O servizo atende anualmente a máis de medio centenar de usuarios

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o xerente da empresa Idades S.L., Víctor Manuel Durán, veñen de asinar o contrato administrativo polo que a empresa asume a xestión do Servizo de Axuda do Fogar (SAF) de Gondomar que atende anualmente a máis de medio centenar de usuarios.

No 2020 a Xunta otorgou mensualmente un total de 2.158 horas a este servicio, que no caso de Gondomar “foron efectivamente prestadas”. A previsión é que a partir de xaneiro o número de horas por parte do Goberno autonómico increméntense ata as 2.500 ao mes cun custo de 17,06 euros que implicará un crecemento na partida anual do concello de 221.000 euros.

Segundo o contrato asinado o orzamento previsto para o primerio ano ascenderá a 574.718,98 euros, cantidade que se incrementará anualmente ata alcanzar, ao finalizar o contrato no 2025, a un investimento total de 2.667.285, 52 euros.

O alcalde de Gondomar destaca o importante esforzo que «o noso goberno fai en materia de benestar social. Coas cifras na man o gasto nas partidas destinadas a este departamento rexistran un incremento dun 500% respecto a os últimos anos». Subliña que a nova concesionaria do SAF amosou o seu compromiso de «realizar no primeiro ano diferentes actividades formativas así como políticas de captación para incorporar máis persoal ao servizo».

A empresa IDADES S.L, que tamén presta este servizo en concellos limítrofes como Tomiño, Salvaterra do Miño, Baiona ou Porriño, tamén inclúe unha serie de melloras nos servizos de fisioterapia, podoloxía ou barbería a domicilio, así como a oferta de axudas técnicas.