Pablo Iglesias entiende que «Casado nunca será presidente porque atou o seu destino a Abascal»
O Auditorio Mar de Vigo acolleu este domingo o acto central de Galicia en Común-Anova Mareas na cidade olívica nun acto no que participaron o candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino; a ministra e deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz; o vicepresidente do goberno, Pablo Iglesias; e os candidatos Martiño Noriega, Eva Solla, Iria Figueroa e Marcos Cal.
O candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez considera que “Feijóo priorizou os intereses de partido fronte a saúde de todos convocando unhas eleccións contra o criterio do conxunto de forzas progresistas”. “Foi un absoluto irresponsable. Señor Feijóo: deixe de facer política electoral coa saúde da nosa xente”.
Gómez Reino pediu a mobilización este próximo domingo e emprazou “aos compañeiros do PSdG e do BNG a asinar un decálogo de goberno para que os galegos e as galegas saiban que imos construír un horizonte compartido e un futuro mellor para o conxunto do país.
Neste marco, Pablo Iglesias puxo en valor os «moitos logros históricos» acadados en cinco meses de Goberno de coalición no Estado en medio dunha pandemia “que nos puxo na posición máis difícil na que estivo nunca o Goberno”.
“Fixemos dun grito de rúa, ’só si é si’, unha Lei. Subimos as pensións e o SMI con diálogo e lanzamos unha lei de protección a Infancia,…”, enumerou. “Do que estou máis orgulloso”, subliñou, “é do Ingreso Mínimo Vital, que cualifican despectivamente como ‘a paguita’ e que é un seguro de vida para tantas familias”. E apuntou que Pablo Iglesias entiende que «Casado nunca será presidente porque atou o seu destino a Abascal».
Neste contexto, a ministra Yolanda Díaz preguntouse se “credes que sen nós no goberno do Estado teriamos aprobado un Ingreso Mínimo Vital, teriamos prohibido os desafiuzamentos ou protexido a 3,4 millóns de traballadores durante a pandemia do coronavirus”. Yolanda Díaz asegurou “sentir vergoña cando Pablo Casado di que Feijóo é un bo xestor, pero un bo xestor non segrega por sexos, non desmantela a sanidade pública ou ten ao persoal sanitario con contratos de día”.

