«A inviolabilidade da que dispón o rei emérito non pode significar que ante delitos de enriquecemento que poden operar contra a facenda pública, esta persoa ten que ser xulgada igual que calquera outro cidadán», opina Solla
Eva Solla coordinadora de EU e secretaria do PCG, xunto con Rubén Pérez secretario de organización de EU, e René Gamborino secretario de organización do PCG en representación de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia, presentaron hoxe un escrito nos xulgados de Vigo onde reclaman a reapertura da querela criminal presentada no 2018 por Izquierda Unida, o Partido Comunista de España e o Foro de Abogadas e Abogados de IU contra o rei emérito xunto con outras sete persoas.
“A inviolabilidade da que dispón o rei emérito non pode significar que ante delitos de enriquecemento que poden operar contra a facenda pública, esta persoa ten que ser xulgada igual que calquera outro cidadán”, opinou Solla, quen na súa opinión o que están a solicitar «é cuestión de democracia e de xustiza».
A querela criminal presentada ante o Tribunal Supremo contra o rei emérito xunto con outras sete persoas que se reparten a imputación de 13 supostos delitos -sete deles son referidos ao rei emérito-, entre eles están os de suborno, contra a Facenda Pública, administración desleal, fraude e exaccións ilegais, tráfico de influencias, constitución de grupo criminal, blanqueo de capitais, encubrimento, ameazas de morte condicionais, descubrimento e revelación de segredos, omisión do deber de perseguir delitos ou corrupción entre particulares.


Se queren enviar unha mensaxe á cidadanía deberan abandonar os seus postos no Concello de Vigo tanto Rubén Pérez como Oriana Méndez e deixar paso a outras persoas da lista, que se non lembro mal eran de Podemos e Anticapitalistas !
Eva Solla xa buscará un cargo de libre designación á sombra de Yolanda Díaz que ao fin e ao cabo logrou o escano en Madrid pola provincia de Pontevedra (así as dúas aforrarán pagar parte do soldo á organización, como fixo Eva Solla nestes 4 anos de Vicepresidenta da Mesa con 96.000 € de vellón, como boa COMUNISTA!)
En calquera caso deberan aprender que bloquear as contas da xente en Twitter é unha práctica noxenta e se queren que alguén os vote non é boa cousa amosar comportamentos sectarios e antidemocráticos á primeira de cambio…
https://i.gal/gamela05