Estudantes de Enxeñaría Industrial da UVigo acadan dous dos catro premios da competición ‘Ingenio para la movilidad’ de Siemens Mobility España

O equipo da UVigo gañador do primeiro premio formado por (de dereita a esquerda) Juan Alberto Abia, Juan José Paradela e Gelo Cubreiro cos organizadores do certame.

Dous equipos conformados por estudantes da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, pertencentes á rama de estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers), gañaron dous dos catro premios da primeira edición da competición Ingenio para la movilidad, organizada por Siemens Mobility España, co obxectivo de crear ideas para mellorar a eficiencia enerxética dos trens. Gelo Cubreiro, Juan José Paradela e Juan Alberto Abia, estudantes de máster e grao da EEI lograron o primeiro premio cun sistema de comunicación home-máquina que serviría como guía ao maquinista. “Este sistema contén o perfil óptimo de velocidades calculado mediante aprendizaxe reforzada, un tipo de intelixencia artificial, adestrado sobre unha simulación”, explica Cubreiro, estudante do Máster en Enxeñaría Electrónica.

Pola súa banda, o equipo formado por Mateo González, Elena Rodríguez e Miguel Salvatierra, enxeñeiros industriais que están a cursar o Máster en Telecomunicacións, lograron o terceiro posto da competición cunha idea para implementar un sistema de baterías e supercondesadores para achegarlle autonomía ao tren en zonas sen catenaria.

“Ademais nas zonas electrificadas, proponse a conexión e desconexión dos trens, segundo a demanda prevista, utilizando técnicas de big data, reducindo a potencia máxima requerida”, sinalan os promotores do terceiro premio do certame convocado por Siemens Mobility España.

Tras unha primeira fase na que os equipos participantes deseñaron unha presentación de cadansúa idea, indicando as solucións técnicas propostas, nunha segunda fase cada equipo tivo que gravar un vídeo en formato elevator pitch, tratando de convencer ás empresas do potencial da súa idea.

Unha vez avaliadas as propostas presentadas, clasificáronse catro equipos aos que se lles outorgaron tres primeiros premios (primeiro e terceiro para o alumnado da UVigo e segundo para un estudante da Universidad Politécnica de Madrid) e un cuarto premio como mención especial reservada á idea máis orixinal, que recaeu nun equipo de la Escuela Unviersitaria Politécnica de Teruel.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí