Fin de semana teatral en Gondomar, con clásicos da literatura galega

Esta fin de semana será  integramente teatral, coa representación de dous clásicos xa da literarutura  galega como son A lingua das volvoretas, de Manuel Rivas, e Memorias dun  neno labrego, de Xosé Neira Vilas

Nova cita co programa de Gondocultura Outono que esta fin de semana será  integramente teatral, coa representación de dous clásicos xa da literarutura  galega como son A lingua das volvoretas, de Manuel Rivas, e Memorias dun  neno labrego, de Xosé Neira Vilas.  

A compañía Saraiba Teatro será a encargada de dar vida aos personaxes de A Lingua  das volvoretas o vindeiro sábado 09 de outubro, ás 21.30 horas, sobre o escenario do  Auditorio Municipal Lois Tobío. A obra chega tras ser galardoada recentemente con  catro premios María Casares, e permitiranos regresar a gozar da entrañable relación que  manteñen o Mestre don Gregorio e o pequeno Pardal.  

 Pola súa banda será Cándido Pazó o que o domingo represente o clásico de Xosé  Neira Vilas, Memorias dun neno labrego a partir das 19.00 no Auditorio Municipal,  coincidindo co 50 aniversario da 1ª edición deste clásico da literatura galega. O público  poderá gozar dun espectáculo emotivo e divertido, cun gran atractivo visual, apoiado  por un coidado traballo de viedocreación, e unha proposta musical composta para a  ocasión.  

 As entradas débense reservar en https://taquilla.concellodegondomar.gal