Dani Martín será a última actuación do verán en Castrelos

Onte Raphael conquistou o público co seu concerto no auditorio natural

O alcalde sinalou que durante a ponte a cidade estivo o 97% de ocupación hoteleira

Esta maña en rolda de prensa o alcalde calificou de “memorable e excepcional” o concerto que deu Raphael na cidade, que alcanzou “un cheo total, a pesar de que a choiva era un factor de disuasión”.

Hoxe realizarase a última das 12 actuacións programadas polo Concello de Vigo durante este verán, no que Dani Martín se subirá o escenario de Castrelos as 22:00 horas. Abel Caballero enfeitizou que este concerto “é un dos máis agardados, con máis de 110.000 persoas conectadas para adquirir as reservas online”.

Turismo durante a ponte

O alcalde sinalou que Vigo alcanzou o 97% de ocupación hoteleira durante a ponte, elevándose o 99% o fin de semana o que provocou “que a maioría dos hoteis de Vigo estivesen repletos”. Tamén salientou que en xeral “a tempada turística é moi boa”, na que nesta ponte “O Marisquiño contribuíu indudablemente, foi un gran éxito”, alcanzando os 180.000 asistentes nesta edición.