Creando Educación Social chega á rúa en colaboración co programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia

O proxecto #Edusoday2021 desenvolverase polas vilas galegas a finais de agosto e setembro

No marco do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, Creando Educación Social estará presente en A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo; dando obradoiros para alumnado e profesionais da Educación Social. Traballarase a necesidade de autocoidado profesional de este colectivo e a visibilización da profesión.

As xornadas pecharan o 25 de setembro cun faladoiro online con numerosas profesionais do social que falaran das súas experiencias e formacións.

Tanto os obradoiros como o faladoiro online, será totalmente gratuíto e contará con moitas sorpresas para as persoas que asistan aos eventos.

«A educación social é unha profesión moi invisibilizada e quedou demostrado en tempos de pandemia que é unha profesión esencial para o desenvolvemento da sociedade. Ofrecer espazos dende profesionais da educación social para educadoras e educadores sociais é unha tarefa aínda pendente, polo que con este proxecto, buscamos dar esa visibilidade necesaria a profesión máis aló do día da educación social, o día dous de outubro» sinalan dende Creando Educación Social.

Para máis información pódese contactar en:
hola@creandoeducacionsocial.com

Tfno: 613 004 428 – 652534208