Ecoloxistas en Acción presenta hoxe no auditorio do centro social As Pedriñas o documental ‘Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal’

A cinta narra a loita dos comuneiros desde finais de decembro do ano 2017, no marco da construcción do proxecto de cidade deportiva do Celta

Ecoloxistas en Acción presenta hoxe, no centro social As Pedriñas, o documental documental ‘Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal’, producido pola propia asociación ecoloxista e realizado por Urco Produccións. A cinta narra a loita dos comuneiros de Tameiga desde finais de decembro do ano 2017, no marco da construcción do proxecto de cidade deportiva do Celta.

A narración do largometraxe aborda a historia de xeito cronolóxico ata hoxe, e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron a situación e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte.

No documental rescatanse antigas imaxes das mobilizacions que misturanse coas entrevistas.

Coa realización desta testemuña audiovisual, Ecoloxistas en Acción pretende destacar a «exemplar loita» pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga para «que a súa afouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos».