A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaron este luns aos usuarios do Centro de Día Parque Castrelos de Vigo. Os representantes autonómicos puxeron en valor a importancia dos centros de día para a socialización das persoas maiores, para promover a autonomía persoal e como espazos para a prevención e a rehabilitación.
Inicio Hoy en Vigo Política Fernández-Tapias e Antón Acevedo visitan aos usuarios do Centro de Día Parque...

