Gondomar logra a colaboración da Xunta na limpeza de leiras delimitadas no plan municipal de prevención de incendios

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, reuniuse co director xeral de defensa do monte da Xunta, Manuel Rodríguez, e o director da empresa pública SEAGA, Pablo Arbones,

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, reuniuse co director xeral de defensa do monte da Xunta, Manuel Rodríguez, e o director da empresa pública SEAGA, Pablo Arbones, para concretar os prazos e medios que se empregarán na limpeza destas parcelas

O Concello de Gondomar e a Xunta de Galicia colaborarán na limpeza de leiras delimitadas non plan municipal de prevención de incendios.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, reuniuse co director xeral de  defensa do monte da Xunta, Manuel Rodríguez, e o director da empresa pública  SEAGA, Pablo Arbones, para concretar os prazos e medios que se empregarán na  limpeza de parcelas incluídas dentro das faixas secundarias de xestión de biomasa  dos núcleos definidos no Plan municipal de prevención y defensa contra incendios  forestais de Gondomar. 

Estes traballos enmárcanse dentro do convenio ao que está adscrito o concello  de Gondomar, asinado pola Xunta de Galicia, SEAGA e FEGAMP, polo que a  administración autonómica, tras o acordo alcanzado, executa de forma subsidiaria a  limpeza daquelas parcelas que, finalizado o prazo legal, non procederon á limpeza dos  terreos na data estipulada por la Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa  contra os incendios forestais. 

Paco Ferreira congratulouse ante a resposta do goberno galego facendo fincapé  “na importancia que a colaboración entre administracións á hora de atender as  necesidades ou demandas da poboación e o territorio” e nese senso agradeceu o  interese amosado pola Xunta ante a demanda do goberno local. 

Lembrou que estes traballos que, previsiblemente comenzarán nas vindeiras  semanas “son fundamentais para previr os incendios e, sobre todo, os danos naturais,  materiais ou mesmo humanos que puidesen orixinar” e engadiu “que por iso toda  implicación e axuda sempre son fundamentais”. 

Na reunión, á que tamén asistiu o concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, o  director xeral de defensa do monte explicou que se actuará sobre un total de 300  hectáreas -algo máis de 3000 parcelas-, que suporá unha inversión de preto de 900.000  euros. Expuxo que serán firmes na execución subsidiaria da limpeza de terreos sirva  para concienciar á veciñanza e lograr a súa colaboración para que asuman a importancia  de cumprir a lei e manter as faixas secundarias de biomasa limpas.