Continúan os horarios especiais de apertura das bibliotecas universitarias nas noites e fins de semana

Para facilitar a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre

Abren sábados e domingos e, durante a semana, amplían a apertura ata a 01.00 h

Continúan os horarios especias da apertura das bibliotecas universitarias co obxectivo de facilitar ao alumnado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre. Así, a Biblioteca central de Vigo, a de Torrecedeira, a Central de Ourense e a Central de Pontevedra abren en horario de 09.00 horas a 21.00 horas nas fins de semana ata o domingo 21. No que atinxe aos horarios nocturnos, despois de suspenderse durante o período non lectivo de Nadal, dende hoxe e ata o 19 deste mes, a biblioteca de Torrecedeira e as centrais de Ourense e Pontevedra permanecerán abertas ata a 01.00 horas da madrugada. 

Durante estes horarios especiais de apertura nocturna e de fins de semana, as bibliotecas prestarán un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos, etc.

O resto das bibliotecas dos campus (facultades de Belas Artes, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Experimentais, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Filoloxía e Tradución, Enxeñaría Industrial-Minas e Enxeñaría de Telecomunicación) continuarán co horario habitual de 08.30 h a 20.45 h.