. Fixou como inicio deste plan a apertura dunha biblioteca municipal en Teis, demandada pola veciñanza, que se manifestou a pasada semana para esixir a súa execución no antigo ambulatorio do barrio, tras ser comprometida de forma reiterada polo Goberno de Abel Caballero.

Só dúas bibliotecas municipais

Nesta liña, Igrexas sinalou en rolda de prensa desde o Concello que a nosa cidade apenas conta na actualidade con dúas bibliotecas municipais, a Juan Compañel no Casco Vello e a biblioteca Neira Vilas no Calvario. Esta última, recordou, foi impulsada pola fronte nacionalista desde a concellaría de Cultura no ano 2011 e foi concibida como a primeira biblioteca dunha rede que se tería de estender polo barrios e parroquias.

“Infelizmente ese compromiso non se materializou desde entón”, criticou o concelleiro nacionalista na cidade, que subliñou que na última década o Concello de Vigo abriu só tres salas de lecturas, situadas na Casa do Patín en Bouzas, aula de estudo no Auditorio Mar de Vigo e sala de lectura en Navia. “Estes espazos, que se ben son úteis e necesarios para o estudo, malia seren presentados nalgún caso de maneira confusa como ‘sala de lectura-biblioteca’, non se poden cualificar como tales”, matizou Igrexas, unha valoración que parte das reiteradas reclamacións feitas ao Goberno Municipal pola Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza (Bamad).

“As bibliotecas non son salas de lectura. A sala de lectura é un dos servizos que pode ser dado polas bibliotecas pero non o único. Para contar con servizos bibliotecarios a biblioteca debe contar cun tamaño adecuado, contar con documentos e estes deben estar xestionados de maneira profesional por un persoal adecuado ao tamaño da biblioteca e ao número da poboación que debe atender”, reclamou o concelleiro do BNG en Vigo.

Sen medios nos barrios e parroquias

Igrexas afirmou que a cidade conta cun número significativo de espazo de lecturas e pequeñas bibliotecas, ubicadas en diferentes centros culturais e veciñais, mais que “non poden funcionar plenamente por causa de non dispoñeren as entidades dos medios materiais e humanos que permitan a súa dinamización”. Solicitou que se desenvolvan campañas e programas para a promoción da lectura, enfocadas á mocidade e o ámbito escolar, con especial atención á literatura en lingua galega.

O portavoz nacionalista enfatizou a importancia do sector en Vigo, con figuras destacadas no ámbito da creación literaria e con importantes referencias na edición e distribución de libros. “Cómpre que o Concello de Vigo despregue esforzos adicionais para axudar ao desenvolvemento desas potencialidades creativas, referenciando a cidade no ámbito literario e editorial”, solicitou.

Nese sentido, o BNG de Vigo proporá na moción ao Pleno municipal unha serie de medidas para impulsar estes obxectivos, como a posta en marcha da ‘Semana da Literatura de Vigo’. Ademais, pediu potenciar a colaboración institucional coas feiras do libro e do libro antigo así como medidas para apoiar tanto aos clubes de lectura dos barrios e parroquias como ao propio sector editorial e librarías da cidade.

La Xunta le traslada al Ministerio de Transportes el informe de la Comisión Gallega de la Competencia que señala como excesivas y posibles ‘ayudas de Estado’ las compensaciones a la concesionaria de la AP-9

0

El Gobierno gallego urge la convocatoria de una reunión de la Comisión de la AP-9 para abordar este informe y el dictamen del Consello Consultivo de Galicia, entre otros asuntos

La Xunta de Galicia le trasladó hoy al Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana el informe de la Comisión Gallega de la Competencia que señala como “excesivas” y como posibles “ayudas de Estado” las compensaciones a la concesionaria de la AP-9 por las obras de ampliación de la autopista en los accesos a Vigo y a Santiago de Compostela.

La conselleira de Infraestructuras y Movilidad, Ethel Vázquez, le remitió una carta al secretario general de Infraestructuras del Ministerio, Sergio Vázquez Torrón, en la que destaca que el informe de la Comisión Gallega de Competencia concluye que la compensación aprobada por el Real Decreto 1733/2011, de 18 de noviembre, en favor de Audasa por la ampliación de la capacidad de la AP-9 es excesiva.

El informe detalla que la empresa percibiría una compensación muy superior a la allegada por la financiación de las obras, pudiendo constituir una ayuda de Estado.

El escrito se acompaña también del dictamen emitido por el Consello Consultivo de Galicia en mayo del año 2020, que señala que los incrementos de peaje autorizados a la concesionaria para compensar por la ejecución de las obras de ampliación de la capacidad son “nulos de pleno derecho”.

En este sentido, la Xunta le demanda al Gobierno central la revisión de los expedientes que derivaron en las compensaciones otorgadas a la concesionaria a través de los incrementos extraordinarios de tarifas ya aplicados y previstos en el futuro.

Ethel Vázquez también traslada en la carta la urgencia de convocar una reunión de la Comisión de la AP-9 para abordar entre otros asuntos, el informe de la Comisión Gallega de la Competencia y el dictamen del Consello Consultivo de Galicia remitido en 2020.

