O Concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, pecha a súa programación do mes de maio, Mes das Letras, cun concerto este domingo ás 12.00 horas na Praza Paradela có grupo de música folk “Caldo”.
CALDO son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas.
Creado con agarimo, CALDO resulta un prato musical delicioso, no que os ingredientes viven unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.

