Ambos tiveron ocasión de analizar algunhas das principais demandas deste concello e estudar posibles vías de cooperación conxunta
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión co novo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.
No encontro, o primeiro entre Fernández-Tapias e Lorenzo tras tomar este o relevo ao fronte do consistorio porriñés, tiveron ocasión de analizar algunhas das principais demandas deste concello e estudar posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro.