Vigo súmase a unha campaña para mellorar a convivencia de peóns, bicicletas e patinetes

0

Abel Caballero comunicou este martes que o Concello vai participar na iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico ata o 7 de novembro

A Policía Local informará a ciclistas e usuarios dun VMP das vías polas que deben circular: “A mobilidade segura ten que estar garantida para os peóns nas beirarrúas e zonas peonalizadas”

O alcalde anunciou a incorporación da cidade á proposta lanzada pola DXT ata o próximo 7 de novembro, unha acción centrada na convivencia no espazo público dos peóns, os ciclistas e os usuarios dun vehículo de mobilidade persoal (VMP) como os patinetes.

Segundo explicou Caballero, a campaña procura a seguridade dos peóns, indicando aos ciclistas e condutores dun patinete a súa obriga de empregar os carrís bici ou espazos autorizados para a súa circulación pola cidade: “A mobilidade segura ten que estar garantida para os peóns nas beirarrúas e nas zonas peonalizadas”, manifestou.

“Temos que velar pola seguridade”, sinalou o alcalde, polo que, en consonancia coa Dirección Xeral de Tráfico, a Policía Local de Vigo activará ata o próximo 7 de novembro unha vixilancia especial sobre as bicicletas e VMPs nas beirarrúas para informarlles das vías que deben empregar para os seus desprazamentos pola cidade.

Fernández-Tapias avoga por visibilizar as persoas con dano cerebral adquirido e avanzar na mellora do seu benestar

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe nos actos organizados pola Asociación Alento coincidindo co Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe nas actividades organizadas pola Asociación Alento con motivo da celebración do Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido onde aproveitou para renovar o compromiso do Goberno autonómico con políticas reais e eficaces que “garantan máis e mellores servizos para las familias e den cobertura ás persoas que máis o precisan”.

Neste contexto, avogou por visibilizar as persoas con dano cerebral e concienciar a poboación sobre unha realidade que afecta a máis de 35.000 galegos e galegas e que chega de forma repentina. “Aportar solucións que fagan más sinxelo o seu día a día,   mellora a súa calidade de vida e das súas familias, é para nós un obxectivo prioritario e irrenunciable”, sinalou.

Por elo, o Executivo galego investiu nesta asociación 850.000 euros no 2021 para o mantemento de 72 prazas públicas.

A xornada de portas abertas celebrada en Alento e que contou coa presenza de Marta Fernández-Tapias en representación da Xunta de Galicia consistiu na lectura dun manifesto polo Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido. Unha iniciativa que se suma a outras organizadas coa Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), o 28 de octubre en Cangas, e Discamino, o 29 de outubro polo Día do Ictus, na propia sede de Navia.

Marea de Vigo acusa ao goberno de «vender» os investimentos do 2022 cando «a realidade é que, a estas alturas, aínda non executou nin o 80% dos deste ano»

0

Rubén Pérez: “Antes de anunciar os investimentos do ano que ven, o que debería estar solventando o Goberno local é como vai executar eses 106 millóns de euros que están nos investimentos dos orzamentos deste ano”

Marea de Vigo afirma que a información publicada polos medios de comunicación sobre as intencións de investimentos do Goberno de Abel Caballero para o ano 2022 son “unha operación de fogos de artificio bastante delirante”.  “Proba disto – sinala Rubén Pérez – é a inexecución dos orzamentos deste ano 2021, no que figuraban máis de 106 millóns de euros de investimentos, dos cales, a data de 30 de setembro apenas hai executados 15, é dicir, o 14% do total”.

O Grupo municipal cualifica ademais como “unha falla de criterio democrático” que a información “que debe ser cando menos coñecida por todos os grupos municipais” sexa remitida aos medios de comunicación antes que ao conxunto da Corporación Local, “nun momento ademais no que debería comezar a preparación da aprobación dos orzamentos para o vindeiro ano” apunta Rubén Pérez, voceiro municipal.

Marea de Vigo incide en que antes de anunciar os investimentos do ano que ven “a veciñanza debería saber que eses 42 millóns de euros de investimentos que foron anunciados no día de onte, veñen do que non se executou este ano – afirma Rubén Pérez -. É bastante ridículo que se estean anunciando coma grandes investimentos para o ano 2022 elementos que xa figuran nos orzamentos de este ano e están aínda sen executar: O paseo de Bouzas, o acceso de Vialia, investimentos en Balaídos….actuacións encaixadas nos orzamentos do ano 2021, incluso utilizando remanentes que formaban parte dos ‘aforros’ do concello, tendo xustificado ese uso co momento de crise sanitaria e económica”.

Para o Grupo, o que está facendo o Goberno de Abel Caballero é “vender o mesmo producto varias veces aos veciñas e veciños de Vigo”. A pregunta que debe ser respostada antes de decembro, segundo a Marea de Vigo, é “se estes máis de 100 millóns de euros, dun orzamento que resultou ser ao final de máis de 362 millóns, van ser executados antes de que acabe o ano”.

Fronte a esta realidade, o que hai é un anuncio de investimentos para o ano que ven, “que deberia preocuparnos menos cando temos practicamente todo o orzamento do ano 2021 sen executar” suliña Pérez. Datos “terribles” que amosan a “incapacidade manifesta de execución orzamentaria deste Goberno local” matiza.

Marea de Vigo insiste en que Abel Caballero non pode culpar á oposición ou a calquera asunto de índole político “tendo unha maioria absoluta que permite levar adiante este orzamento” explica o voceiro. “No ano 2021, que tiña que ter sido un ano de reconstrución económica, faltou iniciativa política e decisións importantes por parte do Goberno de Abel Caballero para ter completado eses orzamentos. O que pase no 2022 é secundario mentres non se resolva o que pasa cos orzamentos do 2021” conclúe.