Sinala que, fronte a un Goberno central que nin traballa nin deixa traballar, “debemos prepararnos para responder de forma áxil aos enormes retos que afronta a sociedade”
Sitúa ás persoas e ás familias, no sentido máis amplo da súa diversidade e configuración, na punta de lanza da acción política dos populares galegos
Defende que anticipación coa que traballou Galicia e que foi determinante na loita contra a covid-19 sexa a que agora guíe ás institucións na xestión pública
O PPdeG renovou hoxe o seu compromiso cunha sociedade do benestar baseada nas oportunidades para todos, baixo o convencemento de que “nada do que lle aconteza a ningún galego lle é alleo aos demais”. Así o reflicte o relatorio “Servizos públicos para unha sociedade plural e acolledora”, coordinado por Marta Fernández-Tapias xunto a Cristina Abades, MarinaAneiros e César Fernández, e que foi hoxe aprobado polo plenario do 17º Congreso.
“Non é casual que os maiores avances en materia social se produciran baixo gobernos do PPdeG, nin que Galicia sexa unha das Comunidades que mellor está a resistir esta crise sanitaria”, arrancou Fernández-Tapias a súa intervención, reivindicando a pegada dos populares galegos na profunda transformación social da Comunidade na última década. Unha transformación que encara agora, dixo, “novos e importantes desafíos”, acelerados pola pandemia, “que exixen de nós propostas concretas en aras dunha maior xustiza e cohesión”.
Así, fronte a un Goberno central que nin traballa nin deixa traballar, sinalou que “debemos prepararnos para responder de forma áxil aos enormes retos que afronta a sociedade, poñendo o foco nos problemas cotiás que afectan á xente”. “As persoas e ás familias, no sentido máis amplo da súa diversidade e configuración, que foron sempre a punta de lanza da nosa acción política deben selo hoxe máis que nunca como solución para paliar los efectos da pandemia”, engadiu.
Neste sentido, tras defender que a protección aos máis vulnerables non so é un dereito constitucional senón tamén un principio de solidariedade, “o mesmo que inspira a nosa estratexia de maneira transversal e baixo os principios de liberdade, igualdade e xustiza social”, avogou porque aqueles que se atopen con maiores dificultades “vexan na acción de goberno do Partido Popular un aliado”.
“A calidade e a modernización dos servizos públicos, a defensa da igualdade, cumprir as expectativas dos mozos o combater a crise demográfica”, deben ser en opinión de Fernández-Tapias, a pedra angular do propósito dos populares galegos na procura dunha maior equidade social e benestar.
RETO DEMOGRÁFICO
Fernández-Tapias recoñeceu así no reto poboacionala maior hipoteca que pesa sobre o futuro de Galicia. Un problema que, segundo as súas palabras, debe abordarse con respostas innovadoras e que é “o reto da conciliación real e efectiva, aspirando á igualdade completa entre mulleres e homes, do equilibrio territorial, do retorno e captación de nova poboación, das oportunidades para os nosos mozos ou do envellecemento activo”.
Así, detallou que a acción política do PPdeG cree nas políticas de inclusión, que apostan pola formación e a adquisición de habilidades como porta de entrada ao mercado laboral de saída do sistema de prestacións; atende a diversidade funcional, a discapacidade ou a dependencia; quere contribuír de forma decisiva nas oportunidades da mocidade e é consciente do potencial dos maiores na participación social, afondando no problema da soidade e da reforma do actual modelo de residencias.
Unha folla de ruta que avoga, dixo, pola conciliación real e efectiva coa racionalización dos horarios e a flexibilización da xornada laboral, que busca estender a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos e defende a participación activa das familias no proceso de educativo, a favor dunha educación que se adapte ás súas necesidades e que inclúa a educación especial e concertada que a última normativa nacional pon en risco.
EVITAR A PANDEMIA DA POSTPANDEMIA
Unha proposta que recoñece a educación de calidade como un dos alicerces básicos do desenvolvementos social e económico do país e busca consolidar un sistema de ensino virtual ao alcance da comunidade docente e das familias; que aposta por consolidar o sistema de hospital único e incide en que a saúde mental debe incrementar o seu protagonismo. “Que confía no do desenvolvemento completo do Plan Galego de Saúde Mental para evitar que sexa a pandemia da postpandemia”, subliñou Fernández-Tapias.
Unha axenda social que ve esencial facer do rural un espazo atractivo a través da consolidación de Galicia como espazo verde e os fundamentos da denominada economía azul, convertendo os centros escolares e equipamentos en desuso en centros de servizos sociais e que expón que as Casas do Maior cheguen ao 100% dos concellos.
A GALICIA DO FUTURO
“A Galicia da nova década ten que ser a terra das oportunidades para os nosos mozos, da participación dos nosos maiores, da igualdade entre homes e mulleres, do emprego de nivel, da excelencia educativa, da mellor sanidade pública e das políticas sociais eficaces e globais”, abundou Fernández Tapias, para reclamar que a anticipación coa que traballou Galicia e que foi determinante na loita contra a covid-19 sexa a que agora guíe ás institucións na xestión pública.
“Anticipación fronte a improvisación, intereses xerais fronte a intereses partidistas de gran carga ideolóxica que discriminan a Galicia na repartición de fondos e que levan ao PSOE de Madrid a denunciar a nosa lei galega de saúde, a mesma que é válida e aplican os socialistas vascos e baleares, pero que rechazan para nós”, remarcou.

