Fernández-Tapias asiste á saída da “Gran Bikedada 2023” na que participan centos de afeccionados ao ciclismo

Preto de 800 participantes, federados e non federados, percorren seis municipios nunha viaxe de ida e volta por Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Fornelos de Montes e Ponte Caldela

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este domingo á saída dunha nova edición da Gran Bikedada no paseo de Montero Ríos da cidade.

Preto de 800 participantes, federados e non federados, percorreron seis municipios nunha viaxe de ida e volta por Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Soutomaior, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas. Entre os ciclistas atopábase o ponteareano Álvaro Pino, campión da Volta a España en 1986.