Eliminan un punto de vertido de augas residuais cara un rego próximo ao Lagares en Vigo

La actuación se centrará en el río Lagares.

O persoal localizou unha achega de augas industrias cara ao dominio público, consistente no bombeo de auga mesturada con lodo que se levaba a cabo desde unha obra de construción

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais que se producía cara a un rego innominado, próximo ao río Lagares, no lugar da Bagunda, en Vigo.

O punto de vertido foi detectado polo persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, durante tarefas rutineiras de inspección que se levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

O persoal inspector localizou un foco irregular de augas residuais industrias cara ao dominio público hidráulico, consistente no bombeo de auga mesturada con lodo que se levaba a cabo desde unha obra de construción.

Tras identificarse o titular, a Xunta requiriulle a emenda do vertido.

Nunha nova inspección á zona, o persoal de Augas de Galicia verificou a finalización do foco de augas residuais ao dominio público hidráulico, en cumprimento do requirimento efectuado ao titular.