Encargada a redacción do proxecto do novo estadio de atletismo de Balaídos

Abel Caballero explicou que a obra será compatible co uso da instalación deportiva, que terá unha nova bancada, cuberta e arrimada ás pistas, deixando cinco metros máis para o paseo do Lagares

Balaídos contará cun módulo cuberto para adestrar e competir á resgardo da chuvia

Encargouse a redacción do proxecto do estadio de atletismo de Balaídos, que terá un orzamento duns catro millóns de euros. O Concello prevé construír un módulo cuberto para adestrar e competir sen as limitacións da climatoloxía e erixir unha nova bancada, máis ampla, cuberta e próxima ás pistas, o que permitira “mellorar a protección” do río Lagares, que ganará cinco metros máis. A nova bancada dará cabida ademais aos vestiarios, novos aseos, almacén, ximnasio e oficias que serán utilizadas polos clubs da cidade.

O desenvolvemento das obras será compatible co uso da instalación deportiva, afirmou Caballero. A previsión é levar a cabo os traballos en catro fases. En primeiro lugar, a construción do edificio que acollerá os vestiarios, almacéns e oficinas (que será ademais o novo acceso ás pistas); despois a demolición da bancada existente, emprazando a nova bancada máis lonxe do Lagares; en terceiro lugar, a construción do módulo cuberto e, por último, a substitución do material sintético da pista exterior e o equipamento da mesma.