Concello e Vitrasa Vitrasa, súmase á Semana Europea da Mobilidade con diversas iniciativas que teñen por obxectivo fomentar e pór en valor o uso do transporte público entre os vigueses e viguesas, por ser un dos medios máis cómodos, sustentables e respectuosos co medio ambiente para desprazarse pola cidade.

En concreto, o 22 de setembro de 2021, Día Europeo sen Coches, as liñas lanzadeiras ó CUVI (U1 e U2) serán de balde durante toda a xornada. Tamén o Bus Turístico será de balde o mesmo mércores 22 de setembro para os usuarios da tarxeta PassVigo, previa reserva online do billete na plataforma Woutick!. Haberá catro viaxes dispoñibles: ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 horas.