Gondomar súbese ao Centro Dramático Galego

50 cidadáns de Gondomar asistirán ao Salón Teatro de Santiago para disfrutar do novo espectáculo do Centro Dramático Galego “Terceiro acto” este sábado 8 de maio

O CDG e o Concello de Gondomar, arman unha oportunidade única para a ciudadanía de Gondomar de asistir ao pase das 18:00 horas do espectáculo “Terceiro Acto”.

Aberto prazo de inscrición para as 50 primeiras solicitudes por rigurosa orde de chegada ate o venres 7 de maio ás 14:00 horas (ou ata cubrir prazas) no Departamento de Cultura na planta baixa da Casa de Cultura de Gondomar de 9:00 a 14:00 e no email cultura@concellodegondomar.gal

Dia das Letras Galegas

O transporte cortesia do CDG, será gratuito, e a billeteira do espectáculo terá prezo amigo de 6 € persoa que se pagarán o mesmo sábado.

Dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, reúne un elenco de facianas moi coécidas para o público: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera y Eduardo R. ‘Tatán’ protagonizan esta peza, que ofrece unha reflexión sobre a última etapa da vida e reivindica o papel das persoas maiores na sociedade actual.

Actores e actrices intégranse nas personaxes, que son eles mesmos, para compartir co público a súa memoria, os seus soños e as suas emocións nunha viaxe apaixoante ao través das historias dunha parte viva do teatro en Galicia.