Ecovidrio e o Concello de Mos vólcanse coa reciclaxe de vidro durante LA VUELTA máis sostible da historia

Ecovidrio instala contedores en Mos para concienciar sobre o coidado do medioambiente e promover a sustentabilidade durante a competición

Co vidro reciclado polos veciños, Ecovidrio deseñará un trofeo que entregará ao gañador da etapa

O Pelotón Verde de Ecovidrio realizará batidas de recollida de residuos en Mos tras a etapa

Este ano Ecovidrio e LA VUELTA propuxéronse converterse na edición máis sostible da historia da competición. Para iso o Concello de Mos protagonista da etapa 20, e Ecovidrio van colaborar colocando 12 contedores de reciclaxe no municipio para promover a reciclaxe e concienciar aos seus veciños sobre o coidado do medio ambiente e o impacto que teñen os nosos actos nel. Ademais, con todos os residuos que se depositen nestes contedores ata o paso da Volta, Ecovidrio deseñará un trofeo sostible que entregará ao gañador desa etapa o próximo 4 de setembro. Os contedores instalaranse en diferentes puntos do municipio.

Todo iso forma parte da estratexia de sustentabilidade que desenvolveu Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, e Unipublic, empresa organizadora da proba deportiva que vén celebrando entre o 14 de agosto e o 5 de setembro, para seguir sumando forzas e visibilizar aínda máis o compromiso co medioambiente, convertendo así o evento nun auténtico exemplo de sustentabilidade.

LA VUELTA máis sostible

Para iso, ademais de instalar contedores en Mos e nas diferentes cidades de Castela e León, Castela-A Mancha, Comunitat Valenciana, Región de Murcia, Andalucía, Estremadura, Cantabria, Asturias e Galicia protagonistas das etapas de LA VUELTA 2021, tamén vai contar cun Pelotón Verde integrado por voluntarios que recollerá os residuos das zonas de maior sensibilidade ambiental ao final de cada unha das 21 etapas da proba; a instalación de Eco Zonas ou áreas de recollida de refugallos durante o percorrido para os deportistas, cuxo paso por aí é obrigatorio se non se queren enfrontar a sancións; ou a instalación do contedor máis grande do mundo na primeira e a última etapa (Burgos e Santiago de Compostela) como un emblema que simboliza o compromiso da sociedade coa reciclaxe de envases en España.