A actuación eliminará problemas de salubridade e riscos ambientais nun dos principais núcleos de San Lourenzo
A Xunta de Galicia colabora co Concello de Fornelos de Montes na ampliación da rede de saneamento no lugar de Fondo de Vila, dentro da parroquia de San Lourenzo, cunha subvención de 30.000 euros da Dirección Xeral de Administración Local.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o alcalde, Emiliano Lage, visitaron as obras, que buscan levar o servizo de saneamento ás vivendas que aínda non tiñan acceso e poñer fin a problemas de salubridade e impacto ambiental.
Un proxecto prioritario para a conservación ambiental
O alcalde salientou que se trata dunha actuación “vital para a conservación do medio ambiente e a saúde pública”, e lembrou que Fondo de Vila é o segundo núcleo máis poboado da parroquia, dentro dun concello que aposta pola mellora progresiva das infraestruturas básicas.

