Concello e Vegalsa Eroski reeditan a súa colaboración no programa ambiental “Vigo, camiño a camiño”

As autoridades no acto de hoxe.

A compañía achega 18.000 euros para a nova edición dunha iniciativa que oferta este outono oito rutas circulares

Concello de Vigo e Vegalsa Eroski reeditan, un ano máis, a súa colaboración no programa ambiental ‘Vigo, camiño a camiño’.

Nun acto celebrado esta mañá no establecemento que a compañía ten no número 54 da Avenida García Barbón, o alcalde, Abel Caballero, e o director da empresa, Joaquín González, rubricaron o convenio polo que a Vegalsa Eroski achega 18.000 euros para a nova edición dunha iniciativa que oferta este outono oito rutas circulares.

O alcalde definiu o “’Vigo, camiño a camiño’ como «un programa de éxito» que enlaza con valores como os saudables e os medioambientais que a sociedade aprecia agora incluso máis pola pandemia. Caballero agradeceu o traballo da empresa e a súa «dimensión social», e amosouse «moi orgulloso dos montes de Vigo, do noso medioambiente e de Vegalsa Eroski, que coopera con nós» cunha cifra «significativa». Por parte de Vegalsa Eroski, Joaquín González enxalzou a iniciativa mediaombiental que promove o Concello de Vigo e trasladou a súa satisfacción por poder continuar colaborando un ano máis.

edición de outono do ‘Vigo, camiño a camiño’ arranca o 19 de setembro e contará con oito rutas circulares entre este mes e o seguinte, coa novidade de que finalizarán cunha actividade de carácter cultural. Xunto ao alcalde e ao director de Vegalsa Eroski, no acto tamén estiveron presentes a concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, a directora de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación da entidade, Gabriela González, e o presidente de Montes de Vigo, Uxío González, entre outros.