Gondocultura de verán continúa coa súa programación

A música pop rock dos últimos tempos dase cita en Gondomar esta fin de semana a través das versións dos grupos Dr. Slump, Mitic El Espectáculo e Argonat Band

Fin de semana musical de versións pop rock nas noites de Cultura de Verán en Gondomar.

O venres 20 de Agosto, a partires das 22:30, DR SLUMP estará actuando na Praza Paradela.

O sábado 21 de Agosto, MITIC EL ESPECTÁCULO estará ás 22:30 nas pistas de AS CERCAS.

E o domingo 22 de Agosto, ás 22:30 a banda de acordeóns ARGONAT BAND pechará unha fin de semana chea de música en Gondomar.

Reserva as entradas gratuitamente na web: https://taquilla.concellodegondomar.gal/