O Sergas adopta a decisión ao ter previsto rematar un día antes a inoculación das doses no grupo de entre 75 e 79 anos
O Servizo Galego de Saúde sinalou hoxe, en relación co proceso de vacinación no IFEVI, que o grupo programado de entre 75-79 anos, que comprende a 17.500 persoas, rematará o proceso o sábado de mañá.
Esta data supón adiantar un día o prazo previsto de conclusión, polo que desde Sanidade decidiron aproveitar esa marxe para continuar coa vacinación, retomando o proceso xa iniciado coa poboación diana de entre 60-65 anos, un grupo que abrangue a 11.500 persoas citadas.
Así, convocarase a 5.200 persoas máis nesa franxa de idade para o sábado pola tarde e o domingo de mañá.
En canto aos cribados poboacionais, mañá sábado dia 10, invitarase a realizar a proba PCR a 4.000 persoas de Cangas. A proba realizarase no pavillón municipal de Rodeira, ata onde achegaranse un equipo de profesionais sanitarios da Área Sanitaria de Vigo.

