O alcalde, Paco Ferreira, reúnese con responsables da compañía UFD para analizar os problemas rexistrados este nadal na localidade debido aos cortes fo fornezo eléctrico durante horas, así como para estudar futuras accións encamiñadas a buscar unha solución
Gondomar contará con dous novos transformadores de subministración eléctrica para previr cortes na subministración eléctrica. Esta decisión foi anunciada hoxe polo alcalde, Paco Ferreira, tras reunirse con responsables da compañía UFD, distribuidora do grupo Naturgy, para analizar os problemas rexistrados este nadal na vila, debido aos cortes do fornezo eléctrico durante horas no municipio.
Na reunión o acalde, mostrou a súa preocupación polo sucedido e trasladou o malestar xeneralizado dos afectados en días tan sinalados e fríos como os ocorridos este nadal, ao delegado provincial da distribuidora, Francisco Ramos, e ao xefe de operacións da Zona Sur, Marco A. Gelpi.
No encontro tamén participou o Presidente da Entidade de Morgadáns, Alfonso Misa, unha das parroquias máis afectadas pola falta de subministración eléctrica o día de Noiteboa. Francisco Ramos, Delegado Provincial de UFD, Distribución e Eléctrica S.A, comprometeuse a atender as reclamacións presentadas, como consecuencia das deficiencias e cortes de subministración na cometida e tendido, así como a estudar e evitar en diante o ocorrido.
Para iso a compañía reforzará a potencia eléctrica en todo o municipio, instalando dous novos transformadores na parroquia de Peitieiros, concretamente nos barrios de Fonte e Peroleira, respectivamente. Desta maneira quedará garantida a subministración eléctrica en todo o termo municipal a curto e longo prazo; xa que os transformadores fornecerán unha potencia de 250 e 260 cáveas, respectivamente, que garantirá a dotación da subministración a fogares e empresas.
Un dos transformadores será instalado neste primavera no barrio de Peroleira, ao contar coas autorizacións sectoriais preceptivas como a de Industria, e Patrimonio e á espera de presentar unha documentación no concello para a inmediata concesión da licenza municipal. O outro transformador situarase no barrio de Fonte, e está previsto entre en funcionamento a finais de ano.
Por outra banda, o rexedor requiriu do responsable provincial a necesidade de soterrar as liñas e retirar os tendidos aéreos en todo o centro urbano e no barrio da Pedra (Morgadáns) que será recuperado e dotado doutros servizos polo concello e Entidade, así como a reposición de postes e recolocación dos mesmos e reposición de tendidos que están en malas condicións e danadas por árbores, que tamén é necesario programar a súa talla ou poda para evitar futuros cortes da subministración en distintos lugares do municipio, concluíu o alcalde.

